Agenda
O Son do Camiño medrará por riba dos 100.000 asistentes cun cartel de éxitos internacionais e máis música galega que nunca
Fecha desde el 18 de Junio de 2020
hasta el 20 de Junio de 2020O Monte do Gozo volverá a converter a Galicia en referente musical os días 18, 19 e 20 de xuño con artistas que superan os 35 billóns de escoitas en internet
Ampliar contenidoO conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, xunto coas empresas organizadores de O Son do Camiño, presentou hoxe a terceira edición deste festival, a gran cita musical coa que a Xunta promove o Xacobeo 2021 e que, un ano máis, congregará a artistas de primeiro nivel no Monte do Gozo. Este evento, que se celebrará os días 18,19 e 20 de xuño, volverá situar Galicia como un referente do turismo de festivais da man dunha decena de bandas de renome internacional, que suman 12 premios Grammy, e dunha quincena de artistas e bandas da nosa Comunidade que converterán esta edición na máis galega da historia do evento.Tras o éxito acadado nas súas primeiras edicións, con preto de 97.000 asistentes e máis dunha vintena de recoñecementos, O Son do Camiño estará protagonizado este ano por nomes como The National, The Chemical Brothers, Bad Bunny, Liam Gallagher, Jason Derulo, DJ Snake, Foals, Daddy Yankee, Armin Van Burren, Editors, Timmy Trumpet, Kase.O e Natos y Waor, entre outros. Así o deron a coñecer o titular de Cultura do Goberno galego e as empresas organizadoras do festival, representadas por Carlos Rodríguez, de Esmerarte Industrias Creativas, e Iván Méndez, de Bring The Noise, nunha rolda de prensa na Cidade da Cultura que contou coas actuacións de Xoel López e de Budiño. Igualmente participou Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia.
O 88% presentará o seu último traballo
Román Rodríguez subliñou durante a súa intervención a relevancia dos artistas que acudirán a esta terceira edición do festival, xa que moitos deles foron cabezas de cartel nalgúns dos festivais e eventos máis importantes do mundo como a Super Bowl, o festival Coachella ou LollaPalooza, así como nas principais citas musicais a nivel nacional.Do mesmo xeito, contan con algúns dos premios máis prestixiosos da industria musical, sumando ata 12 premios Grammy, e a meirande parte deles -en concreto un 88%- chega a esta cita presentando os seus últimos traballos, o que converte O Son do Camiño nun evento ligado ao panorama musical máis actual. De feito, os interpretes do festival suman máis de 35 billóns de escoitas nas principais plataformas de streaming e preto de 100 millóns de seguidores nas redes sociais, o que amosa a súa capacidade de mobilización.
Do mesmo xeito, o conselleiro resaltou o protagonismo das bandas e artistas da nosa Comunidade, con ata 15 actuacións de interpretes como Xoel López, Guadi Galego, Triángulo de Amor Bizarro, Presumido, Budiño, Escuchando Elefantes ou Cora Velasco. Neste sentido, recalcou que a cita contribuirá a difusión de Galicia e do talento local.
Venda de abonos o 10 de marzo
O cartel complétase cunha ampla variedade de artistas como Lola Índigo, Miss Cafeína, Carolina Durante, Rayden, The Killer Barbies, Sen Senra, Adriana Proenza, Furious Monkey House, Pablo Lesuit, Boyanka Kostova, Woyza, Kings of the Beach, Tigre y Diamante, Oddliquor, Inmir, Carolina Rubirosa, Les Castizos, Cha chá Soundsystem e Natalia Ferviú. "Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago, este festival convoca a xente de todas as idades, nacionalidades e preferencias", subliñou o conselleiro.Segundo informaron os organizadores, os abonos poranse á venda a partir do vindeiro martes 10 de marzo na web oficial do festival e en eventbrite.es, as canles autorizadas. Sairán á venda cun prezo especial de lanzamento de 59 euros máis gastos de xestión.
Máis aloxamento e servizos
A Xunta mantén a súa aposta por este evento, que nas súas dúas primeiras edicións contou cunha gran acollida do público, ao esgotar abonos e entradas en tan só unhas horas, converténdose no sold out máis rápido de toda España. Do mesmo xeito, O Son do Camiño trouxo consigo un importante retorno económico, superior aos 14 millóns de euros e xerando máis de 900 postos de traballo directos e indirectos e un 100% de ocupación hoteleira durante as tres xornadas grazas á chegada de viaxeiros de todo o mundo. En concreto, o 59% dos asistentes procederon de fóra de Galicia, duns 45 países de todo o mundo.No caso da última edición, agárdase superar os 100.000 asistentes tras a ampliación do aforo do Monte do Gozo, que se está acometendo nestes momentos xunto ao plan de seguridade. O festival conta neste 2020 con tres escenarios, un máis que o ano pasado, un área de restauración e cámping con capacidade para 4.000 persoas. Ademais, por primeira vez estará operativo o renovado recinto de aloxamento xestionado por Carrís Hoteis.
Unha vintena de recoñecementos
Esta terceira edición afondará en valores como a sustentabilidade, a igualdade e a inclusión a través de diferentes accións que se desenvolverá no marco da celebración.Tal e como salientou o responsable de Cultura e Turismo, con só dúas edicións en marcha O Son do Camiño constitúe unha proposta musical consolidada, única e interxeneracional que recibiu máis dunha vintena de premios e nominacións. Por iso, amosou a súa confianza nun novo éxito a través da combinación de recoñecidos artistas internacionais con algúns dos interpretes galegos de maior éxito actual e outras bandas máis emerxentes.
A Omix da Guarda oferta novos cursos en formato de teleformación
Fecha desde el 29 de Mayo de 2020
hasta el 22 de Junio de 2020Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información só terás que poñerte en contacto coa OMIX a través do teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
Ampliar contenidoDende a OMIX do Concello da Guarda ofertamos dúas propostas formativas adaptadas a esta nova realidade que estamos vivindo, tendo isto en conta tanto na temática como no formato, tratando de facilitar ao máximo o acceso a mesma. Así os dous cursos serán impartidos por teleformación, así dende calquera lugar cun ordenador e conexión a internet, poderás levalos a cabo.Estas dúas primeiras propostas son:
-Ferramentas dixitais de teletraballo, Ferramentas Google suite.
O principal obxectivo do curso será proporcionar ferramentas para manexar e coñecer as funcionalidades de Google Suite: Gmail, Calendar, Chat, Hangout, cales son e como funcionan? Documentos, follas de cálculo, formularios, presentacións, almacenamento, pizarra dixital, libreta de notas etc.
Esta proposta desenvolverase os días 15 e 17 de xuño de 12 a 13 horas.- Redes sociais na procura de emprego: profesionaliza o teu perfil
Esta segunda proposta desenvolverase os días 22, 24 e 29 de xuño de 12 a 13 horas
En cada unha das xornadas analizaranse as tres redes sociais que se utilizan ou que teñen máis impacto : Primeira xornada: Coñecer o que me aporta Facebook para o meu perfil profesional: Reputación dixital, ferramentas, contidos, perfil profesional, perfil personal .
Instagram: razóns polas que debes estar, razóns polas que están as empresas en instagram, razóns pola que é a rede que máis crece... e por último Linkedin: como alternativa aos currículums, desenvolver un perfil en Linkedin axeitado,procura de emprego, networking...Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información só terás que poñerte en contacto coa OMIX a través do teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
Derradeira sesión do Cinema de Muller este venres na Guarda
Fecha desde el 12 de Junio de 2020
hasta el 19 de Junio de 2020O Concello da Guarda retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.Programa de Cinema da Muller
O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 de xuño e 19 de xuño, todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00h e posterior proxección ás 21:00h.
O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase "As Lindas" de Melisa Liebenthal.
As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.
¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw
Para rematar este ciclo o venres día 19 de xuño de 2020 proxectarase "Histeria" de Tanya Wexler.Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar "convulsións paroxísticas" que na verdade eran orgasmos.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8
Medidas de saúde e hixiene ante o Covid-19
• Aforo máximo do local: 50 persoas en butacas separadas e numeradas
• Diferenciación de accesos e saídas
• Recomendamos reserva previa no 986 61 0000 ext.5(en horario de 9:00h a 14:30h ou en cultura@aguarda.es
• Desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarios
Tomiño investe 100.000 euros en axudas a entidades sen fins de lucro, para actividades sociais, culturais e deportivas
Fecha desde el 03 de Junio de 2020
hasta el 03 de Julio de 2020Tras a crise sanitaria, reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano
Ampliar contenidoA partir de mañá, estará aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2020, actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais.
As bases para optar ás axudas correspondentes ao exercizo 2020, foron publicadas no BOPPP do 16 de marzo pasado, pero os prazos suspendéronse como consecuencia da crise sanitaria, polo que reinícianse os prazos para a presentacion de solicitudes a partir de mañá, 3 de xuño, e até o 3 de xullo deste ano.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello (www.tomino.gal ), ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As entidades de carácter social, cultural ou deportivo interesadas en optar á concesión das subvencións, deberán solicitalo mediante a presentación da seguinte documentación (dispoñible na Sede Electrónica):
• Formulario 1: Impreso oficial de solicitude, que irá acompañado da documentación que nel se indica.
• Formulario 2: Certificación do acordo de solicitude, nomeamento de representante para as relacións co Concello e número de persoas socias.
• Formulario 3: Certificación dos datos bancarios da entidade (selado pola entidade bancaria).
A través destas axudas, o Concello de Tomiño investirá 100.000 euros para apoiar e promover todas aquelas actividades que repercutan no desenvolvemento do municipio e que contribúan ao fomento dos intereses dos veciños e veciñas do municipio, en especial ao benestar social da cidadanía, á promoción da cultura e ao fomento do deporte.
Axudas deportivas
O goberno municipal destinará 45.000 euros a entidades sen fin de lucro e deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva, a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante todo o ano.
Neste caso serán subvencionales os gastos federativos correspondentes á tempada, os gastos de arbitraxe, os de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas, os de mutualidades e seguros, os de material deportivo de carácter funxible ou de carácter inventariable e os gastos de equipamento e vestimenta deportiva. Cando a subvención sexa solicitada para deportistas individuais de Tomiño, estes terán que ser recoñecidos a nivel galego, estatal ou internacional.
Subvencións culturais
O Concello de Tomiño tamén destinará un orzamento de 40.000 euros a axudas municipais a entidades sen fins de lucro, para a realización de actividades culturais durante o ano 2020, co propósito de contribuír ao desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que fomenten os intereses xerais ou sectoriais da veciñanza, con especial atención á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais.
As axudas neste eido estarán destinadas á realización de actividades das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, a actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; de promoción dos produtos agrícolas e gastronómicos da zona; recuperación de espazos naturais ou de lecer e outros proxectos de especial interese cultural e social.
Porén, queda especificamente excluído o uso destas axudas para a adquisición, reparación ou mantemento de bens de inmobilizado, gastos correntes, celebración de festas parroquiais, etc. que non estean directamente vinculados á actividade obxecto da subvención; así como para saldos debedores das contas bancarias, de procedementos xudiciais, impostos, recargas e sancións administrativas.
Actividades sociais
O Concello destinará 15.000 euros para subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades que promovan o benestar social da cidadanía a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá dentro do ámbito dos Servizos Sociais durante o 2020.
A través destas axudas o Concello pretende axudar a financiar os gastos de proxectos de atención á discapacidade e aos menores; apoio á dinámica familiar, voluntariado social, atención á toxicomanía, prevención de situacións de violencia intrafamiliar, promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, atención á inmigración e a minorías étnicas e outros proxectos de especial interese social nos que estea xustificada a financiación municipal.
-Dá Nova Vida à tua t-shirt: desafio online até 20 de junho em Cerveira
Fecha desde el 06 de Junio de 2020
hasta el 20 de Junio de 2020O desafio pretende transformar t-shirts que já não tenham uso, em sacos ecológicos, originais e úteis que podem ser utilizados na praia, nos passeios das férias, nas compras, no regresso à escola ...
Ampliar contenidoCom o slogan "Reutilizar com criatividade! Reduzir o consumo de plásticos!", o projeto Onda Verde no Vale do Minho incentiva todos os alunos do 6º ano de escolaridade dos concelhos do Vale do Minho a participar no desafio "Dá Nova Vida à tua t-shirt". Propostas devem ser enviadas por email até 20 de junho, havendo prémios individuais para os três melhores trabalhos e um especial para a melhor apresentação coletiva.
Esta ação tem como objetivo aumentar a consciencialização para a problemática do consumo excessivo de plásticos, explorar com criatividade as alternativas sustentáveis, promover a reutilização e separação de materiais e passar a mensagem à nossa comunidade. O desafio pretende transformar t-shirts que já não tenham uso, em sacos ecológicos, originais e úteis que podem ser utilizados na praia, nos passeios das férias, nas compras, no regresso à escola ...
Assim, com a ajuda dos professores ou em ambiente familiar, os alunos participantes devem criar um saco personalizado a partir de uma t-shirt usada, escrevendo uma mensagem em torno dos 5R´s: repensar, reduzir, reutilizar, recuperar, reciclar. Concluído o trabalho, é só tirar uma fotografia e enviar até 20 de junho, com nome, turma e escola, para o correio eletrónico ondaverdevaleminho@gmail.com
Os prémios são atribuídos aos alunos que completem com sucesso este desafio, sendo que o 1º prémio corresponde a um Programa Multiatividades em Família (Arvorismo + Rapel + Escalada + Slide - Montes de Laboreiro); o 2º prémio garante uns auscultadores sem fios; e o 3º prémio, um vale para material escolar. O prémio especial de turma mais ecológica é uma atividade de barco no rio Minho, com o Aquamuseu do rio Minho.
Quem aceita este desafio? Cada um de nós tem um papel muito importante na transmissão de uma mensagem positiva! Todas as instruções e modelos de cortes estão disponíveis no site (http://www.ondaverdevaledominho.pt/pages/708 )
De sublinhar que é o Município de Vila Nova de Cerveira, através do Aquamuseu do rio Minho, que está a liderar o projeto Onda Verde no Vale do Minho, no âmbito dos resíduos sólidos urbanos, com financiamento do POSEUR, envolvendo as comunidades, especialmente escolares, de Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Ampliar contenidoA Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.
Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
A Biblioteca do Rosal reabre a zona de estudo en sala en mesas individuais
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 30 de Junio de 2020Entrará en funcionamento a partir deste xoves 11 de xuño e contará con acceso a internet a través da rede wifi
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública do Rosal inclúe novas medidas nesta terceira fase de desescalada. Dende este xoves 11 de xuño reábrese a zona de estudo en sala con catro mesas individuais separadas para garantir a distancia mínima de seguridade entre as persoas usuarias que queiran facer uso do servizo. As persoas interesadas poderán acudir á sala de estudo pola mañá de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde no horario habitual da biblioteca.
Para garantir todas as medidas de protección, todas as mesas serán de uso exclusivo para unha soa persoa e todas contarán con acceso a internet a través da rede wifi da Biblioteca. As mesas serán desinfectadas por persoal municipal despois de cada uso.
Horario de verán
O pasado 13 de maio a Biblioteca reactivou o servizo de préstamo de libros limitado a dous exemplares por persoa, xa que as medidas marcadas polas autoridades sanitarias obrigan a poñer en corentena un mínimo de 14 días todos os exemplares devoltos polos usuarios e usuarias.
Como en calquera outra instalación municipal, todas as persoas usuarias deberán cumprir os protocolos de prevención establecidos, cunha única entrada habilitada pola porta lateral, sen poder buscar entre os libros que haxa nos estantes nin tocar nada e pedindo ao persoal municipal xéneros literarios ou títulos concretos, cuxa dispoñibilidade pode consultarse na plataforma da biblioteca.
Lémbrase ademais a todos os usuarios e usuarias que a partir do vindeiro luns 15 de xuño a Biblioteca Municipal pasará a ter horario de verán:
• Do 15 ao 30 de xuño de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.
• Xullo e agosto de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.
• Do 1 ao 15 de setembro de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.
-A Guarda Diversa- Iniciativa que pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións online
Fecha desde el 15 de Junio de 2020
hasta el 27 de Junio de 2020Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, pon en marcha este ano o proxecto "A Guarda Diversa", de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar nas redes sociais e de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.
Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais, dirixidos e coordinados por Sara Uris, nos que se contará coas experiencias de persoas moi vinculadas a este colectivo e que amosarán, dun xeito ameno e de proximidade, como é a realidade do colectivo LGTBIQ+ dende diferentes puntos de vista. Os directos realizaranse ás 19:30h, dende o perfil de Instagram de Transformando Realidades (@transformando.realidades)
Calendario:
- 15 de xuño: A realidade LGTBIQ+. Da teoría á rúa. Por María Torre: Periodista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas. Falaremos de como vivir sendo parte da comunidade LGTBIQ+ dende unha perspectiva práctica e real. Se pensabades que xa o tiñamos todo logrado, esperade a coñecer como é en realidade.
- 17 de xuño: Orgullos e espazos LGTBI. Por Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz: Doctor en antropoloxía e investigador, autor de "Bifobia" e de "Cuando muera Chueca", entre outros. Falaremos sobre diferentes espazos LGTBIQ+ e sobre o papel dos Orgullos, relacionando as grandes cidades e os municipios pequenos.
- 18 de xuño: Formando unha familia. As expectativas da crianza. Por Soledad Fernández: Presidenta de Chrysallis Galicia. Falaremos sobre a influencia das normas e estándares da sociedade nas expectativas da crianza.
- 22 de xuño: Son unha nena Trans, nin travesti, nin transformer. Por Alejandra e Pili: Familia TransOrgullosa. Falaremos das vivencias e experiencias dunha familia chea de cor.
- 25 de xuño: A realidade trans. Por Ada Otero: Licenciada en Dereito, Coordinadora do CIDES e activista LGTBIQ+. Falaremos do camiño e descubrimento dunha persoa trans, así coma das trabas que lle obrigan a converterse en "experta de todo".
- 26 de xuño: Contacontos Con Tango son tres. Impartido por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, profesora de Educación Infantil, especialista en Xénero e Igualdade. Coa colaboración de Andrés Laguna.
- 27 de xuño. Obradoiro infantil realizado por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, coa colaboración de Maite Neves. Manualidades para toda a familia, facendo un guiño a festividade do Orgullo LGTBIQ+.
Entre as accións programadas e en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal da Guarda, publicaranse en redes sociais diferentes informacións sobre libros e lecturas recomendadas sobre a temática LGTBIQ+.
Abierto el plazo de presentación al concurso de la cafetería del Club de Tenis Codesal.
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 26 de Junio de 2020La convocatoria está abierta hasta el próximo 26 de Junio. La convocatoria está abierta hasta el próximo 26 de Junio.
Ampliar contenidoAbierto el plazo de presentación al concurso de la cafetería del Club de Tenis Codesal. Gran local, sin coste de alquiler y con muy buenas condiciones.El local cuenta con comedor, cafetería y una gran terraza con vistas al río Miño.Aprovecha esta oportunidad de gestionar un local con muchas posibilidades.La convocatoria está abierta hasta el próximo 26 de Junio.Todos los interesados pueden consultar las bases en www.ctcodesal.com ó ponerse en contacto con el club a través del teléfono 691552399 Y del correo electrónico codesal@ctcodesal.com para más detalles e información.
O concello da Guarda convida a cidadanía a decidir sobre a humanización do entorno da Igrexa Parroquial
Fecha desde el 16 de Junio de 2020
hasta el 19 de Junio de 2020O proceso estará aberto dende o martes, día 16 de xuño as 9:00 h, ata o venres, día 19 ás 13:00 h, en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:00)
Ampliar contenidoO equipo de goberno do concello da Guarda na súa liña de humanizar espazos da vila ten previsto eliminar o estacionamento de vehículos do entorno da igrexa Parroquial e dotar este espazo de mobiliario para recuperalo para as persoas.
O mobiliario permitirá a circulación de vehículos e servirá de protección aos peóns, pero en ningún caso deixará espazos para o estacionamento salvo a reserva dunha praza para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.
Con esta idea, dende o concello, encargouse á arquitecta da localidade, Ana Lima, que fixera dúas propostas diferentes para que fora a propia cidadanía a que seleccionara a que mais lle gustara.
Chegado este punto o concello fai públicas as propostas a través de internet e mediante dous paneis no propio edificio municipal para que aquelas persoas que queiran participar na decisión, se acheguen a expresar a súa opinión nunha urna que estará emprazada no posto de información do novo concello.
Poderán participar na votación os maiores de 16 anos empadroados na Guarda. Para exercer o dereito ao voto deberán facelo coa presentación do DNI. O proceso estará aberto dende o martes, día 16 de xuño as 9:00 h, ata o venres, día 19 ás 13:00 h, en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:00). O resultado da votación farase público o luns día 22 de xuño.
O mercado dos xoves regresa este xoves a Tui nunha nova ubicación para garantir as medidas de seguridade
Fecha desde el 18 de Junio de 2020
hasta el 18 de Junio de 2020Celebrarase na zona de Camfran cun único acceso e saída, e marcando o sentido do tránsito
Ampliar contenidoDende o xoves, 18 de xuño, volverá celebrarse o mercado semanal dos xoves en Tui. Para cumprir coas medidas sanitarias derivadas da actual situación dende o Concello decidiuse o cambio de emprazamento do mercado cara á zona de Camfran, entre a prolongación de Casal Aboy e a Avenida de Concordia, cunha superficie de case 15 mil metros cadrados.
O Concello está a realizar obras de mellora e acondicionamento no recinto, consistentes no acondicionamento e homoxeneización do espazo, o que redundará nun espazo máis seguro ante a actual situación.
Nas últimas semanas traballouse cos servizos técnicos municipais sobre un plano para recolocar aos 160 postos de maneira que se poida garantir, nesta nova normalidade, a seguridade dos vendedores ambulantes e a da cidadanía en xeral, xerando maior espazo para as persoas.
Os accesos estarán controlados por persoal habilitado para velar polo aforamento do recinto. Establécese un sentido único de tránsito con percorridos separados por valos e cinta, coa finalidade de evitar aglomeracións.
No acceso ao mercadillo o Concello porá a disposición da cidadanía un dispensador de hidroxel de uso obrigatorio e carteis informativos sobre as normas de hixiene. No recinto do mercado tanto os vendedores coma os compradores deberán levar máscaras e a manter unha distancia mínima de dous metros
Os postos deberán gardar unha separación de 6 metros con respecto ao posto situado enfronte e 2 metros co lateral. Cada posto debe contar con dispositivos para residuos e con bolsa que permitan o seu peche estanco. Os postos deben ser desinfectados e limpados con frecuencia, tendo en conta as superficies tocadas, e seguindo as instrucións de limpeza e desinfección ditadas para facer fronte á pandemia do coronavirus. Quedará prohibido tocar os alimentos ou produtos, de modo que exclusivamente poderán ser manipulados polos vendedores. No caso dos postos de téxtil ademais deberán utilizar un desinfectante téxtil ou pór as pezas probadas en corentena. Recoméndase tocar as pezas o menos posible.
A Policía Local e Protección Civil encargaranse de garantir o cumprimento das medidas de prevención establecidas.
A concelleira de Mercado e Comercio, Ana Núñez, explica que “desde que se anunciou a entrada na Fase 1 veuse traballando, en colaboración cos representante dos vendedores ambulantes na localidade, para analizar a volta a esta actividade do 100% dos vendedores e establecer así mesmo un protocolo para renovar o mercadillo, de forma que se garantan en todo momento as medidas de seguridade, hixiénicas e sanitarias que protexan tanto a vendedores como a compradores”.
Esta nova realidade, engade, chega cun cambio de localización á área de Camfran da totalidade dos postos que teñen a súa renovación ao día debido "á imposibilidade de garantir as medidas de seguridade e distancia social na localización habitual do Paseo da Corredoira, da Praza de Galicia, e das rúas Lugo, Mondoñedo e Compostela”.
O mercadillo de Tui conta cun total de 160 postos, polo que o volume de ocupación é moi extenso e apenas queda marxe para gardar as medidas de seguridade establecidas por decreto, apunta a edil. Remata sinalando que “queremos que o mercadillo se realice coas máximas garantías de seguridade e de saúde para os nosos veciños e visitantes”.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
