Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberto ata o 29 de marzo o prazo de inscricións para o programa de termalismo da Deputación -Depotermal 2019-

O goberno provincial oferta este ano un total de 4.434 prazas, das que 434 están destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social

O goberno provincial oferta este ano un total de 4.434 prazas, das que 434 están destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social

Fecha: 25 de Marzo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre desde este xoves 28 de febreiro o prazo para inscribirse no programa de termalismo "Depotermal 2019". Poden participar todas aquelas persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que teñan nado antes do 1 de xaneiro de 1969 (ou aquelas que nacendo con posterioridade sexan pensionistas), persoas que conten cun grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65% ou aquelas persoas que necesiten respiro familiar.

As persoas interesadas en participar no programa presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal . Tamén se poderán facer as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, usando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación. O prazo de inscrición comeza hoxe e remata o 29 de marzo e prevese que as estancias termais comecen xa no mes de abril. Así, este ano o programa comezará antes que en pasadas edicións e isto vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da súa estancia tamén nos meses de primavera e non só nos meses de setembro a decembro.

En total, a Deputación oferta un total de 4.434 prazas: 1.248 para o programa termal de asistencia diaria sen pernocta (cinco días consecutivos de asistencia aos establecementos termais) e 3.186 para o programa termal con pernocta (cinco días e seis noites aloxados nos establecementos termais). A institución provincial financia un total de 434 prazas para persoas en situación ou risco de exclusión social ou escasos recursos económicos: 248 prazas para a modalidade de asistencia diaria sen pernocta e 186 para a modalidade con pernocta.

"Depotermal 2019" ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Amais, ao desenvolverse en temporada turística baixa, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones