Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal acollerá un dos cursos sobre -A apicultura moderna e sostible- enmarcados no proxecto Depoapicultura

O obxectivo é capacitar a persoas desempregadas para poñer en marcha explotacións apícolas modernas

Máis polo miúdo o primeiro dos cursos presenciais en comezar terá lugar no Centro de formación A Mata do Rosal nas datas 26 de marzo e 9 de abril, 7 e 28 de maio, 11 e 25 de xuño, 9 e 30 de xullo e 3 e 10 de setembro.

Fecha: 25 de Marzo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra inicia esta próxima semana os cursos formativos "A apicultura moderna e sostible", enmarcados no proxecto DepoApicultura e que se desenvolverán ata o mes de setembro. É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que se desenvolve en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e de Zaragoza, cuxo obxectivo é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.

Esta próxima semana comezan os cursos presenciais no Rosal, Vilaboa e Barro. Participarán máis de 50 persoas desempregadas -unhas 18 por curso- e a formación terá unha duración total de 50 horas, que se desenvolverá en xornadas de mañá de 9 a 14 horas. Trátase de actuacións totalmente gratuítas. Máis polo miúdo, as accións formativas no Rosal comezan este martes 26 de marzo, no Centro de Formación A Mata. Os seguintes días de formación serán o 9 de abril, 7 e 28 de maio, 15 e 25 de xuño, 9 e 30 de xullo e 3 e 10 de setembro. En Vilaboa, na Casa da Xesta, comezan os cursos o mércores 27 e despois continuarán o 10 de abril, 8 e 29 de maio, 12 e 26 de xuño, 10 e 31 de xullo e 4 e 11 de setembro. No Salón de Plenos do Concello de Barro inician as accións formativas de DepoApicultura o vindeiro xoves 28 de marzo para continuar logo o 11 de abril, 9 e 30 de maio, 13 e 27 de xuño, 12 de xullo, 1 agosto e 5 e 12 de setembro.

Ademais desta formación presencial nos concellos do Rosal, Vilaboa e Barro, tamén haberá formación semipresencial nos municipios de Salceda de Caselas os días 16 e 17 de abril, Ponte Caldelas os días 23 e 24, Ponteareas 14 e 15 de maio e O Rosal 21 e 22 de maio.


Tanto os cursos presenciais coma os mixtos contan con sesións teóricas e prácticas. En canto á teoría, a formación centrarase na apicultura moderna e na elaboración de plans empresariais, nas estratexias de busca de emprego e na preparación do CV. Pola súa banda, as sesións prácticas abordarán cuestións relativas ao estado das colmeas, á súa división, á preparación da colmea incubadora, á cría masiva de raíñas, á revisión e colocación de alzas, á extracción do mel, á profilaxe e tratamentos sanitarios e á elaboración de produtos derivados do mel.

O proxecto DepoApicultura, cun orzamento de máis de 102.221,84 euros, ten por obxectivo capacitar ás persoas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones