Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A Asociación de Alfombras Florais da Guarda convida a non perder a tradición

    Fecha desde el 04 de Junio de 2020
    hasta el 13 de Junio de 2020

    Este ano realizarán un vídeo convidando a que fagan nas súas casas alfombras florais

    A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, que xestiona dende fai uns anos as diferentes alfombras florais que se realizan na Guarda con motivo da celebración do Santísimo, convida este ano a continuar coa tradición.

    Para esta ocasión, nas que non se celebrarán as Festas do Santísimo por mor da crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19, dende o colectivo convidan aos veciños a realizar nas súas casas unha alfombra e remitir as fotografías do proceso ao correo electrónico asociacionalfombrasaguarda@gmail.com para despois confeccionar un vídeo con todas asimaxes recibidas.

    O vídeo será publicado na web da Asociación e no seu perfil de facebook e esta acción conta coa colaboración do Concello da Guarda.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda oferta novos cursos en formato de teleformación

    Fecha desde el 29 de Mayo de 2020
    hasta el 22 de Junio de 2020

    Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información só terás que poñerte en contacto coa OMIX a través do teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es

    Dende a OMIX do Concello da Guarda ofertamos dúas propostas formativas adaptadas a esta nova realidade que estamos vivindo, tendo isto en conta tanto na temática como no formato, tratando de facilitar ao máximo o acceso a mesma. Así os dous cursos serán impartidos por teleformación, así dende calquera lugar cun ordenador e conexión a internet, poderás levalos a cabo.

    Estas dúas primeiras propostas son:

    -Ferramentas dixitais de teletraballo, Ferramentas Google suite.

    O principal obxectivo do curso será proporcionar ferramentas para manexar e coñecer as funcionalidades de Google Suite: Gmail, Calendar, Chat, Hangout, cales son e como funcionan? Documentos, follas de cálculo, formularios, presentacións, almacenamento, pizarra dixital, libreta de notas etc.
    Esta proposta desenvolverase os días 15 e 17 de xuño de 12 a 13 horas.

    - Redes sociais na procura de emprego: profesionaliza o teu perfil

    Esta segunda proposta desenvolverase os días 22, 24 e 29 de xuño de 12 a 13 horas

    En cada unha das xornadas analizaranse as tres redes sociais que se utilizan ou que teñen máis impacto : Primeira xornada: Coñecer o que me aporta Facebook para o meu perfil profesional: Reputación dixital, ferramentas, contidos, perfil profesional, perfil personal .
    Instagram: razóns polas que debes estar, razóns polas que están as empresas en instagram, razóns pola que é a rede que máis crece... e por último Linkedin: como alternativa aos currículums, desenvolver un perfil en Linkedin axeitado,procura de emprego, networking...

    Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información só terás que poñerte en contacto coa OMIX a través do teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Tomiño investe 100.000 euros en axudas a entidades sen fins de lucro, para actividades sociais, culturais e deportivas

    Fecha desde el 03 de Junio de 2020
    hasta el 03 de Julio de 2020

    Tras a crise sanitaria, reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano

    A partir de mañá, estará aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2020, actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais.

    As bases para optar ás axudas correspondentes ao exercizo 2020, foron publicadas no BOPPP do 16 de marzo pasado, pero os prazos suspendéronse como consecuencia da crise sanitaria, polo que reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello (www.tomino.gal ), ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

    As entidades de carácter social, cultural ou deportivo interesadas en optar á concesión das subvencións, deberán solicitalo mediante a presentación da seguinte documentación (dispoñible na Sede Electrónica):
    • Formulario 1: Impreso oficial de solicitude, que irá acompañado da documentación que nel se indica.
    • Formulario 2: Certificación do acordo de solicitude, nomeamento de representante para as relacións co Concello e número de persoas socias.
    • Formulario 3: Certificación dos datos bancarios da entidade (selado pola entidade bancaria).

    A través destas axudas, o Concello de Tomiño investirá 100.000 euros para apoiar e promover todas aquelas actividades que repercutan no desenvolvemento do municipio e que contribúan ao fomento dos intereses dos veciños e veciñas do municipio, en especial ao benestar social da cidadanía, á promoción da cultura e ao fomento do deporte.

    Axudas deportivas
    O goberno municipal destinará 45.000 euros a entidades sen fin de lucro e deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva, a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante todo o ano.

    Neste caso serán subvencionales os gastos federativos correspondentes á tempada, os gastos de arbitraxe, os de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas, os de mutualidades e seguros, os de material deportivo de carácter funxible ou de carácter inventariable e os gastos de equipamento e vestimenta deportiva. Cando a subvención sexa solicitada para deportistas individuais de Tomiño, estes terán que ser recoñecidos a nivel galego, estatal ou internacional.

    Subvencións culturais
    O Concello de Tomiño tamén destinará un orzamento de 40.000 euros a axudas municipais a entidades sen fins de lucro, para a realización de actividades culturais durante o ano 2020, co propósito de contribuír ao desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que fomenten os intereses xerais ou sectoriais da veciñanza, con especial atención á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais.

    As axudas neste eido estarán destinadas á realización de actividades das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, a actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; de promoción dos produtos agrícolas e gastronómicos da zona; recuperación de espazos naturais ou de lecer e outros proxectos de especial interese cultural e social.

    Porén, queda especificamente excluído o uso destas axudas para a adquisición, reparación ou mantemento de bens de inmobilizado, gastos correntes, celebración de festas parroquiais, etc. que non estean directamente vinculados á actividade obxecto da subvención; así como para saldos debedores das contas bancarias, de procedementos xudiciais, impostos, recargas e sancións administrativas.

    Actividades sociais
    O Concello destinará 15.000 euros para subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades que promovan o benestar social da cidadanía a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá dentro do ámbito dos Servizos Sociais durante o 2020.

    A través destas axudas o Concello pretende axudar a financiar os gastos de proxectos de atención á discapacidade e aos menores; apoio á dinámica familiar, voluntariado social, atención á toxicomanía, prevención de situacións de violencia intrafamiliar, promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, atención á inmigración e a minorías étnicas e outros proxectos de especial interese social nos que estea xustificada a financiación municipal.
    Ampliar contenido
  • -Dá Nova Vida à tua t-shirt: desafio online até 20 de junho em Cerveira

    Fecha desde el 06 de Junio de 2020
    hasta el 20 de Junio de 2020

    O desafio pretende transformar t-shirts que já não tenham uso, em sacos ecológicos, originais e úteis que podem ser utilizados na praia, nos passeios das férias, nas compras, no regresso à escola ...

    Com o slogan "Reutilizar com criatividade! Reduzir o consumo de plásticos!", o projeto Onda Verde no Vale do Minho incentiva todos os alunos do 6º ano de escolaridade dos concelhos do Vale do Minho a participar no desafio "Dá Nova Vida à tua t-shirt". Propostas devem ser enviadas por email até 20 de junho, havendo prémios individuais para os três melhores trabalhos e um especial para a melhor apresentação coletiva.

    Esta ação tem como objetivo aumentar a consciencialização para a problemática do consumo excessivo de plásticos, explorar com criatividade as alternativas sustentáveis, promover a reutilização e separação de materiais e passar a mensagem à nossa comunidade. O desafio pretende transformar t-shirts que já não tenham uso, em sacos ecológicos, originais e úteis que podem ser utilizados na praia, nos passeios das férias, nas compras, no regresso à escola ...

    Assim, com a ajuda dos professores ou em ambiente familiar, os alunos participantes devem criar um saco personalizado a partir de uma t-shirt usada, escrevendo uma mensagem em torno dos 5R´s: repensar, reduzir, reutilizar, recuperar, reciclar. Concluído o trabalho, é só tirar uma fotografia e enviar até 20 de junho, com nome, turma e escola, para o correio eletrónico ondaverdevaleminho@gmail.com

    Os prémios são atribuídos aos alunos que completem com sucesso este desafio, sendo que o 1º prémio corresponde a um Programa Multiatividades em Família (Arvorismo + Rapel + Escalada + Slide - Montes de Laboreiro); o 2º prémio garante uns auscultadores sem fios; e o 3º prémio, um vale para material escolar. O prémio especial de turma mais ecológica é uma atividade de barco no rio Minho, com o Aquamuseu do rio Minho.

    Quem aceita este desafio? Cada um de nós tem um papel muito importante na transmissão de uma mensagem positiva! Todas as instruções e modelos de cortes estão disponíveis no site (http://www.ondaverdevaledominho.pt/pages/708 )

    De sublinhar que é o Município de Vila Nova de Cerveira, através do Aquamuseu do rio Minho, que está a liderar o projeto Onda Verde no Vale do Minho, no âmbito dos resíduos sólidos urbanos, com financiamento do POSEUR, envolvendo as comunidades, especialmente escolares, de Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
    Ampliar contenido
  • A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Goián o martes 9 de xuño

    Fecha desde el 09 de Junio de 2020
    hasta el 09 de Junio de 2020

    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.

    Confirmamos o desprazamento da unidade móbil de ADOS a GOIÁN: UNIDADE MÓBIL NA PRAZA PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ

    Martes, 9 de xuño 16.00 a 21.00 horas.

    ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

    O traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos,centros docentes e empresas galegas, aínda máis nestas circunstancias.

    As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

    PÓDESE SOLICITAR CITA PREVIA NO NÚMERO 900 100 828, OU NA PROPIA UNIDADE MÓBIL.

    Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.

    #súmateaonosoequipo

    Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuito.

    O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

    Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

    Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos...

    Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

    Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar

    https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/405/PODO%20DOAR-PUEDO%20DONAR%203-18.pdf

    https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/406/TRIPTICO PASO A PASO 3-18.pdf

    Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida

    Ampliar contenido
  • O Arquivo municipal de Tui súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos

    Fecha desde el 09 de Junio de 2020
    hasta el 09 de Junio de 2020

    O Arquivo Municipal recolle documentos dende 1.597 ata a actualidade.

    Este martes, 9 de xuño, conmemórase o Día Internacional dos Arquivos, unha cita que se celebra en todo o mundo coincidindo coa data de creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA) en 1948 baixo os auspicios da UNESCO.

    A actual crise sanitaria impide ao Arquivo Municipal tudense celebrar esta data con actividades en colaboración co Arquivo Municipal de Valença, dando continuidade ao Obradoiro de conservación de papel celebrado o pasado ano. Porén esta celebración é unha chamada de atención sobre o triplo papel que os arquivos desempeñan na nosa sociedade como ferramenta na defensa dos dereitos dos cidadáns, como centros que aseguran a protección da memoria e do patrimonio documental, e como garantía de transparencia no funcionamento das Administracións públicas.

    Non en balde, o Consello Internacional de Arquivos elixiu a lema "Empoderar Sociedades do Coñecemento" como leitmotiv para a conmemoración da Semana Internacional dos Arquivos deste ano 2020. Na era dos feitos alternativos, as noticias falsas, a desinformación e as ameazas á seguridade cibernética, os arquivos logran garantir a fiabilidade e evidencia nos rexistros documentais, na información e nos datos que se pon a disposición da sociedade. E o Arquivo Municipal de Tui contribúe a este obxectivo cos documentos que se gardan nos depósitos situados na Casa do Concello tudense.

    O Arquivo Municipal recolle documentos dende 1.597 ata a actualidade. Está composto por máis de 6.200 unidades de instalación cos instrumentos suficientes para o seu manexo e control, especialmente a base de datos do inventario descritivo formado por mais de 35.500 rexistros que detallan a nivel de expediente a maior parte dos fondos.

    Dende o 1 de outubro de 2012 no Arquivo Municipal atópase tamén a documentación histórica do Concello de Tui depositada no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra dende o ano 1943. Esta documentación consta de 145 libros, de entre os anos 1597 e 1834, en soporte papel e encadernados en pergameo. Deles, 115 corresponden aos libros de acordos municipais e cartas ordes de 1597 - 1775; 5 libros con documentación varia de 1705-1771; 16 libros de copias das actas da Xunta do Reino de Galicia entre os anos 1608 e 1834 e 3 libros Reais do Catastro do Marqués da Ensenada da cidade de Tui e freguesía de San Xurxo de Saiáns.

    Como curiosidade se conserva un pergamiño, escrito en portugués, datado en 1688, que facía de tapa doutro documento sen data, referido a un "Prorrateo de aguas de la Virgen del Camino en la parroquia de Revordanes hecho por Don Juan Gil de la Barrera vecino de la ciudad de Tui". Este pergamiño, que inicialmente non ten relación co documento que resgardaba, é unha "carta de quitaçao" dada polo rei de Portugal Pedro ós herdeiros de Ignacio Monteiro de Souza, almoxarife falecido que prestaba os seus servizos na "Caça do Passo da Madeira".

    Pese a que a maior parte da documentación corresponde ao século vinte e vinteun aínda se aprecia un elevado volume documental do dezanove, destacando os libros de actas municipais dende 1782, con documentos de quintas dende 1874, de patrimonio dende 1849, de persoal ou contratación dende 1874, dos presupostos municipais dende 1845, dos padróns de habitantes dende 1884 ou das eleccións dende 1891.

    No Arquivo Municipal tudense se conserva tamén o fondo do carcere do partido xudicial, recuperado no seu momento por Aquilino G. Santiso. Este fondo contén información continuada, especialmente sobre os reclusos, dende 1897 ata 1960 figurando en diversas series documentais, tanto de expedientes (follas histórico-penais de penados, expedientes persoais de reclusos, expedientes procesais de reclusos, pases de penados, mandamentos de prisión y de liberdade e notificacións acordos de prisión e liberdade), coma de rexistros ( libro de entrada e saída de presos, libro rexistro de presos con condena de arresto maior, libro rexistro de presos preventivos). As súas condicións de conservación son precarias, pero é un dos fondos máis demandados por investigadores de temas relacionados coa memoria histórica.

    Nunha época de profundas transformacións, unha das necesidades críticas que a pandemia puxo de manifesto é a urxencia de dixitalizar a sociedade. A documentación histórica do Arquivo Municipal tudense asi como as actas de sesión do Pleno e das Xuntas de Goberno (que tiveron diversos nomes ao longo do tempo) foron dixitalizadas gracias ao programa Arpad e están accesibles para todos os interesado na biblioteca dixital de Galicia, Galiciana http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15078.ag/es/consulta /registro.do?control=ADGD20160032604 , así como no portal Atopo da Deputación Provincial de Pontevedra: https://atopo.depo.gal/Search/Results?type=AllFields& filter[]=institution:Arquivo%20municipal%20de%20Tui e en breve prazo tamén na web do Concello de Tui.

    No último ano o Arquivo Municipal tudense ten continuado co seu labor de integración dos fondos documentais dos diversos servizos municipais ao tempo que da resposta, nun prazo cada vez mais reducido, ás máis de cincocentas consultas producidas tanto dende a propia Administración Municipal como por cidadáns que reclaman o acceso á documentación. Calquera cidadán pode solicitar aquela documentación que precisa, presentado on line a correspondente solicitude: http://www.tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui-impreso-solicitude-acceso-documentacion-arquivo-municipal.pdf

    Estes traballos están en total sintonía coa lema da campaña promovida polo Consello Internacional de Arquivos: "empoderar sociedades do coñecemento", un obxectivo ao que os arquivos deben chegar, segundo propón o citado Consello, por tres vías. En primeiro lugar, promovendo a Preservación Dixital e as Tecnoloxías Emerxentes no seu traballo. En segundo lugar, promovendo o coñecemento sustentable, alicerce fundamental para lograr o desenvolvemento sustentable e para protexer os nosos fondos documentais fronte ao cambio climático, o roubo ou o tráfico ilícito, á vez que para examinar o noso impacto na sociedade e no medio ambiente. Por último, na era dos "feitos alternativos", as noticias falsas, a desinformación e as ameazas á seguridade cibernética, os arquivos logran este obxectivo tamén ao garantir, grazas ás súas boas prácticas, fiabilidade e evidencia nos rexistros documentais, na información e nos datos que pon a disposición da sociedade.

    Ampliar contenido
  • O concello da Guarda traballa cos diferentes sectores para apoiar a recuperación económica na era post-Covid-19

    Fecha desde el 08 de Junio de 2020
    hasta el 11 de Junio de 2020

    Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

    Dende o comezo da desescala e co inicio da volta a nova normalidade, o Concello da Guarda ven de reunirse cos diferentes sectores comerciais e do tecido económico da vila  promovendo ademais accións de recuperación tralo Covid-19 para apoiar a economía e a reactivación turística da vila.

     

    Xa dende o inicio da pandemia, apoiouse ós diferentes sectores comerciais no reparto de material de protección para os traballadores e na difusión a través das redes sociais, de aqueles establecementos que ofertaban reparto a domicilio.

     

    Traballouse tamén durante o confinamento para que dende a semana pasada na Guarda arrancara o Marketplace www.mercanaguarda.com, que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.

     

    Tamén se teñen realizado accións e e traballado en diferentes medidas económicas, entre elas, a de posibilitar a ampliación de terrazas e a eliminación das taxas das mesmas no 2020.

     

    Para poder escoitar e valorar as diversas accións que se levarán a cabo durante este verán 2020 de cara ó turismo e a reactivación económica, o Concello da Guarda reuniuse co sector da Pastelería-Panadaría o pasado martes 12 de Maio. Nesta reunión, na  que estaban presentes a Técnica de Turismo, a Concelleira de Turismo e a Concelleira de Desenvolvemento Local, valorouse retomar a promoción do noso produto doce por excelencia, a Rosca de Xema da Guarda, creada no seo da Pastelería Montserrat no ano 1956.

     

    O día 3 de Xuño foi o día no que se reuniron Hostaleiros, Cafeterías e Bares, para poder valorar conxuntamente posibles accións enfocadas a un turismo de proximidade e foráneo, ademais de escoitar as súas demandas e dúbidas xeradas pola "nova normalidade". Así, nesta reunión, unha das iniciativas que xurdiron foi a de recibir asesoramento e formación para afrontar esta nova situación nos seus establecementos. Dita formación, será levada a cabo o próximo luns día 15 de xuño e todos os interesados nesta formación contarán con asesoramento durante o verán para resolver futuras dúbidas, ante a previsión de cambios na desescalada ou nova normalidade.

     

    Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

     

    Tal e como se anunciou a pasada semana, A Guarda contará tamén cunha comisión especial para a reactivación económica formada por representantes de diferentes sectores da vila, que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións apoiar aos negocios locais nestes duros momentos.

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido