Agenda
Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Ampliar contenidoA Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.
Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Este martes inaugúrase en Tui a exposición antolóxica de Darío Álvarez Gándara -Amenceu outra vez-
Fecha desde el 30 de Junio de 2020
hasta el 08 de Agosto de 2020A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores e estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto
Ampliar contenidoO martes, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da exposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015) "Amenceu outra vez". Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.
Darío Álvarez Gándara forma parte da terceira xeración de médicos tudenses, iniciada polo seu avó Darío Álvarez Limeses e continuada polo seu pai, Darío Álvarez Blázquez; unha familia entrañablemente vinculada á cidade de Tui ao longo do último século.
A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores que ofrecen aos visitantes unha perspectiva completa da obra de inspiración surrealista que, ao longo da súa vida, foi elaborando o cardiólogo tudense.
A mostra comisariada polos seus fillos Carlota e Darío Álvarez Basso estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto.
Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a celebración desta exposición permitirá aos tudenses achegarse á obra de Darío Álvarez Gándara dotada dunha grande sensibilidade e capacidade de comunicación.BIOGRAFIA DE DARÍO ÁLVAREZ GÁNDARA
(Tui, 1936-Nigrán, 2015)Darío Álvarez Gándara, naceu en Tui (Galicia) en 1936. Fillo do médico tudense Darío Álvarez Blázquez e da tamén tudense Carmen Gándara Fernández, nace en Tui no seo dunha familia de médicos, escritores e intelectuais presente en numerosos feitos da vida social, cultural e política da cultura galega.
Desde moi pequeno, tivo unha dura infancia sementada de doenzas (tuberculose ósea nun pé), difteria nun ollo e un grave episodio de quirófano. Quizais daqueles duros anos naceu a súa enorme arela de vivir.
Logo da Guerra civil, en 1942, a familia Álvarez Blázquez trasladouse para vivir en Vigo, distanciándose do escenario do fusilamento de seu pai, o tamén médico, Darío Álvarez Limeses, que ocorrera o 30 de outubro do 1936.
En Vigo, estudou no colexio Mezquita e no instituto Santa Irene. Comezou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela. Pouco despois, coñece á que será a súa muller, a venezolana Gisela Álvarez Basso; logo de casar en 1959, pasan a vivir en Caracas, graduándose na Universidade Central de Caracas, en 1963. Nese ano, trasládase a Madrid, pasando por México, para realizar a especialización en cardioloxía, en México coa Dra. Victoria de la Cruz, que completa en Madrid, con Gómez Barros e co eminente cardiólogo Pedro Zarco. Unha vez concluída a especialidade, regresou a exercer como cardiólogo no Hospital Vargas de Caracas. Viviu en Venezuela case 11 anos.
En 1969, volveu a vivir en Vigo, definitivamente, con toda a súa familia, onde desenvolveu a súa profesión e foron criados os seus fillos, María Gisela (na sanidade pública), Carmen Cristina (no Banco Interamericano de Desarrollo en Washington), Carlota Inés (xestora cultural de renome) e o pintor Darío Álvarez Basso.
Regresado a España, comezou a traballar como médico. En 1975, gañou por oposición praza de médico adxunto, especialista en corazón e pulmón no Servizo de Medicina Interna do H. Xeral de Vigo onde traballou ata o ano 2000. No dito hospital creou o Servizo de Hospitalización Domiciliaria. Foi presidente da Sociedad Gallega de Cardiología e vicepresidente do Colexio Médico de Pontevedra.
Darío foi un excelente pintor; era esta a súa verdadeira paixón: "A pintura non é para min un hobby... é unha necesidade vital". Nos seus primeiros anos, o seu estilo pictórico pode estar cerca do impresionismo, inda que logo se internou no simbolismo e no surrealismo, liñas que non abandonará. Grava en linóleo, utiliza acuarela, témpera, acrílico, ceras, óleo... Pinta paisaxes, retratos, figuras...Nunca expuxo en vida pero participou con obra en dúas exposicións colectivas no Hospital Xeral de Vigo. En 1999, gañou o primeiro premio no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Tamén tivo un forte compromiso político con Galicia. En 1963, integrouse no Consello da Mocidade e logo foi cofundador do Movemento Socialista de Galicia, que se incorporou ao Partido Socialista Galego en 1976. O seu compromiso coa loita política partidaria durou desde 1958 ata xuño de 1977.
Unha vez xubilado, lanzouse a escribir "por lealdade filial", seguindo o camiño trazado polo seu pai, publicando en Edicións do Cumio dúas novelas policiais en galego cuxo protagonista era o "Doutor Lázaro Evia" (que fora o pseudónimo do seu pai para aquel xénero): "Sireno" 1993 e "O fracaso de Lázaro Evia" 1996. En castelán publicou en Amazon "El Crimen Póstumo del General Franco" (2015).
Autor de múltiples artigos de opinión publicados na prensa local, foi colaborador habitual durante varios anos do xornal "Atlántico Diario", onde inseriu preto de 1.000 "Manchetas" satíricas baixo o pseudónimo de "Donda". O conto titulado "El Interventor" gañou en 1993 un accésit outorgado pola revista "Previsión Sanitaria Nacional".
Darío Álvarez Gándara deixou un profundo calco de bonhomía, un grande recoñecemento como cardiólogo, tanto na medicina privada como na pública, e unha lembranza de simpatía e creatividade sen límites.
Reapertura del MASAT y el Museo del Mar de A Guarda
Fecha desde el 04 de Julio de 2020
hasta el 30 de Agosto de 2020Con la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.
Ampliar contenidoCon la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.Museo Arqueológico Santa Trega (MASAT)
El Museo Arqueológico de Sta. Trega (MASAT) ocupa el edificio diseñado como restaurante por el arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular la Sociedad pro Monte compra y adapta el inmueble inaugurado como Museo en 1953 y en el que se depositaron los materiales almacenados hasta ese momento en un céntrico local de A Guarda. Ofrece el MASAT una completa colección de labras y esvásticas, de monedas romanas, de objetos cerámicos, vidrio... y como piezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas y el "cabezón do Trega", el hallazgo más emblemático de las excavaciones realizadas recientemente.
El horario de apertura es de martes a domingo de 9.00h a 20.30h en los meses de julio y agosto.
La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y 0,5€ para menores de 14 años.
Museo del Mar
El Museo del Mar se encuentra en el Puerto de A Guarda, en una atalaya al final del paseo marítimo y cuenta con dos colecciones: una etnográfica con una muestra de las antiguas artes de pesca y sus aparejos y otra malacológica, con una selección de conchas de mar procedentes de todo el mundo.
Una parte del patrimonio inmaterial está recogido en vídeos editados por el Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" y "Tesouros vivos".
Taxas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 años
•Gratuito el primer sábado de cada mes y el Día de los Museos (18 de mayo).El horario de verano hasta el 15 de septiembre, será de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h los sábados, domingos y festivos.
Verano cargado de actividades para todas las edades en A Guarda
Fecha desde el 14 de Julio de 2020
hasta el 31 de Agosto de 2020El Ayuntamiento destaca la realización de actividades seguras, manteniendo las medidas de higiene y seguridad vigentes en cada momento, estableciendo las citas e inscripciones previas para evitar aglomeraciones.
Ampliar contenidoEl Ayuntamiento de A Guarda viene de publicar el calendario de actividades recogido en la Agenda de Verano 2020 y en la que aparecen reflejadas todas las propuestas culturales, formativas, turísticas, deportivas y de ocio que estarán a disposición de toda la ciudadanía guardesa y visitantes a lo largo de los meses de verano.Estas actividades están gestionadas a través de los departamentos de Cultura, Información Juvenil, Deportes, Patrimonio y Turismo y tendrán inicio ya la próxima semana con actividades programadas para todas las edades y gustos y que pretenden mantener entretenidos a vecinos y visitantes, pero teniendo en cuenta también las medidas de higiene y seguridad por el COVID-19, por lo que la amplia mayoría de ellas tendrán lugar en espacios abiertos y al aire libre, o bien con un aforo limitado.
La programación arranca a partir de la próxima semana con una propuesta de formación de la Omix para la juventud y con las visitas teatralizadas en el Castro de Santa Trega que se vieron suspendidas en el pasado mes de marzo. Ya en el fin de semana, el sábado 18 de julio las familias podrán acudir en el Auditorio de San Benito a la representación teatral de "Lázaro de Tormes" de la Compañía Pedras de Cartón, que estuvo recientemente en el Festival de Teatro Clásico de Almagro.
También darán comienzo las visitas a la embarcación O Piueiro que se repetirán los martes y jueves del verano (excepto el 23 de julio), las visitas regulares al Monte Santa Trega (de viernes a domingo) y las visitas de naturaleza que se sucederán cada domingo de julio y agosto.
La programación continuará a partir de aquí con nuevas propuestas de la Omix para la juventud y las familias que se realizarán en el Castelo de Santa Cruz y nuevas propuestas culturales entre las que destaca el Cinema na Rúa, en la Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret en el Auditorio de San Benito el 25 de julio y actividades culturales para los pequeños protagonizadas por la Gramola Gominola (30 de julio) y Peter Punk el 15 de agosto. Un concierto de la Orquesta Clásica de Vigo y su sección de Cuerda y la obra teatral Pelos na Lingua serán las propuestas culturales para cerrar el mes de agosto: los sábados 22 y 29. En el ámbito deportivo el 1 de agosto está prevista la segunda edición de la Carrera de Orientación, pensada para participar en familia y una travesía en Kayak para el 27 de agosto
Además de estas propuestas aún se está a trabajar en concretar conciertos para la juventud y alguna nueva propuesta deportiva, de las que informaremos próximamente.Programa:
Actividades julio
Martes y miércoles 14-15 julio.- Taller de fotografía con el móvil para la juventud. De 11:00h a 13:00h en el Castelo de Santa Cruz. Inscripción previa en la Omix (informacion@aguarda.es)
Sábado 18 julio.- Teatro infantil "Lázaro de tormes", 20:00h. En el Auditorio de San Benito. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
Martes y miércoles 21-22 julio.- Taller de vídeo para la juventud. 11:00h a 13:00h. en el Castelo de Santa Cruz. Inscripción previa en la Omix (informacion@aguarda.es
Xoves 23 julio.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. En la Praza do Reló, a las 22:30h.
Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)Viernes 24 julio.-
Juegos y actividades en familia: juegos y movimiento. Por la tarde en el Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función de las edades de los niños. Información y inscripciones en la Omix (informacion@aguarda.es)
Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo (986 614546 o en correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Sábado 25 julio.- Espectáculo "Flashtop cabaret", en el Auditorio de San Benito a las 20:30h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Jueves 30 julio.- Conceirto de Gramola Gominola, en el Castelo de Santa Cruz a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Viernes 31 de julio.-
• Juegos y actividades en familia: Manualidades naturales. Por la tarde en el Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función de las edades de los niños. Información e inscripciones en la Omix (informacion@aguarda.es)
• Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo (986614546 ou en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)Actividades agosto
Sábado 1 agosto.- Carrera de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscripciones en deportes@aguarda.es
Viernes 14 agosto.- Cinema na rúa "O último verán na escocia" (versión doblada en gallego). 22:30h. en la Praza do Reló. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 15 de agosto.- "Punkdemia" en el Castelo de Santa Cruz a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Viernes 21 de agosto.- Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Sábado 22 de agosto.- Concierto de la Orquesta Clásica de Vigo, sección de cuerda. En el Castelo de Santa Cruz, a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)Viernes 28 de agosto.- Cinema na rúa "Mr.Link" . 22:30h. en la Praza do Reló. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 29 de agosto.- Teatro "Pelos na lingua". En el Auditorio de San Benito a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Actividades regulares durante julio y agosto, a partir del 14 de julioMartes y jueves (excepto el 23 de julio).- Visitas al Volanteiro O Piueiro. A las 20:00h. Información e inscripciones en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Miércoles "A viaxe de Exeria ao castro", Visitas teatralizadas en el Monte Santa Trega a las 18:00h. y a las 20:00h. Inscripción previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Viernes, sábados y domingos.- Visitas guiadas al Monte Santa Trega. Inscripción previa en el MASAT 986610504 o en el correo electrónico masat@aguarda.es
Domingos.- Domingos de naturaleza y agua, a las 10:00h. (Diversos recorridos por el litoral guardés). Información e inscripciones en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
A Asociación San Xerome Emiliani programa un Curso de -Guía de Baños de Bosque Biosensitivos-
Fecha desde el 09 de Julio de 2020
hasta el 21 de Julio de 2020O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e -emprego verde inclusivo-
Ampliar contenidoA Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto "XE-mente Innovación - Los brotes de la diversidad", financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2019, que conta cun orzamento total de 105.904,51€.
XE-mente Innovación ofrece un Itinerario formativo con 7 Accións formativas gratuítas, dirixidas a persoas desempregadas, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional. O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e "emprego verde inclusivo".
Do 21 ao 31 de xullo 2020 realizaremos un curso de GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS. Este innovador curso cualificará ás persoas participantes para poder exercer como Guías en visitas guiadas a Bosques e Espazos Naturais; por exemplo en proxectos como o recentemente posto en marcha pola Deputación de Pontevedra denominado Bosques Terapéuticos, que contempla a realización dunha serie de Baños de Bosque gratuítos en 5 Comunidades de Montes da provincia de Pontevedra, entre as cales a de Camposancos (A Guarda) Costa de Oia e Serra da Groba (Oia).
Curso de formación gratuíta para persoas desempregadas: GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS
Datas de realización: Do 21 de xullo ao 31 de xullo 2020
N. de horas: 20 horas (teoría e práctica)
Prazas limitadas: 10 PARTICIPANTES
Lugar de realización: Centro Cultural do Concello da Guarda - Rúa Rosalía de Castro, 14 - A Guarda (Pontevedra)
Máis información e inscricións: xemente@sanxerome.com // Tlf. 656 565 630
Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da Feira do Viño do Rosal
Fecha desde el 09 de Julio de 2020
hasta el 15 de Julio de 2020Celebrarase con aforo limitado o vindeiro xoves 16 de xullo (13.00 h). As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través de correo electrónico ata o vindeiro día 15 ás 15.00 h
Ampliar contenidoAo abeiro da XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020, a Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal organiza en colaboración co Concello unha cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal, a única actividade do programa que contará cunha parte presencial aínda que con aforo limitado e inscrición previa.
A cita terá lugar o vindeiro xoves 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan (Rúa do Couso, 18. O Rosal) e todas e todos os interesados en asistir deberán enviar un correo electrónico a confrariavinorosal@gmail.com solicitando a súa inscrición e indicando nome e apelidos da persoa participante. É requisito indispensable ser maior de idade para poder participar.
Este ano contarase co enólogo, sumiller e profesor de Análise Sensorial e Técnico de Viticultura e Enoloxía na Universidade de Vigo Luis Paadín para dirixir a cata de nove viños do Rosal. Paadín é membro e, nalgúns casos, fundador de moitas asociación ligadas ao mundo do viño e está conectado tamén ao mundo literario vitivinícola coa autoría e coedición da "Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia" e do libro "Las piedras que hacían vino". Conta cun espazo semanal na Cadena Ser A Coruña e na Cadena Radiovoz A Coruña.
Para poder levala a cabo a cata de forma presencial e coidar da saúde de todas as persoas participantes cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade esixidas polas autoridades sanitarias. Ademais, todas as persoas participantes deberán levar obrigatoriamente máscara de protección homologada durante todo o evento e manter as distancias de seguridade.
A cata poderá seguirse tamén de forma virtual co resto da programación da Feira do Viño 2020 a través da web.
Tui presenta unha programación ?segura- e comprometida coa cultura este verán
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 06 de Septiembre de 2020Será preciso facer reserva previa de entrada. Establécese un protocolo covid-19 en cada espectáculo. Coma novidade haberá autocine
Ampliar contenido"Volvemos á rúa!" é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba que "nin a COVID-19 puido coa programación cultural de Tui" e indicaba que a axenda cultural presentada hoxe reflicte "o compromiso coa cultura, que é fundamental, e o compromiso con todos aqueles axentes e actores culturais do noso concello que están pasando por un momento complicado e dende a administración temos o deber e a responsabilidade de prestarlles canto apoio necesiten, como fixemos xa con outros sectores". Nese senso lembraba que a "cultura tamén é un elemento de dinamización sociocultural e económico". Facía fincapé en que esta axenda cultural manifesta "o noso compromiso coa cultura, será un axente importante para a reactivación económica e será un incentivo para aqueles que nos visitan estes días". Facía amais o rexedor un chamamento á responsabilidade individual e colectiva cumprindo as normas establecidas en cada evento, que suporán tamén un esforzo importante para a organización desta programación.
Precisamente a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou as medidas con limitación de aforos, reserva previa de entrada,... que se porán en marcha para desenvolver esta programación con toda seguridade. Incidía Sonsoles Vicente en que "volvemos á rúa con sentidiño" engadindo que "pretendemos que a nosa cidadanía e as persoas dos arredores se acheguen a Tui, e sempre cumprindo coa normativa, poidamos disfrutar da nosa cultura na Praza de San Fernando, no Paseo da Corredoira, no Paseo Fluvial, na rúa Compostela e no aparcadoiro municipal".
A Axenda Corredoira Cultural recolle a véntena de eventos previstos este verán xunto a un avance da programación de outono.
Semanalmente están programados espectáculos os mércores, xoves e venres, actuacións de rúa os sábados e domingos, e concertos os domingos 26 de xullo e 16 de agosto.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concertos este verán na praza de San Fernando cun capacidade limitada a 100 espectadores. Será os mércores 15 e 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Amais no eido musical actuarán as charangas Cantos Somos e A Tu Ritmo o mércores 29 de xullo e o mércores 5 de agosto, respectivamente.
No Paseo da Corredoira os xoves haberá espectáculos de rúa con música e teatro con Píscore con "Concerto Singular" (16 de xullo), maxia con Dani García con "Don Gelati" (23 de xullo), teatro de monicreques con Fantoches Baj con "Os romeiros do caracol" (30 de xullo), novo circo con Sempre Arriba con "C´est pas possible" (6 de agosto), teatro con Ghazafelhos con "Acuario" (13 de agosto), e danza con Pistacatro con "Baila un vestido verde" (20 de agosto). A capacidade está limitada a 100 espectadores.
O cinema estará tamén presente nesta programación con dúas propostas. No Paseo Fluvial, con capacidade para 300 espectadores proxectarase "Súpez López" (17 de xullo), "E.T." (31 de xullo), "Peter Rabbit" (7 de agosto) e "Mascotas" (21 de agosto). Coma novidade haberá autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica con capacidade para 100 coches poderá visionarse "Grease" e "Jocker" os venres 24 de xullo e 14 de agosto, respectivamente. Será nunha pantalla de 150 m2 con sistema de son a través da sintonización da frecuencia FM que se indicará en cada proxección.
Para os domingo 26 de xullo e 16 de agosto están programados dous concertos a cargo de Leilía e Roi Casal con capacidade para 300 persoas e 150 de pé na rúa Compostela. Leilía celebra os seus 30 anos no mundo da música con "CantarElas" no que repasan os seus temas máis emblemáticos xunto a outros menos coñecidos. Mentres Roi Casal presentara "Son Galego, son Cubano".
Do 1 ao 7 de agosto celebrarase o XIV Música no Claustro, Festival de Música, Patrimonio e Creación no claustro gótico da Catedral de Tui, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
A música estará moi presente os sábados e domingos ás 21 h, entre o 18 de xullo e o 20 de setembro, con pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, folclóricos, pandereteiras... nunha aposta pola nosa cultura tradicional e os nosos grupos.
Reserva previa de entradas gratuítas en www.enterticket.es
Para acudir a cada un destes espectáculo do verán será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de tres por persoa, en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns da semana do espectáculo, até o mesmo día ás 12h.
Os accesos a cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do comezo salvo para o cinema que será 60 minutos antes, e para os concerto de Leilía e Roi Casal nos que o acceso será dende 90 minutos antes. Cómpre destacar que as entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.
En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.
Protocolo COVID19
Establécese amais un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espectáculo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara, que só se poderá quitar unha vez sentado, salvo no Teatro Municipal onde se deberá permanecer coa máscara posta todo o espectáculo. O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e débese ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu emprazamento nin a cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo.
Avance da programación de outono
A Axenda Corredoira Cultural presentada hoxe recolle tamén un avance a programación do outono.
Do 23 ao 27 de setembro poderemos gozar dunha edición especial de Play Doc, con propostas orixinais para todos os públicos, do 23 ao 27 de setembro. E en outubro o IKFEM celebrará a súa oitava edición para reactivar a cultura transfronteiriza.
Amais en outubro e novembro no Teatro Municipal está programados oito espectáculos. Parte dos mesmos foron reprogramados xa que estaban previstos para a primavera e tiveron que ser adiados debido ao confinamento. Así Samuel Diz presentará o 16 de outubro o seu novo traballo "Memoria da melancolía". Redrum representará o 23 de outubro "Idiota" e o 24 de outubro Galeatro Producións Escénicas "Carabela". Xampatito Pato porá en escena o 30 de outubro "Só", o 6 de novembro Teatro do Atlántico "Dúas donas que bailan" e o 7 de novembro Perez&Fernández "Aguratrat. Por último Teatro Avento Produccións achegará "Ummm! Unha comedia para chupar os dedos" e La Macana "Pink unicorns" o 20 e 21 de novembro, respectivamente.
Este miércoles llega a Tui la -Mochila de la Luz-
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 15 de Julio de 2020Junto con representantes de la ciudad, se hará un homenaje en el Concello de Tui a todas las víctimas de LA COVID-19 y, en especial a los peregrinos que se han quedado en el Camino de la Vida, durante esta pandemia.
Ampliar contenidoLA LUZ DEL CAMINO EN TUI
El día 10 de julio, salió de la Catedral de Oporto, la Mochila de la Luz, que recorrerá el Camino Portugués Central, etapa a etapa.
Llegará a Tui el día 15, donde será recibida en mitad del puente internacional por la Asociacion de peregrinos IACOBUS, que les acompañaran hasta el centro de la ciudad.
Junto con representantes de la ciudad, se hará un homenaje en el Concello de Tui a todas las víctimas de LA COVID-19 y, en especial a los peregrinos que se han quedado en el Camino de la Vida, durante esta pandemia.
Por la tarde, se ofrecerá una Misa en la Catedral de Tui para honrar a todos los difuntos de la COVID-19
Al día siguiente, jueves 16, les acompañaremos hasta la salida de Tui.
Esta mochila, llegará el día 24 de julio a Santiago.
Allí, junto con la otra mochila de la luz que está recorriendo el Camino Francés. La luz de ambas, recordará a todos aquellos que ya se han apagado.
Si quieres unirte a este homenaje, ven con nosotros. Te esperamos el miércoles día 15 de julio en Tui.
Música e cinema na primeira semana da programación -Volvemos á rúa- en Tui
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 19 de Julio de 2020Xa se poden reservar as entradas en www.enterticket.es de forma gratuíta
Ampliar contenidoCon tres eventos esta semana comeza a programación cultural do verán "Volvemos á rúa" en Tui.
O mércores, ás 21 h, na Praza de San Fernando ofrecerá o seu primeiro concerto deste verán a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez. A banda tudense afunde as súas raíces a finais do século XIX e mantén unha actividade estable dende os anos 80'. Este mércores ofrecerá o primeiro dos catro concertos que brindará nesta programación. O aforo está limitado a 100 persoas.
O xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira será a quenda de Píscore baixo a dirección de Fran Rei. Música, humor, ritmo e comedia xestual son os elementos de "Concerto Singular", un espectáculo no que Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas dan vida a catro prestixiosos solistas, que son convocados para dar un único concerto. Ao seu dispor teñen 16 baquetas e unha soa marimba, que farán soar dun xeito orixinal e abraiante.
Xa o venres, ás 22.30 h, no Paseo Fluvial terá lugar a primeira das proxeccións de cinema ao aire libre. Será "Súper López" dirixida por Javier Ruiz Caldera e interpretada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López, Maribel Verdú, Pedro Casablanc, entre outros. O protagonista, Juan López, chegou á Terra dende o planeta Chitón. Non é sinxelo non destacar cando se pode voar, ler a mente, ter supervisión... Porén juan non precisa máis que un cruasán no almorzo para ser feliz, pero a aparición de Luisa, un antigo amor, pode facer cambiar as cousas.
Para o concerto da Banda de Música Popular de Tui e o espectáculo de Píscore o aforo está limitado a 100 persoas, e para o cinema a 300 espectadores. As entradas poden reservarse xa en www.enterticket.es de forma gratuíta.
Amais, esta fin de semana comezan os pasarrúas dos grupos folclóricos, de gaitas, de pandereteiras... Así o sábado dende ás 21 h actuará polas rúas de Tui o grupo folclórico Seixos Albos de Areas, e o domingo, á mesma hora, o grupo folclórico "Refaixos e Polainas" de Baldráns.
Os Quinquilláns retoman as visitas teatralizadas na Guarda
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 29 de Julio de 2020Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto
Ampliar contenidoO Concello da Guarda repite a experiencia das visitas teatralizadas despois do grande éxito acadado no verán de 2019, a cargo da Compañía de teatro Os Quinquilláns. Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto, dous personaxes peculiares visitarán o Castro de Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender a todos os asistentes.Estas visitas teatralizadas forman parte do programa O Camiño Aguárdate, que dentro da convocatoria O Teu Xacobeo busca a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño de Santiago. A compañía Os Quinquilláns, será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do Castro da man da primeira muller peregrina, Exeria, quen trouxo ata a Península Ibérica o culto a Santa Trega. As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
O aforo de cada visita está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de protección.
Se queres acompañalos inscríbete neste formulario, indicando os teus datos.
https://forms.gle/FszaE4ocSLBGqJQZ6
Proposta de obradoiros e xogos en familia na Guarda
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 27 de Julio de 2020Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
Ampliar contenidoA OMIX do Concello da Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.O día 24 de xullo realizarase "Xogos e movemento", unha acción destinada a xogar ao aire libre, realizando xogos por equipos, xogos populares, xogos de ioga etc. Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: Grupo de 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h, neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30h a 17:30h, neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.
O día 31 de xullo, terá lugar o "Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto", nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h coa participación dunha persoa adulta e no caso de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30h a 17:30h.
Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande e para o grupo de maiores unha agulla de la.
Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

