Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio Rural destina 1,5 millóns de euros en axudas para restruturación e reconversión de viñedo ata o ano 2018

As achegas aplicaranse ás superficies de viñedo destinadas á produción de uva para vinificación nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión

As achegas aplicaranse ás superficies de viñedo destinadas á produción de uva para vinificación nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Junio de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde de axudas da Consellería do Medio Rural para a reestruturación e reconversión da viña na nosa comunidade. O orzamento total ata o ano 2018 é de 1.500.000 euros, sendo de 750.000 euros para este 2016.

Esta orde, cofinanciada na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), busca acadar unha serie de obxectivos estratéxicos fixados na política de reestruturación de viñedos en Galicia. Entre eles salientan os reaxustes estruturais que fagan diminuír os custes de produción nas explotacións vitícolas onde predomina o minifundio.

Tamén se pretende mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais, ao mesmo tempo que se preservan as variedades viníferas autóctonas de menores rendementos e de elevada calidade diferenciada, aproveitando deste xeito a gran vantaxe competitiva que supón a diferenciación nun mercado cada vez máis globalizado. Procúrase ademais o aumento da profesionalización dos viticultores galegos, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional facilitando o acceso ás explotacións á viticultores mozos.

Poderán ser beneficiarios destas achegas todos os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a súa superficie de viñedo á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es) ou en soporte papel por calquera dos medios establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá. Enlace á Orde no DOG

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí