Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Lançado Concurso REVIVE para concessão do Castelo de Cerveira

    Fecha desde el 22 de Enero de 2019
    hasta el 05 de Junio de 2019

    O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.

    O Ministro Adjunto e da Economia, Pedro Siza Vieira, esteve, esta sexta-feira, 18 de janeiro, em Vila Nova de Cerveira, para presidir ao ato de formalização do Programa REVIVE para o Castelo de Cerveira. O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.

    Dos 33 imóveis nacionais identificados, o Castelo de Cerveira é o 15.º concurso a ser lançado no âmbito do REVIVE, um programa conjunto dos ministérios da Economia, Cultura e Finanças com a colaboração das autarquias locais, que visa valorizar e recuperar o património sem uso, reforçar a atratividade dos destinos regionais e o desenvolvimento de várias regiões do país.

    Para assinalar a formalização deste procedimento, o Ministro Adjunto e da Economia esteve, ao início da tarde de sexta-feira, no Castelo de Cerveira, estimando que sejam investidos cerca de 3 milhões de euros para as obras de requalificação do conjunto amuralhado e a sua adaptação à atividade turística. Pedro Siza Vieira informou que os investidores interessados podem apresentar propostas até 5 de junho de 2019 e que o imóvel será concessionado durante 50 anos para exploração para fins turísticos. "Estamos muito satisfeitos por estar aqui. Este projeto tem sido muito caro para os cerveirenses, por isso espero que possamos assinalar os 700 anos de Cerveira aqui, num Castelo revivido", disse Pedro Siza Vieira, seguindo-se uma visita a alguns espaços do Castelo.

    Para o autarca cerveirense, "volvidos 10 anos de impasse e de abandono deste espaço, o lançamento do REVIVE abre uma janela de oportunidades para a resolução de uma enorme preocupação dos Cerveirenses". Fernando Nogueira frisou que embora esta "não seja a solução definitiva de todos os problemas subjacentes ao Castelo, é seguramente um passo muito importante para que se concretize o propósito de devolver este imóvel ao serviço dos Cerveirenses, da economia local e dos inúmeros turistas que reconhecem o Castelo como um dos ex-libris do concelho".

    O ato de formalização oficial do lançamento de concurso público decorreu no próprio Castelo, tendo sido acompanhado pela Secretária de Estado do Turismo, Ana Mendes Godinho, o Secretário de Estado da Economia, João Correia Neves, o Secretário de Estado da Defesa do Consumidor, João Torres, o Secretário de Estado da Valorização do Interior, João Catarino, além de outras entidades públicas locais, regionais e nacionais, e população.
    Ampliar contenido
  • Este sábado Concerto de Jazz em Valença: IIº Ciclo Jazz de Valença

    Fecha desde el 26 de Enero de 2019
    hasta el 27 de Abril de 2019

    Entre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.

    Entre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.

    Desde os clássicos americanos às novas tendências do jazz, esta é uma oportunidade para ouvir, ao vivo, algumas das referências nacionais.

    Este Sábado Atua Ricardo Formoso
    O ciclo abre com o concerto "Origens", com composições originais, do grupo liderado pelo trompetista Ricardo Formoso, Sábado, 26 de janeiro, às 21h30, no auditório do CILV (Escola Superior de Valença). Ricardo Formoso, ao trompete, Carlos Azevedo, ao piano, João Cação, no contrabaixo e Rui Lúcio na bateria serão os protagonistas

    "Origens" reúne composições originais do, também, compositor galego Ricardo Formoso que espelham a sua trajetória de trompetista, desde que entrou no meio artístico português. "Origens" é uma fusão do seu background musical e pessoal assumindo influências dos diversos projetos musicais por onde tem passado, nomeadamente do circuito de Jazz do Porto.


    Os Outros Concertos:


    23 de fevereiro, às 21h30
    Pedro Neves Trio, com "5:21"
    Quinta do Caminho, em Cerdal


    30 de março, às 21h30
    Ploo, com "Pele de Papel"
    Auditório CILV / ESCE Valença


    27 de abril, às 21h30
    José Pedro Carvalho, com "Passarola Voadora"
    Quinta do Caminho, em Cerdal
    O quarteto contará com a presença do pianista galego Xan Campos.

    Ampliar contenido
  • A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia

    Fecha desde el 01 de Febrero de 2019
    hasta el 17 de Mayo de 2019

    O Teatro Municipal de Tui acollerá seis espectáculos no primeiro semestre do ano

    Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e sete eventos que se van celebrar até o mes de maio.

    A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez "Tatán" e Avelino González.

    O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou nesta presentación "a tradición e continuidade ao longo de moitos anos dunha axenda cultural moi completa, que sen dúbida hoxe en día ten un gran prestixio no sector e en Galicia". Engadía o rexedor que isto "non é froito da casualidade senón do gran traballo realizado ao longo de moitos anos e cunha estratexia moi clara de facer unha axenda moi variada e con gran presenza de produción galega". Concluía apuntando que "para destacar en calquera ámbito é importante ter continuidade e traxectoria" sinalando a longa traxectoria que ten esta programación cultural na que radica parte do seu éxito.

    O concelleiro de Cultura, indicaba que con esta programación o Concello de Tui "mantén a súa liña de calidade nunha programación cultural, que nunha cidade, que a pesar do seu número de habitantes, ten un dos mellores resultados en afluencia de público ao teatro dentro da Rede Galega de Teatro e Auditorios". O edil agarda que "o público siga manténdose fiel e sendo esixente para que poidamos ter a mellor das programacións ao longo do ano".

    Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a variada programación ofertada nos próximos meses en Tui, con seis espectáculos pertencentes á Rede Galega de Teatro e Auditorios, que son financiados ao 50% pola rede e polo Concello de Tui. Apuntaba que o Teatro Municipal é un dos máis valorados da Rede Galega tanto pola súa dotación como polo trato que se lle da ás compañías que aquí actúan.

    Dos seis espectáculos que se van celebrar no Teatro Municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, tres van dirixidos a público familiar e tres a público adulto. A primeira cita será este venres, 1 de febreiro, con Talía Teatro que presentará unha revisión do clásico de Carlo Goldini "O servidor de dous amos". Unha obra que incorpora novas formas de teatralidade e que persegue "o espectáculo total".

    O venres, 8 de febreiro, será a quenda de Elefante Elegante con "Patapatúm", unha obra a que reflexionan sobre o tempo que os pais e nais lle poden dedicar aos seus fillos. O venres 15 de febreiro chega ao Teatro Municipal "Invisibles" a obra na que Redrum Produccións aborda a violencia de xénero a través da historia de mulleres reais recollidas no seu libro por Montse Fajardo.

    Ian Hamilton e Elisa Alfaya serán os responsables de "Cousa de nenos" un espectáculo de maxia, comedia, sombras chinescas, pintura rápida... programado para o venres 1 de marzo. Na presentación desta mañá Elisa Alfaya como tudense amosouse orgullosa de actuar en Tui, logo de estar moitos anos fóra.

    Avelino González, director de "Senior" a obra que Culturactiva presentará o venres, 8 de marzo, apuntou que "é un pracer vir a Tui con este espectáculo" xa que dicía "Tui é un dos sitios de referencia para ver teatro no sur de Galicia" ao tempo que apuntaba que a Eurocidade Tui-Valença é un plus xa que aporta público galego-portugués. Nesta obra ponse ao fronte de dous consagrados actores coma Luís Iglesias e Marcos Orsi que abordan en clave de humor a chegada á década dos 50.
    Por último o venres 15 de marzo Tanxarina representa a obra de Carlos Casares "A galiña azul". Eduardo Rodríguez "Tatán" un dos actores / manipuladores, fixo referencia aos 38 anos de traxectoria da compañía nos que Tui sempre foi parte do seu traballo, e referencia no teatro, xa que "non vimos só aquí a facer teatro, senón tamén a ver teatro". Presentarán o galardoado "A Galiña Azul" que foi premiado como mellor espectáculo infantil nos premios Fetén, e nos María Casares.

    O Entroido abrirá a programación de eventos co Desfile Concurso previsto para o martes, 5 de marzo, e o Enterro do Bacallou que se celebrará o domingo 10 de marzo. O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc, celebrará a súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril. As festas de San Telmo terán lugar do 20 ao 29 de abril con eventos coma o Festival Folclórico ou a XI Semana do Teatro Afeccionado. Por último pecha a programa a XXII Feira do Libro Galego que se celebrará no Paseo da Corredoira o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

    Toda a programación do primeiro semestre do ano vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural, da que se editaron 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.
    Ampliar contenido
  • Programación do Cineclub Poleiro para a Primavera 2019

    Fecha desde el 07 de Febrero de 2019
    hasta el 09 de Mayo de 2019

    Sesións de cinema o 7 de febreiro, 7 de marzo, 4 de abril e 9 de maio.

    O xoves, 7 de febreiro, o cineclub Poleiro , proxecta DHOGS no auditorio de Goián ás 21:30 ,dirixida por Andrés Goteira. Unha producción independente galega en lingua galega .Un thriler impredecible e misterioso cos actores Miguel de Lira, Melania Cruz, "Morris" Carlos Blanco e María Costas
    Sinopse: Mentres unha extraña personaxe cruza as rúas da cidade ao volante do seu taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, una muller que disfruta da súa última copa sen ser consciente da multitude de acontecementos que a van sacudir nas próximas horas. Unha aventura con un executivo será o comenzó car una espiral de violencia sen sentido aparente que a leva a un labirinto de sofrimento que non pode controlar.
    O xoves 7 de marzo proxectamos COLD WAR do director polaco Pawel Pawlikowski.

    Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una paixoada historia de amor entre duas persoas incompatibles pola diferente orixe e temperamento pero cuxo destino condena a estaren xuntas.

    O xoves 4 de abril, un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR .
    Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten una relación cunha moza da súa idade.

    O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN una fita de Valeska Grisebach.
    Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen una presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos vecinos e xurde o conflicto.

    Bono socio para as catro películas 10 euros

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de inscricións para o Curso de Creatividade Visual para fotografía e Video e o Curso de Escalada en Tomiño

    Fecha desde el 15 de Febrero de 2019
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Máis información na Omix de Tomiño ou en www.tomino.gal

    Curso creativo de fotografía e vídeo; a imaxe dixital, a fotografía e o vídeo supoñen un amplísimo campo de experimentación. Con cámaras dixitais, réflex ou do móbil e con software moi sinxelo crearanse imaxes mesturando técnicas fotográficas, de vídeo e animación.

     

    É preciso que cada participante cante cunha cámara e un ordenador.

     

    Curso impartido por un licenciado en Comunicación Audiovisual cun Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais e Multimedia.

     

    Venres de 19:00h a 21:30h.

    A partir de 12 anos.

    Aula CEMIT.

    Inscrición 10€

    Inscricións pinchando en; https://tomino.gal/curso-de-creatividade-visual-para-fotografia-e-video/

     

    Curso de formación para a iniciación de escalada en rocha impartido por un formador técnico e tres persoas monitoras de escalada.

    Máximo 20 persoas, persoas adultas e nenos e nenas dende os 6 anos.

    O prezo do curso (15€)  inclúe todo o material de protección individual, cordas e pés de gato, así como un seguro.

    Será desenvolvido na Serra D' Arga (Portugal) nun entorno natural de gran beleza.

    Inscricións pinchando neste enlace; https://tomino.gal/curso-escalada-2019/

    Ampliar contenido
  • Concentración con motivo Día Internacional da Muller 2019 na Guarda

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2019
    hasta el 31 de Marzo de 2019

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen unha exposición, a proxección dun documental e unha concentración reivindicativa.

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»
    A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas.

    Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos desde o mércores 7 de marzo ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

    "Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.


    Concentración Reivindicativa 8M

    A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar na xornada do venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.

    Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.

    Presentación Documental fútbol feminino
    Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»


    Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.

    O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.

    O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.

    Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.

    Ampliar contenido
  • Novas actividades do Colectivo Carballas para o mes de marzo no Rosal

    Fecha desde el 09 de Marzo de 2019
    hasta el 21 de Marzo de 2019

    O sábado 9 charla sobre o documental -Benvidas ao Club- e o 21 última charla do Ciclo de charlas sobre economía

    O sábado día 9 ás 11:30 teremos a Carmen PG Granxeiro falando sobre o seu documental "Benvidas ao Club" sobre a Operación Carioca. A entrada é de balde. Este é un pequeno resumen do contido do documental:

    "A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan ca forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dase a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero, somos conscientes do que realmente agocha?

    Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo."

    O xoves 21 de marzo ás 20:00 (esta é a nova data, lembrade que mudou) contaremos con Xabier Pérez Davila na súa última charla do Ciclo de charlas sobre economía: "Sobre a propiedade: finanzas, enerxía, coidados, datos".

    Lembrade tamén que este xoves 28 ás 20:00 terá lugar a segunda charla do ciclo: "Tres olladas sobre a economía: economía feminista, economía ecolóxica, economía e territorio". Ambas no Centro Social Polivalente do Rosal e con entrada de balde.

    Ampliar contenido
  • O Rosal acollerá un dos cursos sobre -A apicultura moderna e sostible- enmarcados no proxecto Depoapicultura

    Fecha desde el 27 de Febrero de 2019
    hasta el 25 de Marzo de 2019

    O obxectivo é capacitar a persoas desempregadas para poñer en marcha explotacións apícolas modernas

    A Deputación de Pontevedra inicia esta próxima semana os cursos formativos "A apicultura moderna e sostible", enmarcados no proxecto DepoApicultura e que se desenvolverán ata o mes de setembro. É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que se desenvolve en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e de Zaragoza, cuxo obxectivo é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.

    Esta próxima semana comezan os cursos presenciais no Rosal, Vilaboa e Barro. Participarán máis de 50 persoas desempregadas -unhas 18 por curso- e a formación terá unha duración total de 50 horas, que se desenvolverá en xornadas de mañá de 9 a 14 horas. Trátase de actuacións totalmente gratuítas. Máis polo miúdo, as accións formativas no Rosal comezan este martes 26 de marzo, no Centro de Formación A Mata. Os seguintes días de formación serán o 9 de abril, 7 e 28 de maio, 15 e 25 de xuño, 9 e 30 de xullo e 3 e 10 de setembro. En Vilaboa, na Casa da Xesta, comezan os cursos o mércores 27 e despois continuarán o 10 de abril, 8 e 29 de maio, 12 e 26 de xuño, 10 e 31 de xullo e 4 e 11 de setembro. No Salón de Plenos do Concello de Barro inician as accións formativas de DepoApicultura o vindeiro xoves 28 de marzo para continuar logo o 11 de abril, 9 e 30 de maio, 13 e 27 de xuño, 12 de xullo, 1 agosto e 5 e 12 de setembro.

    Ademais desta formación presencial nos concellos do Rosal, Vilaboa e Barro, tamén haberá formación semipresencial nos municipios de Salceda de Caselas os días 16 e 17 de abril, Ponte Caldelas os días 23 e 24, Ponteareas 14 e 15 de maio e O Rosal 21 e 22 de maio.


    Tanto os cursos presenciais coma os mixtos contan con sesións teóricas e prácticas. En canto á teoría, a formación centrarase na apicultura moderna e na elaboración de plans empresariais, nas estratexias de busca de emprego e na preparación do CV. Pola súa banda, as sesións prácticas abordarán cuestións relativas ao estado das colmeas, á súa división, á preparación da colmea incubadora, á cría masiva de raíñas, á revisión e colocación de alzas, á extracción do mel, á profilaxe e tratamentos sanitarios e á elaboración de produtos derivados do mel.

    O proxecto DepoApicultura, cun orzamento de máis de 102.221,84 euros, ten por obxectivo capacitar ás persoas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • Últimos días de inscricións para o curso de coidados psicosociais básicos na enfermidade do alzhéimer en Oia

    Fecha desde el 28 de Febrero de 2019
    hasta el 21 de Marzo de 2019

    As persoas interesadas poden inscribirse no rexistro do Concello de Oia, ou a través da sede electrónica, ata o próximo 21 de marzo

    O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para un curso gratuíto de coidados psicosociais básicos na enfermidade de alzhéimer. A actividade desenvolverase nos meses de marzo e abril e será impartida por Cruz Vermella do Baixo Miño.

    O Concello inclúe esta formación dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

    A actividade conta cun total de 20 horas de formación teórico-práctica. Impartirase os días 23 e 30 de marzo e 6 e 13 de abril no Centro Cultural de Pedornes, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    Este curso pretende achegar os coñecementos básicos sobre os coidados na enfermidade de alzhéimer a nivel social e sanitario, así como dar a coñecer as formas de comunicación que favorecen as relacións coa persoa enferma e a familia. Na actividade formativa tamén se informará sobre as redes sociais de apoio existentes.

    As persoas interesadas poden inscribirse no rexistro do Concello de Oia, ou a través da sede electrónica, ata o próximo 21 de marzo (máis información no teléfono 986362125). As prazas son limitadas.

    Ampliar contenido
  • VIII ETC? Encontros de Teatro de Cerveira com duas sessões para o público infantil

    Fecha desde el 09 de Marzo de 2019
    hasta el 30 de Marzo de 2019

    Durante o mês de março, o teatro é a arte performativa de eleição em Vila Nova de Cerveira, como forma de assinalar o Dia Mundial do Teatro (27 de março).

    Durante o mês de março, o teatro é a arte performativa de eleição em Vila Nova de Cerveira, como forma de assinalar o Dia Mundial do Teatro (27 de março). Composto por quatro espetáculos diferentes, o programa desta 8ª edição dos ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' é aliciante. Este ano, o evento apresenta, pela primeira vez, duas peças destinadas ao público infantil. Sessões decorrem no Cineteatro de Cerveira e são de entrada livre.

    Ao longo dos seus sete anos de existência, o ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' tem contagiado o seu vasto e fiel público com muita comédia e humor. Esta edição de 2019, não só pretende manter este critério, como apostar nas boas emoções que o teatro também consegue despoletar junto dos mais novos, através de histórias com fortes e importantes lições de moral.

    No dia 9 de março, às 21h30, entra em cena a peça tragicomédias "Divorciadas, Evangélicas e Vegetarianas", pela companhia Varazim Teatro, retratando com humor a vida de três mulheres "em que uma está mal, a outra pior e da terceira nem se fala". No sábado seguinte, 16 de março, é apresentado o espetáculo "A Minha Avó é uma Comédia", pela Companhia de Teatro Cri´arte de Lisboa e, como o próprio nome indica, é uma comédia. Esta história retrata uma família completamente disfuncional, com várias situações possíveis do nosso dia-a-dia.

    Com início no período da tarde, os dois últimos espetáculos de teatro são direcionados para o público mais infantil. No dia 24 sobe ao palco a peça "A Fada Oriana", interpretada pela companhia Varazim Teatro. Baseado na célebre obra com o mesmo título de Sophia de Mello Breyner Andresen, encontram-se as peripécias de uma luta entre o bem e o mal. Para o encerramento da 8ª edição dos ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira', a 30 de março, a tão conhecida peça "Os 3 Porquinhos". Esta fábula infantil, que tem marcado várias gerações em todo o mundo, mostra às crianças a importância de trabalhar bem para conquistar o sucesso.

    De entrada livre, os ‘ETC... Encontros de Teatro de Cerveira' sobem ao palco do Cineteatro de Cerveira, com horários diferenciados. Os dois primeiros dirigidos para o público geral estão agendados para as 21h30, e as sessões para o público infantil têm início às 15h30.
    Ampliar contenido
  • Manuel Patinha e Sobral Centeno regressam a Vila Nova de Cerveira este mês de fevereiro

    Fecha desde el 01 de Marzo de 2019
    hasta el 06 de Abril de 2019

    Até 6 de abril os autores estão de regresso ao Fórum Cultural de Cerveira, desta vez com exposições individuais, mostrando ao público as suas singularidades.

    Manuel Patinha e Sobral Centeno são dois artistas presentes na trajetória da Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Até 6 de abril os autores estão de regresso ao Fórum Cultural de Cerveira, desta vez com exposições individuais, mostrando ao público as suas singularidades.

    "Uma antologia de afetos" tem como fio condutor a produção artística mais recente de Manuel Patinha, natural da Póvoa de Santa Iria e residente na Galiza há 40 anos. No total, contam-se mais de uma centena de peças do autor na sala principal de exposições, sob a forma de escultura, desenho, fotografia, combinadas com prosa e poesia.


    Ao longo dos 48 anos de percurso artístico, Manuel Patinha tem vindo a deixar a sua marca em Vila Nova de Cerveira. Em 1995 venceu o Prémio BMW na VIII Bienal Internacional de Arte de Cerveira e um ano depois participou no "Encontro com o Granito - Simpósio de Escultura em Pedra". Aço, bronze e granito são a matéria prima das obras "Avecristo" e "Dólmen Galaico Duriense" que se podem encontrar no roteiro artístico a céu aberto da "Vila das Artes". Nas palavras da curadora Helena Mendes Pereira, esta é uma exposição em jeito de tributo: "Pintar (primeiro), esculpir (depois), desenhar e escrever (sempre) e fotografar (para sempre) são como um grito, uma revolta, uma afirmação e uma calma. Afetos em jeito de homenagem a um grande artista luso-galaico".


    Já no espaço da galeria, 35 pinturas de Sobral Centeno compõem a exposição "O Douro à tua frente", cedida pela Fundação Museu do Douro. De acordo com a visão do artista, esta mostra apresenta-se como uma homenagem às gentes do Douro, aos seus lugares de memória e aos tempos de infância do próprio autor.


    Sobral Centeno nasceu no Porto em 1948 e licenciou-se em Artes Plásticas na Escola Superior de Belas-Artes do Porto. Foi bolseiro da Fundação Calouste Gulbenkian de 1983 a 1985. Tem participado em várias mostras coletivas em Portugal e no estrangeiro. Artista assíduo da bienal de arte mais antiga do país, Sobral Centeno tem duas obras representadas na Coleção da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, uma peça realizada em 1978, no Atelier Livre de Artes Plásticas e a obra "Outros Lugares", apresentada na XV edição (2009).

     

     

    Datas: até 6 de abril de 2019

    Local: Fórum Cultural de Cerveira | Avenida das Comunidades Portuguesas S/N 4920-275, Vila Nova de Cerveira

    Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00

    Ampliar contenido
  • Aberto ata o 29 de marzo o prazo de inscricións para o programa de termalismo da Deputación -Depotermal 2019-

    Fecha desde el 28 de Febrero de 2019
    hasta el 29 de Marzo de 2019

    O goberno provincial oferta este ano un total de 4.434 prazas, das que 434 están destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social

    A Deputación de Pontevedra abre desde este xoves 28 de febreiro o prazo para inscribirse no programa de termalismo "Depotermal 2019". Poden participar todas aquelas persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que teñan nado antes do 1 de xaneiro de 1969 (ou aquelas que nacendo con posterioridade sexan pensionistas), persoas que conten cun grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65% ou aquelas persoas que necesiten respiro familiar.

    As persoas interesadas en participar no programa presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal . Tamén se poderán facer as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, usando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación. O prazo de inscrición comeza hoxe e remata o 29 de marzo e prevese que as estancias termais comecen xa no mes de abril. Así, este ano o programa comezará antes que en pasadas edicións e isto vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da súa estancia tamén nos meses de primavera e non só nos meses de setembro a decembro.

    En total, a Deputación oferta un total de 4.434 prazas: 1.248 para o programa termal de asistencia diaria sen pernocta (cinco días consecutivos de asistencia aos establecementos termais) e 3.186 para o programa termal con pernocta (cinco días e seis noites aloxados nos establecementos termais). A institución provincial financia un total de 434 prazas para persoas en situación ou risco de exclusión social ou escasos recursos económicos: 248 prazas para a modalidade de asistencia diaria sen pernocta e 186 para a modalidade con pernocta.

    "Depotermal 2019" ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Amais, ao desenvolverse en temporada turística baixa, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

    Ampliar contenido
  • O alumnado do CRA de Tomiño homenaxea ás mulleres cunha instalación artística

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2019
    hasta el 21 de Marzo de 2019

    A montaxe poderá verse no primeiro andar do mercado municipal, entre os días 7 e 21 de marzo

    O equipo da Biblioteca do CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés de Tomiño, prepara co fin de conmemorar o Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo, unha instalación artística, que poderá verse no primeiro andar do mercado municipal, entre os días 7 e 21 de marzo.

    "Queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres do noso alumnado", explican dende a biblioteca do centro.
    Trátase dunha montaxe baseada na obra "Over the continents" da artista Chiaru Shiotta.

    Cada neno ou nena achegará un zapato dunha muller da súa familia e unha fotografía da dona do calzado, desempeñando a súa profesión ou oficio. "Todas son válidas, dende a da ama de casa até a da panadeira, costureira ou farmacéutica", sinala Antón de Valenzuela, director do CRA. Segundo el, o que perseguen dende a institución é " poñer en valor o papel da muller, tomando coma referencia as mulleres máis importantes da vida dos nosos estudantes, e tecer así, unha rede de mulleres valorosas da nosa contorna".

     

    Ampliar contenido
  • Presentación do Documental de fútbol feminino este xoves na Guarda

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2019
    hasta el 14 de Marzo de 2019

    Actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    A Guarda prepárase para as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019, actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»
    A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas.

    Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos desde o mércores 7 de marzo ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

    "Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.


    Concentración Reivindicativa 8M

    A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar na xornada do venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.

    Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.

    Presentación Documental fútbol feminino
    Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»
    Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.

    O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.

    O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.

    Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.

    Ampliar contenido
  • A Guarda acolle desde este xoves a exposición -Rompe. Xoga en igualdade-

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2019
    hasta el 31 de Marzo de 2019

    A mostra da deputación coas -barbis intervidas- protagonistas da loita pola igualdade

    As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación estarán ata o 31 de marzo na Casa dos Alonso (Novo Concello)

    Dende este xoves, 7 de marzo, e ata o vindeiro 31 de marzo, A Guarda acollerá a mostra "Rompe. Xoga en Igualdade", coa que a Deputación de Pontevedra denuncia a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa do Alonso, o edificio no que está a actual sede do Concello, de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.

    "Rompe. Xoga en Igualdade" é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres co obxectivo de golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52% da poboación.

    As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

    Ampliar contenido
  • Oia acoge este domingo 24 de marzo la V edición del DesafiOia 2019

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2019
    hasta el 24 de Marzo de 2019

    El evento cuenta ya con 180 corredores inscritos a falta de 20 días para el evento.

    - Inscripciones abiertas para la 5ª Edición del Trail DesafiOia-Marqués de Vizhoja en el siguiente enlace: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/inscripcion_datos.php?id=8323

     

    Ya contamos con 450 corredores entre todas nuestras distancias a falta de 10 días para el evento.

    Tendrá lugar el 24 de Marzo de 2019 con salida a las 08:00h distancia larga y 9:00 para la distancia de 21km y 10:00h la distancia de 12km y

    Andaina, en el MONASTERIO DE OIA (Pontevedra) lugar donde se dio la salida nuestras anteriores ediciones. 

     

    ANDAINA: La Andaina de este año 2019 contará con 12km de distancia y como el año pasado, pasará por una de las zonas de rio más bonitas de este evento en el km12 de la carrera. La andaina tendrá 1 avituallamiento en el km8.5.

     

    12 KM: Mini-Trail que en 2018 dejó tan buenas sensaciones en esa gente que decidió probar el Desafioia. Esta distancia comparte recorrido con las otras distancias hasta que en el km 10 después del primer avituallamiento

    solido se dirige a meta.

     

    21 KM: Prueba puntuable para el Desafío Galaico. Nuestro recorrido ya conocido de estos años con las subidas "camino dos burros" desde San Xian hasta hacer cima a 550m "Subida del Rio" con la cuerda de todos los

    años y por último el "Cortafuegos".

     

    42KM: Carrera dura, muy dura mejor dicho....... Carrera 42k que comparte sus primeros 16km aproximadamente con la distancia corta. Para ser más precisos, cuando arranca el cortafuegos en el segundo avituallamiento, se

    divide la carrera, la corta se va por el cortafuegos ya conocido y la larga se va a una de las subidas más bestiales que os vais a encontrar en una carrera TRAIL EN GALICIA, estamos hablando de desnivelar 270m de altura y 600 metros de distancia.... BRUTAL!!!!!!

    Ampliar contenido
  • O Rosal informa da exposición de listas do Censo Electoral para as Eleccións Xerais 2019 e período de reclamacións

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2019
    hasta el 18 de Marzo de 2019

    Dende o día 11 ata o 18 de marzo de 2019, encóntranse expostas ó público as listas do censo electoral

    CENSO ELECTORAL
    ELECCIÓNS XERAIS 2019
    EXPOSICIÓN DE LISTAS E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS
    INFÓRMASE QUE, DENDE O DÍA 11 ATA O 18 DE MARZO DE 2019, ENCÓNTRANSE EXPOSTAS Ó PÚBLICO AS LISTAS DO CENSO ELECTORAL A EFECTOS DE, DURANTE O MESMO PERÍODO, FORMULA-LAS RECLAMACIÓNS AQUELAS PERSOAS OMITIDAS NO MESMO OU CON DATOS QUE NON SEXAN CORRECTOS.
    A CONSULTA E, NO SEU CASO, A RECLAMACIÓN REALIZARANSE NO CONCELLO, EN HORARIO DE 8:00 A 15:00 HORAS.
    O ROSAL, 6 DE MARZO DE 2019
    A ALCALDESA,
    M.ª del Carmen Alonso Alonso
    Ampliar contenido
  • Especial - Inauguración na Guarda da Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade-

    Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
    hasta el 31 de Marzo de 2019

    A Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019

    A Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019, actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    Inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»
    A programación de actividades iniciáronse este xoves coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas, nas que interviron o Alcalde da Guarda, a Tenente de Alcalde, a Concelleira de Servizos Sociais, así como as súas creadora, Isabel Blanco e Irene Silva.

    Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

    "Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.


    Concentración Reivindicativa 8M

    A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar xa este venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.

    Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.

    Presentación Documental fútbol feminino
    Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»
    Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.

    O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.

    O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.

    Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

      A Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019

     

    Ampliar contenido
  • O Rosal conmemora o Día Internacional da Muller

    Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
    hasta el 27 de Abril de 2019

    Actividades con motivo do Día da Muller no Concello do Rosal

    Con motivo do Día da Muller o persoal da Casa Consistorial non atenderá ó público no horario de 12:00 hs ás 13:00 hs, excepto o Rexistro de Entrada en realizarase unha CONCENTRACIÓN, para toda a cidadanía, ás 12:00 hs. na Praza do Calvario coa lectura dun manifesto para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.

    Convidamos a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen para conmemoraro venres, día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa en igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feito de selo.

    Seguindo coa conmemoración deste día durante todo o mes de marzo e de abril levaranse a cabo unha serie de actividades:

    EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS: Mulleres na historia. Nesta ocasión a temática é "O Rosal, a nosa costa".

    SUFRAGISTAS: Proxección da película protagonizada por Meryl Streep que trata o tema da consecución do voto feminino no século XX. 16 de marzo no Auditorio Municipal.

    XOGUETES NON SEXISTAS: Taller a cargo dunha educadora que traballará coas familias e os/as máis pequenos/as alternativas de ocio en igualdade.

    OUTRAS FORMAS DE QUERER: Obradoiro levado a cabo no mes de marzo e abril cos grupos de 1º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier no que se traballará o tema das relacións de parella entre mozos e mozas na adolescencia.

    ENCONTROS CON PROFESIONAIS: 5 mulleres profesionais da nosa contorna falarán sobre a súa experiencia laboral ao alumnado de 4º de ESO.

    CONTACONTOS: "Mulleres galegas" na Biblioteca Municipal para nenos e nenas.
    Sábados 30 de marzo, 5, 13 e 27 de abril.
    Ampliar contenido
  • A segunda edición de -Coas mans na masa- chega a Tui, Oia e A Guarda

    Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
    hasta el 30 de Marzo de 2019

    Este itinerario formativo, posto en marcha pola Escola Eu Rural, incluirá a celebración de seis cursos en seis concellos do GDR 14 entre abril e maio

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural segue apostando pola formación e posta en valor do territorio. Tras o éxito acadado en 2018, a Escola Eu Rural pon en marcha a segunda edición do programa ‘Coas mans na masa', un itinerario formativo centrado na transformación de produtos do sector agrario que busca engadir valor no mercado a través da transformación de materia prima abundante na contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

    Nesta ocasión o programa ‘Coas mans na masa' acolle dúas accións formativas diferencias. Por un lado, volverán a impartirse os cursos dedicados á elaboración de conservas artesanais e naturais con alimentos de tempada que abunden na contorna. Nesta nova edición o itinerario formativo chegará por primeira vez aos concellos de O Porriño (os días 8, 9 e 10 de abril) e de Tui (6, 7 e 8 de maio) e repetirá escenario en A Guarda (13, 14 e 15 de maio) en resposta á gran demanda de inscricións existentes na primeira edición.

    Por outra banda, por primeira vez celebrarase un curso de ‘Elaboración natural de ungüentos naturais', que ten como obxectivo aprender a realizar cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais que se atopan na contorna. Os cursos levaranse a cabo nos concellos de Pazos de Borbén (3 e 4 de abril), Oia (24 e 25 de abril) e Gondomar (29 e 30 de abril).

    Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

    Formación para fomentar o emprendemento no rural
    Este itinerario formativo foi presentado este xoves 21 de febreiro no salón de plenos do Concello de O Porriño pola presidenta da asociación e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen asegurou que con cursos deste tipo "buscamos engadir valor a ese produto de calidade transformado". "Esperamos continuar con accións deste tipo porque somos conscientes da importancia que a xente lle da á formación como modo de valorización da contorna", salientou.

    González estivo acompañada neste acto pola alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, que salientou a "necesidade de desenvolver iniciativas coma esta para evitar a despoboación de localidades como as que conforman o GDR 14. Son este tipo de accións as que debemos de apoiar". Xunto a elas, na presentación, estiveron tamén o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias; e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.


    Novas edicións
    ‘Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.


    Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 200 persoas.


    Por este motivo, itinerarios formativos como os que se desenvolverán en abril e maio complementaranse con novas edicións no ano 2020 noutros concellos do GDR 14, como cursos de conservas en Mos e Gondomar ou de elaboración de ungüentos en Baiona, A Guarda, O Rosal e Tui.

    Ampliar contenido
  • A Entidade Local Menor de Camposancos publica un proceso selectivo para formación dunha bolsa de emprego operarios

    Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal para a formación dunha bolsa de traballo que permita a contratación laboral temporal de operarios/as de servizos varios

    É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal para a formación dunha bolsa de traballo que permita a contratación laboral temporal de operarios/as de servizos varios. Os supostos previstos para a contratación son:
    ?Reforzar e complementar as tarefas do operario do plantel actual.
    ?Cubrir as posibles baixas laborais
    ?Coberturas de interinidade por vacante.
    A data de aprobación da presente existe unha baixa de longa duración do único empregado da entidade, así como a intención de crear unha praza de operario a media xornada e cubrila de forma temporal en tanto non se poida proceder á súa cobertura definitiva.
    Funcións: traballos de limpeza e mantemento dos viais e inmobles sitos na ámbito territorial da Entidade Local Menor de Camposancos, que incluirá limpeza, desbroce e traballos básicos de mantemento (pintura, arreglos mobiliario ou similares) e lectura de contadores.
    Nestes casos, o persoal contratado en réxime laboral cesará ao finalizar o seu contrato.
    A lista que se confeccione estará en vigor por un prazo máximo de 3 anos.
     
    Máis información:
     
     
    Ampliar contenido
  • Exposición pública das listas do Censo Electoral na Guarda

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2019
    hasta el 18 de Marzo de 2019

    O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril.

    O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril.

    O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres e a consulta deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

    É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.

    Ampliar contenido
  • Cristal Méndez Queizán imparte un obradoiro de canto para adultos en Goián

    Fecha desde el 13 de Marzo de 2019
    hasta el 04 de Abril de 2019

    Trátase dun obradoiro de iniciación ao canto impartido por Cristal Méndez Queizán coa colaboración da Agrupación Musical de Goián.

    Trátase dun obradoiro de iniciación ao canto impartido por Cristal Méndez Queizán coa colaboración da Agrupación Musical de Goián.

    Vai ser realizado no auditorio de Goián os xoves de 20:00 a 21:30 h. dende o 4 de abril ata o 30 de maio. A súa inscrición ten un coste de 10€. Podes anotarte a través do correo info@bandadegoian.gal ou do teléfono 626 799 623.

    Está dirixido a persoas adultas de todas as xeneracións e non son necesarios nen coñecementos específicos de música nen unha experiencia previa no canto. A elección dun repertorio moderno, non pretende banalizar ou comercializar o feito musical se non abrazar canles expresivos propios da modernidade como son o ritmo, a corporalidade a liberdade creativa e a improvisación.

    Cristal Méndez Queizán é mestra de Música pola Universidade de Barcelona con un Master en Artiterapie (terapias artísticas: musicoterapia, danzaterapia, dramaterapia e arteterapia plástico/figurativa) pola Universidade de Roma 3. Ten estudos de música e canto (jazz) e de danza/teatro, e proven dun longo percorrido con experiencia internacional como ensinante e como artista escénica.

    Residiu en varias cidades europeas (Berlín, Barcelona e Roma) e é políglota. Os últimos dez anos pasounos en Roma onde traballou como ensinante de canto e música ao tempo que proseguía a súa especialización nos eidos do canto e das terapias artísticas.

    Regresa en 2018 a Galicia coa súa familia coa intención de establecerse no Baixo Miño.
    Ampliar contenido
  • El III Desafío Talaso Atlántico se celebra este domingo en Oia

    Fecha desde el 13 de Marzo de 2019
    hasta el 14 de Abril de 2019

    Dirigida a aficionados y profesionales, la prueba cuenta con un tramo cronometrado de 17 kilómetros

    El III Desafío Talaso Atlántico se celebrará el próximo 14 de abril y ya tiene abierto el plazo de inscripción. Se trata de una prueba ciclista, abierta a aficionados y profesionales, que incluye un tramo cronometrado de 17 kilómetros. Apadrinada por Óscar Pereiro, que habituaba a entrenarse en la carretera Baiona-A Guarda en su etapa profesional, la prueba reúne a ciclistas con edades comprendidas entre los 20 y los 80 años.

    Los participantes pueden inscribirse hasta el 12 de abril a las 20.00 horas en la web www.magmasports.es. La inscripción para federados es de 15 euros, de 20 para los que tengan carné de ciclista o licencia de triatlón, y de 25 para los no federados (10 euros se destinan a la licencia de un día en la Federación Galega de Ciclismo). Los primeros clasificados en cada década de edad, desde los 20 a los 80 años, recibirán un bono del Hotel Talaso Atlántico que incluye alojamiento, desayuno y Recorrido Marino de talasoterapia. Los segundos y terceros mejores de cada edad recibirán un Recorrido Marino de talasoterapia. También habrá un sorteo entre todos los participantes al finalizar la prueba.

    El recorrido consta de 60 kilómetros de los cuales 17 serán cronometrados. La prueba se realizó por primera vez en 2017 y nació de la necesidad de poner en marcha un evento deportivo en una de las zonas más frecuentadas de la provincia de Pontevedra, debido a su belleza paisajística, tanto por ciclistas aficionados como profesionales.

    La salida se efectuará desde la explanada del Hotel Talaso Atlántico y discurrirá por Baredo, Faro Silleiro, hasta llegar al Monasterio de Santa María de Oia (un tramo de 23 kilómetros neutralizados). A partir de ahí comenzará la crono-escalada hasta el Monte de A Groba, de 17 kilómetros. Se trata de un recorrido de dificultad media, según los expertos, por el que pasarán por el Alto da Valga y Torroña hasta coronar finalmente A Groba, con 600 metros de altitud. Una vez superado este segundo tramo, donde se dará el avituallamiento, habrá un recorrido final de 20 kilómetros, de regreso al Hotel Talaso Atlántico, que discurrirá por Chan da Lagoa, Baíña y Baiona.

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido