Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 1.300 CARTEIS DE 59 PAÍSES PARTICIPAN ESTE ANO NA BIENAL DE CARTELISMO TERRAS GAUDA-CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN

O xurado do certame, que conta con Cruz Novillo como convidado, reúnese hoxe para seleccionar as obras finalistas e premiadas

O xurado do certame, que conta con Cruz Novillo como convidado, reúnese hoxe para seleccionar as obras finalistas e premiadas

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Un total de 1.310 obras procedentes de 59 países concorren á décimo segunda edición da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón, unha iniciativa que volve converterse este ano en punto de encontro da vangarda artística internacional.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou a consolidación e o prestixio do certame, así como a elevada participación e a pluralidade xeográfica que caracterizan esta iniciativa, á que están convidados a participar artistas gráficos, estudos de deseño e universidades de todo o mundo. Fíxoo hoxe na rolda de prensa de presentación da exposición na que se amosarán os traballos presentados este ano, e que se poderá visitar a partir do 31 de outubro, e ata o 25 de novembro na Estación Marítima de Vigo.

Un escaparate para a vangarda artística
"Que o Porto de Vigo se converta cada dous anos no escaparate das vangardas de arte internacional de cartelismo, mediante a exposición dos orixinais que participan no concurso é un motivo de orgullo para Galicia, como sede e orixe dunha singular iniciativa cultural no ámbito do deseño, promovida por unha bodega de recoñecemento internacional", afirmou Anxo Lorenzo.

Das obras presentadas este ano, Italia é o país con máis participantes despois de España. De Europa, Alemaña, Grecia, Polonia, Portugal e Austria tamén teñen una presenza relevante, mentres que Xapón, China, Israel, Indonesia, Irán, Vietnam, Taiwán e Tailandia son as nacións de Asia que contan con representación.

José Mª Fonseca Moretón, presidente do Grupo Terras Gauda; José Mª Cruz Novillo, diseñador gráfico convidado do xurado; Laura Revuelta, coordinadora de ABC Cultural; e Beatriz Colunga, directora da Autoridade Portuaria de Vigo, tamén participaron na rolda de prensa, que se celebrou coincidindo co día da reunión do xurado do certame para seleccionar as obras finalistas e premiadas desta nova edición.

A decisión do xurado darase a coñecer o próximo 27 de novembro durante o acto de entrega de premios, dotados con 16.000 euros en metálico.

Cruz Novillo, convidado do xurado
José María Cruz Novillo, mestre do deseño e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, é este ano o profesional de referencia do xurado, do que formaron parte Javier Mariscal, Óscar Mariné, Alberto Corazón, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Pep Carrió, Emilio Gil e Roberto Turégano. Entre os gañadores do concurso tamén figuran artistas gráficos de relevante traxectoria, como Osaka Shima Takahiro, Thomas Pion, Sebastian Büsching, Taber Calderón, Cristina Vergara e Barbara Pilarska, entre outros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones