Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición itinerante -Sorrisos trans*formadores- chega a Tomiño para quedarse até o día 15

A inauguración terá lugar o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal, e contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra e da alcaldesa de Tomiño

A inauguración terá lugar o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal, e contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra e da alcaldesa de Tomiño

Fecha: 10 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A exposición fotográfica "Sorrisos transformadores", do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, pode visitarse desde hoxe e até o día 15 no Mercado Municipal de Tomiño.

Baixo o lema "Respecta-Defende-Sensibiliza-Iguala-Vive-E deixa vivir", a mostra procura fomentar a visibilización do colectivo LGTBI dun xeito positivo, así como sensibilizar e naturalizar o colectivo trans e as súas familias co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

"Sorrisos transformadores" é unha exposición fotográfica composta por dez imaxes de Noemí Chantada; retratos de persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta e van acompañadas, cada unha delas, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna.

Deste xeito, a actividade constitúe un camiño para prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e tamén combater o acoso escolar por estes dous motivos.

A inauguración da mostra terá lugar o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 11.30 horas no Mercado Municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones