Agenda
Lançado Concurso REVIVE para concessão do Castelo de Cerveira
Fecha desde el 22 de Enero de 2019
hasta el 05 de Junio de 2019O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Ampliar contenidoO Ministro Adjunto e da Economia, Pedro Siza Vieira, esteve, esta sexta-feira, 18 de janeiro, em Vila Nova de Cerveira, para presidir ao ato de formalização do Programa REVIVE para o Castelo de Cerveira. O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Dos 33 imóveis nacionais identificados, o Castelo de Cerveira é o 15.º concurso a ser lançado no âmbito do REVIVE, um programa conjunto dos ministérios da Economia, Cultura e Finanças com a colaboração das autarquias locais, que visa valorizar e recuperar o património sem uso, reforçar a atratividade dos destinos regionais e o desenvolvimento de várias regiões do país.
Para assinalar a formalização deste procedimento, o Ministro Adjunto e da Economia esteve, ao início da tarde de sexta-feira, no Castelo de Cerveira, estimando que sejam investidos cerca de 3 milhões de euros para as obras de requalificação do conjunto amuralhado e a sua adaptação à atividade turística. Pedro Siza Vieira informou que os investidores interessados podem apresentar propostas até 5 de junho de 2019 e que o imóvel será concessionado durante 50 anos para exploração para fins turísticos. "Estamos muito satisfeitos por estar aqui. Este projeto tem sido muito caro para os cerveirenses, por isso espero que possamos assinalar os 700 anos de Cerveira aqui, num Castelo revivido", disse Pedro Siza Vieira, seguindo-se uma visita a alguns espaços do Castelo.
Para o autarca cerveirense, "volvidos 10 anos de impasse e de abandono deste espaço, o lançamento do REVIVE abre uma janela de oportunidades para a resolução de uma enorme preocupação dos Cerveirenses". Fernando Nogueira frisou que embora esta "não seja a solução definitiva de todos os problemas subjacentes ao Castelo, é seguramente um passo muito importante para que se concretize o propósito de devolver este imóvel ao serviço dos Cerveirenses, da economia local e dos inúmeros turistas que reconhecem o Castelo como um dos ex-libris do concelho".
O ato de formalização oficial do lançamento de concurso público decorreu no próprio Castelo, tendo sido acompanhado pela Secretária de Estado do Turismo, Ana Mendes Godinho, o Secretário de Estado da Economia, João Correia Neves, o Secretário de Estado da Defesa do Consumidor, João Torres, o Secretário de Estado da Valorização do Interior, João Catarino, além de outras entidades públicas locais, regionais e nacionais, e população.
Este sábado Concerto de Jazz em Valença: IIº Ciclo Jazz de Valença
Fecha desde el 26 de Enero de 2019
hasta el 27 de Abril de 2019Entre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.
Ampliar contenidoEntre janeiro e abril Valença oferece um ciclo de jazz, com quatro concertos gratuitos, no último sábado de cada mês, às 21h30.
Desde os clássicos americanos às novas tendências do jazz, esta é uma oportunidade para ouvir, ao vivo, algumas das referências nacionais.
Este Sábado Atua Ricardo Formoso
O ciclo abre com o concerto "Origens", com composições originais, do grupo liderado pelo trompetista Ricardo Formoso, Sábado, 26 de janeiro, às 21h30, no auditório do CILV (Escola Superior de Valença). Ricardo Formoso, ao trompete, Carlos Azevedo, ao piano, João Cação, no contrabaixo e Rui Lúcio na bateria serão os protagonistas
"Origens" reúne composições originais do, também, compositor galego Ricardo Formoso que espelham a sua trajetória de trompetista, desde que entrou no meio artístico português. "Origens" é uma fusão do seu background musical e pessoal assumindo influências dos diversos projetos musicais por onde tem passado, nomeadamente do circuito de Jazz do Porto.
Os Outros Concertos:
23 de fevereiro, às 21h30
Pedro Neves Trio, com "5:21"
Quinta do Caminho, em Cerdal
30 de março, às 21h30
Ploo, com "Pele de Papel"
Auditório CILV / ESCE Valença
27 de abril, às 21h30
José Pedro Carvalho, com "Passarola Voadora"
Quinta do Caminho, em Cerdal
O quarteto contará com a presença do pianista galego Xan Campos.
A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia
Fecha desde el 01 de Febrero de 2019
hasta el 17 de Mayo de 2019O Teatro Municipal de Tui acollerá seis espectáculos no primeiro semestre do ano
Ampliar contenidoEste venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e sete eventos que se van celebrar até o mes de maio.
A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez "Tatán" e Avelino González.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou nesta presentación "a tradición e continuidade ao longo de moitos anos dunha axenda cultural moi completa, que sen dúbida hoxe en día ten un gran prestixio no sector e en Galicia". Engadía o rexedor que isto "non é froito da casualidade senón do gran traballo realizado ao longo de moitos anos e cunha estratexia moi clara de facer unha axenda moi variada e con gran presenza de produción galega". Concluía apuntando que "para destacar en calquera ámbito é importante ter continuidade e traxectoria" sinalando a longa traxectoria que ten esta programación cultural na que radica parte do seu éxito.
O concelleiro de Cultura, indicaba que con esta programación o Concello de Tui "mantén a súa liña de calidade nunha programación cultural, que nunha cidade, que a pesar do seu número de habitantes, ten un dos mellores resultados en afluencia de público ao teatro dentro da Rede Galega de Teatro e Auditorios". O edil agarda que "o público siga manténdose fiel e sendo esixente para que poidamos ter a mellor das programacións ao longo do ano".
Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a variada programación ofertada nos próximos meses en Tui, con seis espectáculos pertencentes á Rede Galega de Teatro e Auditorios, que son financiados ao 50% pola rede e polo Concello de Tui. Apuntaba que o Teatro Municipal é un dos máis valorados da Rede Galega tanto pola súa dotación como polo trato que se lle da ás compañías que aquí actúan.
Dos seis espectáculos que se van celebrar no Teatro Municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, tres van dirixidos a público familiar e tres a público adulto. A primeira cita será este venres, 1 de febreiro, con Talía Teatro que presentará unha revisión do clásico de Carlo Goldini "O servidor de dous amos". Unha obra que incorpora novas formas de teatralidade e que persegue "o espectáculo total".
O venres, 8 de febreiro, será a quenda de Elefante Elegante con "Patapatúm", unha obra a que reflexionan sobre o tempo que os pais e nais lle poden dedicar aos seus fillos. O venres 15 de febreiro chega ao Teatro Municipal "Invisibles" a obra na que Redrum Produccións aborda a violencia de xénero a través da historia de mulleres reais recollidas no seu libro por Montse Fajardo.
Ian Hamilton e Elisa Alfaya serán os responsables de "Cousa de nenos" un espectáculo de maxia, comedia, sombras chinescas, pintura rápida... programado para o venres 1 de marzo. Na presentación desta mañá Elisa Alfaya como tudense amosouse orgullosa de actuar en Tui, logo de estar moitos anos fóra.
Avelino González, director de "Senior" a obra que Culturactiva presentará o venres, 8 de marzo, apuntou que "é un pracer vir a Tui con este espectáculo" xa que dicía "Tui é un dos sitios de referencia para ver teatro no sur de Galicia" ao tempo que apuntaba que a Eurocidade Tui-Valença é un plus xa que aporta público galego-portugués. Nesta obra ponse ao fronte de dous consagrados actores coma Luís Iglesias e Marcos Orsi que abordan en clave de humor a chegada á década dos 50.
Por último o venres 15 de marzo Tanxarina representa a obra de Carlos Casares "A galiña azul". Eduardo Rodríguez "Tatán" un dos actores / manipuladores, fixo referencia aos 38 anos de traxectoria da compañía nos que Tui sempre foi parte do seu traballo, e referencia no teatro, xa que "non vimos só aquí a facer teatro, senón tamén a ver teatro". Presentarán o galardoado "A Galiña Azul" que foi premiado como mellor espectáculo infantil nos premios Fetén, e nos María Casares.
O Entroido abrirá a programación de eventos co Desfile Concurso previsto para o martes, 5 de marzo, e o Enterro do Bacallou que se celebrará o domingo 10 de marzo. O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc, celebrará a súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril. As festas de San Telmo terán lugar do 20 ao 29 de abril con eventos coma o Festival Folclórico ou a XI Semana do Teatro Afeccionado. Por último pecha a programa a XXII Feira do Libro Galego que se celebrará no Paseo da Corredoira o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Toda a programación do primeiro semestre do ano vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural, da que se editaron 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.
Programación do Cineclub Poleiro para a Primavera 2019
Fecha desde el 07 de Febrero de 2019
hasta el 09 de Mayo de 2019Sesións de cinema o 7 de febreiro, 7 de marzo, 4 de abril e 9 de maio.
Ampliar contenidoO xoves, 7 de febreiro, o cineclub Poleiro , proxecta DHOGS no auditorio de Goián ás 21:30 ,dirixida por Andrés Goteira. Unha producción independente galega en lingua galega .Un thriler impredecible e misterioso cos actores Miguel de Lira, Melania Cruz, "Morris" Carlos Blanco e María Costas
Sinopse: Mentres unha extraña personaxe cruza as rúas da cidade ao volante do seu taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, una muller que disfruta da súa última copa sen ser consciente da multitude de acontecementos que a van sacudir nas próximas horas. Unha aventura con un executivo será o comenzó car una espiral de violencia sen sentido aparente que a leva a un labirinto de sofrimento que non pode controlar.
O xoves 7 de marzo proxectamos COLD WAR do director polaco Pawel Pawlikowski.Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una paixoada historia de amor entre duas persoas incompatibles pola diferente orixe e temperamento pero cuxo destino condena a estaren xuntas.
O xoves 4 de abril, un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR .
Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten una relación cunha moza da súa idade.O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN una fita de Valeska Grisebach.
Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen una presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos vecinos e xurde o conflicto.Bono socio para as catro películas 10 euros
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.
A tempada de pesca fluvial galega de 2019 remata o 31 de xullo
Fecha desde el 17 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Julio de 2019Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte
Ampliar contenidoA tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como adiantou esta mesma semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).Entre as novidades destacables, a creación de días novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda ao seu paso polo Concello de Ourense; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá, ao seu paso polo Concello de Lugo. Así, o número de zonas de adestramento elévase a tres.
Outra das novidades é a inclusión do encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar en Ourense, dentro das zonas habilitadas para a pesca de especies exóticas invasoras, como unha medida de para o control e erradicación de determinadas especies invasoras, como perca americana común (Micropterus salmoides), carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus). Asemade, a orde que se publica hoxe recolle a decisión do Comité de Pesca de Galicia de reaxuste dos cupos por especie, coa finalidade equiparar aos cupos de comunidades limítrofes e como medida de control de sobreexplotación dos recursos.
Salmón
O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo a tempada rematará o 15 de xullo.A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A cota anual no río Lérez será de 5 salmóns, mentres que no Ulla serán 50. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.
En relación cos engados, poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.
A pesca do reo
A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:- Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.
- Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.
- Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.
Captura da troita
Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.
Outras especies
A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.Xornadas hábiles
Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.
O Rosal conmemora o Día Internacional da Muller
Fecha desde el 08 de Marzo de 2019
hasta el 27 de Abril de 2019Actividades con motivo do Día da Muller no Concello do Rosal
Ampliar contenidoCon motivo do Día da Muller o persoal da Casa Consistorial non atenderá ó público no horario de 12:00 hs ás 13:00 hs, excepto o Rexistro de Entrada en realizarase unha CONCENTRACIÓN, para toda a cidadanía, ás 12:00 hs. na Praza do Calvario coa lectura dun manifesto para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.
Convidamos a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen para conmemoraro venres, día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa en igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feito de selo.
Seguindo coa conmemoración deste día durante todo o mes de marzo e de abril levaranse a cabo unha serie de actividades:
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS: Mulleres na historia. Nesta ocasión a temática é "O Rosal, a nosa costa".
SUFRAGISTAS: Proxección da película protagonizada por Meryl Streep que trata o tema da consecución do voto feminino no século XX. 16 de marzo no Auditorio Municipal.
XOGUETES NON SEXISTAS: Taller a cargo dunha educadora que traballará coas familias e os/as máis pequenos/as alternativas de ocio en igualdade.
OUTRAS FORMAS DE QUERER: Obradoiro levado a cabo no mes de marzo e abril cos grupos de 1º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier no que se traballará o tema das relacións de parella entre mozos e mozas na adolescencia.
ENCONTROS CON PROFESIONAIS: 5 mulleres profesionais da nosa contorna falarán sobre a súa experiencia laboral ao alumnado de 4º de ESO.
CONTACONTOS: "Mulleres galegas" na Biblioteca Municipal para nenos e nenas.
Sábados 30 de marzo, 5, 13 e 27 de abril.
El III Desafío Talaso Atlántico se celebra este domingo en Oia
Fecha desde el 13 de Marzo de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019Dirigida a aficionados y profesionales, la prueba cuenta con un tramo cronometrado de 17 kilómetros
Ampliar contenidoEl III Desafío Talaso Atlántico se celebrará el próximo 14 de abril y ya tiene abierto el plazo de inscripción. Se trata de una prueba ciclista, abierta a aficionados y profesionales, que incluye un tramo cronometrado de 17 kilómetros. Apadrinada por Óscar Pereiro, que habituaba a entrenarse en la carretera Baiona-A Guarda en su etapa profesional, la prueba reúne a ciclistas con edades comprendidas entre los 20 y los 80 años.Los participantes pueden inscribirse hasta el 12 de abril a las 20.00 horas en la web www.magmasports.es. La inscripción para federados es de 15 euros, de 20 para los que tengan carné de ciclista o licencia de triatlón, y de 25 para los no federados (10 euros se destinan a la licencia de un día en la Federación Galega de Ciclismo). Los primeros clasificados en cada década de edad, desde los 20 a los 80 años, recibirán un bono del Hotel Talaso Atlántico que incluye alojamiento, desayuno y Recorrido Marino de talasoterapia. Los segundos y terceros mejores de cada edad recibirán un Recorrido Marino de talasoterapia. También habrá un sorteo entre todos los participantes al finalizar la prueba.
El recorrido consta de 60 kilómetros de los cuales 17 serán cronometrados. La prueba se realizó por primera vez en 2017 y nació de la necesidad de poner en marcha un evento deportivo en una de las zonas más frecuentadas de la provincia de Pontevedra, debido a su belleza paisajística, tanto por ciclistas aficionados como profesionales.
La salida se efectuará desde la explanada del Hotel Talaso Atlántico y discurrirá por Baredo, Faro Silleiro, hasta llegar al Monasterio de Santa María de Oia (un tramo de 23 kilómetros neutralizados). A partir de ahí comenzará la crono-escalada hasta el Monte de A Groba, de 17 kilómetros. Se trata de un recorrido de dificultad media, según los expertos, por el que pasarán por el Alto da Valga y Torroña hasta coronar finalmente A Groba, con 600 metros de altitud. Una vez superado este segundo tramo, donde se dará el avituallamiento, habrá un recorrido final de 20 kilómetros, de regreso al Hotel Talaso Atlántico, que discurrirá por Chan da Lagoa, Baíña y Baiona.
A Guarda exalta a lamprea do Miño cuns fins de semana gastronómicos
Fecha desde el 23 de Marzo de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019Todas as persoas que desexen degustar este peixe preparado á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana do 23 de marzo ao 14 de abril.
Ampliar contenidoTodas as persoas que desexen degustar este peixe preparado á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana do 23 de marzo ao 14 de abril.
O Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza as xornadas gastronómicas «Lamprea do Miño», que se celebrarán en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.
Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.
Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.
Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.
Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.
Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.
Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril.
Exaltación da lamprea
A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.
A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan.
Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos. Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea.
Programación nas fins de semana
É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra) que debido a súa antigüidade descoñecese si tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes.
Ademais da programación cultural e deportiva:
Sábado 30 de marzo:
• Carreira de Orientación (precisa inscrición ata o 27 de marzo)
• Concerto do Coro Gli Pasionatti no Centro Cultural
Sábado 6 de abril:
• Concerto e gravación do disco do grupo Na Revolta no Centro Cultural
Domingo 7 de abril:
Concerto de Corda xuvenil - infantil KV2211 no Centro Cultural
Proba de Enduro precisa inscrición ata o 27 de marzo)
Sábado 13 de abril:
• Showcooking: Cociñar a lamprea do Miño
• 21.00h Serán das Festas de Buxán na Praza de Buxán
Domingo 14 de abril:
• 11.00h Bendición de ramos e palmas na Praza de San Benito
A festa do Meixón terá dende este ano un selo distintivo
Fecha desde el 05 de Abril de 2019
hasta el 29 de Abril de 2019Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que o ano pasado
Ampliar contenidoDo 5 ao 29 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón que dende este ano contará cun selo distintivo, creado pola deseñadora tudense Marta Fontán. No mesmo recóllese de xeito esquemático os elementos patrimoniais e naturais da cidade, así como unha referencia ao río Miño, aos pescadores de Meixón o escudo de Tui e de Valença. O selo ilustrará tanto os carteis, coma as cazolas e os establecementos participantes na festa. Co mesmo búscase dotar dunha imaxe corporativa a este evento, cunha imaxe atemporal que poderá ser empregada en todas as edicións.
A Festa do Meixón celebrarase do 5 ao 29 de abril co mesmo formato da edición do ano pasado, e dicir o meixón servirase cun prezo especial en establecementos hostaleiros, e restaurantes tudenses, que se adhiran a esta festa.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, será o encargado da presentación oficial da festa que terá lugar o 5 de abril en Tui e o 6 de abril en Ourense. Este último será o primeiro dos concellos que acolla a presentación da festa fóra de Tui, nos próximos anos serán outros concellos galegos ou portugueses o escenario desta presentación.
Amplíase o prazo para visitar na Guarda a Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade-
Fecha desde el 28 de Marzo de 2019
hasta el 23 de Abril de 2019Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 23 de abril e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h.
Ampliar contenidoA Guarda acolle dende o xoves 7 de marzo a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», dentro das actividades programadas na conmemoración do Día Internacional da Muller 2019.Na inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas, contouse coas intervencións do Alcalde da Guarda, da Tenente de Alcalde, da Concelleira de Servizos Sociais, así como das súas creadora, Isabel Blanco e Irene Silva.
Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 23 de abril e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.
"Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.
Orpagu homenajea al poeta y profesor Gómez Alfaro dándole su nombre al certamen literario -Homes e Mulleres do Mar-
Fecha desde el 01 de Abril de 2019
hasta el 30 de Abril de 2019Este lunes 1 de abril se abre el plazo de admisión de los trabajos que concurran a la cuarta edición del concurso organizado por los palangreros guardeses en colaboración con la Editorial Galaxia.
Ampliar contenidoHace ya cuatro años que la Organización de Palangreros Guardeses puso en marcha, en colaboración con la Editorial Galaxia, un concurso de relatos con el objetivo de promocionar la literatura gallega y el mundo de la pesca y de iniciar a los más pequeños en el mundo de las letras. A lo largo de este tiempo han sido cientos los trabajos presentados, lo que da buena cuenta del interés de los escolares por la actividad pesquera y los y las profesionales que viven de la misma.
Este año, el certamen amplía su nombre para incorporar el del poeta y profesor ourensano Xosé Carlos Gómez Alfaro, fallecido en 2008, que desde 1978 ejerció su actividad docente en A Guarda, en el colegio de los Padres Somascos. Varias generaciones de guardeses estudiaron con Gómez Alfaro y guardan un recuerdo imborrable de sus enseñanzas, su amor por la poesía, su conocimiento de los autores gallegos y su devoción por A Guarda, su segunda "matria", como solía decir.
De esta forma, el certamen literario Xosé Carlos Gómez Alfaro "Homes e Mulleres do Mar" abre este lunes, día 1 de abril, el plazo de Inscripción de su cuarta edición, la primera con la actual denominación.
Al premio podrá concurrir cualquier niña o niño, de entre 10 y 12 años de edad, con un relato corto escrito en lengua gallega y que tenga relación con los hombres y mujeres del mar. Cada participante podrá presentar sólo un escrito y los trabajos deberán ser inéditos y de ficción, por lo que no se admitirán ensayos o redacciones sobre el tema propuesto.
Las bases del concurso, cuyo plazo de admisión finaliza el 30 de abril, se pueden consultar en la página web de la Organización de Palangreros Guardeses (www.orpagu.com ). En juego, varios premios, como una tablet y un lote de libros de la Editorial Galaxia.
Este año el jurado está compuesto por tres reconocidos escritores gallegos:
• Raquel Castro. Presidenta de la Asociación Teatral de Aixén y autora de piezas de teatro. Entre sus galardones destaca el Premio de Honor en los Estornela de Teatro, que convoca la Fundación Xosé Neira Vilas, con la obra "As terapias da doutora Ledicia".
• Manrique Fernández. Periodista y autor de la biografía autorizada del músico y compositor Rogelio Groba, "Meditacións en branco e negro", así como del libro de conversaciones con Groba "Diabolus in musica", ambos publicados por Galaxia. En la actualidad escribe un blog literario: "O meu andel".• Diego Giráldez. Lleva toda su vida profesional dedicado al periodismo. Dirigió varias revistas y periódicos y colaboró como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra o el Xornal de Galicia. En la actualidad colabora con el diario digital Praza Pública y la Revista Luzes.
Al acto de entrega de galardones, además de representantes de Orpagu, de la Editorial Galaxia y de los miembros del jurado, asistirá la viuda de Xosé Carlos Gómez Alfaro, muy feliz con esta iniciativa de los palangreros guardeses.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño - Louriña organiza a -II Semana pola Memoria-
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019O Porriño acolleu a presentación deste evento o pasado venres día 29 de marzo.
Ampliar contenidoo pasado venres día 29 de marzo foi presentado no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño a II Semana pola Memoria, organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño - Louriña.O evento celebrarase entre o 6 e o 14 de abril coa seguinte programación:
Sábado 6: Xosé Álvarez "O Ensino na II República" 20:00h Centro Goianés (Tomiño).
Luns 8: Juan Soto "Bienio negro. Eleccións febreiro do 36 e comezo do golpe de estado" 20:00h Casa dos Alonsos (A Guarda).
Martes 9: Xosé Álvarez "O Ensino na II República" 19:30h Centro Cultural (O Porriño).
Mércores 10: Xosé Ramón Pousa "A fuga do forte de San Cristóbal" 20:00h Casa da Cultura Castelao (Salceda de Caselas).
Xoves 11: Presentación do libro "1306/36" de Fernando Salgado 20:00h Balneario de Caldelas (Tui).
Venres 12: Presentación do libro " Salceda de Caselas republicana - 1936 " de Quico Paz Antón 20:00h Auditorio Municipal (Salceda de Caselas).
Sábado 13: Acto de conmemoración dos fusilados 18:00h Tebra (Tomiño).
Domingo 14: Conmemoración da II República 12:30h Volta da Moura (Tui).
A exposición itinerante -Sorrisos trans*formadores- chega a Tomiño para quedarse até o día 15
Fecha desde el 10 de Abril de 2019
hasta el 15 de Abril de 2019A inauguración terá lugar o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal, e contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra e da alcaldesa de Tomiño
Ampliar contenidoA exposición fotográfica "Sorrisos transformadores", do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, pode visitarse desde hoxe e até o día 15 no Mercado Municipal de Tomiño.Baixo o lema "Respecta-Defende-Sensibiliza-Iguala-Vive-E deixa vivir", a mostra procura fomentar a visibilización do colectivo LGTBI dun xeito positivo, así como sensibilizar e naturalizar o colectivo trans e as súas familias co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.
"Sorrisos transformadores" é unha exposición fotográfica composta por dez imaxes de Noemí Chantada; retratos de persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta e van acompañadas, cada unha delas, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna.
Deste xeito, a actividade constitúe un camiño para prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e tamén combater o acoso escolar por estes dous motivos.
A inauguración da mostra terá lugar o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal.
Teatro: -O furancho- o 13 de abril no Auditorio Municipal do Rosal
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 13 de Abril de 2019Sábado 13 de abril ás 21:00h no Auditorio Municipal do Rosal
Ampliar contenidoO vindeiro 13 de abril ás 21.00h no Auditorio Municipal do Rosal a compañia Ibuprofeno-Teatro presenta : "O FURANCHO"
No noso Furancho pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.E para os que non beben alcol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro ofrécense tratamentos de beleza e saúde baseados na vinoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzamos as sementes das variedades máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che achegue relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Categoría: En cartel, Comedia, Contemporáneo, Familiar
Duración: 80′
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Premios: Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco)
O Concello de Tomiño organiza unhas xornadas sobre asociacionismo no eido local
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 13 de Abril de 2019A sesións celebraranse os sábados 6 e 13 de abril na Casa da Cultura
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño organiza as XORNADAS FORMATIVAS SOBRE ASOCIACIONISMO NO ÁMBITO LOCAL, que terá lugar na Casa da Cultura os días sábados 6 e 13 de abril.A actividade, denominada "KIT DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO", é un ciclo de dúas xornadas formativas en horario de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, organizadas polas Concellerías de Cultura e Deportes do Concello de Tomiño.
As xornadas están dirixidas ao tecido asociativo de Tomiño e teñen como obxectivo capacitar ás entidades locais para o uso das ferramentas básicas para a creación de entidades sen ánimo de lucro, o manexo das ferramentas tecnolóxicas necesarias para a tramitación de procedementos administrativos, a solicitude de subvencións e o cumprimento das obrigas derivadas da actividade asociativa.
Os concelleiros de Deportes e Cultura, Ismael Troncoso e Cristina Martínez, respectivamente, explican que estas xornadas xurden coma consecuencia do que establece a Lei 39/2015 do Estado Español no seu artigo 14 "Dereito e obriga de relacionarse electronicamente", segundo o cal, a partir do mes de outubro de 2018, todas as asociacións, comisións, agrupacións e demais entidades legalmente constituídas están obrigadas a presentar a documentación de xeito electrónico; neste caso, mediante a Sede Electrónica do Concello de Tomiño.
Para poder asistir a estas xornadas é preciso inscrición previa, rematando o prazo o xoves 4 de abril do 2019. Poderán participar como máximo 2 persoas por entidade local.
O Rosal organiza varias sesións de conta contos
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 05 de Mayo de 2019Os sábados de abril serán na Biblioteca Municipal e o 5 de maio na Plaza do Calvario xa que coincidirá coa Feira do Libro do Concello do Rosal.
Ampliar contenidoOs sábados 6, 13 e 27 de abril e o domingo 5 de maio haberá contacontos ilustrados de mulleres fortes a cargo dos artistas "Polo Correo do Vento".
Os sábados de abril serán na Biblioteca Municipal e o 5 de maio na Plaza do Calvario xa que coincidirá coa Feira do Libro do Concello do Rosal.
O horario é as 12 da mañá e esperamos contar con moitos nenos e nenas e familias para desfrutar dunha mañá divertida.
Ata o 10 de xullo segue aberto o prazo para participar no Concurso de Fotografía -O Mirabel do Rosal 2019-
Fecha desde el 04 de Abril de 2019
hasta el 10 de Julio de 2019As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas e o prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .
Ampliar contenidoTEMÁTICA
- A temática responderá ao título do concurso
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
-Participará en concurso único, calquera persoa maior de idade. Cada participante presentará unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.
-A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros concursos. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
-As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía entregarase nun sobre pechado coa indicación "O MIRABEL DO ROSAL"
-No mesmo sobre, no dorso levará o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía.
-Noutro sobre pechado irá por fóra o pseudónimo e no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia DNI ou tarxeta de residencia. O sobre pequeno irá dentro do grande.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
-As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas
-O prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .
-Cando a fotografía se presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por fax (nº 986666034) ou por correo electrónico á dirección: orosal@concellodorosal.es o mesmo día no que a presente.
XURADO E FALLO
-O xurado estará integrado por membros da organización da Feira do Mirabel ou persoas nas que se delegue en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación e nas redes sociais, ademais de comunicalo persoalmente ao gañador/a. Dito fallo farase público antes da celebración da feira que terá lugar o 28 de xullo.
PREMIO
-Concederase un único premio de 100 € para utilizar no comercio do Rosal.
-3 lotes de produtos de mirabel para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio
EXPOSICIÓN
-Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel.
DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
-De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ao concello, co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS
-A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ao Concello do Rosal especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.
-As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores/as entre os meses de de setembro e outubro de 2019, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, correo postal o calquera outro medio, devolveranse a portes debidos.- O xurado poderá declarar deserto o premio.
ACEPTACIÓN DAS BASES
-A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases e do fallo do Xurado. Éste queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
Segue aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019
Fecha desde el 04 de Abril de 2019
hasta el 28 de Mayo de 2019O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 28 maio 2019.
Ampliar contenidoO Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 4 de abril ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2017, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 28 maio 2019.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.
Abertas as solicitudes para os programas de -Benestar en Balnearios- e -Benestar a través de Talasoterapia-
Fecha desde el 04 de Abril de 2019
hasta el 03 de Mayo de 2019O Departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda informa que está aberto o prazo
Ampliar contenidoO Departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes nos Programas "BENESTAR EN BALNEARIOS" e BENESTAR A TRAVÉS DE TALASOTERAPIA" da Xunta de Galicia ata o 3 de maio de 2019.Requisitos:
Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez outras pensións.
Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
Non padecer alteración do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos , nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais e de talasoterapia
Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro e con fillo/a con grao de discapacidade que se poida desprazar con autonomía.
Os concellos de Oia e O Rosal lanzan un proxecto conxunto de fomento do emprego
Fecha desde el 04 de Abril de 2019
hasta el 03 de Mayo de 2019-Rumbo ao Emprego- inclúe formación, orientación, prácticas en empresas e acompañamento individualizado
Ampliar contenidoOs concellos de Oia e O Rosal lanzan o proxecto conxunto "Rumbo ao Emprego", que inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo.Entre os dous concellos ofertarán un total de 20 prazas para esta actividade destinada ao fomento de emprego, a cal se dividirá nos seguintes bloques:
-Obradoiros de activación para a procura de emprego (15 horas).
-Formación (60 horas de formación teórica + 60 horas de prácticas en empresas). Poderase elixir entre dúas actividades: operario/a industrial polivalente ou caixeiro/a repoñedor/a.
-Atención individualizada a cada unha das persoas usuarias do programa.
Píldoras formativas abertas ao público xeral
Así mesmo, o programa incluirá a celebración de 4 sesións de píldoras formativas abertas ao público xeral e nas que se abordarán temas como a orientación, a procura de emprego ou o autoemprego.
Estas accións formativas celebraranse os venres do mes de maio e terán unha duración de dúas horas e media por sesión.
Inscricións
A iniciativa conxunta "Rumbo ao emprego" está organizada polos concellos de Oia e máis O Rosal e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, dentro da liña 2 do Plan Concellos.
As persoas que desexen inscribirse ou informarse sobre os detalles da convocatoria poden contactar con ambos concellos a través das seguintes vías:
-AEDL Concello do Rosal: 986 62 50 00 Ext.7.
aedl@concellodorosal.es-AEDL Concello de Oia: 986 36 21 25 Ext.4
aedl@concellodeoia.es
Ábrese a inscrición para participar nun concerto de campás nas Festas de San Telmo
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 16 de Abril de 2019Os interesados poden anotarse até o martes 16 de abril
Ampliar contenidoÁbrese o proceso de inscrición para aquelas persoas que desexen participar no taller e no concerto "As Badaladas de San Telmo" que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril, en diferentes campanarios tudenses. Dirixido por dúas persoas especialistas de recoñecemento internacional e coa coordinación artística do festival Música no claustro, este concerto súmase á sensibilización e ó coñecemento do toque manual de campás coma patrimonio cultural inmaterial.
As persoas interesadas poden enviar a solicitude de inscrición até o martes 16 de abril ao correo electrónico contacto@musicanoclaustro.com indicando o seu nome, idade, teléfono e enderezo. Do mesmo xeito deberá compartir, de forma breve, cal é a motivación para formar parte do taller e do concerto indicando si ten, ou non, coñecementos musicais ou de toque de campás.
A participación activa no concerto e a súa preparación no taller, que se desenvolverá do venres 26 ao propio domingo 28, é gratuíta para as persoas inscritas, sendo preciso o compromiso e dispoñibilidade de datas. Esta participación non supón ningunha relación contractual co Concello de Tui coma entidade organizadora.
As persoas interesadas poden facer as consultas que precisen sobre esta actividade no teléfono 657 69 11 50. A organización confirmará a listaxe de persoas seleccionadas antes do luns 22 de abril.
Até o 19 de abril pódense presentar as solicitudes para participar na XXIII Feira de Artesanía de Tui
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 19 de Abril de 2019Celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando
Ampliar contenidoO Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, vén de abrir o prazo de solicitude de participación na XXIII Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar o sábado 4 e o domingo 5 de maio. En concreto convócanse 50 postos de venda directa.
As persoas interesadas en participar deberá estar en posesión da Carta de Artesán, en caso de ser galegos, ou do carné equivalente, para os que veñan doutras comunidades. Tamén poderán participar creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño, que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa autoría propia e a distribución sexa a pequena escala.
Para solicitar a participación débese presentar na casa do concello, até o venres 19 de abril, o impreso de solicitude, dispoñible na web tui.gal, xunto coas fotocopias do DNI e da Carta de Artesán ou equivalente, e demais documentación requirida, que se especifica nas bases de participación, e varias fotografías impresas do material a expor. A organización comunicará, antes do venres, 26 de abril, aos artesáns a súa aceptación de participación.
A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán, así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural. Na feira participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire.
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Tui o venres 12 e sábado 13 de abril
Fecha desde el 12 de Abril de 2019
hasta el 13 de Abril de 2019¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.
Ampliar contenidoVENRES 12
TUIUNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY(AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)16:00 - 21:00SÁBADO 13
TUIUNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY
(AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)
10:00 - 15:00
Oia celebra a terceira edición da súa Ruta do Tapeo e a Camelia os días 13 e 14 de abril
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019A programación inclúe a degustación de tapas a prezos populares, unha exposición de camelias, un festival internacional de corais, visitas guiadas e actividades infantís
Ampliar contenidoOia celebra a fin de semana do 13 e 14 de abril a Ruta do Tapeo e a Camelia, que chega este ano á súa terceira edición cunha variada programación de actividades gastronómicas, culturais e de lecer. Tapas a prezos populares, un festival internacional de corais, exposición de flores, visitas guiadas e actividades infantís son as súas principais propostas deste ano.Durante o sábado e domingo, un total de 7 establecementos hostaleiros de Santa María de Oia ofrecerán tapas a 1 euro (bebida non incluída). Os locais participantes son: Casa Puertas, Casa Henriqueta, A Camboa, Café-Bar Puertas, A Terraza do Mosteiro, Hotel A Raíña e Tapería A Riña.
A Ruta do Tapeo e a Camelia está organizada polo Concello de Oia e conta coa colaboración de distintos colectivos e entidades, como son a Asociación Ibérica da Camelia (AICAM), Costa dos Castros, a Asociación Galega de Fibrose Quística, a Coral Polifónica Vagalume e a Deputación de Pontevedra a través de Pontegal.
Programación
En canto á programación de actividades, o evento abrirase o sábado ás 10.00 horas coa colocación de exemplares de camelia na Oficina de Turismo e nos establecementos hostaleiros situados na parroquia de Santa María de Oia.
Ás 13.30 horas a Oficina de Turismo acollerá a inauguración da exposición da camelia e máis a entrega de diplomas aos expositores. Ademais, procederase á elección dos debuxos gañadores do concurso escolar sobre a Camelia.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas comezará unha carreira infantil solidaria a favor da Asociación de Fibrose Quística e, tras esta actividade, ás 17.30 horas haberá unha visita guiada ao barrio do Arrabal (contorna do Mosteiro de Oia) e aos petróglifos da Pedreira. Ademais, a exposición de camelias poderá visitarse entre as 16.00 e as 20.00 horas.
Como broche final da xornada, ás 20.00 horas celebrarase o Festival Internacional de Corais na igrexa parroquial de Santa María de Oia. Nel participarán a Coral Polifónica Vagalume (Oia), a Coral de Tabua (Portugal) e a Coral Polifónica Vivace (da Asociación Española Contra el Cáncer de Vigo).
O domingo día 14 de abril haberá un obradoiro infantil de elaboración de mosaicos de 10.00 a 13.00 horas na Oficina de Turismo. Ao término desta actividade (13.00 horas) farase a entrega de premios aos gañadores do concurso infantil de debuxo. Finalmente, a exposición de camelias poderase visitar entre as 10.30 e as 20.00 horas.
Inscricións para as actividades infantís
Tanto a carreira infantil (dirixida a nenos e nenas de 3 a 14 anos) como o obradoiro de mosaicos (a partir de 10 anos) son gratuítos, se ben requiren inscrición pois as prazas son limitadas.
As persoas interesadas nestas dúas actividades infantís poderán informarse e apuntarse no Concello (teléfono 986362125). O prazo de inscrición remata o 10 de abril.
Visitas guiadas gratuítas
En canto ás visitas do sábado, serán guiadas pola Asociación Costa dos Castros. Desenvolveranse de xeito gratuíto e non precisan inscrición.
O percorrido polo barrio do Arrabal comezará ás 17.30 horas e, ao rematar, farase unha visita aos petróglifos da Pedreira.
Exposición de listas e período de reclamacións do censo electoral para as eleccións municipais e ó parlamento europeo 2019 no Rosal
Fecha desde el 08 de Abril de 2019
hasta el 15 de Abril de 2019Do 8 ao 15 de abril no Concello do Rosal en horario de 8h a 15h
Ampliar contenidoINFÓRMASE QUE, DENDE O DÍA 8 ATA O 15 DE ABRIL DE 2019, ENCÓNTRANSE EXPOSTAS Ó PÚBLICO AS LISTAS DO CENSO ELECTORAL A EFECTOS DE, DURANTE O MESMO PERÍODO, FORMULA-LAS RECLAMACIÓNS AQUELAS PERSOAS OMITIDAS NO MESMO OU CON DATOS QUE NON SEXAN CORRECTOS.
A CONSULTA E, NO SEU CASO, A RECLAMACIÓN REALIZARANSE NO CONCELLO, EN HORARIO DE 8:00 A 15:00 HORAS.
Exposición -Mulleres na Historia- no Rosal
Fecha desde el 08 de Abril de 2019
hasta el 30 de Abril de 2019Dendeo 8 de abril en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Ampliar contenidoDesde o luns día 8 de abril estará aberta ao público a exposición de fotografías "MULLERES NA HISTORIA" que nesta ocasión fará referencia ao río e as súas costumes, afeccións e os traballos relacionados con el.
Estará aberta todo o mes de abril e o seu horario será pola mañás de 10.00 a 14.00 e polas tardes de 16.00 a 20.00 h.Queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron coa achega das fotografías e que permiten que o concello poda realizar esta exposición e esta sexa a súa cuarta edición.
A súa colaboración é fundamental para que poidamos desfrutar toda a veciñanza deste tesouro fotográfico.Este ano hai colgadas 64 fotografías de moitas situación diferentes: ocio no río, pesca do meixón e da solla, mulleres recollendo "jramón" no Turrueiro, persoas indo ás "jallas", fotografías do Muiño das Aceñas e do Aserradeiro do Tamuxe dos anos 50, etc.
E acompañando á exposición de fotografías está exposta unha pequeña mostra dos aperos empregados na pesca do río, redes lampreeiras, de meixón e sollas, así como un viveiro ou rizóns.Esperamos que conte con tanta afluencia como en anos anteriores e desexamos que sexa de agrado a todas e todos os vecinos.
Tui exalta o meixón cunha festa do 6 ao 29 de abril
Fecha desde el 06 de Abril de 2019
hasta el 29 de Abril de 2019Poderase degustar en seis establecementos da cidade a un prezo de 55? a ración
Ampliar contenidoTui mantén a súa aposta por unha festa gastronómica que resalte un produto típico da cidade coma é o meixón do río Miño, e a fai coincidir coas festas patronais na honra a San Telmo. Mantendo a liña iniciada o ano pasado dende mañá, 6 de abril, e ata o 29 deste mes, vaise celebrar en seis establecementos tudenses a Festa do Meixón. Será ao igual que en 2018 no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, e La de Manu, e este ano coma novidade incorpórase o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa co selo que dende esta ano promocionará o festexo, con pan unha copa de viño da adega Vimbio.
Así o deu a coñecer esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na presentación celebrada no Club Náutico San Telmo, onde asistiron os cociñeiros dos restaurante participantes que elaboraron unha demostración do meixón tal e como se servirá durante o Festival. O produto será servido por Angulas Río Miño.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou que se continúa coa liña iniciada en 2018 coa celebración da festa en restaurantes polas vantaxes que consideran que ten esta opción coma que "estende e prolonga a atracción de visitantes durante moito máis tempo, que se fixeramos unha festa popular". Amais ao tratarse dun produto moi selecto, deste xeito, ao celebrarse en restaurantes, garántese que se serve cunha gran calidade.
Vázquez Padín dicía que hai que aproveitar os activos que ten a cidade, sendo o meixón un produto singular e de alto nivel. Insistiu en que o concello traballa na promoción da cidade e reforza a marca de Tui coma destino atractivo polo seu patrimonio, a súa gastronomía e a súa cultura.
Mañá terá lugar unha nova presentación do Festival do Meixón , ás 11 h, no salón de sesións da casa do concello de Ourense.
Festa do Meixón 2019
Datas: do sábado 6 ao luns 29 de abril
Establecementos:
Asador Paulo - Estrada Tui-Gondomar - 986 60 42 14
Cruceiro do Monte - Cruceiro, Randufe - 986 60 75 75
El Molino - Augusto González Besada- 986 60 30 12
La de Manu - Paseo da Corredoira - 674 54 94 94
O Novo Cabalo Furado - Praza do Concello - 986 60 12 15
Parador de Turismo San Telmo - Avenida de Portugal s/n 986 60 03 00
Prezo: 55€ a ración formada por unha cazola de meixón, pan e unha copa de viño Vimbio
A Banda de Goián celebra este sábado o concerto do socio
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 13 de Abril de 2019O próximo sábado 13 de Abril ás 20:00 h. celébrarase no auditorio de Goián o concerto do socio da Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
Ampliar contenidoO próximo sábado 13 de Abril ás 20:00 h. celébrarase no auditorio de Goián o concerto do socio da Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
Con este concerto, aberto a todo o público, a banda de Goián quere agradecer o apoio que o concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián, as casas comerciais e tódalas socias e socios depositan ao longo do ano para que a súa actividade cultural poida levarse a cabo.
O concerto contará coa actuación da Banda Infantil de Goián, da Banda Xuvenil de Goián e, finalmente, da Agrupación Musical de Goián.
O Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de abril
Fecha desde el 09 de Abril de 2019
hasta el 29 de Abril de 2019O sábado tivo lugar a presentación do evento en Ourense
Ampliar contenidoO pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo. Tras la presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu conta dos pormenores dun festexo que potencia un dos produtos gastronómicos da cidade, e que se suma o atractivo turístico de Tui xunto ao seu patrimonio, natureza e cultura. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, convidaba a todos os ourensáns a "desfrutar da riqueza gastronómica de Tui, acompañada dun bo viño como terra de viños que é Galicia".
A Festa do Meixón estase a celebrar en seis restaurantes no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu, e o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa, con pan e unha copa de viño da adega Vimbio por un prezo 55€.
Festa do Meixón 2019
Datas: do sábado 6 ao luns 29 de abril
Establecementos:
Asador Paulo - Estrada Tui-Gondomar - 986 60 42 14
Cruceiro do Monte - Cruceiro, Randufe - 986 60 75 75
El Molino - Augusto González Besada- 986 60 30 12
La de Manu - Paseo da Corredoira - 674 54 94 94
O Novo Cabalo Furado - Praza do Concello - 986 60 12 15
Parador de Turismo San Telmo - Avenida de Portugal s/n 986 60 03 00
Derradeiro día de inscricións para un Curso sobre uso seguro de internet e TIC para educadores e adultos na Guarda
Fecha desde el 10 de Abril de 2019
hasta el 15 de Abril de 2019As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico cultura@aguarda.es ata o 15 de abril.
Ampliar contenidoA Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos.
O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00h a 22:00h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.
Neste curso os pais e nais e educadores aprenderán cómo é o funcionamento básico de internet, para que coñezan de primeira man o uso que poden facer os alumnos e fillos e poder promover un uso seguro das novas tecnoloxías.
As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico cultura@aguarda.es ata o 15 de abril.
O show do Mago Rey Midas chega á Guarda este sábado
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 13 de Abril de 2019O show terá comezo ás 18:00h da tarde no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda onde os asistentes gozarán espectáculo para nenos e adultos espectáculo que no deixará a ninguén indiferente.
Ampliar contenidoO Mago Rey Midas aterra este sábado día 13 de abril no Centro Cultural da Guarda cun show para nenos e nenas pero tamén para pais e nais, un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.
O show terá comezo ás 18:00h da tarde no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda onde os asistentes gozarán espectáculo para nenos e adultos espectáculo que no deixará a ninguén indiferente.
Trátase dun show con moito ritmo de inicio a fin, con altas doses de humor, maxia, misterio, animais e moito máis, involucrando e facendo partícipe a todos os asistentes.
Acceso libre ata completar o aforo.
El Club Bádminto Tui se prepara para un intenso fin de semana de competición
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019Este fin de semana el Club Bádminton Tui viaja a las instalaciones del Club del Mar de San Amaro de A Coruña, donde se disputará el CAMPEONATO AUTONÓMICO SUB 13 y SUB 17
Ampliar contenidoEste fin de semana el Club Bádminton Tui viaja a las instalaciones del Club del Mar de San Amaro de A Coruña, donde se disputará el CAMPEONATO AUTONÓMICO SUB 13 y SUB 17 la tarde del sábado y mañana del domingo.Hasta allí nos desplazaremos con nuestros deportistas:
en SUB 13: Andrea Pérez, Noa de la Calle, Sonia Navas y Ana Carrera
en SUB 17: Jessica Santos, Daniela Sanz, Bruno Fernández y Marcos González
Último fin de semana gastronómico de la Lamprea del Miño en A Guarda
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 14 de Abril de 2019El alumnado elaboró en las aula unos dibujos con la temática -Desembocadura do Miño e a lamprea-, que se encuentran ya expuestos en la Plaza de Abastos hasta fin de mes.
Ampliar contenidoA Guarda cierra este fin de semana la programación de los fines de semana gastronómicos que desde el pasado 23 de marzo oferta este manjar del Río Miño en 10 bares y restaurantes con el objetivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico de la lamprea.
Durante estas jornadas, las vecinas y vecinos de nuestra villa y de su contorna pueden degustar la lamprea en su preparación más tradicional, a la bordalesa, a un precio único por ración de 22€. La lamprea entera tendrá un precio de 65€. Dada a la larga elaboración que precisa este manjar es necesario reservar previamente en los restaurantes.
Los establecimientos adheridos a esta campaña son los restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo y Xantar.
Esta nueva iniciativa gastronómica se transformó el año pasado de la voluntad conjunta de impulsar la gastronomía local y su riqueza, centrando los esfuerzos en la exaltación de uno de los manjares más desconocidos de nuestro río. Este año se aumentaron los fines de semana para que todos los interesados puedan degustar la lamprea en su elaboración más tradicional y como lleva preparándose durante geraciones en A Guarda.
Dentro de esta misma campaña, el alumnado de 6º de primaria de los centros de educación de A Guarda participarán en la jornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», una iniciativa que se lleva organizando dos años. Dada la buena acogida de la propuesta, los niños y niñas repetirán la experiencia, en la que podrán acercarse a las técnicas de pesca de la lamprea en el río Miño, ahora en temporada.
Esta jornada se compone de dos partes: una primera actividad didáctica que se realizará en la Casa de los Alonsos, donde las niñas y niños podrán conocer más en profundidad la lamprea a partir de un reportaje audiovisual sobre la pesca de este pez en la desembocadura del Miño. Contarán, además, con los testimonios de pescadores, que explicarán su profesión a los niños y niñas mediante los aparejos de pesca que emplean y, como no, las vivencias y anécdotas.
A continuación, el alumnado elaboró en las aula unos dibujos con la temática «Desembocadura do Miño e a lamprea», que se encuentran ya expuestos en la Plaza de Abastos hasta fin de mes.
Reabre el Parking de los PP Somascos en A Guarda hasta el 20 de abril
Fecha desde el 13 de Abril de 2019
hasta el 20 de Abril de 2019Esta actuación ha sido consensuada con el Concello de A Guarda
Ampliar contenidoDurante la próxima Semana Santa desde el Sábado 13 de abril hasta el sábado 20 permanecerá "abierto" el Parking del Colegio PP Somascos en horario de mañana (09:00 - 14:00); por la apertura de tramos de la Calle Concepción Arenal que facilitarán la entrada y la salida por dicha calle. Desde Pacífico Rodríguez sentido descendente hacia cruce con Brasilino Alvarez/Enrique Maria Sesto y sentido ascendente hacia el "As de Copas" calle Domínguez Fontela.Esta actuación ha sido consensuada con el Concello de A Guarda desde hace más de un mes, pero no teniendo el visto definitivo hasta la jornada de ayer por parte del Concello, que tuvo que hacer las consultas oportunas durante esta semana con los técnicos que están ejecutando las obras.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
