Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 1800 persoas asinan, en 12h, unha petición na rede para que haxa unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

As sinaturas serán entregadas ao Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, e mais ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez Rodríguez

As sinaturas serán entregadas ao Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, e mais ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez Rodríguez

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2020

Fuente: A Mesa

Unha petición dirixida ao Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, e mais ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez Rodríguez, para que haxa unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil en galego na TVG acumulou nas súas primeiras 12h máis de 1800 sinaturas. A conversa acadou, tamén, gran repercusión na rede social twitter, onde naceu o movemento arredor da conta @tvg_infantil_xa.

 

A Mesa pola Normalización Lingüística recorda que a galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas. "Só o 4,6% da progamación infantil e xuvenil semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana", salienta o presidente da Mesa, Marcos Maceira.


A entidade de defensa da lingua considera alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.


E recorda que é convinte actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, recuperando os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. "É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza", critica Maceira, "aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG".

 

Tamén para persoas adultas

Xa a finais de 2019, unha campaña capitanaeada por A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación profisional de actores e actrices da dobraxe de Galiza (APRADOGA) e a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e intrpretación (AGPTI) pedía á Xunta de Galiza que facilite o lexendado e a dobraxe en galego dos filmes e series que ofertan as principais plataformas de contidos audiovisuais dixitais, tal e como fan os gobernos éuscaro e catalán dende hai anos. A campaña reclamáballe á Xunta de Galiza que se sumase ao acordo con Movistar+ dos gobernos vasco e catalán para o lexendado e a dobraxe dos filmes e series; establecendo acordos coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendado en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG; e fixando unha dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

 

Recollida de sinaturas: https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/xabarinclub24h

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones