Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nace o Consello Municipal de Cultura do Rosal, un órgano consultivo que servirá de viveiro de ideas e foro de debate

Integrado por representantes do tecido asociativo rosaleiro, o consello traballará para continuar apostando por unha vida cultural segura

Integrado por representantes do tecido asociativo rosaleiro, o consello traballará para continuar apostando por unha vida cultural segura

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Febrero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal constituíu este xoves o seu Consello Municipal de Cultura, un órgano consultivo que funcionará como viveiro de ideas e foro de debate para continuar apostando por unha vida cultural activa e segura na localidade, na que os barrios seguirán a ter un gran protagonismo. “Tras case un ano de crise sanitaria no que a cultura viuse moi afectada, este consello servirá para traballar da man cara unha axenda cultural innovadora, reinventada e pensada para os rosaleiros e rosaleiras”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quen en nome do Concello quere agradecer o esforzo que están a realizar as asociacións no ámbito cultural para continuar co seu traballo e ofrecer á veciñanza unha actividade social moderada, controlada e, sobre todo, segura.

Xunto aos concelleiros de Cultura e Participación Veciñal, Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, o Consello está integrado por representantes da Agrupación Musical do Rosal, do Colectivo Carballas, de A Liga de Amigos do Rosal, da asociación A fundación, de A Jalleira, de Trebón dos Xidos, da comisión de San Gregorio, do coro Ecos do Folón, do grupo de pandeireteiras Tremelique, da asociación Festa da vendima e do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal. Tamén forman parte del Pepe “Buraco”; Juan Ramón Martínez, de Noticias O Rosal; e de Xulio Ramos, párroco do Rosal.

Neste primeiro encontro por videoconferencia abordouse a propia constitución do Consello e fíxose a primeira toma de contacto deste órgano que tamén servirá e viveiro de propostas e de fonte de visión crítica. Na reunión explicáronse as liñas xerais da programación cultural do Concello e a capacidade municipal para aproveitar unha crise como a producida pola pandemia para afondar no traballo de descentralización da actividade cultural e potenciar a axenda nos barrios. Un camiño de reconversión da programación emprendido “con moitas dúbidas pero con moito éxito”, xa que contou co amplo respaldo da veciñanza.

Dende o Concello plantexaron as actividades culturais que se tratarán de potenciar neste 2021 e destacaron o papel das asociacións, que “levan anos sendo o principal motor da vida cultural no municipio”. Entre as ideas recollidas neste primeiro encontro destacan a de facer unha festa do asociacionismo no que as entidades poidan darse a coñecer e explicar os seus proxectos ou realizar iniciativas para levar unha parroquia á outra. Pola súa banda, a Agrupación Musical do Rosal manifestou a súa intención de poñer en marcha este ano a segunda edición de O Rosal Cámara Fest, unha iniciativa que xurdiu para dar achegar a música aos rosaleiros e rosaleiros nun formato distinto adaptado á situación sanitaria e que tivo unha gran acollida por parte do público.

O Consello Municipal de Cultura súmase así ao de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí