Agenda
Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Ampliar contenidoA Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.
Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Este martes inaugúrase en Tui a exposición antolóxica de Darío Álvarez Gándara -Amenceu outra vez-
Fecha desde el 30 de Junio de 2020
hasta el 08 de Agosto de 2020A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores e estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto
Ampliar contenidoO martes, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da exposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015) "Amenceu outra vez". Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.
Darío Álvarez Gándara forma parte da terceira xeración de médicos tudenses, iniciada polo seu avó Darío Álvarez Limeses e continuada polo seu pai, Darío Álvarez Blázquez; unha familia entrañablemente vinculada á cidade de Tui ao longo do último século.
A exposición está integrada por 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores que ofrecen aos visitantes unha perspectiva completa da obra de inspiración surrealista que, ao longo da súa vida, foi elaborando o cardiólogo tudense.
A mostra comisariada polos seus fillos Carlota e Darío Álvarez Basso estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto.
Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a celebración desta exposición permitirá aos tudenses achegarse á obra de Darío Álvarez Gándara dotada dunha grande sensibilidade e capacidade de comunicación.BIOGRAFIA DE DARÍO ÁLVAREZ GÁNDARA
(Tui, 1936-Nigrán, 2015)Darío Álvarez Gándara, naceu en Tui (Galicia) en 1936. Fillo do médico tudense Darío Álvarez Blázquez e da tamén tudense Carmen Gándara Fernández, nace en Tui no seo dunha familia de médicos, escritores e intelectuais presente en numerosos feitos da vida social, cultural e política da cultura galega.
Desde moi pequeno, tivo unha dura infancia sementada de doenzas (tuberculose ósea nun pé), difteria nun ollo e un grave episodio de quirófano. Quizais daqueles duros anos naceu a súa enorme arela de vivir.
Logo da Guerra civil, en 1942, a familia Álvarez Blázquez trasladouse para vivir en Vigo, distanciándose do escenario do fusilamento de seu pai, o tamén médico, Darío Álvarez Limeses, que ocorrera o 30 de outubro do 1936.
En Vigo, estudou no colexio Mezquita e no instituto Santa Irene. Comezou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela. Pouco despois, coñece á que será a súa muller, a venezolana Gisela Álvarez Basso; logo de casar en 1959, pasan a vivir en Caracas, graduándose na Universidade Central de Caracas, en 1963. Nese ano, trasládase a Madrid, pasando por México, para realizar a especialización en cardioloxía, en México coa Dra. Victoria de la Cruz, que completa en Madrid, con Gómez Barros e co eminente cardiólogo Pedro Zarco. Unha vez concluída a especialidade, regresou a exercer como cardiólogo no Hospital Vargas de Caracas. Viviu en Venezuela case 11 anos.
En 1969, volveu a vivir en Vigo, definitivamente, con toda a súa familia, onde desenvolveu a súa profesión e foron criados os seus fillos, María Gisela (na sanidade pública), Carmen Cristina (no Banco Interamericano de Desarrollo en Washington), Carlota Inés (xestora cultural de renome) e o pintor Darío Álvarez Basso.
Regresado a España, comezou a traballar como médico. En 1975, gañou por oposición praza de médico adxunto, especialista en corazón e pulmón no Servizo de Medicina Interna do H. Xeral de Vigo onde traballou ata o ano 2000. No dito hospital creou o Servizo de Hospitalización Domiciliaria. Foi presidente da Sociedad Gallega de Cardiología e vicepresidente do Colexio Médico de Pontevedra.
Darío foi un excelente pintor; era esta a súa verdadeira paixón: "A pintura non é para min un hobby... é unha necesidade vital". Nos seus primeiros anos, o seu estilo pictórico pode estar cerca do impresionismo, inda que logo se internou no simbolismo e no surrealismo, liñas que non abandonará. Grava en linóleo, utiliza acuarela, témpera, acrílico, ceras, óleo... Pinta paisaxes, retratos, figuras...Nunca expuxo en vida pero participou con obra en dúas exposicións colectivas no Hospital Xeral de Vigo. En 1999, gañou o primeiro premio no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Tamén tivo un forte compromiso político con Galicia. En 1963, integrouse no Consello da Mocidade e logo foi cofundador do Movemento Socialista de Galicia, que se incorporou ao Partido Socialista Galego en 1976. O seu compromiso coa loita política partidaria durou desde 1958 ata xuño de 1977.
Unha vez xubilado, lanzouse a escribir "por lealdade filial", seguindo o camiño trazado polo seu pai, publicando en Edicións do Cumio dúas novelas policiais en galego cuxo protagonista era o "Doutor Lázaro Evia" (que fora o pseudónimo do seu pai para aquel xénero): "Sireno" 1993 e "O fracaso de Lázaro Evia" 1996. En castelán publicou en Amazon "El Crimen Póstumo del General Franco" (2015).
Autor de múltiples artigos de opinión publicados na prensa local, foi colaborador habitual durante varios anos do xornal "Atlántico Diario", onde inseriu preto de 1.000 "Manchetas" satíricas baixo o pseudónimo de "Donda". O conto titulado "El Interventor" gañou en 1993 un accésit outorgado pola revista "Previsión Sanitaria Nacional".
Darío Álvarez Gándara deixou un profundo calco de bonhomía, un grande recoñecemento como cardiólogo, tanto na medicina privada como na pública, e unha lembranza de simpatía e creatividade sen límites.
DANCERVEIRA 2020 abre inscrições para Maratona de Workshops online e Concurso a Solos
Fecha desde el 25 de Julio de 2020
hasta el 26 de Julio de 2020A edição 2020 deste festival de dança vai apostar em aulas online e na organização de uma competição audiovisual
Ampliar contenidoVinte e oito professores de dança de seis países vão promover, nos fins-de-semana de 18/19 e 25/26 de julho, um conjunto de workshops online de intercâmbio e de aprendizagem dirigido aos escalões Júnior (entre os 8 e 12 anos) e os Teens (acima dos 13 anos) dos quatro cantos do mundo. Trata-se do DANCERVEIRA 2020 que a Associação de dança do Eixo Ibero-Atlântico readaptou ao atual contexto da Covid-19.
A pandemia provocada pelo novo coronavírus tem levado as entidades socioculturais a reinventar-se e a enveredar por soluções no meio digital, de forma a prosseguir com alguma atividade de interação com o seu público. Neste sentido, e pelo sucesso do evento que, todos os anos, atrai cerca de cinco mil pessoas durante quatro dias a Vila Nova de Cerveira, a edição 2020 deste festival de dança vai apostar em aulas online e na organização de uma competição audiovisual.
Assim, com uma inscrição de 10 euros, os interessados podem usufruir de aulas dinamizadas por 28 professores de dança de Portugal, Espanha, França, Itália, Polónia e Brasil, com o intuito de aprofundar conceitos e técnicas do Ballet Clássico (repertório e técnica), Jazz Dance (Musical, Lírico, Comercial, Street Jazz e Stiletto), Dança Contemporânea e Danças Urbanas. As inscrições devem ser realizadas através do correio eletrónico geral.adeixa@gmail.com
Complementarmente à presença nos Workshops online, os participantes podem ainda inscrever-se no Concurso de Solos (com um valor de 15 euros). Com coreografia de criação livre, este desafio exige a realização de um vídeo que realce uma das técnicas de dança lecionadas nas aulas online, assim como a seleção de uma das músicas igualmente utilizadas nesse processo. O vídeo para o escalão Júnior tem uma duração máxima de 1 minuto e 30 segundos e para o escalão Teens de 2 minutos e 30 segundos, e devem ser enviados para o correio eletrónico danceminho@gmail.com até ao dia 31 de agosto. Os trabalhos serão avaliados pelos professores dos workshops que integram o júri e que, a 20 de setembro revelarão os vencedores, aos quais serão atribuídas bolsas de formação online ou presenciais.
Para obter mais informação ou esclarecimento de dúvidas, a Associação de dança do Eixo Ibero-Atlântico disponibiliza o seguinte endereço de correio eletrónico geral.adeixa@gmail.com ou consulte todos os pormenores no evento criado na rede social Facebook, com o nome Dancerveira Online 2020.
Reapertura del MASAT y el Museo del Mar de A Guarda
Fecha desde el 04 de Julio de 2020
hasta el 30 de Agosto de 2020Con la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.
Ampliar contenidoCon la entrada del mes de julio se está procediendo a la apertura de varios servicios e infraestructuras turísticas como el Museo Arqueológico de Santa Trega y el Museo del Mar.Museo Arqueológico Santa Trega (MASAT)
El Museo Arqueológico de Sta. Trega (MASAT) ocupa el edificio diseñado como restaurante por el arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular la Sociedad pro Monte compra y adapta el inmueble inaugurado como Museo en 1953 y en el que se depositaron los materiales almacenados hasta ese momento en un céntrico local de A Guarda. Ofrece el MASAT una completa colección de labras y esvásticas, de monedas romanas, de objetos cerámicos, vidrio... y como piezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas y el "cabezón do Trega", el hallazgo más emblemático de las excavaciones realizadas recientemente.
El horario de apertura es de martes a domingo de 9.00h a 20.30h en los meses de julio y agosto.
La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y 0,5€ para menores de 14 años.
Museo del Mar
El Museo del Mar se encuentra en el Puerto de A Guarda, en una atalaya al final del paseo marítimo y cuenta con dos colecciones: una etnográfica con una muestra de las antiguas artes de pesca y sus aparejos y otra malacológica, con una selección de conchas de mar procedentes de todo el mundo.
Una parte del patrimonio inmaterial está recogido en vídeos editados por el Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" y "Tesouros vivos".
Taxas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 años
•Gratuito el primer sábado de cada mes y el Día de los Museos (18 de mayo).El horario de verano hasta el 15 de septiembre, será de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h los sábados, domingos y festivos.
Verano cargado de actividades para todas las edades en A Guarda
Fecha desde el 14 de Julio de 2020
hasta el 31 de Agosto de 2020El Ayuntamiento destaca la realización de actividades seguras, manteniendo las medidas de higiene y seguridad vigentes en cada momento, estableciendo las citas e inscripciones previas para evitar aglomeraciones.
Ampliar contenidoEl Ayuntamiento de A Guarda viene de publicar el calendario de actividades recogido en la Agenda de Verano 2020 y en la que aparecen reflejadas todas las propuestas culturales, formativas, turísticas, deportivas y de ocio que estarán a disposición de toda la ciudadanía guardesa y visitantes a lo largo de los meses de verano.Estas actividades están gestionadas a través de los departamentos de Cultura, Información Juvenil, Deportes, Patrimonio y Turismo y tendrán inicio ya la próxima semana con actividades programadas para todas las edades y gustos y que pretenden mantener entretenidos a vecinos y visitantes, pero teniendo en cuenta también las medidas de higiene y seguridad por el COVID-19, por lo que la amplia mayoría de ellas tendrán lugar en espacios abiertos y al aire libre, o bien con un aforo limitado.
La programación arranca a partir de la próxima semana con una propuesta de formación de la Omix para la juventud y con las visitas teatralizadas en el Castro de Santa Trega que se vieron suspendidas en el pasado mes de marzo. Ya en el fin de semana, el sábado 18 de julio las familias podrán acudir en el Auditorio de San Benito a la representación teatral de "Lázaro de Tormes" de la Compañía Pedras de Cartón, que estuvo recientemente en el Festival de Teatro Clásico de Almagro.
También darán comienzo las visitas a la embarcación O Piueiro que se repetirán los martes y jueves del verano (excepto el 23 de julio), las visitas regulares al Monte Santa Trega (de viernes a domingo) y las visitas de naturaleza que se sucederán cada domingo de julio y agosto.
La programación continuará a partir de aquí con nuevas propuestas de la Omix para la juventud y las familias que se realizarán en el Castelo de Santa Cruz y nuevas propuestas culturales entre las que destaca el Cinema na Rúa, en la Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret en el Auditorio de San Benito el 25 de julio y actividades culturales para los pequeños protagonizadas por la Gramola Gominola (30 de julio) y Peter Punk el 15 de agosto. Un concierto de la Orquesta Clásica de Vigo y su sección de Cuerda y la obra teatral Pelos na Lingua serán las propuestas culturales para cerrar el mes de agosto: los sábados 22 y 29. En el ámbito deportivo el 1 de agosto está prevista la segunda edición de la Carrera de Orientación, pensada para participar en familia y una travesía en Kayak para el 27 de agosto
Además de estas propuestas aún se está a trabajar en concretar conciertos para la juventud y alguna nueva propuesta deportiva, de las que informaremos próximamente.Programa:
Actividades julio
Martes y miércoles 14-15 julio.- Taller de fotografía con el móvil para la juventud. De 11:00h a 13:00h en el Castelo de Santa Cruz. Inscripción previa en la Omix (informacion@aguarda.es)
Sábado 18 julio.- Teatro infantil "Lázaro de tormes", 20:00h. En el Auditorio de San Benito. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
Martes y miércoles 21-22 julio.- Taller de vídeo para la juventud. 11:00h a 13:00h. en el Castelo de Santa Cruz. Inscripción previa en la Omix (informacion@aguarda.es
Xoves 23 julio.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. En la Praza do Reló, a las 22:30h.
Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)Viernes 24 julio.-
Juegos y actividades en familia: juegos y movimiento. Por la tarde en el Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función de las edades de los niños. Información y inscripciones en la Omix (informacion@aguarda.es)
Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo (986 614546 o en correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Sábado 25 julio.- Espectáculo "Flashtop cabaret", en el Auditorio de San Benito a las 20:30h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Jueves 30 julio.- Conceirto de Gramola Gominola, en el Castelo de Santa Cruz a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Viernes 31 de julio.-
• Juegos y actividades en familia: Manualidades naturales. Por la tarde en el Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función de las edades de los niños. Información e inscripciones en la Omix (informacion@aguarda.es)
• Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo (986614546 ou en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)Actividades agosto
Sábado 1 agosto.- Carrera de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscripciones en deportes@aguarda.es
Viernes 14 agosto.- Cinema na rúa "O último verán na escocia" (versión doblada en gallego). 22:30h. en la Praza do Reló. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 15 de agosto.- "Punkdemia" en el Castelo de Santa Cruz a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Viernes 21 de agosto.- Noche de estrellas en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Sábado 22 de agosto.- Concierto de la Orquesta Clásica de Vigo, sección de cuerda. En el Castelo de Santa Cruz, a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)Viernes 28 de agosto.- Cinema na rúa "Mr.Link" . 22:30h. en la Praza do Reló. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 29 de agosto.- Teatro "Pelos na lingua". En el Auditorio de San Benito a las 20:00h. Inscripción previa en el Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Actividades regulares durante julio y agosto, a partir del 14 de julioMartes y jueves (excepto el 23 de julio).- Visitas al Volanteiro O Piueiro. A las 20:00h. Información e inscripciones en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Miércoles "A viaxe de Exeria ao castro", Visitas teatralizadas en el Monte Santa Trega a las 18:00h. y a las 20:00h. Inscripción previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Viernes, sábados y domingos.- Visitas guiadas al Monte Santa Trega. Inscripción previa en el MASAT 986610504 o en el correo electrónico masat@aguarda.es
Domingos.- Domingos de naturaleza y agua, a las 10:00h. (Diversos recorridos por el litoral guardés). Información e inscripciones en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Continúan no Rosal as actividades ao aire libre da programación de verán
Fecha desde el 17 de Julio de 2020
hasta el 28 de Agosto de 2020Haberá visitas guiadas polos petróglifos do Rosal e concertos, cine e espectáculos de rúa polos barrios durante os meses de xullo e agosto
Ampliar contenidoA nova realidade mudou tamén a forma de vivir o verán no Rosal. Seguindo as recomendacións sanitarias para previr posibles riscos de contaxio, o Concello aposta este ano por ofrecer unha programación de verán ao aire libre para toda a familia na que os veciños e veciñas poderán desfrutar durante os meses de xullo e agosto de visitas guiadas, concertos, cine e espectáculos de rúa polos barrios. Todas as actividades terán aforo limitado e naquelas que se celebren nun recinto o público permanecerá sentado en cadeiras distribuídas de xeito que se manteña a distancia interpersoal e tomando todas as medidas de seguridade indicadas polas autoridades sanitarias. O Concello aposta este ano por ofrecer unha programación de verán ao aire libre e en pequeno formato para toda a familia na que os veciños e veciñas poderán desfrutar.
A axenda de verán, con arredor de 30 actividades, arrancará os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo coa XXVIII Feira do Viño do Rosal, unha feira virtual moi especial cunha ampla programación para que a veciñanza desfrute na súa casa dos caldos da comarca. Tras a feira as protagonistas serán as visitas guiadas polos petróglifos do Rosal, tres saídas (22 de xullo e 5 e 26 de agosto) totalmente gratuítas para a que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao Concello (986 62 50 00). Estas visitas terán un aforo limitado a 10 persoas. A primeira saída será aos petróglifos do Novello (encontro ás 21.30 h na casa do monte de Novás) e a segunda aos petróglifos da Portela.
Entre as visitas guiadas homologadas atópanse tamén as rutas polos Muíños do Folón e do Picón e polo Sendeiro dos Pescadores que organiza cada semana o Concello durante os luns e martes dos meses de xullo e agosto. Para esta actividade é necesaria inscrición previa a través da web municipal (http://visitasguiadas.concellodorosal.es ).
Actividades nos barrios
Cine, espectáculos musicais e teatro de rúa tamén estarán moi presentes este verán no Rosal. O Concello levará estas actividades polos distintos barrios pensando en achegar a oferta cultural a toda a veciñanza sen ter que desprazarse. Filmes como ‘Vilamor', ‘O que arde' ou ‘Do revés'; espectáculos de Tanxarina Teatro, Circo Chosco ou Ce Orquestra Pantasma; música como O Sonoro Maxín, Blues do País, Dextrum Ensemble, Os Folieiros ou Xacobe Martínez Antelo Trío... serán algunhas das citas previstas para este verán.
Todas estas actividades complementaranse co Cámara Fest, dez concertos de grupos de cámara organizados pola Agrupación Musical do Rosal. Estas actuacións concentraranse na segunda e terceira semana de agosto, coincidindo coas datas na que se celebraba o tradicional Festival de Músicos Xoves que leva organizando dende hai xa 30 anos a Agrupación Musical e que este verán non poderá celebrarse debido a todas as medidas de prevención que se deben tomar tras a pandemia, xa que a Agrupación conta con máis de 70 músicos e non hai espazos para que poidan actuar garantindo a seguridade e saúde de todos e todas. Deste xeito, Concello e Agrupación Musical coordinaron as súas actividades de verán para ofertar unha ampla programación polos barrios de todo o municipio.
En todas as actividades o Concello manterá o aforo limitado, establecerá unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre, colocará cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, desinfectará as cadeiras antes de cada evento e colocará xel hidroalcohólico na entrada.
Actividades familiares
Atendendo a todas as recomendacións e medidas de prevención marcadas polas autoridades, o Concello do Rosal decidiu este ano apostar por ofertar actividades familiares ao aire libre e non organizar campamentos de verán, que por normativa sanitaria teñen que facerse ao aire libre, durante espazos de tempo curtos, centrado en actividades de realización autónoma, evitando a proximidade física e cun máximo de 25 persoas, incluíndo ao monitor/a ou guía. Ademais, todas as actividade físicas conlevan n maior risco de contaxio, requiren unha maior distancia de seguridade e son incómodas de realizar coa máscara posta.PROGRAMACIÓN COMPLETA17, 18 E 19 DE XULLO: FEIRA DO VIÑO
22 DE XULLO
21:30 h. Visita guiada aos petróglifos do Novello con saída da Casa do Monte de Novás: Inscrición no Concello.
23 DE XULLO
22:00 h. ALAMEDA DE SAN MIGUEL. CINE: ‘Vilamor'24 DE XULLO. O PILAR. PRAZA DO CALVARIO:
13:00 h. Intervención da Banda da Agrupación Musical do Rosal.
20:00 h. TANXARINA TEATRO: Titiricircus
22:00 h. CINE: ‘O que arde'25 DE XULLO. O PILAR. PRAZA DO CALVARIO:
22:00 h. Concerto: O SONORO MAXÍN.31 DE XULLO. FORNELOS (PRAZA)
22:00 h. Concerto: "BLUES DO PAIS"5 DE AGOSTO:
21:30 h. Visita guiada aos petróglifos da Portela. Inscrición no Concello6 DE AGOSTO: NOVÁS (CAMPO DE BALONMÁN)
22:00 h. CINE: ‘Do revés (inside Out)'11 DE AGOSTO: NOVÁS (CAMPO DE BALONMÁN)
21:00 h. CONCERT FEST. BRASS BAND "José Vicente Simeó"12 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 h. CONCERT FEST. Quinteto de metáis "Alfonso Ulloa"13 DE AOGOSTO: SAN XIÁN (TORREIRO)
20:00 h. CIRCO CHOSCO: "Riscando o ceo"
21:00 h. CONCERT FEST. Grupo de saxos "Emilio Rodríguez"14 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 h. CONCERT FEST. Ensemble de ventos "Nani Matos15 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
22:00 h. CONCERT FEST. Ensemble de madeira "Pepe Flores"16 DE AGOSTO: SAN MIGUEL (ALAMEDA)
21:00 h. CONCERT FEST. Grupo de saxos "Emilio Rodríguez"
CONCERT FEST. Grupo de clarinetes Klason18 DE AGOSTO: FORNELOS (ADEGA LAGAR DE CERVERA)
21:00 h. CONCERT FEST. Ensemble de madeira "Pepe Flores20 DE AGOSTO: TABAGÓN (PRAZA DO MAIO)
20:00 h. CE ORQUESTRA PANTASMA. Espectáculo infantil.
21:00 h. CONCERT FEST. Cámara da escola.21 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 h. DEXTRUM ENSEMBLE. Cuarteto de saxofóns.21 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
21:00 h. CONCERT FEST. DEXTRUM ENSEMBLE. Cuarteto de saxofóns22 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
22:00 h. CONCERT FEST. BRASS BAND "José Vicente Simeó"26 DE AGOSTO:
21:30 h. Visita guiada aos petróglifos. Inscrición no Concello27 DE AGOSTO: MARZÁN (CAPELA DE S. VICENTE)
21:00 h. OS FOLIEIROS. Música tradicional28 DE AGOSTO: EIRAS (LATERAL DA IGREZA)
21:00 h. XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO. Jazz
Tui presenta unha programación ?segura- e comprometida coa cultura este verán
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 06 de Septiembre de 2020Será preciso facer reserva previa de entrada. Establécese un protocolo covid-19 en cada espectáculo. Coma novidade haberá autocine
Ampliar contenido"Volvemos á rúa!" é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba que "nin a COVID-19 puido coa programación cultural de Tui" e indicaba que a axenda cultural presentada hoxe reflicte "o compromiso coa cultura, que é fundamental, e o compromiso con todos aqueles axentes e actores culturais do noso concello que están pasando por un momento complicado e dende a administración temos o deber e a responsabilidade de prestarlles canto apoio necesiten, como fixemos xa con outros sectores". Nese senso lembraba que a "cultura tamén é un elemento de dinamización sociocultural e económico". Facía fincapé en que esta axenda cultural manifesta "o noso compromiso coa cultura, será un axente importante para a reactivación económica e será un incentivo para aqueles que nos visitan estes días". Facía amais o rexedor un chamamento á responsabilidade individual e colectiva cumprindo as normas establecidas en cada evento, que suporán tamén un esforzo importante para a organización desta programación.
Precisamente a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou as medidas con limitación de aforos, reserva previa de entrada,... que se porán en marcha para desenvolver esta programación con toda seguridade. Incidía Sonsoles Vicente en que "volvemos á rúa con sentidiño" engadindo que "pretendemos que a nosa cidadanía e as persoas dos arredores se acheguen a Tui, e sempre cumprindo coa normativa, poidamos disfrutar da nosa cultura na Praza de San Fernando, no Paseo da Corredoira, no Paseo Fluvial, na rúa Compostela e no aparcadoiro municipal".
A Axenda Corredoira Cultural recolle a véntena de eventos previstos este verán xunto a un avance da programación de outono.
Semanalmente están programados espectáculos os mércores, xoves e venres, actuacións de rúa os sábados e domingos, e concertos os domingos 26 de xullo e 16 de agosto.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concertos este verán na praza de San Fernando cun capacidade limitada a 100 espectadores. Será os mércores 15 e 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Amais no eido musical actuarán as charangas Cantos Somos e A Tu Ritmo o mércores 29 de xullo e o mércores 5 de agosto, respectivamente.
No Paseo da Corredoira os xoves haberá espectáculos de rúa con música e teatro con Píscore con "Concerto Singular" (16 de xullo), maxia con Dani García con "Don Gelati" (23 de xullo), teatro de monicreques con Fantoches Baj con "Os romeiros do caracol" (30 de xullo), novo circo con Sempre Arriba con "C´est pas possible" (6 de agosto), teatro con Ghazafelhos con "Acuario" (13 de agosto), e danza con Pistacatro con "Baila un vestido verde" (20 de agosto). A capacidade está limitada a 100 espectadores.
O cinema estará tamén presente nesta programación con dúas propostas. No Paseo Fluvial, con capacidade para 300 espectadores proxectarase "Súpez López" (17 de xullo), "E.T." (31 de xullo), "Peter Rabbit" (7 de agosto) e "Mascotas" (21 de agosto). Coma novidade haberá autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica con capacidade para 100 coches poderá visionarse "Grease" e "Jocker" os venres 24 de xullo e 14 de agosto, respectivamente. Será nunha pantalla de 150 m2 con sistema de son a través da sintonización da frecuencia FM que se indicará en cada proxección.
Para os domingo 26 de xullo e 16 de agosto están programados dous concertos a cargo de Leilía e Roi Casal con capacidade para 300 persoas e 150 de pé na rúa Compostela. Leilía celebra os seus 30 anos no mundo da música con "CantarElas" no que repasan os seus temas máis emblemáticos xunto a outros menos coñecidos. Mentres Roi Casal presentara "Son Galego, son Cubano".
Do 1 ao 7 de agosto celebrarase o XIV Música no Claustro, Festival de Música, Patrimonio e Creación no claustro gótico da Catedral de Tui, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
A música estará moi presente os sábados e domingos ás 21 h, entre o 18 de xullo e o 20 de setembro, con pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, folclóricos, pandereteiras... nunha aposta pola nosa cultura tradicional e os nosos grupos.
Reserva previa de entradas gratuítas en www.enterticket.es
Para acudir a cada un destes espectáculo do verán será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de tres por persoa, en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns da semana do espectáculo, até o mesmo día ás 12h.
Os accesos a cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do comezo salvo para o cinema que será 60 minutos antes, e para os concerto de Leilía e Roi Casal nos que o acceso será dende 90 minutos antes. Cómpre destacar que as entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.
En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.
Protocolo COVID19
Establécese amais un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espectáculo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara, que só se poderá quitar unha vez sentado, salvo no Teatro Municipal onde se deberá permanecer coa máscara posta todo o espectáculo. O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e débese ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu emprazamento nin a cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo.
Avance da programación de outono
A Axenda Corredoira Cultural presentada hoxe recolle tamén un avance a programación do outono.
Do 23 ao 27 de setembro poderemos gozar dunha edición especial de Play Doc, con propostas orixinais para todos os públicos, do 23 ao 27 de setembro. E en outubro o IKFEM celebrará a súa oitava edición para reactivar a cultura transfronteiriza.
Amais en outubro e novembro no Teatro Municipal está programados oito espectáculos. Parte dos mesmos foron reprogramados xa que estaban previstos para a primavera e tiveron que ser adiados debido ao confinamento. Así Samuel Diz presentará o 16 de outubro o seu novo traballo "Memoria da melancolía". Redrum representará o 23 de outubro "Idiota" e o 24 de outubro Galeatro Producións Escénicas "Carabela". Xampatito Pato porá en escena o 30 de outubro "Só", o 6 de novembro Teatro do Atlántico "Dúas donas que bailan" e o 7 de novembro Perez&Fernández "Aguratrat. Por último Teatro Avento Produccións achegará "Ummm! Unha comedia para chupar os dedos" e La Macana "Pink unicorns" o 20 e 21 de novembro, respectivamente.
Os Quinquilláns retoman as visitas teatralizadas na Guarda
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 29 de Julio de 2020Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto
Ampliar contenidoO Concello da Guarda repite a experiencia das visitas teatralizadas despois do grande éxito acadado no verán de 2019, a cargo da Compañía de teatro Os Quinquilláns. Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto, dous personaxes peculiares visitarán o Castro de Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender a todos os asistentes.Estas visitas teatralizadas forman parte do programa O Camiño Aguárdate, que dentro da convocatoria O Teu Xacobeo busca a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño de Santiago. A compañía Os Quinquilláns, será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do Castro da man da primeira muller peregrina, Exeria, quen trouxo ata a Península Ibérica o culto a Santa Trega. As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
O aforo de cada visita está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de protección.
Se queres acompañalos inscríbete neste formulario, indicando os teus datos.
https://forms.gle/FszaE4ocSLBGqJQZ6
Proposta de obradoiros e xogos en familia na Guarda
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 27 de Julio de 2020Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
Ampliar contenidoA OMIX do Concello da Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.O día 24 de xullo realizarase "Xogos e movemento", unha acción destinada a xogar ao aire libre, realizando xogos por equipos, xogos populares, xogos de ioga etc. Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: Grupo de 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h, neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30h a 17:30h, neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.
O día 31 de xullo, terá lugar o "Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto", nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h coa participación dunha persoa adulta e no caso de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30h a 17:30h.
Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande e para o grupo de maiores unha agulla de la.
Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
A Praza do Seixo concentra a actividade cultural do verán en Tomiño
Fecha desde el 17 de Julio de 2020
hasta el 29 de Julio de 2020A OMIX Tomiño, pola súa banda, organiza dous obradoiros, orientados a mozas e mozos do municipio
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño, tras redeseñar a programación cultural de verán por mor do Coronavirus, arrancou a súa axenda o pasado día 3 de xullo co concerto do grupo "De Vacas".
As actividades continúan este venres, 17 de xullo, con cinema ao aire libre na praza do Seixo e a proxección de "El Parque Mágico", ás dez e media da noite (22.30h).O venres seguinte, 31 de xullo á mesma hora e lugar, nova sesión de cine familiar, con "El regreso de Mary Poppins".
Xa en agosto, o sábado 8, ás 21 horas, o público infantil poderá gozar co pallaso Peter Punk, no espectáculo "Punkdemia", o novo espectáculo da compañía Peter Punk Pallaso, pensado e creado para todas as normalidades. Un espectáculo viral e divertido adaptado a todas as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.
O venres 14 ás 22.30h, concerto de Brassica Rapa, un grupo de ventos e percusión formado integramente por rapazas, que ten como finalidade a visibilización da muller no mundo do espectáculo, a través dun repertorio variado de diferentes estilos que van dende grandes éxitos do pop a bandas sonoras de películas ou cancións reivindicativas.
O sábado 22, chegarán os Monicreques con música, na obra "Acuario" (21.00h). Baseado no libro de poemas de María Canosa, esta obra ten coma propósito que a xente miúda, se achegue á poesía en lingua galega, á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico e mariño.
E pechando a programación, o venres 28 de agosto, a Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto, ás 22.30 horas.
Todos os espectáculos serán na Praza do Seixo, gardando as distancias e demais medidas de seguridade para previr contaxios.
IMPORTANTE: aínda que todas as actividades son gratuítas para o público, será necesario reservar a entrada, chamando de luns a venres en horario de mañá ao Concello (986 62 20 01).
Pecha o mes de agosto a Agrupación Musical de Goián, cun gran concerto na praza do Seixo, a partir das 22.30h.
IMPORTANTE: todas as actividades culturais son de balde pero é necesario reservar entrada chamando previamente ao 986622001 (máximo 5 lugares por persoa).
ObradoirosA OMIX Tomiño, pola súa banda, organiza dous obradoiros, orientados a mozas e mozos do municipio:
OBRADOIRO SILVESTRE DE PRENSADO DE FLORES (6 horas)
Neste obradoiro realizarase un paseo no exterior, recolectando flores e prantas da nosa contorna, e aprenderase todo o proceso de secado das flores cunha prensa de madeira que se ensinará a construír. Traballarase tamén na selección e composición das flores para crear o propio mini xardín nun bastidor. É unha moi boa ocasión para traballar a mirada e a creatividade mentres se goza dunha actividade ao aire libre.
Datas de realización: xoves 16 e 23 de xullo, de 10 a 13hCURSO DE FOTOGRAFÍA (8 horas)
O curso de fotografía estará baseado na iniciación á fotografía, onde se aprenderá a utilizar a cámara en modo manual para sacarlle o máximo partido e realizar as mellores fotografías. Todas as clases serán no exterior para que o alumnado practique coa cámara en todo momento.Datas de realización: luns 27 e mércores 29 de xullo, e luns 3 e mércores 5 de agosto, respectivamente, de 10 a 12h.
As inscricións deben facerse na web municipal (www.tomino.gal) e pódese solicitar máis información no whatsapp 604 062 369 ou nos correos electrónicos omix@tomino.gal e
Toda a programación que se ofrece cumpre cos requisitos necesarios para garantir a seguridade, protexer a saúde e minimizar o risco de contaxios.
O Concello da Guarda informa do prazo de consulta pública do Rexistro Municipal de Asociacións
Fecha desde el 20 de Julio de 2020
hasta el 31 de Julio de 2020A consulta pública estará aberta dende o día 20 de xullo de 2020 ata o día 31 de xullo de 2020
Ampliar contenidoO Concello da Guarda informa dos prazos para a consulta pública na que se solicitará a opinión dos suxeitos e as organizacións mais representativas afectados pola futura norma, con carácter previo á aprobación do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda.A consulta pública estará aberta dende o día 20 de xullo de 2020 ata o día 31 de xullo de 2020, os eventuais interesados poderán participar remitindo as súas contribucións na sede electrónica do concello: https://aguarda.sedelectronica.gal/
Se trata de establecer o marco xurídico regulador do Rexistro Municipal de Asociacións, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do marco territorial do Concello da Guarda, para coñecer a situación real das asociacións existentes, definir as liñas que impulsen a consolidación dun tecido social organizado e moderno que busque vías e se axuste mellor aos intereses dos cidadáns de hoxe, para participar e actuar nos asuntos que lles preocupan.
Para a creación do Rexistro Municipal de Asociacións no Concello da Guarda fai necesaria a aprobación dun regulamento que estableza o seu contido, finalidades, dereitos e obrigas das asociacións que soliciten a súa inscrición, así como fixar o seu obxecto, que será permitirlle ao Concello da Guarda coñecer o número de entidades existentes no municipio, os seus fins, representatividade e incidencia, para os efectos de posibilitar unha política municipal adecuada que contribúa a fortalecer o tecido asociativo do noso Concello.
Respecto da súa oportunidade, a ausencia dunha regulación municipal sobre a materia fai recomendable o inicio da tramitación do procedemento de aprobación do regulamento, para regularizar a situación obxecto do mesmo e que se poida cumprir a finalidade do Rexistro Municipal de Asociacións.
O patrimonio das parroquias tudenses centra a exposición -Pérdete polo rural-
Fecha desde el 17 de Julio de 2020
hasta el 16 de Agosto de 2020A mostra pode visitarse até mediados de agosto na Oficina de Turismo de Tui
Ampliar contenidoUnha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición "Pérdete polo rural" que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui. Permanecerá aberta até mediados de agosto.
Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Cultura, Laureano Alonso, participaron na apertura da mostra canda aos promotores da mesma Telmo Alfaya e Antonio Lago.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou o seu agradecemento ao polifacético Telmo Alfaya nunha iniciativa que pon en valor todo o patrimonio existente ao longo do termo municipal de Tui. Pola súa parte o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacaba esta iniciativa de Telmo Alfaya e Antonio Lago á que dende o Concello de Tui foron sensibles dende o primeiro ante o interese que ten recompilar e recuperar o patrimonio existente nas distintas parroquias.
Diferentes pezas prehistóricas con talla lítica, os bosquexos dos que partiu o mapa visual, unha maqueta da conca do Miño cos petróglifos máis representativos en cada municipio, conforman esta mostra, que pretende tamén servir de guía para que o visitante poida despois realizar o roteiro polas parroquias tudenses. Así pódense coñecer os petróglifos, as fontes, as igrexas, os cruceiros, os muíños... que forman parte do noso legado patrimonial. O pintor Antonio Lago percorreu este lugares do rural tudense, ao longo de case un ano, para logo poder plasmar este elementos no mapa visual.
Amais o domingo 26 realizarán a "Ruta das Augas", un percorrido guiado por Cristian Lago para o que se ofertan 25 prazas. Comezarán ás 18 h cunha charla a cargo de Alberto Romero, e logo a ruta guiada. Contarán con todas as medidas de seguridade. Os interesados poden anotarse no 636 82 26 02.
Telmo Alfaya ideou esta exposición "Percorrendo o rural" dentro do proxecto que ten de crear un Museo da Prehistoria e un Museo do Rural Galego, no entorno do Pancho Cultural na Guía en Randufe.
Verão 2020: Cerveira aposta em programação cultural espontânea e itinerante
Fecha desde el 18 de Julio de 2020
hasta el 31 de Agosto de 2020Todos os fins-de-semana, entre 18 de julho e 31 de agosto, estão previstos pequenos concertos ao ar livre e animação de rua, além da ornamentação única de espaços públicos e da realização da reconhecida bienal.
Ampliar contenido‘Cerveira - Verão em Movimento, ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' e a ‘XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira' são os três produtos readaptados com que Vila Nova de Cerveira se apresenta neste período de verão atípico devido à pandemia Covid-19. Todos os fins-de-semana, entre 18 de julho e 31 de agosto, estão previstos pequenos concertos ao ar livre e animação de rua, além da ornamentação única de espaços públicos e da realização da reconhecida bienal.
"Quem está habituado a usufruir de um verão de excelência em Vila Nova de Cerveira não vai ficar dececionado". A garantia é dada pelo Presidente da Câmara Municipal que realça "uma mudança de paradigma e um esforço de adaptação para continuar a ter um Verão animado e com cultura, como é apanágio e tradição na ‘Vila das Artes'". Fernando Nogueira enaltece a aposta em encontros de expressão cultural concretizados de forma "espontânea e itinerante", evitando a criação de aglomerados populacionais. E acrescenta: "Temos um otimismo controlado e temos de ser realistas. Precisamos de ganhar confiança, trabalhar com todas as precauções necessárias, e esperar a reciprocidade de quem nos visita".
Deixando de parte os grandes concertos afetos às ‘Noites de Fado' e ao ‘Cerveira Acústica', o ‘Cerveira - Verão em Movimento', consiste num conjunto de 10 pequenos concertos dinamizados na sala de visitas do concelho, o Terreiro, com o objetivo de trazer artistas de todo o Alto Minho, com um duplo sentido: dar a conhecer o seu trabalho e, consequentemente, apoiar a cultura de proximidade.
Estes concertos estão agendados para as sextas-feiras e sábados às 22h00, a partir de 31 de julho até 29 de agosto, com Lean Cruz (31 de julho), Dário Rocha (1 de agosto), Paulo Baixinho (7 de agosto), Nuno Casais (8 de agosto), Tiago Garrinhas (1 de agosto), Intenso (15 de agosto), Eliseu Matos (21 de agosto), Eva Mina (22 de agosto), Serginho (28 de agosto) e Domingos Moça (29 de agosto). Dando cumprimento na íntegra das orientações da DGS e da legislação do Ministério da Saúde para os Espetáculos ao Ar Livre, o espaço será delimitado e a lotação restrita, havendo a possibilidade de estes momentos musicais serem usufruídos a partir das esplanadas envolventes.
O ‘Cerveira - Verão em Movimento' conta ainda com animação de rua itinerante, com música e teatro, entre 18 de julho e 30 de agosto. Sem horário fixo ou programa definido, os visitantes podem circular pelas principais artérias do centro histórico e desfrutar de cultura protagonizada pela Velha Lamparina e coletividades do concelho, sem provocar concentração de massas.
Habituado a provocar surpresa com recurso à criatividade de pormenor, o concelho de Vila Nova de Cerveira volta a encantar com uma ornamentação única de espaços públicos e ruas do centro histórico. A edição 2020 d' ‘O Crochet Sai à Rua' propõe um hino à arte da música, através da criação de peças em tamanho real e de outras com dimensões entre os 3 e 6 metros. Há maestros e pianistas, há palcos recriados e instrumentos musicais, há todo um cenário itinerante para um passeio em ambiente familiar.
A abrilhantar esta programação cultural de Verão 2020 encontra-se a XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira, de 1 de agosto a 31 dezembro de 2020, sob o tema "Diversidade-Investigação. O Complexo Espaço da Comunicação pela Arte". No total serão apresentadas mais de 350 obras de cerca de 370 artistas de 38 países que poderá conhecer, gratuitamente, ao vivo ou sem sair de casa, devido ao duplo formato: presencial e digital (com visita virtual).
Comezan as visitas guiadas aos petróglifos do Rosal
Fecha desde el 21 de Julio de 2020
hasta el 26 de Agosto de 2020É necesaria inscrición previa chamando ao 986 625 000 para participar na actividade, que terá un aforo limitado de 10 persoas.
Ampliar contenidoA programación de verán do Rosal continúa esta semana co arranque das visitas guiadas aos petróglifos do concello. Esta actividade ten programadas tres saídas totalmente gratuítas ao longo dos meses de xullo e agosto para visitar diferentes puntos do municipio no que se conservan estes gravados rupestres e coñecer máis detalles sobre a súa historia. As visitas guiadas terán un aforo máximo de 10 persoas e para poder participar é necesaria inscrición previa chamando ao teléfono 986 625 000. A inscrición poderá facerse ata o mesmo día da actividade ás 14.00 horas.
Primeira saída
A primeira visita guiada será este mércores 22 de xullo (21.30 h) aos petróglifos do Novello. Ao longo de aproximadamente dúas horas, as persoas participantes farán un percorrido circular a pé doado e de pouca lonxitude para visitar catro puntos con petróglifos e, se a noite o permite, facer unha observación do ceo nocturno. O punto de encontro será a Casa do monte de Novás (Camiño da Salgosa, 43) e os desprazamentos serán a pé. Ademais, para garantir a saúde de todos e todas, as persoas participantes deberán cumprir as medidas de prevención, levando máscara e gardando as distancias interpersoais de seguridade.
O vindeiro 5 de agosto (21.30 h) a visita guiada será polos petróglifos da Portela, unha saída na que se combinarán percorridos a pé e desprazamentos nos coches particulares dos participantes para visitar cinco puntos con petróglifos e, se a noite o permite, rematar a visita de novo cunha observación do ceo nocturno. Nesta ocasión o punto de encontro será o Alto da Portela (Camiño da Costeira, Coordenadas: 41.945878, -8.876238). Tratarase dun percorrido de dificultade baixa no que as persoas participantes deberán tomar tamén todas as medidas de prevención necesarias ante a COVID-19, levando máscara e respectando as distancias de seguridade.
O último percorrido terá lugar o 26 de agosto cunha ruta aínda por determinar. Os petróglifos elixidos para esta visita anunciaranse con anterioridade á data de celebración.
Continúa la programación de verano en A Guarda con cine, visitas guiadas, actividades en familia y mucho más
Fecha desde el 21 de Julio de 2020
hasta el 26 de Julio de 2020El Ayuntamiento de A Guarda continúa esta semana con el calendario de actividades recogido en la Agenda de Verano 2020
Ampliar contenidoEl Ayuntamiento de A Guarda continúa esta semana con el calendario de actividades recogido en la Agenda de Verano 2020 y en la que aparecen reflejadas todas las propuestas culturales, formativas, turísticas, deportivas y de ocio que están a disposición de toda la ciudadanía guardesa y visitantes a lo largo de los meses de verano.
Estas actividades están gestionadas a través de diferentes departamentos municipales y ya se iniciaron la pasada semana con actividades programadas para todas las edades y gustos y que pretenden mantener entretenidos a vecinos y visitantes, pero teniendo en cuenta también las medidas de higiene y seguridad por el COVID-19, por lo que tienen lugar en espacios abiertos y al aire libre y con un aforo limitado.
Continúan de esta forma las visitas a la embarcación O Piueiro que se repetirán los martes y jueves del verano (excepto el 23 de julio), las visitas regulares al Monte Santa Trega (de viernes a domingo) y las visitas de naturaleza que se sucederán cada domingo de julio y agosto.
La programación continúa con nuevas propuestas de la Omix para la juventud y las familias que se realizarán en el Castillo de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función de las edades de los niños. Información e inscripciones en la Omix (informacion@aguarda.es)
Destacan las nuevas propuestas culturales para esta semana, entre ellas el Cine en la calle, en la Praza do Reló con la proyección el jueves día 23 de "La Gallina Turuleca" a las 22:30h y un espectáculo de Cabaret en el Auditorio de San Benito el sábado 25 de julio a las 20:30h. Inscripción previa para estas actividades culturales en el Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
El viernes 24 de julio se celebrará la Visita de astronomía "Noche de estrellas" en el Puntal a las 23:00h. Inscripción previa en la Oficina da turismo (986 614546 ó en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
El domingo 26 continúan los "Domingos de naturaleza y agua", a las 10:00h. con diversos recorridos por el litoral guardés. Información e inscripciones en la Oficina de turismo 986614546 o en el correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Suspéndese o mercadillo semanal deste sábado pola festividade do Día de Galicia
Fecha desde el 25 de Julio de 2020
hasta el 25 de Julio de 2020O mercadillo semanal dos sábados retomarase o vindeiro 1 de agosto no entorno da Alameda da Guarda, como ven sendo habitual cos postos de roupa, complementos, froitas, hortalizas e embutidos.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda informa da suspensión do mercadillo dos sábados do vindeiro día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.
O mercadillo semanal dos sábados retomarase o vindeiro 1 de agosto no entorno da Alameda da Guarda, como ven sendo habitual cos postos de roupa, complementos, froitas, hortalizas e embutidos.
Tres proxeccións ao aire libre no cine de verán do Rosal
Fecha desde el 23 de Julio de 2020
hasta el 08 de Agosto de 2020A actividade arrancará esta semana coas proxeccións de ?Vilamor- na Alameda de San Miguel o xoves 23 de xullo e -O que arde- na Praza do Calvario o venres 24. Ás 22.00 h
Ampliar contenidoO cine ao aire libre chega esta semana ao Rosal para continuar coa programación de verán. O programa inclúe a proxección de tres filmes que se farán en distintos do municipio co obxectivo de levar as actividades aos distintos barrios e achegar a oferta cultural a toda a veciñanza.
O cine arrancará este xoves 23 de xullo coa proxección da película ‘Vilamor' na Alameda de San Miguel ás 22.00 h. Trátase dunha película dirixida polo galego Ignacio Villar ambientada nos anos 70 e que conta a historia de Breixo, un mozo altruísta e con boas intencións cara a todo o mundo que coñece aos habitantes dunha comuna que chegou á contorna da súa aldea. O rapaz, cunha familia moi tradicional, vese atraído axiña polo modo de vida dos membros desa comunidade, que buscan revivir a vila perdida de Vilamor, pero Breixo descobre que é moi difícil casar a súa educación e crianza con ese novo mundo.
A seguinte cita será o venres 24 de xullo (22.00 h) na Praza do Calvario, onde se proxectará ‘O que arde', un filme de 2019 de Oliver Laxe. Un drama que conta parte da vida do rural coa historia de Amador, un home que tras cumprir condena por provocar un incendio regresa á súa casa, unha aldea perdida de Lugo, onde volverá vivir ao ritmo tranquilo da natureza xunto á súa nai, o seu can e as súas tres vacas.
A última proxección será xa o xoves 6 de agosto (22.00 h) no campo de balonmán de Novás. O ciclo de verán pecharase co filme ‘Do revés (Inside Out), unha película de animación que se desenvolve na mente dunha nena, Riley Anderson, onde cinco emocións (Alegría, Tristeza, Temor/Medo, Furia/Ira e Desagrado/Asco) buscan guiala día a día na súa vida cotiá.
Nestas actividades haberá aforo limitado, establecerase unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre, colocaranse cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, desinfectaranse as cadeiras antes de cada evento e colocarase xel hidroalcohólico na entrada.
Chega a Tui a exposición -Río Miño: memorias transfronteirizas-
Fecha desde el 22 de Julio de 2020
hasta el 07 de Agosto de 2020Do 21 de xullo a 7 de agosto no espazo Anexo da Sala Municipal de Exposicións
Ampliar contenidoDende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra "Río Miño: memorias transfronteirizas". A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.
Na exposición "Río Miño - memorias transfronteirizas" os visitantes poden contemplar primeiro as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Despois, mergullarse no seu interior para coñecer unha trampa de pesca da lamprea e as súas especies acuáticas máis icónicas.
En itinerancia por dez municipios transfronteirizos durante o ano de 2020, esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan na súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.
Os 75,5 km finais do río Miño están plenos de memorias e lugares marabillosos. Antes de chegar ao mar, o río asume aquí a tarefa de dividir dous países mais une unha cultura. Unha cultura plena de Tesouros Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta mostra acada en Tui unha singular relevancia, por canto a nosa cidade, xunto con Valença, conforman un espazo transfronteirizo único, pois o río Miño achega aínda mais a dúas cidades unidas polo territorio, pola cultura, pola vida común dos seus cidadáns. Non existen outras dúas cidades na fronteira hispano portuguesa cunha continuidade física como a que posúen Tui e Valença. O proxecto da Eurocidade trata de afondar nesta relación e interdependencia enriquecedora, e símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.
O Rosal celebra as festas do Pilar con música e un espectáculo para toda a familia
Fecha desde el 24 de Julio de 2020
hasta el 25 de Julio de 2020Tanxarina Teatro chegará co seu ?Titiricircus- o venres 24 (20 h), mentres que o sábado 25 será a quenda do concerto de O Sonoro Maxín (22h).
Ampliar contenidoO Rosal celebra este 24 e 25 de xullo as súas tradicionais festas na honra da Virxe do Pilar cunha programación cultural na Praza do Calvario na que a música e o entretemento para toda a familia son os grandes protagonistas. Así, as festas comezan este mesmo venres 24 de xullo con Tanxarina Teatro e o seu ‘Titiricircus' (20.00 h), un espectáculo de marionetas de fío que transportará ao público ás tardes de circo a través de distintas personaxes que van recordando as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo...
Tras o circo de Tanxarina, a Praza do Calvario deixará espazo para a proxección de ‘O que arde' (22.00 h), un filme de Oliver Laxe galardoado con dous premios Goya que se desenvolve nunha zona rural de Galicia e que aborda o problema da desaparición do medio rural a causa dos incendios forestais.
O sábado 25 de xullo será a xornada musical das festas do Pilar. O día comezará coa actuación ás 13.00 horas da primeira actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal ao completo tras a crise sanitaria. Será un concerto curto no que os seus máis de 70 músicos estarán de pé, gardando a distancia interpersoal de seguridade e na que todos e todas as integrantes da banda farán un esforzo por deleitar coa súa música ao público, xa que o elevado número de compoñentes dificulta atopar escenarios nos que poidan tocar. Dende o Concello quérese agradecer á Agrupación Musical este detalle de agarimo co seu público.
Xa pola noite será a quenda do concerto de O Sonoro Maxín (22.00 h). O grupo naceu no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, e dende entón percorreron toda a xeografía galega con concertos nos que compartiron escenario con músicos como Manu & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Todas estas actividades serán de entrada libre ata completar aforo. Estableceranse ademais todos os protocolos sanitarios de prevención, mantendo unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre, colocando cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, desinfectando as cadeiras antes de cada evento e colocando xel hidroalcohólico na entrada.
A Guarda acolle o 1 de agosto unha actividade de Orientación
Fecha desde el 24 de Julio de 2020
hasta el 01 de Agosto de 2020A proba dará comezo ás 10:00h dende o Castelo de Santa Cruz, e consistirá en atopar, en orde, unha serie de puntos (denominadas balizas), espalladas polo entorno urbano do Concello.
Ampliar contenidoO vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello da Guarda.Esta actividade, dirixida por Xesta Natureza, levará aos participantes polo casco urbano da Guarda, contribuíndo ao coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e arquitectónico pero tamén desvelará recunchos singulares.
A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán 3 categorías diferentes: Xestiñas (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto), Xestas (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica), e Xesteiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en Orientación).
A proba dará comezo ás 10:00h dende o Castelo de Santa Cruz, e consistirá en atopar, en orde, unha serie de puntos (denominadas balizas), espalladas polo entorno urbano do Concello. Para iso os participantes disporán dun mapa especificamente creado para este tipo de carreiras, e aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo/persoa gañador será aquel que faga correctamente o seu percorrido no menor tempo posible.
Os participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle facilitará a organización, para comprobar que o percorrido realizado é válido. Cabería salientar tamén que esta proba terá horarios de saída escalados, de xeito que ningunha persoa/equipo sairá ao mesmo tempo que outra co mesmo percorrido.
Ao rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento para tódolos participantes, onde poderán comprobar en tempo real os resultados, grazas a un código qr impreso no mapa.
Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020
1ª proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica éste sábado en Tui
Fecha desde el 25 de Julio de 2020
hasta el 25 de Julio de 2020O vindeiro sábado día 25 de xullo, en Tui a partir das 11:00 horas
Ampliar contenidoO vindeiro sábado día 25 de xullo, en Tui a partir das 11:00 horas celebrarase a "1ª proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica".
Ésta será a 5ª edición do Campionato, cuia principal pretensión é o fomento do deporte náutico en persoas con discapacidades físicas.
Trátase de probas de regularidade, e son unha mezcla de competición, pericia e demostración de coñecimentos náuticos, nas que cada equipo (formados por duas persoas), cunha embarcación adaptada para persoas con discapacidades de distintos grados, fai un percorrido tipo slalom de aproximadamente ¼ de milla e no que se valora o tempo, o correcto viraxe de boias, maniobras de atraque, maniobras de fondeo, ...
A VI Ruta histórica de Tui terá lugar o 8 de agosto
Fecha desde el 24 de Julio de 2020
hasta el 08 de Agosto de 2020O sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui guiada por un historiador tudense.
Ampliar contenidoO sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui guiada por un historiador tudense.
Esta ruta, de aproximadamente 4 quilómetros e saída desde a praza da Inmaculada ás 21:00 horas, levaranos a coñecer distintos aspectos da historia tudense, centrándonos este ano en percorrer e dar a coñecer a antiga muralla de Tui. A ruta rematará na Alameda de san Domingos para degustar unha queimada do mestre Gabi onde tamén haberá unha chocolatada para os máis cativos, xa no final faremos un sorteo con diversos agasallos.
Esta actividade ten un prezo de 6 euros para os maiores de 14 anos e de 4 euros para os de 14 anos ou menos.
Xa está toda a información e formulario de inscrición en www.andatui.es
Em Cerveira, com -O Crochet sai à Rua- a música é outra!
Fecha desde el 25 de Julio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Há maestros e pianistas, há palcos recriados e instrumentos musicais, há todo um cenário itinerante para um passeio em ambiente familiar, de 25 de julho a 30 de setembro!
Ampliar contenidoHabituado a provocar surpresa com recurso à criatividade de pormenor, Vila Nova de Cerveira volta a encantar com uma ornamentação única de espaços públicos e ruas do centro histórico. ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' 2020 propõe um hino à arte da música, através da criação de peças em tamanho real e de outras com dimensões entre os 3 e 6 metros. Há maestros e pianistas, há palcos recriados e instrumentos musicais, há todo um cenário itinerante para um passeio em ambiente familiar, de 25 de julho a 30 de setembro!
Vila Nova de Cerveira é reconhecida como a ‘Vila das Artes', por ter uma programação de verão de excelência, onde a música é, sem dúvida, uma das componentes mais destacadas. Contudo, vivemos um ano atípico provocado pela pandemia Covid-19, e por isso, a Câmara Municipal suspendeu os grandes eventos que cativavam aglomerados populacionais, à semelhança do que acontece um pouco por toda a região alto-minhota.
Não havendo, por exemplo, os emblemáticos concertos de verão, acústicos e de fado, e outras iniciativas musicais que evocam a tradição, o projeto comunitário ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' elegeu a temática da música, apresentando um conjunto de instrumentos de cordas, percussão e teclas, que recria uma banda sonora onde cada visitante pode associar, pela imaginação, uma melodia que lhe seja marcante.
Mais um ano, e o roteiro do crochet arranca em plena escadaria do edifício da Câmara Municipal, onde se encontra instalado um imponente piano, todo forrado a crochet, com pianista e outros pequenos pormenores que tornam este cenário convidativo para um primeiro registo fotográfico.
Caminhando até ao centro histórico, os olhares são desviados para um coreto de dimensões reais, com uma banda composta por sete músicos, dirigidos por um maestro, claro, todos bem fardados em crochet e de tamanho real. Depois o desafio é partir à descoberta de mais instrumentos pelas ruas do centro histórico que vão saltar à vista até dos mais distraídos pelas suas dimensões XXL. Com dimensões entre os 3 e 6 metros cada, há uma guitarra acústica, uma guitarra portuguesa, uma viola, uma harpa, uma harmónica e três bombos, resultado de uma estreita parceria entre a Câmara Municipal, algumas freguesias do concelho e a Santa Casa da Misericórdia.
Neste passeio de encantos artesanais, mantenha-se muito atento porque a euforia do crochet associada à temática da música contagiou estabelecimentos comerciais que exibem montras arrojadas, bem como residentes que tornaram as suas varandas palcos de arte.
Pelo cariz comunitário, pela espetacularidade e pela originalidade, desde a sua primeira edição em 2014, o projeto ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' conquistou o seu lugar na programação cultural de Vila Nova de Cerveira, além de se apresentar como uma referência turística do Alto Minho, com grande impacto nacional, na Galiza e mesmo além-fronteiras.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

