Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Andatui organiza este sábado día 11 de xullo a XVII Andainatudense Solidaria 2020

    Fecha desde el 01 de Julio de 2020
    hasta el 11 de Julio de 2020

    Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño

    Este ano a saída será desde a praza de san Fernando, diante da Catedral de Tui, ás 10 da mañá. Colleremos o Camiño Portugués ata a Virxe do Camiño onde, por diversos sendeiros, encararemos a subida ao monte Aloia. Pasaremos polo rego de pedra e enlazaremos co antigo camiño dos romeiros que subían ao monte no día da Virxe das Angustias, finalmente recorreremos parte da muralla ciclópea que nos levará ata a capela de san Xiao, onde xantaremos. Pola tarde iniciaremos o descenso recorrendo outro tramo da muralla ciclópea para baixar ao sendeiro do regato Cotarel, atravesaremos polo xardín botánico e pasaremos pola espectacular faia, unha das árbores máis senlleiras do monte Aloia e posiblemente a maís fermosa de Galicia. Xa no tramo final camiñaremos ao carón do río Tripes antes de chegar ao paseo da Corredoira, lugar escollido este ano para rematar a XVII Andainatudense Solidaria.

    Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entreguen un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

    Xa están abertas as inscricións na páxina www.andatui.es . O prezo é de 10 euros e as inscricións que finalizarán o mércores 8 de xullo.

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro

    Fecha desde el 11 de Junio de 2020
    hasta el 30 de Septiembre de 2020

    Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.

    A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.
     
    As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.
     
    Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.
     
    A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.

    Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
    Ampliar contenido
  • Este martes inaugúrase en Tui a exposición antolóxica de Darío Álvarez Gándara -Amenceu outra vez-

    Fecha desde el 30 de Junio de 2020
    hasta el 08 de Agosto de 2020

    A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores e estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto

    O martes, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da exposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015) "Amenceu outra vez". Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.

    Darío Álvarez Gándara forma parte da terceira xeración de médicos tudenses, iniciada polo seu avó Darío Álvarez Limeses e continuada polo seu pai, Darío Álvarez Blázquez; unha familia entrañablemente vinculada á cidade de Tui ao longo do último século.

    A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores que ofrecen aos visitantes unha perspectiva completa da obra de inspiración surrealista que, ao longo da súa vida, foi elaborando o cardiólogo tudense.

    A mostra comisariada polos seus fillos Carlota e Darío Álvarez Basso estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto.

    Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a celebración desta exposición permitirá aos tudenses achegarse á obra de Darío Álvarez Gándara dotada dunha grande sensibilidade e capacidade de comunicación.

    BIOGRAFIA DE DARÍO ÁLVAREZ GÁNDARA
    (Tui, 1936-Nigrán, 2015)

    Darío Álvarez Gándara, naceu en Tui (Galicia) en 1936. Fillo do médico tudense Darío Álvarez Blázquez e da tamén tudense Carmen Gándara Fernández, nace en Tui no seo dunha familia de médicos, escritores e intelectuais presente en numerosos feitos da vida social, cultural e política da cultura galega.

    Desde moi pequeno, tivo unha dura infancia sementada de doenzas (tuberculose ósea nun pé), difteria nun ollo e un grave episodio de quirófano. Quizais daqueles duros anos naceu a súa enorme arela de vivir.

    Logo da Guerra civil, en 1942, a familia Álvarez Blázquez trasladouse para vivir en Vigo, distanciándose do escenario do fusilamento de seu pai, o tamén médico, Darío Álvarez Limeses, que ocorrera o 30 de outubro do 1936.

    En Vigo, estudou no colexio Mezquita e no instituto Santa Irene. Comezou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela. Pouco despois, coñece á que será a súa muller, a venezolana Gisela Álvarez Basso; logo de casar en 1959, pasan a vivir en Caracas, graduándose na Universidade Central de Caracas, en 1963. Nese ano, trasládase a Madrid, pasando por México, para realizar a especialización en cardioloxía, en México coa Dra. Victoria de la Cruz, que completa en Madrid, con Gómez Barros e co eminente cardiólogo Pedro Zarco. Unha vez concluída a especialidade, regresou a exercer como cardiólogo no Hospital Vargas de Caracas. Viviu en Venezuela case 11 anos.

    En 1969, volveu a vivir en Vigo, definitivamente, con toda a súa familia, onde desenvolveu a súa profesión e foron criados os seus fillos, María Gisela (na sanidade pública), Carmen Cristina (no Banco Interamericano de Desarrollo en Washington), Carlota Inés (xestora cultural de renome) e o pintor Darío Álvarez Basso.

    Regresado a España, comezou a traballar como médico. En 1975, gañou por oposición praza de médico adxunto, especialista en corazón e pulmón no Servizo de Medicina Interna do H. Xeral de Vigo onde traballou ata o ano 2000. No dito hospital creou o Servizo de Hospitalización Domiciliaria. Foi presidente da Sociedad Gallega de Cardiología e vicepresidente do Colexio Médico de Pontevedra.

    Darío foi un excelente pintor; era esta a súa verdadeira paixón: "A pintura non é para min un hobby... é unha necesidade vital". Nos seus primeiros anos, o seu estilo pictórico pode estar cerca do impresionismo, inda que logo se internou no simbolismo e no surrealismo, liñas que non abandonará. Grava en linóleo, utiliza acuarela, témpera, acrílico, ceras, óleo... Pinta paisaxes, retratos, figuras...Nunca expuxo en vida pero participou con obra en dúas exposicións colectivas no Hospital Xeral de Vigo. En 1999, gañou o primeiro premio no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.

    Tamén tivo un forte compromiso político con Galicia. En 1963, integrouse no Consello da Mocidade e logo foi cofundador do Movemento Socialista de Galicia, que se incorporou ao Partido Socialista Galego en 1976. O seu compromiso coa loita política partidaria durou desde 1958 ata xuño de 1977.

    Unha vez xubilado, lanzouse a escribir "por lealdade filial", seguindo o camiño trazado polo seu pai, publicando en Edicións do Cumio dúas novelas policiais en galego cuxo protagonista era o "Doutor Lázaro Evia" (que fora o pseudónimo do seu pai para aquel xénero): "Sireno" 1993 e "O fracaso de Lázaro Evia" 1996. En castelán publicou en Amazon "El Crimen Póstumo del General Franco" (2015).

    Autor de múltiples artigos de opinión publicados na prensa local, foi colaborador habitual durante varios anos do xornal "Atlántico Diario", onde inseriu preto de 1.000 "Manchetas" satíricas baixo o pseudónimo de "Donda". O conto titulado "El Interventor" gañou en 1993 un accésit outorgado pola revista "Previsión Sanitaria Nacional".

    Darío Álvarez Gándara deixou un profundo calco de bonhomía, un grande recoñecemento como cardiólogo, tanto na medicina privada como na pública, e unha lembranza de simpatía e creatividade sen límites.

    Ampliar contenido
  • Reapertura del MASAT y el Museo del Mar de A Guarda

    Fecha desde el 04 de Julio de 2020
    hasta el 30 de Agosto de 2020

    Con la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.

    Con la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.

    Museo Arqueológico Santa Trega (MASAT)

    El Museo Arqueológico de Sta. Trega (MASAT) ocupa el edificio diseñado como restaurante por el arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular la Sociedad pro Monte compra y adapta el inmueble inaugurado como Museo en 1953 y en el que se depositaron los materiales almacenados hasta ese momento en un céntrico local de A Guarda. Ofrece el MASAT una completa colección de labras y esvásticas, de monedas romanas, de objetos cerámicos, vidrio... y como piezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas y el "cabezón do Trega", el hallazgo más emblemático de las excavaciones realizadas recientemente.

    El horario de apertura es de martes a domingo de 9.00h a 20.30h en los meses de julio y agosto.

    La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y 0,5€ para menores de 14 años.

    Museo del Mar

    El Museo del Mar se encuentra en el Puerto de A Guarda, en una atalaya al final del paseo marítimo y cuenta con dos colecciones: una etnográfica con una muestra de las antiguas artes de pesca y sus aparejos y otra malacológica, con una selección de conchas de mar procedentes de todo el mundo.
    Una parte del patrimonio inmaterial está recogido en vídeos editados por el Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" y "Tesouros vivos".
    Taxas de acceso:
    •1 € adulto
    •0,50 € menores de 14 años
    •Gratuito el primer sábado de cada mes y el Día de los Museos (18 de mayo).

    El horario de verano hasta el 15 de septiembre, será de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h los sábados, domingos y festivos.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui instalou un fío musical para apoiar a actividade comercial nas rúas do centro urbano

    Fecha desde el 10 de Julio de 2020
    hasta el 12 de Julio de 2020

    As rúas do centro urbano tudense contan dende esta fin de semana con fío musical instalado polo Concello de Tui.

    As rúas do centro urbano tudense contan dende esta fin de semana con fío musical instalado polo Concello de Tui. A música ambiente soa de 10.30 h a 14 h e de 16.30 a 21 h, salvo as fins de semana que comezará ás 11.30 h. Deste xeito quérese apoiar a actividade comercial durante a época estival.

    No fío musical instalado buscouse que sexa música ambiente, coidando o volume do mesmo. Ante calquera incidencia neste sistema de megafonía a cidadanía pode comunicar o problema a través da APP do Concello de Tui no apartado de incidencias, ou directamente na casa do concello a través do 986 60 36 25.
    Ampliar contenido
  • A Comunidade de Montes de Camposancos celebra Asemblea Xeral e eleccións á Xunta reitora

    Fecha desde el 10 de Julio de 2020
    hasta el 10 de Julio de 2020

    O acto celebrarase na casa de Montes de Camposancos o vindeiro 10 de xullo.

    O vindeiro venres día 10 de xullo terá lugar a reunión de Xunta xeral extraordinaria da Comunidade de Montes veciñais en man común da parroquia de Camposancos (A Guarda), convocada polo seu Presidente, José Fernando Martínez Martínez, para as 20,00 horas en segunda convocatoria.

    A reunión terá lugar na Casa de Montes de Camposancos, e celebrarase nas súas instalacións cumprindo coas normas de seguridade e a distancia preventiva que dicta a normativa, como consecuencia do Covid19.

    Ademais dos asuntos a tratar que figuran na Orde do día, dos que xa se deu conta mediante convocatoria de 20 de xuño, procederase á elección da nova Xunta rectora. Unhas eleccións que xa deberon de ser celebradas no mes de marzo e que foi necesario adiar a causa do confinamento provocado pola pandemia.

    Non se presenta ningunha lista alternativa e a actual xunta reitora presentase en pleno a reelección con a salvedade de Dn. Ana Belen Serrano que por motivos laborais deixa o cargo e a sustitue un mozo xoven Dn. José Antonio Vázquez Fernández.

    Por o tanto a Xunta si a asamblea o confirma quedará formada así:
    J. Fernando Martínez Martinez, Presidente.
    Xosé M. Malheiro Gutierrez, Secretario
    Domingos Portela Lorenzo, Tesorero.
    Mario Baró Pereira, Vicepresidente
    Vocais.
    Gloria Portela Loureiro
    Esther Rodriguez Sobrino
    M. Lucía Martínez Diz
    Eduardo Alonso Rodriguez
    Juan Carlos González González
    José Antonio Vazquez
    Ampliar contenido
  • A Asociación San Xerome Emiliani programa un Curso de -Guía de Baños de Bosque Biosensitivos-

    Fecha desde el 09 de Julio de 2020
    hasta el 21 de Julio de 2020

    O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e -emprego verde inclusivo-

    A Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto "XE-mente Innovación - Los brotes de la diversidad", financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2019, que conta cun orzamento total de 105.904,51€.

    XE-mente Innovación ofrece un Itinerario formativo con 7 Accións formativas gratuítas, dirixidas a persoas desempregadas, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional. O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e "emprego verde inclusivo".

    Do 21 ao 31 de xullo 2020 realizaremos un curso de GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS. Este innovador curso cualificará ás persoas participantes para poder exercer como Guías en visitas guiadas a Bosques e Espazos Naturais; por exemplo en proxectos como o recentemente posto en marcha pola Deputación de Pontevedra denominado Bosques Terapéuticos, que contempla a realización dunha serie de Baños de Bosque gratuítos en 5 Comunidades de Montes da provincia de Pontevedra, entre as cales a de Camposancos (A Guarda) Costa de Oia e Serra da Groba (Oia).

    Curso de formación gratuíta para persoas desempregadas: GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS
    Datas de realización: Do 21 de xullo ao 31 de xullo 2020
    N. de horas: 20 horas (teoría e práctica)
    Prazas limitadas: 10 PARTICIPANTES
    Lugar de realización: Centro Cultural do Concello da Guarda - Rúa Rosalía de Castro, 14 - A Guarda (Pontevedra)
    Máis información e inscricións: xemente@sanxerome.com // Tlf. 656 565 630
    Ampliar contenido
  • Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da Feira do Viño do Rosal

    Fecha desde el 09 de Julio de 2020
    hasta el 15 de Julio de 2020

    Celebrarase con aforo limitado o vindeiro xoves 16 de xullo (13.00 h). As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través de correo electrónico ata o vindeiro día 15 ás 15.00 h

    Ao abeiro da XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020, a Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal organiza en colaboración co Concello unha cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal, a única actividade do programa que contará cunha parte presencial aínda que con aforo limitado e inscrición previa.

    A cita terá lugar o vindeiro xoves 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan (Rúa do Couso, 18. O Rosal) e todas e todos os interesados en asistir deberán enviar un correo electrónico a confrariavinorosal@gmail.com solicitando a súa inscrición e indicando nome e apelidos da persoa participante. É requisito indispensable ser maior de idade para poder participar.

    Este ano contarase co enólogo, sumiller e profesor de Análise Sensorial e Técnico de Viticultura e Enoloxía na Universidade de Vigo Luis Paadín para dirixir a cata de nove viños do Rosal. Paadín é membro e, nalgúns casos, fundador de moitas asociación ligadas ao mundo do viño e está conectado tamén ao mundo literario vitivinícola coa autoría e coedición da "Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia" e do libro "Las piedras que hacían vino". Conta cun espazo semanal na Cadena Ser A Coruña e na Cadena Radiovoz A Coruña.

    Para poder levala a cabo a cata de forma presencial e coidar da saúde de todas as persoas participantes cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade esixidas polas autoridades sanitarias. Ademais, todas as persoas participantes deberán levar obrigatoriamente máscara de protección homologada durante todo o evento e manter as distancias de seguridade.

    A cata poderá seguirse tamén de forma virtual co resto da programación da Feira do Viño 2020 a través da web.
    Ampliar contenido
  • A OMIX da Guarda oferta Obradoiros de fotografía e vídeo para a mocidade

    Fecha desde el 09 de Julio de 2020
    hasta el 14 de Julio de 2020

    Para participar pódese remitir un mail a informacion@aguarda.es, chamando á OMIX ao 676 347 890 ou a través das redes sociais da OMIX da Guarda

    Para este mes de xullo a OMIX da Guarda oferta para a mocidade a partir de 12 anos dous obradoiros: un de fotografía e outro de vídeo.

    Os dous obradoiros tratarán de dotar de ferramentas e coñecementos sobre o manexo da cámara do teléfono móbil. Os obradoiros levaranse a cabo no exterior do Castelo de Santa Cruz e emprazamentos similares e singulares, tratando de aproveitar ao máximo os espazos ao aire libre.

    O obradoiro de fotografía desenvolverase os días 14 e 15 de xullo de 11 a 13 horas e o de vídeo os días 21 e 22 de xullo tamén de 11 a 13 horas.

    Para participar pódese remitir un mail a informacion@aguarda.es, chamando á OMIX ao 676 347 890 ou a través das redes sociais da OMIX da Guarda

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido