Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Moción en defensa dxs emigrantes retornadxs galegxs

O colectivo de emigrantes retornadxs de Galiza levamos desde o ano 2013 loitando nas rúas e nas institucións públicas polo trato discriminatorio que recibimos polas nosas pensións.

O colectivo de emigrantes retornadxs de Galiza levamos desde o ano 2013 loitando nas rúas e nas institucións públicas polo trato discriminatorio que recibimos polas nosas pensións.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Noviembre de 2020

Fuente: Plataforma Emigrantes Retornad

Moción en defensa dxs emigrantes retornadxs galegxs

Don José Benito Alonso en representación da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornadxs de Galiza, e, portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornadxs do Baixo  Miño, somete a consideración do pleno da coropración municipal a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O colectivo de emigrantes retornadxs de Galiza levamos desde o ano 2013 loitando nas rúas e nas institucións públicas polo trato discriminatorio que recibimos polas nosas pensións. Pensións que recibimos de xeito totalmente transparentee digno  por países extranxeiros onde traballamos arreo, enviando, mentras alí estivemos emigradxs, divisas ao noso país de orixe, divisas que axudaron a erguer a nosa sociedade e a que o noso prosperase.

Grazas a nosa loita pacífica e exemplar conseguimos que moitxs emigrantes recuperaran o perdido por medio da disposición adicional da Lei 26/2014, pero aínda así seguimos a sofrir graves problemas  que poderían estar solventados se houbese vontade e ética política .

En xaneiro deste ano, o noso colectivo, ollou con grande esperanza o acordo do BNG para votar favorablemente a investidura de Pedro Sánchez onde se recollía que durante o 2020 serían adoptadas as medidas necesarias para evitar o trato discriminatorio que sofrimos xs emigrantes retornadxs.

Por desgraza, neste ano, todxs sofrimos a pandemia do coronavirus que se cebou especialmente coas persoas máis maiores e que paralizou, en gran medid,a as nosas vidas.Sendo conscientes de que somos persoas cun perfil de alto risco, non desistimos,e seguimos a loitar,aínda que con medios diferentes, para que a nosa voz, e a voz das que xa non están entre nos, non fique silenciada.

Por todo isto propomos o seguinte:

ACORDO

-Solicitamos que o governo municipal tome á iniciativa e traslade ao resto de governos municipais que compoñen a nosa comarca a necesidade de unir forzas ,e, de xeito conxunto, instar  ao Goberno Central o seguinte:

1.Que non se aplique a Lei 35/2006  ás pensións dxs emigrantes retornadxs.

2.Que se modifique a lexislación actual evitando, pois, o tratamento fiscal discriminatorio  xs emigrantes  retornadxs que seguimos estamos a sofrir na actualidade.

3.Que se recoñeza de oficio e se homologue o grao de invalidez recoñecido no país de orixe da pensión.

4.Que se asuman as sentencias xudiciais que en virtude do artigo 19 do tratado bilateral hispano -alemán, que exime de tributación no Estado español as pensións percibidas de Alemaña e que se proceda a devolución de oficio de todos os cartos cobrados en concepto de IRPF.

5.O Dereito a Seguridade Social Universal e gratuíta para todas/os os emigrantes galeg@s retornados, garantida na cosntitución española e que non se cumpre (moitxs emigrantes retornadxs teñen que pagala do seu peto)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí