Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novas actividades do Colectivo Carballas para o mes de marzo no Rosal

O sábado 9 charla sobre o documental -Benvidas ao Club- e o 21 última charla do Ciclo de charlas sobre economía

O sábado 9 charla sobre o documental -Benvidas ao Club- e o 21 última charla do Ciclo de charlas sobre economía

Fecha: 20 de Marzo de 2019

Fuente: Colectivo Carballas

O sábado día 9 ás 11:30 teremos a Carmen PG Granxeiro falando sobre o seu documental "Benvidas ao Club" sobre a Operación Carioca. A entrada é de balde. Este é un pequeno resumen do contido do documental:

"A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan ca forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dase a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero, somos conscientes do que realmente agocha?

Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo."

O xoves 21 de marzo ás 20:00 (esta é a nova data, lembrade que mudou) contaremos con Xabier Pérez Davila na súa última charla do Ciclo de charlas sobre economía: "Sobre a propiedade: finanzas, enerxía, coidados, datos".

Lembrade tamén que este xoves 28 ás 20:00 terá lugar a segunda charla do ciclo: "Tres olladas sobre a economía: economía feminista, economía ecolóxica, economía e territorio". Ambas no Centro Social Polivalente do Rosal e con entrada de balde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones