Agenda
Lançado Concurso REVIVE para concessão do Castelo de Cerveira
Fecha desde el 22 de Enero de 2019
hasta el 05 de Junio de 2019O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Ampliar contenidoO Ministro Adjunto e da Economia, Pedro Siza Vieira, esteve, esta sexta-feira, 18 de janeiro, em Vila Nova de Cerveira, para presidir ao ato de formalização do Programa REVIVE para o Castelo de Cerveira. O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Dos 33 imóveis nacionais identificados, o Castelo de Cerveira é o 15.º concurso a ser lançado no âmbito do REVIVE, um programa conjunto dos ministérios da Economia, Cultura e Finanças com a colaboração das autarquias locais, que visa valorizar e recuperar o património sem uso, reforçar a atratividade dos destinos regionais e o desenvolvimento de várias regiões do país.
Para assinalar a formalização deste procedimento, o Ministro Adjunto e da Economia esteve, ao início da tarde de sexta-feira, no Castelo de Cerveira, estimando que sejam investidos cerca de 3 milhões de euros para as obras de requalificação do conjunto amuralhado e a sua adaptação à atividade turística. Pedro Siza Vieira informou que os investidores interessados podem apresentar propostas até 5 de junho de 2019 e que o imóvel será concessionado durante 50 anos para exploração para fins turísticos. "Estamos muito satisfeitos por estar aqui. Este projeto tem sido muito caro para os cerveirenses, por isso espero que possamos assinalar os 700 anos de Cerveira aqui, num Castelo revivido", disse Pedro Siza Vieira, seguindo-se uma visita a alguns espaços do Castelo.
Para o autarca cerveirense, "volvidos 10 anos de impasse e de abandono deste espaço, o lançamento do REVIVE abre uma janela de oportunidades para a resolução de uma enorme preocupação dos Cerveirenses". Fernando Nogueira frisou que embora esta "não seja a solução definitiva de todos os problemas subjacentes ao Castelo, é seguramente um passo muito importante para que se concretize o propósito de devolver este imóvel ao serviço dos Cerveirenses, da economia local e dos inúmeros turistas que reconhecem o Castelo como um dos ex-libris do concelho".
O ato de formalização oficial do lançamento de concurso público decorreu no próprio Castelo, tendo sido acompanhado pela Secretária de Estado do Turismo, Ana Mendes Godinho, o Secretário de Estado da Economia, João Correia Neves, o Secretário de Estado da Defesa do Consumidor, João Torres, o Secretário de Estado da Valorização do Interior, João Catarino, além de outras entidades públicas locais, regionais e nacionais, e população.
Este sábado Concerto de Jazz em Valença: IIº Ciclo Jazz de Valença
Fecha desde el 26 de Enero de 2019
hasta el 27 de Abril de 2019Entre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.
Ampliar contenidoEntre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.
Desde os clássicos americanos às novas tendências do jazz, esta é uma oportunidade para ouvir, ao vivo, algumas das referências nacionais.
Este Sábado Atua Ricardo Formoso
O ciclo abre com o concerto "Origens", com composições originais, do grupo liderado pelo trompetista Ricardo Formoso, Sábado, 26 de janeiro, às 21h30, no auditório do CILV (Escola Superior de Valença). Ricardo Formoso, ao trompete, Carlos Azevedo, ao piano, João Cação, no contrabaixo e Rui Lúcio na bateria serão os protagonistas
"Origens" reúne composições originais do, também, compositor galego Ricardo Formoso que espelham a sua trajetória de trompetista, desde que entrou no meio artístico português. "Origens" é uma fusão do seu background musical e pessoal assumindo influências dos diversos projetos musicais por onde tem passado, nomeadamente do circuito de Jazz do Porto.
Os Outros Concertos:
23 de fevereiro, às 21h30
Pedro Neves Trio, com "5:21"
Quinta do Caminho, em Cerdal
30 de março, às 21h30
Ploo, com "Pele de Papel"
Auditório CILV / ESCE Valença
27 de abril, às 21h30
José Pedro Carvalho, com "Passarola Voadora"
Quinta do Caminho, em Cerdal
O quarteto contará com a presença do pianista galego Xan Campos.
A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia
Fecha desde el 01 de Febrero de 2019
hasta el 17 de Mayo de 2019O Teatro Municipal de Tui acollerá seis espectáculos no primeiro semestre do ano
Ampliar contenidoEste venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e sete eventos que se van celebrar até o mes de maio.
A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez "Tatán" e Avelino González.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou nesta presentación "a tradición e continuidade ao longo de moitos anos dunha axenda cultural moi completa, que sen dúbida hoxe en día ten un gran prestixio no sector e en Galicia". Engadía o rexedor que isto "non é froito da casualidade senón do gran traballo realizado ao longo de moitos anos e cunha estratexia moi clara de facer unha axenda moi variada e con gran presenza de produción galega". Concluía apuntando que "para destacar en calquera ámbito é importante ter continuidade e traxectoria" sinalando a longa traxectoria que ten esta programación cultural na que radica parte do seu éxito.
O concelleiro de Cultura, indicaba que con esta programación o Concello de Tui "mantén a súa liña de calidade nunha programación cultural, que nunha cidade, que a pesar do seu número de habitantes, ten un dos mellores resultados en afluencia de público ao teatro dentro da Rede Galega de Teatro e Auditorios". O edil agarda que "o público siga manténdose fiel e sendo esixente para que poidamos ter a mellor das programacións ao longo do ano".
Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a variada programación ofertada nos próximos meses en Tui, con seis espectáculos pertencentes á Rede Galega de Teatro e Auditorios, que son financiados ao 50% pola rede e polo Concello de Tui. Apuntaba que o Teatro Municipal é un dos máis valorados da Rede Galega tanto pola súa dotación como polo trato que se lle da ás compañías que aquí actúan.
Dos seis espectáculos que se van celebrar no Teatro Municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, tres van dirixidos a público familiar e tres a público adulto. A primeira cita será este venres, 1 de febreiro, con Talía Teatro que presentará unha revisión do clásico de Carlo Goldini "O servidor de dous amos". Unha obra que incorpora novas formas de teatralidade e que persegue "o espectáculo total".
O venres, 8 de febreiro, será a quenda de Elefante Elegante con "Patapatúm", unha obra a que reflexionan sobre o tempo que os pais e nais lle poden dedicar aos seus fillos. O venres 15 de febreiro chega ao Teatro Municipal "Invisibles" a obra na que Redrum Produccións aborda a violencia de xénero a través da historia de mulleres reais recollidas no seu libro por Montse Fajardo.
Ian Hamilton e Elisa Alfaya serán os responsables de "Cousa de nenos" un espectáculo de maxia, comedia, sombras chinescas, pintura rápida... programado para o venres 1 de marzo. Na presentación desta mañá Elisa Alfaya como tudense amosouse orgullosa de actuar en Tui, logo de estar moitos anos fóra.
Avelino González, director de "Senior" a obra que Culturactiva presentará o venres, 8 de marzo, apuntou que "é un pracer vir a Tui con este espectáculo" xa que dicía "Tui é un dos sitios de referencia para ver teatro no sur de Galicia" ao tempo que apuntaba que a Eurocidade Tui-Valença é un plus xa que aporta público galego-portugués. Nesta obra ponse ao fronte de dous consagrados actores coma Luís Iglesias e Marcos Orsi que abordan en clave de humor a chegada á década dos 50.
Por último o venres 15 de marzo Tanxarina representa a obra de Carlos Casares "A galiña azul". Eduardo Rodríguez "Tatán" un dos actores / manipuladores, fixo referencia aos 38 anos de traxectoria da compañía nos que Tui sempre foi parte do seu traballo, e referencia no teatro, xa que "non vimos só aquí a facer teatro, senón tamén a ver teatro". Presentarán o galardoado "A Galiña Azul" que foi premiado como mellor espectáculo infantil nos premios Fetén, e nos María Casares.
O Entroido abrirá a programación de eventos co Desfile Concurso previsto para o martes, 5 de marzo, e o Enterro do Bacallou que se celebrará o domingo 10 de marzo. O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc, celebrará a súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril. As festas de San Telmo terán lugar do 20 ao 29 de abril con eventos coma o Festival Folclórico ou a XI Semana do Teatro Afeccionado. Por último pecha a programa a XXII Feira do Libro Galego que se celebrará no Paseo da Corredoira o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Toda a programación do primeiro semestre do ano vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural, da que se editaron 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.
Programación do Cineclub Poleiro para a Primavera 2019
Fecha desde el 07 de Febrero de 2019
hasta el 09 de Mayo de 2019Sesións de cinema o 7 de febreiro, 7 de marzo, 4 de abril e 9 de maio.
Ampliar contenidoO xoves, 7 de febreiro, o cineclub Poleiro , proxecta DHOGS no auditorio de Goián ás 21:30 ,dirixida por Andrés Goteira. Unha producción independente galega en lingua galega .Un thriler impredecible e misterioso cos actores Miguel de Lira, Melania Cruz, "Morris" Carlos Blanco e María Costas
Sinopse: Mentres unha extraña personaxe cruza as rúas da cidade ao volante do seu taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, una muller que disfruta da súa última copa sen ser consciente da multitude de acontecementos que a van sacudir nas próximas horas. Unha aventura con un executivo será o comenzó car una espiral de violencia sen sentido aparente que a leva a un labirinto de sofrimento que non pode controlar.
O xoves 7 de marzo proxectamos COLD WAR do director polaco Pawel Pawlikowski.Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una paixoada historia de amor entre duas persoas incompatibles pola diferente orixe e temperamento pero cuxo destino condena a estaren xuntas.
O xoves 4 de abril, un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR .
Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten una relación cunha moza da súa idade.O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN una fita de Valeska Grisebach.
Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen una presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos vecinos e xurde o conflicto.Bono socio para as catro películas 10 euros
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.
Ampliado o prazo de inscrición na segunda edición do concurso escolar Creando Rural
Fecha desde el 19 de Marzo de 2019
hasta el 05 de Abril de 2019As aulas interesadas poderán inscribirse ata o 19 de marzo e presentar proxectos ata o 5 de abril
Ampliar contenidoAmplíase o prazo de inscrición para participar na segunda edición de Creando Rural, un concurso escolar posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural co obxectivo de achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural a cativas e cativos. Trátase dun concurso escolar participativo dirixido a alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos dos 13 municipios que conforman o territorio do GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).
Presentación de proxectos ata o 5 de abril
As aulas interesadas en participar terán ata o vindeiro 19 de marzo para inscribirse a través da páxina web de Creando Rural (creandorural.org). Coñecedores do axustado programa lectivo dos centros escolares, nesta segunda edición ampliouse o tempo de traballo dispoñible para os e as participantes e o prazo de presentación de proxectos, que poderán enviarse ata o vindeiro 5 de abril de 2019 tamén a través da propia web do concurso, facilitando así o traballo do persoal docente.
O profesorado deberá traballar co alumnado na aula as sete unidades didácticas creadas e adaptadas aos dous niveis educativos (7 para educación infantil e 7 para educación primaria), a través das que os rapaces e rapazas aprenderán que é o GDR 14, que se busca con el e como afecta á poboación e á economía da contorna. Unha vez revisadas estas unidades, cada aula ao completo poderá presentar un proxecto conxunto a concurso, co titor ou titora como responsable.
Excursión a Corazón de Carballo e FervenzAventura
Na categoría de educación infantil pídese como proxecto un mural creativo e de inspiración libre e na de educación primaria un vídeo dun máximo de dous minutos. O premio será:
• Para o alumnado de infantil unha excursión dun día á granxa escola Corazón de Carballo, situada en Tomiño, o vindeiro 15 de maio. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rural, coa natureza e coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e no respecto. Educación ambiental e artística mediante multitude de actividades realizadas de xeito cosmopolita, plural, aberto e multicultural.
• Para o alumnado de primaria un día no centro de aventuras FervenzAventura, en Silleda, o vindeiro 28 de maio. Unha combinación de aventura e natureza para aprender o valor da riqueza natural da contorna e a necesidade do seu coidado a través dun completo programa que combina educación ambiental e aventura nunha xornada de convivencia e traballo en equipo con actividades que van dende xogos de aventura, como o rocódromo ou a tirolina, ata aprender os segredos do bosque, desfrutar dos animais da granxa ou da horta ou un gran xogo de orientación con GPS.
Do 8 ao 30 de abril abrirase un prazo de votación popular para que a cidadanía escolla os traballos (un por categoría) que máis lle guste. Pero, para salvar as diferenzas de poboación que existen no territorio e evitar que os nenos e nenas poidan verse prexudicados por esta votación popular, a organización tamén designará un xurado composto por expertos na materia que elixirán outros dous premiados (un por categoría).
Éxito de participación
A primeira edición de Creando Rural rematou con un grande éxito de participación: 28 aulas de 12 centros escolares de 7 municipios presentaron os seus proxectos a concurso. Un éxito ao que hai que sumarlle a boa resposta do público durante o período de votación popular, no que se recibiron máis de 4.700 votos.
Dende a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural quérese animar ao profesorado de todos os centros escolares do territorio do GDR 14 a traballar en clase co seu alumnado e a presentarse a este concurso que busca a posta en valor do territorio rural e dar a coñecer o papel dos GDR e da Medida Leader no seu desenvolvemento.
A tempada de pesca fluvial galega de 2019 remata o 31 de xullo
Fecha desde el 17 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Julio de 2019Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte
Ampliar contenidoA tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como adiantou esta mesma semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).Entre as novidades destacables, a creación de días novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda ao seu paso polo Concello de Ourense; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá, ao seu paso polo Concello de Lugo. Así, o número de zonas de adestramento elévase a tres.
Outra das novidades é a inclusión do encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar en Ourense, dentro das zonas habilitadas para a pesca de especies exóticas invasoras, como unha medida de para o control e erradicación de determinadas especies invasoras, como perca americana común (Micropterus salmoides), carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus). Asemade, a orde que se publica hoxe recolle a decisión do Comité de Pesca de Galicia de reaxuste dos cupos por especie, coa finalidade equiparar aos cupos de comunidades limítrofes e como medida de control de sobreexplotación dos recursos.
Salmón
O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo a tempada rematará o 15 de xullo.A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A cota anual no río Lérez será de 5 salmóns, mentres que no Ulla serán 50. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.
En relación cos engados, poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.
A pesca do reo
A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:- Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.
- Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.
- Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.
Captura da troita
Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.
Outras especies
A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.Xornadas hábiles
Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.
Concentración con motivo Día Internacional da Muller 2019 na Guarda
Fecha desde el 07 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Marzo de 2019A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen unha exposición, a proxección dun documental e unha concentración reivindicativa.
Ampliar contenidoA Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»
A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas.Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos desde o mércores 7 de marzo ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.
"Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.
Concentración Reivindicativa 8MA segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar na xornada do venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.
Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.
Presentación Documental fútbol feminino
Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»
Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.
O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.
Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.
VIII ETC? Encontros de Teatro de Cerveira com duas sessões para o público infantil
Fecha desde el 09 de Marzo de 2019
hasta el 30 de Marzo de 2019Durante o mês de março, o teatro é a arte performativa de eleição em Vila Nova de Cerveira, como forma de assinalar o Dia Mundial do Teatro (27 de março).
Ampliar contenidoDurante o mês de março, o teatro é a arte performativa de eleição em Vila Nova de Cerveira, como forma de assinalar o Dia Mundial do Teatro (27 de março). Composto por quatro espetáculos diferentes, o programa desta 8ª edição dos ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' é aliciante. Este ano, o evento apresenta, pela primeira vez, duas peças destinadas ao público infantil. Sessões decorrem no Cineteatro de Cerveira e são de entrada livre.
Ao longo dos seus sete anos de existência, o ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' tem contagiado o seu vasto e fiel público com muita comédia e humor. Esta edição de 2019, não só pretende manter este critério, como apostar nas boas emoções que o teatro também consegue despoletar junto dos mais novos, através de histórias com fortes e importantes lições de moral.
No dia 9 de março, às 21h30, entra em cena a peça tragicomédias "Divorciadas, Evangélicas e Vegetarianas", pela companhia Varazim Teatro, retratando com humor a vida de três mulheres "em que uma está mal, a outra pior e da terceira nem se fala". No sábado seguinte, 16 de março, é apresentado o espetáculo "A Minha Avó é uma Comédia", pela Companhia de Teatro Cri´arte de Lisboa e, como o próprio nome indica, é uma comédia. Esta história retrata uma família completamente disfuncional, com várias situações possíveis do nosso dia-a-dia.
Com início no período da tarde, os dois últimos espetáculos de teatro são direcionados para o público mais infantil. No dia 24 sobe ao palco a peça "A Fada Oriana", interpretada pela companhia Varazim Teatro. Baseado na célebre obra com o mesmo título de Sophia de Mello Breyner Andresen, encontram-se as peripécias de uma luta entre o bem e o mal. Para o encerramento da 8ª edição dos ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira', a 30 de março, a tão conhecida peça "Os 3 Porquinhos". Esta fábula infantil, que tem marcado várias gerações em todo o mundo, mostra às crianças a importância de trabalhar bem para conquistar o sucesso.
De entrada livre, os ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' sobem ao palco do Cineteatro de Cerveira, com horários diferenciados. Os dois primeiros dirigidos para o público geral estão agendados para as 21h30, e as sessões para o público infantil têm início às 15h30.
Manuel Patinha e Sobral Centeno regressam a Vila Nova de Cerveira este mês de fevereiro
Fecha desde el 01 de Marzo de 2019
hasta el 06 de Abril de 2019Até 6 de abril os autores estão de regresso ao Fórum Cultural de Cerveira, desta vez com exposições individuais, mostrando ao público as suas singularidades.
Ampliar contenidoManuel Patinha e Sobral Centeno são dois artistas presentes na trajetória da Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Até 6 de abril os autores estão de regresso ao Fórum Cultural de Cerveira, desta vez com exposições individuais, mostrando ao público as suas singularidades."Uma antologia de afetos" tem como fio condutor a produção artística mais recente de Manuel Patinha, natural da Póvoa de Santa Iria e residente na Galiza há 40 anos. No total, contam-se mais de uma centena de peças do autor na sala principal de exposições, sob a forma de escultura, desenho, fotografia, combinadas com prosa e poesia.
Ao longo dos 48 anos de percurso artístico, Manuel Patinha tem vindo a deixar a sua marca em Vila Nova de Cerveira. Em 1995 venceu o Prémio BMW na VIII Bienal Internacional de Arte de Cerveira e um ano depois participou no "Encontro com o Granito - Simpósio de Escultura em Pedra". Aço, bronze e granito são a matéria prima das obras "Avecristo" e "Dólmen Galaico Duriense" que se podem encontrar no roteiro artístico a céu aberto da "Vila das Artes". Nas palavras da curadora Helena Mendes Pereira, esta é uma exposição em jeito de tributo: "Pintar (primeiro), esculpir (depois), desenhar e escrever (sempre) e fotografar (para sempre) são como um grito, uma revolta, uma afirmação e uma calma. Afetos em jeito de homenagem a um grande artista luso-galaico".
Já no espaço da galeria, 35 pinturas de Sobral Centeno compõem a exposição "O Douro à tua frente", cedida pela Fundação Museu do Douro. De acordo com a visão do artista, esta mostra apresenta-se como uma homenagem às gentes do Douro, aos seus lugares de memória e aos tempos de infância do próprio autor.
Sobral Centeno nasceu no Porto em 1948 e licenciou-se em Artes Plásticas na Escola Superior de Belas-Artes do Porto. Foi bolseiro da Fundação Calouste Gulbenkian de 1983 a 1985. Tem participado em várias mostras coletivas em Portugal e no estrangeiro. Artista assíduo da bienal de arte mais antiga do país, Sobral Centeno tem duas obras representadas na Coleção da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, uma peça realizada em 1978, no Atelier Livre de Artes Plásticas e a obra "Outros Lugares", apresentada na XV edição (2009).Datas: até 6 de abril de 2019
Local: Fórum Cultural de Cerveira | Avenida das Comunidades Portuguesas S/N 4920-275, Vila Nova de Cerveira
Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00
Aberto ata o 29 de marzo o prazo de inscricións para o programa de termalismo da Deputación -Depotermal 2019-
Fecha desde el 28 de Febrero de 2019
hasta el 29 de Marzo de 2019O goberno provincial oferta este ano un total de 4.434 prazas, das que 434 están destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social
Ampliar contenidoA Deputación de Pontevedra abre desde este xoves 28 de febreiro o prazo para inscribirse no programa de termalismo "Depotermal 2019". Poden participar todas aquelas persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que teñan nado antes do 1 de xaneiro de 1969 (ou aquelas que nacendo con posterioridade sexan pensionistas), persoas que conten cun grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65% ou aquelas persoas que necesiten respiro familiar.As persoas interesadas en participar no programa presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal . Tamén se poderán facer as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, usando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación. O prazo de inscrición comeza hoxe e remata o 29 de marzo e prevese que as estancias termais comecen xa no mes de abril. Así, este ano o programa comezará antes que en pasadas edicións e isto vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da súa estancia tamén nos meses de primavera e non só nos meses de setembro a decembro.
En total, a Deputación oferta un total de 4.434 prazas: 1.248 para o programa termal de asistencia diaria sen pernocta (cinco días consecutivos de asistencia aos establecementos termais) e 3.186 para o programa termal con pernocta (cinco días e seis noites aloxados nos establecementos termais). A institución provincial financia un total de 434 prazas para persoas en situación ou risco de exclusión social ou escasos recursos económicos: 248 prazas para a modalidade de asistencia diaria sen pernocta e 186 para a modalidade con pernocta.
"Depotermal 2019" ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Amais, ao desenvolverse en temporada turística baixa, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.
A Guarda acolle desde este xoves a exposición -Rompe. Xoga en igualdade-
Fecha desde el 06 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Marzo de 2019A mostra da deputación coas -barbis intervidas- protagonistas da loita pola igualdade
Ampliar contenidoAs bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación estarán ata o 31 de marzo na Casa dos Alonso (Novo Concello)Dende este xoves, 7 de marzo, e ata o vindeiro 31 de marzo, A Guarda acollerá a mostra "Rompe. Xoga en Igualdade", coa que a Deputación de Pontevedra denuncia a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa do Alonso, o edificio no que está a actual sede do Concello, de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.
"Rompe. Xoga en Igualdade" é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres co obxectivo de golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52% da poboación.
As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.
Especial - Inauguración na Guarda da Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade-
Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Marzo de 2019A Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019
Ampliar contenidoA Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019, actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.Inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»
A programación de actividades iniciáronse este xoves coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas, nas que interviron o Alcalde da Guarda, a Tenente de Alcalde, a Concelleira de Servizos Sociais, así como as súas creadora, Isabel Blanco e Irene Silva.Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.
"Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.
Concentración Reivindicativa 8MA segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar xa este venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.
Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.
Presentación Documental fútbol feminino
Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»
Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.
O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.
Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Rosal conmemora o Día Internacional da Muller
Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
hasta el 27 de Abril de 2019Actividades con motivo do Día da Muller no Concello do Rosal
Ampliar contenidoCon motivo do Día da Muller o persoal da Casa Consistorial non atenderá ó público no horario de 12:00 hs ás 13:00 hs, excepto o Rexistro de Entrada en realizarase unha CONCENTRACIÓN, para toda a cidadanía, ás 12:00 hs. na Praza do Calvario coa lectura dun manifesto para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.
Convidamos a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen para conmemoraro venres, día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa en igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feito de selo.
Seguindo coa conmemoración deste día durante todo o mes de marzo e de abril levaranse a cabo unha serie de actividades:
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS: Mulleres na historia. Nesta ocasión a temática é "O Rosal, a nosa costa".
SUFRAGISTAS: Proxección da película protagonizada por Meryl Streep que trata o tema da consecución do voto feminino no século XX. 16 de marzo no Auditorio Municipal.
XOGUETES NON SEXISTAS: Taller a cargo dunha educadora que traballará coas familias e os/as máis pequenos/as alternativas de ocio en igualdade.
OUTRAS FORMAS DE QUERER: Obradoiro levado a cabo no mes de marzo e abril cos grupos de 1º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier no que se traballará o tema das relacións de parella entre mozos e mozas na adolescencia.
ENCONTROS CON PROFESIONAIS: 5 mulleres profesionais da nosa contorna falarán sobre a súa experiencia laboral ao alumnado de 4º de ESO.
CONTACONTOS: "Mulleres galegas" na Biblioteca Municipal para nenos e nenas.
Sábados 30 de marzo, 5, 13 e 27 de abril.
A segunda edición de -Coas mans na masa- chega a Tui, Oia e A Guarda
Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
hasta el 30 de Marzo de 2019Este itinerario formativo, posto en marcha pola Escola Eu Rural, incluirá a celebración de seis cursos en seis concellos do GDR 14 entre abril e maio
Ampliar contenidoA Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural segue apostando pola formación e posta en valor do territorio. Tras o éxito acadado en 2018, a Escola Eu Rural pon en marcha a segunda edición do programa ‘Coas mans na masa', un itinerario formativo centrado na transformación de produtos do sector agrario que busca engadir valor no mercado a través da transformación de materia prima abundante na contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.
Nesta ocasión o programa ‘Coas mans na masa' acolle dúas accións formativas diferencias. Por un lado, volverán a impartirse os cursos dedicados á elaboración de conservas artesanais e naturais con alimentos de tempada que abunden na contorna. Nesta nova edición o itinerario formativo chegará por primeira vez aos concellos de O Porriño (os días 8, 9 e 10 de abril) e de Tui (6, 7 e 8 de maio) e repetirá escenario en A Guarda (13, 14 e 15 de maio) en resposta á gran demanda de inscricións existentes na primeira edición.
Por outra banda, por primeira vez celebrarase un curso de ‘Elaboración natural de ungüentos naturais', que ten como obxectivo aprender a realizar cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais que se atopan na contorna. Os cursos levaranse a cabo nos concellos de Pazos de Borbén (3 e 4 de abril), Oia (24 e 25 de abril) e Gondomar (29 e 30 de abril).
Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.
Formación para fomentar o emprendemento no rural
Este itinerario formativo foi presentado este xoves 21 de febreiro no salón de plenos do Concello de O Porriño pola presidenta da asociación e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen asegurou que con cursos deste tipo "buscamos engadir valor a ese produto de calidade transformado". "Esperamos continuar con accións deste tipo porque somos conscientes da importancia que a xente lle da á formación como modo de valorización da contorna", salientou.González estivo acompañada neste acto pola alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, que salientou a "necesidade de desenvolver iniciativas coma esta para evitar a despoboación de localidades como as que conforman o GDR 14. Son este tipo de accións as que debemos de apoiar". Xunto a elas, na presentación, estiveron tamén o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias; e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.
Novas edicións
‘Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 200 persoas.
Por este motivo, itinerarios formativos como os que se desenvolverán en abril e maio complementaranse con novas edicións no ano 2020 noutros concellos do GDR 14, como cursos de conservas en Mos e Gondomar ou de elaboración de ungüentos en Baiona, A Guarda, O Rosal e Tui.
Cristal Méndez Queizán imparte un obradoiro de canto para adultos en Goián
Fecha desde el 13 de Marzo de 2019
hasta el 04 de Abril de 2019Trátase dun obradoiro de iniciación ao canto impartido por Cristal Méndez Queizán coa colaboración da Agrupación Musical de Goián.
Ampliar contenidoTrátase dun obradoiro de iniciación ao canto impartido por Cristal Méndez Queizán coa colaboración da Agrupación Musical de Goián.
Vai ser realizado no auditorio de Goián os xoves de 20:00 a 21:30 h. dende o 4 de abril ata o 30 de maio. A súa inscrición ten un coste de 10€. Podes anotarte a través do correo info@bandadegoian.gal ou do teléfono 626 799 623.
Está dirixido a persoas adultas de todas as xeneracións e non son necesarios nen coñecementos específicos de música nen unha experiencia previa no canto. A elección dun repertorio moderno, non pretende banalizar ou comercializar o feito musical se non abrazar canles expresivos propios da modernidade como son o ritmo, a corporalidade a liberdade creativa e a improvisación.
Cristal Méndez Queizán é mestra de Música pola Universidade de Barcelona con un Master en Artiterapie (terapias artísticas: musicoterapia, danzaterapia, dramaterapia e arteterapia plástico/figurativa) pola Universidade de Roma 3. Ten estudos de música e canto (jazz) e de danza/teatro, e proven dun longo percorrido con experiencia internacional como ensinante e como artista escénica.
Residiu en varias cidades europeas (Berlín, Barcelona e Roma) e é políglota. Os últimos dez anos pasounos en Roma onde traballou como ensinante de canto e música ao tempo que proseguía a súa especialización nos eidos do canto e das terapias artísticas.
Regresa en 2018 a Galicia coa súa familia coa intención de establecerse no Baixo Miño.
El III Desafío Talaso Atlántico se celebra este domingo en Oia
Fecha desde el 13 de Marzo de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019Dirigida a aficionados y profesionales, la prueba cuenta con un tramo cronometrado de 17 kilómetros
Ampliar contenidoEl III Desafío Talaso Atlántico se celebrará el próximo 14 de abril y ya tiene abierto el plazo de inscripción. Se trata de una prueba ciclista, abierta a aficionados y profesionales, que incluye un tramo cronometrado de 17 kilómetros. Apadrinada por Óscar Pereiro, que habituaba a entrenarse en la carretera Baiona-A Guarda en su etapa profesional, la prueba reúne a ciclistas con edades comprendidas entre los 20 y los 80 años.Los participantes pueden inscribirse hasta el 12 de abril a las 20.00 horas en la web www.magmasports.es. La inscripción para federados es de 15 euros, de 20 para los que tengan carné de ciclista o licencia de triatlón, y de 25 para los no federados (10 euros se destinan a la licencia de un día en la Federación Galega de Ciclismo). Los primeros clasificados en cada década de edad, desde los 20 a los 80 años, recibirán un bono del Hotel Talaso Atlántico que incluye alojamiento, desayuno y Recorrido Marino de talasoterapia. Los segundos y terceros mejores de cada edad recibirán un Recorrido Marino de talasoterapia. También habrá un sorteo entre todos los participantes al finalizar la prueba.
El recorrido consta de 60 kilómetros de los cuales 17 serán cronometrados. La prueba se realizó por primera vez en 2017 y nació de la necesidad de poner en marcha un evento deportivo en una de las zonas más frecuentadas de la provincia de Pontevedra, debido a su belleza paisajística, tanto por ciclistas aficionados como profesionales.
La salida se efectuará desde la explanada del Hotel Talaso Atlántico y discurrirá por Baredo, Faro Silleiro, hasta llegar al Monasterio de Santa María de Oia (un tramo de 23 kilómetros neutralizados). A partir de ahí comenzará la crono-escalada hasta el Monte de A Groba, de 17 kilómetros. Se trata de un recorrido de dificultad media, según los expertos, por el que pasarán por el Alto da Valga y Torroña hasta coronar finalmente A Groba, con 600 metros de altitud. Una vez superado este segundo tramo, donde se dará el avituallamiento, habrá un recorrido final de 20 kilómetros, de regreso al Hotel Talaso Atlántico, que discurrirá por Chan da Lagoa, Baíña y Baiona.
Abertas as inscricións para un Curso de Ximnasia Sénior na Guarda
Fecha desde el 14 de Marzo de 2019
hasta el 29 de Marzo de 2019Máis información no 986 61 0000 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Ampliar contenidoA Concellería de Deportes do Concello da Guarda oferta un Curso de Ximnasia Sénior para persoas maiores de 65 anos.
O curso levarase a cabo todos os mércores e venres en horario de 11:30h a 12:15h e realizarase na sala de actividades da Piscina Municipal da Guarda.
A actividade ten un custe mensual de 10 € por persoa participante.
As inscricións están xa abertas e as prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición acudindo á OMIX, no 2º andar do Concello da Guarda, na Casa dos Alonsos.Máis información no 986 61 0000 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda
Fecha desde el 29 de Marzo de 2019
hasta el 29 de Marzo de 2019A Casa dos Alonsos da Guarda acolle o vindeiro venres 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.
Ampliar contenidoA Casa dos Alonsos da Guarda acolle o vindeiro venres 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.
O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes. Ao longo das dúas últimas décadas, o avance da investigación arqueolóxica permitiu documentar un importante conxunto de explotación do sal ao longo da costa da antiga Gallaecia. Neste encontro falaremos dos resultados do proxecto Mar de Sal no estudo das evidencias de aproveitamento do sal durante a Protohistoria e da gran transformación que experimentou a industria salineira a partir da chegada do Imperio Romano coa implantación de grandes salinas mariñas.
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015. A intención destes Encontros era xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural en xeral e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acollen a calquera persoa que se queira achegar a este espazo, ben sexa un profesional da xestión do patrimonio ou da cultura, ben sexa unha investigadora / investigador ou calquera axente social que teña interese polo patrimonio. Os protagonistas dos encontros son sempre o elemento patrimonial e o debate arredor del. Os encontros focalizáronse até o de agora en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura, historia da arte ou mesmo en enfoques interdisciplinarios; pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e no conflito patrimonial; en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos; nas políticas patrimoniais, nos encontros e des-encontros. Como se pode ver, nun abano moi amplo ao longo dos 23 Encontros anteriores.
No ano 2018 puxeron en marcha o programa IN SITU, que traslada a difusión e reflexión ao contexto xeográfico e social dos bens, analizando no mesmo lugar as realidades patrimoniais. IN SITU quere contribuír a evidenciar a necesidade desa análise, pero tamén a crear outros lugares de reflexión fóra do seu habitual espazo na sede do CCG en Santiago de Compostela. Para este ano 2019, a temática seleccionada dentro deste programa é "A produción de sal en época romana no sur de Galicia e norte de Portugal", sobre a que realizaremos dúas xornadas: o 29 de marzo na Guarda e o 30 de abril en Vigo, e que terán como obxectivo a reflexión arredor de diferentes proxectos que, ao longo dos últimos anos, interviñeron en distintos xacementos do sur de Galicia e do norte de Portugal relacionados coa produción de sal en época romana, de xeito que poidamos obter un panorama xeral sobre esta práctica no noso contexto xeográfico.
PROGRAMA
17:00 horas
Presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
17:15 horas
O proxecto Mar de Sal e o estudo das paisaxes do sal da Antigüidade
Brais X. Currás, arqueólogo, Universidade de Coimbra-CEAACP
18:00 horas
As intervencións nas salinas de Oia e O Seixal
Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga profesional
18:45 horas
A exploração de sal na Proto-História. O exemplo de Viana do Castelo
Miguel Costa, Tiago Brochado e Jorge Machado, arqueólogos, Câmara Municipal de Viana do Castelo
19:30 horas
Debate
LUGAR
Casa dos Alonso
Praza do Reló, 1
36780 A GuardaA inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.Máis información: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200781
Férias criativas no museu páscoa 2019: inscrições abertas!
Fecha desde el 20 de Marzo de 2019
hasta el 12 de Abril de 20198 a 12 de abril, Fórum Cultural de Cerveira
Ampliar contenidoA Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove, de 8 a 12 de abril, as Férias Criativas no Museu Páscoa 2019, iniciativa dirigida a crianças dos 6 aos 14 anos de idade. As atividades decorrerão durante a tarde, entre as 13h45 e as 18h00, proporcionando aos mais novos um programa multidisciplinar e repleto de criatividade.A participação nas Férias Criativas no Museu tem um custo de 20€, sendo que inclui a oferta diária do lanche. Para mais informações e inscrições é favor contactar: 251794633 ou servico.educativo@bienaldecerveira.pt.
Programa:
8 de abril (segunda-feira) - Receção | Pintura de t-shirts
9 de abril (terça-feira) - Visita ao Aquamuseu do Rio Minho - palestra sobre o plástico
10 de abril (quarta-feira) - Aula de Cerâmica - Artista Henrique do Vale
11 de abril (quinta-feira) - Trabalhos relacionados com a Pop Art
12 de abril (sexta-feira) - Conclusão dos trabalhos | Lanche especial
A Guarda exalta a lamprea do Miño cuns fins de semana gastronómicos
Fecha desde el 23 de Marzo de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019Todas as persoas que desexen degustar este peixe preparado á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana do 23 de marzo ao 14 de abril.
Ampliar contenidoTodas as persoas que desexen degustar este peixe preparado á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana do 23 de marzo ao 14 de abril.
O Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza as xornadas gastronómicas «Lamprea do Miño», que se celebrarán en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.
Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.
Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.
Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.
Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.
Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.
Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril.
Exaltación da lamprea
A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.
A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan.
Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos. Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea.
Programación nas fins de semana
É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra) que debido a súa antigüidade descoñecese si tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes.
Ademais da programación cultural e deportiva:
Sábado 30 de marzo:
• Carreira de Orientación (precisa inscrición ata o 27 de marzo)
• Concerto do Coro Gli Pasionatti no Centro Cultural
Sábado 6 de abril:
• Concerto e gravación do disco do grupo Na Revolta no Centro Cultural
Domingo 7 de abril:
Concerto de Corda xuvenil - infantil KV2211 no Centro Cultural
Proba de Enduro precisa inscrición ata o 27 de marzo)
Sábado 13 de abril:
• Showcooking: Cociñar a lamprea do Miño
• 21.00h Serán das Festas de Buxán na Praza de Buxán
Domingo 14 de abril:
• 11.00h Bendición de ramos e palmas na Praza de San Benito
A OMIX da Guarda oferta un obradoiro de proxectos artísticos e outro de inglés
Fecha desde el 23 de Marzo de 2019
hasta el 08 de Abril de 2019A Oficina Municipal de Información Xuvenil da Guarda abre as inscricións para dúas novas actividades que terán lugar no mes de abril.
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información Xuvenil da Guarda abre as inscricións para dúas novas actividades que terán lugar no mes de abril.
Obradoiro de proxectos artísticos
Por unha banda iniciarase un obradoiro para a realización de proxectos artísticos, unha actividade que terá unha duración total de 3 horas e que se realizará no mes de abril nunha data aínda por confirmar.
Obradoiro de inglés
Se os idiomas son un problema para ti, neste obradoiro mellorarás o teu dominio do inglés no día a día, cun curso especial para a vida cotiá, que terá lugar os martes e xoves en horario de 20:00h a 22:00h cun prezo de 25€ ao mes.
Máis información e inscricións na OMIX da Guarda no teléfono 986 61 0000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
Presentación da candidatura do BNG á alcadía de Tui
Fecha desde el 29 de Marzo de 2019
hasta el 29 de Marzo de 2019O BNG de Tui presenta este venres dia 29 a súa candidatura, ao governo municipal de Tui, encabezada pola médica Carme Núñez.
Ampliar contenidoO BNG de Tui presenta este venres dia 29 a súa candidatura, ao governo municipal de Tui, encabezada pola médica Carme Núñez.Este venres ás 21:00 horas, no Hotel Colón de Tui, o BNG dá inicio á carreira eleitoral que pretende que acabe no governo municipal se o pobo tudense lle outorga a súa confianza nas eleicións do 26 de maio.
Unha equipa forte, seria e cohesionada, xa con experiencia, que pretende continuar a labor positiva de governo truncada pola moción de censura do PP, que sumíu ao concello na inacción supondo o regreso ao pasado máis negro de governos da dereita.
Un BNG en ascenso, con cosideración social e simpatía política que está disposto a por toda a ilusión, capacidade, todo o seu potencial humano na xestión de governo.
O acto, que será presentado pola Responsábel comarcal de Galiza Nova, Ana Bernárdez, contará coas intervencións de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Carme Da Silva, candidata número un por Pontevedra ao Congreso d@s Deputad@s, e, Carme Núñez, Portavoz municipal do BNG e Candidata á Alacaldía.
Amplíase o prazo para visitar na Guarda a Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade-
Fecha desde el 28 de Marzo de 2019
hasta el 23 de Abril de 2019Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 23 de abril e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h.
Ampliar contenidoA Guarda acolle dende o xoves 7 de marzo a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», dentro das actividades programadas na conmemoración do Día Internacional da Muller 2019.Na inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas, contouse coas intervencións do Alcalde da Guarda, da Tenente de Alcalde, da Concelleira de Servizos Sociais, así como das súas creadora, Isabel Blanco e Irene Silva.
Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 23 de abril e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.
"Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.
La Iglesia Diocesana de Tui-Vigo se suma a la iniciativa -24 horas de oración ininterrumpida-
Fecha desde el 29 de Marzo de 2019
hasta el 30 de Marzo de 2019La Diócesis celebra los días 29 y 30 la jornada -24 horas para el Señor- bajo el lema -Tampoco yo te condeno-
Ampliar contenidoPor cuarto año consecutivo, la Iglesia Diocesana de Tui-Vigo se suma a la iniciativa del Papa Francisco de celebrar una jornada de oración adoración y penitencia. Este año, el lema invita a reflexionar sobre el pasaje bíblico "Yo tampoco te condeno" (Jn 8, 11).
La jornada, que busca manifestar la unión y oración por el Papa, así como pedir perdón por las faltas personales y por los pecados de la Iglesia, se celebrará en la Parroquia de Santiago el Mayor de Vigo, desde las 12:00 del viernes 29 de marzo hasta las 12:00 del sábado 30. El Obispo, mons. Luis Quinteiro, será quien presida la Misa de Apertura el viernes, tras la cual quedará expuesto el Santísimo hasta la Misa de Clausura 24 horas después, también presidida por él.
La iglesia permanecerá abierta durante las 24 horas que dura el evento, con acceso libre para los fieles deseen participar en los diferentes turnos de oración. Cada hora, diferentes movimientos, asociaciones laicales o consagrados/as serán los responsables de llevar la oración, con el fin de manifestar la pluralidad de la Iglesia diocesana y animar a la participación a todas las comunidades parroquiales. Además, la jornada también contará con la presencia de sacerdotes para garantizar la confesión.
Conversas Literarias e de Xénero este venres en Camposancos
Fecha desde el 29 de Marzo de 2019
hasta el 29 de Marzo de 2019Será ás 20,30 horas do venres día 29 de marzo.
Ampliar contenidoElisa y Marcela enamoraron e casaron en 1901 e pola igrexa. Unha historia real de dúas mestras recollida polo historiador da educación Narciso de Gabriel, recentemente publicada por Edicions Xerais de Galicia, e que a cineasta Isabel Coixet levou ao cinema e Netflix estreou en 2018.
A Casa de Montes de Camposancos convida ao coloquio que se levará a cabo co autor, Narciso de Gabriel, sobre esta historia singular e sobre cuestións de xénero, unha preocupación cada vez máis presente na sociedade actual.
Será ás 20,30 horas do venres día 29 de marzo.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
