Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

MeteoGalicia rectifica os datos das choivas do Nadal de 2022 para que a Deputación poida cambiar as axudas aos concellos do anterior Goberno provincial

Carlos Font: -A partir de agora xa sabemos que na nosa provincia chove distinto, segundo goberne o Partido Socialista ou o PP-

Carlos Font: -A partir de agora xa sabemos que na nosa provincia chove distinto, segundo goberne o Partido Socialista ou o PP-

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

A Deputación de Pontevedra vén de cambiar o reparto das subvencións, valoradas nun total de 2,7 millóns de euros, que o anterior Goberno provincial socialista concedeu aos concellos da provincia para resarcilos dos danos provocados polos temporais do último Nadal. Os actuais dirixentes da Deputación, en mans do PP, apoiáronse para elo nun informe “á carta” de MeteoGalicia que rectifica os datos das precipitacións rexistradas que se tiñan certificado polo organismo meteorolóxico da Xunta o pasado mes de febreiro.

As axudas foron repartidas polo anterior Goberno, presidido por Carmela Silva, no mes de xuño, a partir dos datos oficiais de MeteoGalicia sobre as precipitacións rexistradas o 1 de xaneiro pasado nos concellos de menos de 20.000 habitantes. As bases do plan estableceron un baremo obxectivo que asignaba cantidades fixas en función da choiva rexistrada por metro cadrado nesa xornada. A anterior presidenta provincial asinou en xuño a resolución pola que se repartían e publicaban as subvencións.

A chegada do PP ao Goberno da Deputación só un mes despois traduciuse na solicitude dun segundo informe sobre as precipitacións a resultas, supostamente, da petición dalgún dos 26 concellos que se acolleron a estas axudas. O segundo informe pluviométrico, que rectifica ao primeiro, foi asinado polo subdirector xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, Isaac Gómez, o pasado 7 de agosto.

Na súa rectificación, o subdirector xustifícase escribindo que “a solicitude de aclaración dos valores estimados pola interpolación por parte dalgúns dos concellos afectados, fixo que MeteoGalicia levase a cabo unha revisión máis exhaustiva dos datos empregados”. Engade que detectouse un erro nos datos dunha estación meteorolóxica “que subestimou a precipitación nos concellos de Rodeiro, Agolada e arredores”. Finalmente, insiste que os datos de MeteoGalicia “proceden dunha interpolación, é dicir, dun proceso estatístico suxeito a incerteza á que hai que sumar a dos datos recollidos polos pluviómetros e radar”. Non obstante, a modificación vai bastante máis alá dos concellos aos que alude MeteoGalicia.

A resultas desta corrección viron incrementados o importe da subvención cinco concellos gobernados polo Partido Popular: A Guarda, A Lama, Campo Lameiro, Covelo e Oia; ademais lograron subas na subvención provincial Agolada e Vila de Cruces (independentes), Cuntis e Rodeiro (PSdeG-PSOE) e Moaña (BNG). Tamén se incluíu a Cerdedo-Cotobade (PP) que quedara fóra do reparto por un erro na transcrición. Pola contra, pasaron a recibir menos importe os concellos de O Rosal e Mondariz-Balneario (BNG), As Neves (PP) e Fornelos de Montes (PSdeG-PSOE). Sen embargo, Fornelos reaccionou achegando un terceiro informe de MeteoGalicia, cinguido exclusivamente ao seu concello, e acabou logrando mesmo o incremento da subvención inicial.

O Partido Popular tratou de ocultar esta modificación no reparto, aprobada na Xunta de Goberno provincial, camuflándoa como unha prórroga nos prazos de execución das obras.

O voceiro do grupo provincial socialista, Carlos Font, considera que estamos diante dunha auténtica “trapallada caciquil típica do PP”, pero manifesta a perplexidade con MeteoGalicia: “como é posible que poida certificar que na provincia de Pontevedra chove distinto segundo goberne o Partido Socialista a Deputación ou o ente provincial estea en mans do Partido Popular. “Está clarísimo que na Deputación querían cambiar o reparto, coa súa habitual tendencia ao partidismo, e fixeron todo o que puideron para facelo”, conclúe.

 

Un plan extraordinario que supliu a ausencia da Xunta

O Plan Extraordinario de Axudas aos concellos afectados polas inundacións do Nadal de 2022 foi aprobado no pleno de xaneiro pola Deputación, hai case un ano. A moción incluía explicitamente que as axudas estaban condicionadas a que a Xunta aprobase o seu propio plan de axudas para os concellos, pero o Goberno galego nunca as puxo en marcha. Aínda así, a Deputación decidiu sacalas adiante, a pesar de tratarse dunha competencia autonómica en materia de emerxencias. A  día de hoxe seguen aprobándose estas axudas aos concellos. Esta mesma semana viu a luz verde a do concello de A Guarda, con case  140.000 euros, aínda que o presidente, como é habitual, “esqueceu” mencionar que a achega procede do plan aprobado polo anterior Goberno da Deputación.

Coa chegada do PP ao Goberno provincial as axudas por inundacións desapareceron das políticas provinciais. Así, este pasado mes de novembro, a Deputación rexeitou unha moción do Partido Socialista para que se aprobara outro plan de axudas para os concellos despois dun mes de outubro récord en precipitacións dende que existen rexistros e que causou cuantiosos danos nos bens e servizos municipais que aínda están sen reparar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí