Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Tomiño investe 100.000 euros en axudas a entidades sen fins de lucro, para actividades sociais, culturais e deportivas

    Fecha desde el 03 de Junio de 2020
    hasta el 03 de Julio de 2020

    Tras a crise sanitaria, reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano

    A partir de mañá, estará aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2020, actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais.

    As bases para optar ás axudas correspondentes ao exercizo 2020, foron publicadas no BOPPP do 16 de marzo pasado, pero os prazos suspendéronse como consecuencia da crise sanitaria, polo que reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello (www.tomino.gal ), ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

    As entidades de carácter social, cultural ou deportivo interesadas en optar á concesión das subvencións, deberán solicitalo mediante a presentación da seguinte documentación (dispoñible na Sede Electrónica):
    • Formulario 1: Impreso oficial de solicitude, que irá acompañado da documentación que nel se indica.
    • Formulario 2: Certificación do acordo de solicitude, nomeamento de representante para as relacións co Concello e número de persoas socias.
    • Formulario 3: Certificación dos datos bancarios da entidade (selado pola entidade bancaria).

    A través destas axudas, o Concello de Tomiño investirá 100.000 euros para apoiar e promover todas aquelas actividades que repercutan no desenvolvemento do municipio e que contribúan ao fomento dos intereses dos veciños e veciñas do municipio, en especial ao benestar social da cidadanía, á promoción da cultura e ao fomento do deporte.

    Axudas deportivas
    O goberno municipal destinará 45.000 euros a entidades sen fin de lucro e deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva, a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante todo o ano.

    Neste caso serán subvencionales os gastos federativos correspondentes á tempada, os gastos de arbitraxe, os de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas, os de mutualidades e seguros, os de material deportivo de carácter funxible ou de carácter inventariable e os gastos de equipamento e vestimenta deportiva. Cando a subvención sexa solicitada para deportistas individuais de Tomiño, estes terán que ser recoñecidos a nivel galego, estatal ou internacional.

    Subvencións culturais
    O Concello de Tomiño tamén destinará un orzamento de 40.000 euros a axudas municipais a entidades sen fins de lucro, para a realización de actividades culturais durante o ano 2020, co propósito de contribuír ao desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que fomenten os intereses xerais ou sectoriais da veciñanza, con especial atención á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais.

    As axudas neste eido estarán destinadas á realización de actividades das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, a actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; de promoción dos produtos agrícolas e gastronómicos da zona; recuperación de espazos naturais ou de lecer e outros proxectos de especial interese cultural e social.

    Porén, queda especificamente excluído o uso destas axudas para a adquisición, reparación ou mantemento de bens de inmobilizado, gastos correntes, celebración de festas parroquiais, etc. que non estean directamente vinculados á actividade obxecto da subvención; así como para saldos debedores das contas bancarias, de procedementos xudiciais, impostos, recargas e sancións administrativas.

    Actividades sociais
    O Concello destinará 15.000 euros para subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades que promovan o benestar social da cidadanía a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá dentro do ámbito dos Servizos Sociais durante o 2020.

    A través destas axudas o Concello pretende axudar a financiar os gastos de proxectos de atención á discapacidade e aos menores; apoio á dinámica familiar, voluntariado social, atención á toxicomanía, prevención de situacións de violencia intrafamiliar, promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, atención á inmigración e a minorías étnicas e outros proxectos de especial interese social nos que estea xustificada a financiación municipal.
    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro

    Fecha desde el 11 de Junio de 2020
    hasta el 30 de Septiembre de 2020

    Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.

    A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.
     
    As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.
     
    Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.
     
    A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.

    Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
    Ampliar contenido
  • A Biblioteca do Rosal reabre a zona de estudo en sala en mesas individuais

    Fecha desde el 11 de Junio de 2020
    hasta el 30 de Junio de 2020

    Entrará en funcionamento a partir deste xoves 11 de xuño e contará con acceso a internet a través da rede wifi

    A Biblioteca Pública do Rosal inclúe novas medidas nesta terceira fase de desescalada. Dende este xoves 11 de xuño reábrese a zona de estudo en sala con catro mesas individuais separadas para garantir a distancia mínima de seguridade entre as persoas usuarias que queiran facer uso do servizo. As persoas interesadas poderán acudir á sala de estudo pola mañá de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde no horario habitual da biblioteca.

    Para garantir todas as medidas de protección, todas as mesas serán de uso exclusivo para unha soa persoa e todas contarán con acceso a internet a través da rede wifi da Biblioteca. As mesas serán desinfectadas por persoal municipal despois de cada uso.

    Horario de verán

    O pasado 13 de maio a Biblioteca reactivou o servizo de préstamo de libros limitado a dous exemplares por persoa, xa que as medidas marcadas polas autoridades sanitarias obrigan a poñer en corentena un mínimo de 14 días todos os exemplares devoltos polos usuarios e usuarias.

    Como en calquera outra instalación municipal, todas as persoas usuarias deberán cumprir os protocolos de prevención establecidos, cunha única entrada habilitada pola porta lateral, sen poder buscar entre os libros que haxa nos estantes nin tocar nada e pedindo ao persoal municipal xéneros literarios ou títulos concretos, cuxa dispoñibilidade pode consultarse na plataforma da biblioteca.

    Lémbrase ademais a todos os usuarios e usuarias que a partir do vindeiro luns 15 de xuño a Biblioteca Municipal pasará a ter horario de verán:

    • Do 15 ao 30 de xuño de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.
    • Xullo e agosto de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.
    • Do 1 ao 15 de setembro de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.
    Ampliar contenido
  • Trans Miño-LGTBIQ+ organiza unha serie de actividades polo día orgullo LGTBIQ+ baixo o lema ?A Guarda é diversidade-

    Fecha desde el 26 de Junio de 2020
    hasta el 28 de Junio de 2020

    Dende a sección Trans Miño - LGTBIQ+ se elaborou unha serie de actividades programadas nos distintos concellos da Bisbarra do Baixo Miño

    Co lema A Guarda é Diversidade, dende a Sección Trans Miño LGTBIQ+ se están planificando unha serie de actividades para a conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ nos distintos concellos da Bisbarra do Baixo Miño. A actividade máis forte será a lectura do manifesto que terá como 1º lema "Traballando pola Diversidade" lema escollido pola sección Trans Miño LGTBIQ+, indicando a cantidade de traballo que queda facer cara a obter unha poboación diversa, onde non sexas sinalado por ter unha forma non heteronormalizada de amar, por pertencer a outros colectivos, o incluso por non ter as mesmas capacidades.

    O Día internacional do Orgullo LGTBIQ+ se inicio en  disturbios de Stonewall (Nueva York, Estados Unidos) de 1969, que marcaron el inicio del movemento de liberación homosexual. Sendo en 1970 cando se crea de forma clandestina o Movemento Español pola Liberación Homosexual (MELH).

    Dende a sección Trans Miño - LGTBIQ+ se elaborou unha serie de actividades programadas nos distintos concellos da Bisbarra do Baixo Miño establecendo as seguintes actividades   

    LUGAR

    DIAS E HORAS

    ACTIVIDADE

     

     

    Concellos da Comarca do Baixo Miño

    Cando sexan os plenarios dos distintos concellos, xa manteremos a información de como se desenrolou esta iniciativa

    Solicitude de adhesión os distintos Concello da Comarca o manifesto, esta actividade se levara acabo nos distintos plenarios dos concellos

    Concello da Guarda

    26 de Xuño as 12:00

    Lectura do manifesto "Traballando pola Diversidade"

    28 de Xuño

    Decoración de distintos monumentos no concello da Guarda.

     

    Sendo a primeira vez que se teña coñecemento, que se elaboran actividades promovidas por unha asociación, o sección de asociación LGTBIQ+, fora da actividade de colocación no balcón do concello da bandeira LGTBIQ+.

    Dende Asc. Trans Miño queremos por en normalidade este día de reivindicación, a través dunhas iniciativas de normalización, que aveces os concellos non entenden o planifican as costas das asociacións, gastando o diñeiro público tendo a oportunidade de facer outras actividades máis vistosas a coste cero para as arcas municipais.

    Ampliar contenido
  • Últimos días para inscribirse nos cursos de deporte en familia, que comezan en xullo na fortaleza de Goián e no parque da Feira de Tomiño

    Fecha desde el 26 de Junio de 2020
    hasta el 30 de Junio de 2020

    A OMIX informa que están abertas as inscricións para todas as actividades na páxina web municipal

    A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) lembra que están abertas as inscricións para os cursos de deportes de verán (Hip hop, Danza en Familia, Zumba en Familia, Ioga para adultos e para bebés e Mindfulness en Familia) organizados polo Concello e que comezan o vindeiro 1 de xullo, de forma simultánea , na fortaleza de Goián e no parque da Feira (O Seixo).

     

    A inscrición a estas actividades, pode realizarse de xeito individual ou en grupo (de familiares, amigos, amigas, etc.), entrando no seguinte enlace da páxina web municipal: https://tomino.gal/programacion-de-veran-en-familia-2020/.

     

    HIP HOP: dirixido a persoas de 12 anos en adiante; as clases estarán baseadas na improvisación, que permite unha comunicación libre e unha forma de expresión e desafogo emocional. O alumnado recibirá as ferramentas técnicas, vocabulario e formas de movemento que lle permita coñecer o estilo e adaptalo ao seu corpo.

    A OMIX oferta dous cursos de 9 horas de duración; un en Goián (Fortaleza de San Lourenzo) e outro en Tomiño núcleo urbano (parque da Feira) cunha frecuencia dunha hora á semana.  En Goián, as clases serán os luns de 10.00 a 11.00 horas, e en Tomiño, o mesmo día de 11.30 a 12.30 horas. O prezo é de 5 € por persoa ao mes.

    DANZA EN FAMILIA: admitiranse crianzas a partir dos 3 anos acompañados dos seus pais ou familiares. Nesta actividade, xogarase cos corpos a través de ferramentas que proveñen do "partnering" onde se entra en contacto para moverse, e axudarse a crear figuras etc.

    Ofértanse tamén dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira). Duración: unha hora semanal. Horario de Goián, mércores de 9.30h a 10.30h, e en Tomiño venres de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

     

    KUNDALINI IOGA: destinado a persoas adultas (a partir de 12 anos). A práctica do ioga ten múltiples beneficios e axuda a mellorar a saúde física, mental e emocional, a través da respiración, posturas físicas, meditación e relaxamento.

    Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, venres de 10.30h a 11.30h, e en Tomiño mércores de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

     

    ZUMBA EN FAMILIA.

    É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia. A zumba consiste nun exercicio aeróbico onde se combinan os ritmos latinos básicos como merengue, salsa, cumbia etc. O obxectivo principal é facer exercicio dun xeito divertido.

    Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 9.30h a 10.30h, en Tomiño xoves de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

     

    PILATES EN FAMILIA.

    É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia.

    Disciplina dirixida a fortalecer e alongar a columna e activar o abdome traballando conxuntamente co resto do corpo.

    Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 10.30h a 11.30h, en Tomiño xoves de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

     

    IOGA PARA BEBÉS.

    Impartido por unha profesional con ampla formación e experiencia na materia. O ioga para bebés é un hábito saudable que favorece a relaxación, o benestar físico e a conexión emocional entre bebés e proxenitores.

    Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, xoves de 11h a 12h, en Tomiño martes de 11h a 12h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).

     

    MINDFULNESS E IOGA FAMILIAR.

    As persoas interesadas poden inscribirse de xeito individual ou en familia (a partir de 3 anos). Van traballarse técnicas de respiración, posturas de ioga e movemento corporal e relaxación. O obxectivo principal é traballar fisica, mental e emocionalmente.

    Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. Inicio: xullo. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 12.30h a 13.30h, en Tomiño xoves de 12.30h a 13.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido