Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba destaca o aumento dos ciberdelitos nos primeiros nove meses do ano

A subdelegada do Goberno deu a coñecer os datos da Xunta Provincial de Seguridade, que revelan unha tendencia á baixa nos índices de infraccións penais na provincia de Pontevedra.

A subdelegada do Goberno deu a coñecer os datos da Xunta Provincial de Seguridade, que revelan unha tendencia á baixa nos índices de infraccións penais na provincia de Pontevedra.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Octubre de 2020

Fuente: Delegación do Goberno en Ponte

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a Xunta Provincial de Seguridade na que se analizaron as actuacións policiais na provincia ata o día de hoxe. Acudiron ao encontro os máximos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado en Pontevedra, como son o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o capitán xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil na provincia, Antonio Pérez, o comisario xefe accidental da Comisaría de Vigo-Redondela, Juan José Diaz, e o xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá e xefe provincial de Operacións en funcións, Camilo Loureiro.
Tras coñecer e analizar os datos máis relevantes presentados polos responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a subdelegada do Goberno quixo destacar que “en liñas xerais, o índice de infraccións penais na provincia presenta unha tendencia negativa durante o 2020”. Larriba quixo destacar “o acentuado descenso dos roubos en vivendas e en establecementos, sobre todo nas grandes cidades”. A baixada deste tipo de delitos na provincia é de 20 puntos no caso das vivendas e de case 45 puntos no caso de establecementos comerciais.
A subdelegada advertiu que “non obstante os bos datos rexistrados na meirande parte dos índices de infraccións penais da provincia, hai que advertir sobre o aumento das estafas por Internet, que durante os primeiros nove meses do ano aumentaron un 25 % con respecto ao mesmo período do ano 2019”. Neste sentido, Maica Larriba quixo facer un chamamento “á precaución coas compras na rede, que aumentaron desde o inicio da pandemia. Debemos ser cautos co uso das tarxetas e a revelación de datos persoais en Internet”.

Así mesmo, a subdelegada do Goberno informou da incautación de máis de 10.000 plantas de marihuana na provincia. Maica Larriba subliñou “o aumento das incautacións desta droga por parte da Garda Civil, destacando a aparición de grandes plantacións no sur da provincia e de cultivos de interior no norte onde se desarticularon diversas instalacións preparadas par o cultivo das plantas”.
Consellos para evitar ser vítima dunha estafa en Internet
A modo informativo, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra quere trasladar unha serie de consellos que xa veñen difundindo as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre as actividades comerciais e formas de pago na rede:
1. Modifique periodicamente as claves das súas tarxetas e revise con frecuencia as operacións realizadas.
2. Active o servizo de alertas do seu banco, desta forma recibirá unha mensaxe de texto cada vez que realice unha operación superior ao importe que elixa.
3. Nunca perda de vista a súa tarxeta cando vaia a realizar un pago e, para evitar que esta sexa clonada, revise os caixeiros nos que a insire.
4. Lembre que as entidades bancarias nunca solicitan datos confidenciais nin claves nas operacións por correo electrónico.
5. Cando compre por Internet, asegúrese de que se trata dunha empresa coñecida e comprobe que a dirección web comece por “https”. Isto significa que cumpre o protocolo de comunicación para a transferencia segura de datos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones