Agenda
Próximos Cursos de Apicultura en O Rosal para el mes de julio de 2021
Fecha desde el 07 de Mayo de 2021
hasta el 01 de Julio de 2021Os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura
Ampliar contenidoNOTA:
Los cursos programados para Julio se posponen temporalmente, avisaremos próximamente de lasnuevas fechas para su realización
Os informamos que en el próximo mes de julio de 2021, gracias a la colaboración de nuestros amigos de www.cursosapicultura.com os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura con el siguiente calendario:
1 y 2 de julio: Curso apicultura avanzada(Manejo productivo sostenible de colmenas)
3 y 4 de julio: Curso de iniciación a la apicultura
Información y reservas:
http://www.cursosapicultura.com
o en el 622 749 603
AGACA organiza en Camposancos o obradoiro -Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais-
Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
hasta el 09 de Julio de 2021Terá lugar no mes de xullo no local da CCMMVV de Camposancos, inscricións abertas en www.agaca.coop agaca@agaca.coop e no tel 981 584783
Ampliar contenido5,6,7,8,9 DE XULLO DE 2021
Local da CCMMVV Camposancos. Subida a Iglesia- Camposancos
Horario: 16:00h-19:00h
PROGRAMA:
- INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
- GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES
- FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES
- TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
- INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL. O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
- AXUDAS, SUBVENCIÓNS OU BENEFICIOS FISCAIS regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes
INSCRICIÓN GRATUÍTA!
Infórmate:
www.agaca.coop
agaca@agaca.coop
Tlfno. 981 584783P R O G R A M A
1ª Sesión: Luns 5 de xullo 16:00h a 19:00h
INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
-“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.
- O cultivo de olivas nos montes comunais.
- A eficiencia enerxética
- Crianza e comercialización de porco celta
- O cultivo da castaña.
- Outras alternativas…
D. Higinio Mougán Bouzón
Director-Xerente de AGACA
2ª Sesión: Martes 6 de xullo 16:00h a 19:00h
GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:
-Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.
-Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.
-Libros das comunidades: censo, actas e contas.
-Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.
-Estatutos e normas internas. Réxime electoral.
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
3ª Sesión: Mercores 7 de xullo 16:00h a 19:00h
FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:
-Bonificacións fiscais das comunidades de montes.
-Exención de IBI do monte veciñal en man común.
-Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.
-Tributación no Imposto sobre Sociedades.
-Catastro: procedementos de alteración e regularización.
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
4ª Sesión: Xoves 8 de xullo 16:00h a 19:00h
TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
-Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.
-Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.
-Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.
-Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.
-Plans e instrumentos de ordenación
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
5ª Sesión: Venres 9 de xullo 16:00h a 19:00h
INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
-Proxecto de ordenación forestal
-Documento compartido de xestión forestal
-Documento simple de xestión forestal
-Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
-Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
-Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados
-Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono
RELATOR:
Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de MontesOBXECTIVOS:
? Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
? Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
? Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
? Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Informática para nenas/os: formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán
Fecha desde el 31 de Mayo de 2021
hasta el 01 de Julio de 2021As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)
Ampliar contenidoA Aula CeMIT da Guarda organiza unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos).
Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.
As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)
Recordamos que tamén se están a realizar outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
O Centro Social O Fuscalho da Guarda celebra o seu IX Aniversario
Fecha desde el 03 de Junio de 2021
hasta el 26 de Junio de 2021O Centro Scoial O Fuscalho da Guarda celebra no mes de xuño o seu 9º aniversario cunha programación de actividades que terán lugar entre o 3 e o 26 de xuño, con presentacións de libros, palestras, roteiros e eventos gastronómicos con música.
Ampliar contenidoO Centro Scoial O Fuscalho da Guarda celebra no mes de xuño o seu 9º aniversario cunha programación de actividades que terán lugar entre o 3 e o 26 de xuño, con presentacións de libros, palestras, roteiros e eventos gastronómicos con música.
3 de xuño:
Ás 20:00h no Centro Cultural presentación do libro "Catas na memoria, a persecución franquista no Val Miñor".
4 de xuño:
Ás 20:00h no Fuscalho Palestra "A guerra silenciada no Saara"
19 de xuño:
Ás 10:00h na Praza de Sanxián Roteiro: "Impacto eólico no territorio"
26 de xuño:
Ás 21:00h no CS Fuscalho: "Ceia Convivio e pinchada"
Alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui ofrecerán concertos nos venres de xuño e na primeira quincena de xullo
Fecha desde el 04 de Junio de 2021
hasta el 09 de Julio de 2021A primeira cita será este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música
Ampliar contenidoA música soará nas rúas de Tui os venres do mes de xuño e na primeira quincena de xullo da man do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tui.
Con concertos e actividades, a realizar en horario de tarde, amosarán á poboación os froitos do traballo realizado ao longo deste curso 2020/21, que estivo marcado polas restricións derivadas da pandemia da covid 19.
A cita será os venres 4, 11, 18 e 25 de xuño e o 2 e 9 de xullo, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.
Este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira as alumnas e os alumnos de Música e Movemento da Escola de Música, xunto ao seu profesor, Eduardo Rodríguez, ofrecerán o primeiro concerto.
O Concello de Oia organiza en xuño 2 rutas guiadas para difundir o seu patrimonio
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 27 de Junio de 2021O domingo 13 realizarase a ruta circular do Mosteiro, mentres que o 27 haberá unha andaina pola Valga
Ampliar contenidoO Concello de Oia organiza dúas rutas guiadas no mes de xuño co obxectivo de dar a coñecer o legado cultural, natural e a beleza paisaxística do municipio. Estas dúas actividades forman parte dunha programación municipal que, ao longo deste ano, ofrecerá unha serie de propostas de lecer que combinan a actividade segura e ao aire libre (moi demandada durante a pandemia) coa divulgación e concienciación sobre o patrimonio local.
A primeira das dúas andainas desenvolverase o domingo 13 pola mañá e consistirá nun percorrido pola denominada Ruta do Mosteiro: un itinerario de sendeirismo circular sinalizado e de dificultade baixa de 8km de lonxitude. O punto de encontro será a oficina de turismo de Oia (10.00h.) e, desde aí, percorrerase os barrios do Arrabal e Chavella, o miradoiro e petróglifos da Pedreira (Santa María de Oia) e o barrio de Vilar en Pedornes, para facer a volta ao punto de partida polo Camiño de Santiago, pasando por diante do Mosteiro para chegar de novo á oficina de turismo.
A segunda proposta desenvolverase o domingo 27, cun percorrido de arredor dos 9km e de dificultade baixa no que as persoas participantes descubrirán a gran riqueza paisaxística, natural e patrimonial da Valga, na parroquia de Loureza. O punto de saída será o curro (10.00h) e, aproveitando diferentes tramos das rutas sinalizadas que hai nesta zona, pasará preto de zonas de braña, achegarase ata os muíños do río da Cal e espazos de ampla panorámica, para volver de novo ás inmediacións do curro.
As andainas inclúen guía (Amodo Turismo para Descubrir) e contarán cunha breve explicación dos principais valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos de cada zona; concienciando sobre a importancia de coñecelos e conservalos.
As dúas actividades son gratuítas e desenvolveranse seguindo as medidas de prevención fronte á COVID-19 en vigor en cada momento. As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou nos teléfonos 986.36.21.25 e 639.32.94.93.
Con estas dúas actividades no mes de xuño ábrese a programación municipal de rutas para este ano 2021. A iniciativa terá continuidade nos próximos meses con novas propostas pensadas para achegar o patrimonio local á veciñanza e visitantes a través de actividades de lecer saudable e en espazos ao aire libre.
Patrimonio, literatura, foto, música e moda, protagonistas culturais do mes de xuño no Rosal
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 27 de Junio de 2021A presentación do libro -Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás- dará o pistoletazo de saída a unha axenda cultural comprometida e diversa
Ampliar contenidoO Rosal volve a acoller este mes de xuño unha intensa axenda cultural na que o patrimonio, a literatura, a fotografía, a música e a moda serán os grandes protagonistas. “Teremos unha programación de primeiro nivel comprometida e diversa coa que conectar coa nosa memoria histórica e cultural e tamén coa contorna natural que tanto nos identifica”, explica a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández.
A primeira actividade será o domingo 13 de xuño coa presentación do libro ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, unha obras de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez coa que lle queren render merecida homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros. Será nun acto ás 19.30 horas no auditorio municipal. O seguinte venres, o 18 de xuño, os rosaleiros e rosaleiras terán unha cita co seu patrimonio inmaterial na presentación do proxecto Memoria Viva, unha iniciativa do Concello coa que busca salvagardar a cultura viva arraigada no Rosal. Será a partir das 20.00 horas con auditorio municipal.
O sábado 19 de xuño será a quenda da Agrupación Musical do Rosal, que organiza a audición de final de curso do alumnado da Escola de Música no auditorio municipal a partir das 20.00 horas. O xoves 24 será a quenda de Juan Galán, que presentará o seu libro ‘Romanza de los naranjos en flor’ na Biblioteca Municipal ás 19.30 horas.
A última actividade da programación cultural do mes de xuño será o sábado 26 de xuño a cargo do alumnado da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, que organizará en colaboración co Concello un desfile de moda na Praza do Calvario (22.00 h) para conmemorar o Día Internacional do Orgullo. Tras o acto, como en anos anteriores, haberá música e diferentes actividades relacionadas co colectivo LGTBI, photocall con accesorios e moitas cousas máis.
Xunto con esta programación de actividades, os rosaleiros e rosaleiras tamén poderán desfrutar do 7 ao 25 de xuño na Praza do Calvario da exposición ‘Bolboretas’, unha mostra da fotógrafa Laura Lago, profesora de Lingua Española no IES Antón Alonso Ríos, experta en bolboretas e fotografía de natureza.
O legado dos irmáns Flores en 220 páxinas
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez presentan este domingo 13 (19.30 h, auditorio municipal) un libro sobre a historia destes dous destacados rosaleiros
Ampliar contenido“É un xeito de recoñecemento e gratitude cara a dous seres marabillosos e as súas familias”. Con ese obxectivo naceu ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, un libro de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez no que os autores quixeron render unha merecida homenaxe a José e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros, testemuñas e elementos activos da vida social e cultural dos dous derradeiros terzos do século XX no concello do Rosal e no Baixo Miño.
Os autores presentarán esta obra, que contou coa colaboración do Concello do Rosal, este domingo 13 a partir das 19.30 horas no auditorio municipal. O acto celebrarase con aforo reducido e todas as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa entrada a través da páxina web do Concello. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas pola situación sanitaria.
Recollida da tradición oral
O libro recolle o legado dos irmáns Flores, que trascende máis aló das súas interpretacións musicais. Como salientan os autores na introdución da obra, José e Emilio Flores “interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega. E todo a partir dunha gaita, pois este foi o instrumento co que comezaron e o que espertou toda unha vida dedicada a divertir a un pobo nunha época realmente triste e escura da nosa historia máis recente”.
Unha historia que foron recompilando nun longo traballo de campo baseado fundamentalmente na tradición oral de homes e mulleres que abriron de par en par as portas da súa memoria aos dous autores. O resultado é un relato polifónico no que se percorren lugares e momentos desde perspectivas diferentes dunha historia escrita fundamentalmente a través das narracións dos propios Emilio e José, das súas donas, das súas fillas e fillos e das súas amizades.
Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez quixeron completar o libro cun DVD que inclúe un álbum fotográfico; partituras do repertorio dos Flores, entre as que destacan as compostas por José; diversas gravacións de audio e diferentes ligazóns a vídeos dos dous protagonistas cun alto valor documental e histórico.
Exposición
Por outro lado, a veciñanza xa pode desfrutar na Praza do Calvario dunha nova mostra ao aire libre. Trátase dunha exposición de fotografía que recolle as espectaculares imaxes captadas por Laura Lago, profesora de Lingua española no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e experta en bolboretas e fotografía de natureza. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 25 de xuño.
Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual é + Tui 2021
Fecha desde el 08 de Junio de 2021
hasta el 30 de Junio de 2021Celebrarase no mes de xullo nas instalacións deportivas de Tui
Ampliar contenidoO Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.
Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).
O Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 levarase a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. A finalidade deste campamento, é a de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral, incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, nos nenos e nenas que participen neles.
A primeira quenda realizarase do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 30 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo a opción de aula matinal, de 8.00 a 09.00 horas, e aula de sobremesa, de 14.00 a 15.00 horas.
As inscricións formalizaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tui ata o día 16 de xuño, ou no rexistro de entrada do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, solicitando cita previa no número de teléfono 687.227.190, debido ás medidas establecidas polo Concello de Tui para a prevención da COVID19. O prezo será de 30,56€ por quenda.
O Campamento de Verán “Igual é +” TUI 2021 conta con 130 prazas, das que se reservan 20 prazas en total para casos de exclusión social debidamente acreditados polos Servizos Sociais Municipais.
Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal, ou na sede electrónica do Concello de Tui.
El Monte Trega continúa con las visitas regulares guiadas
Fecha desde el 12 de Junio de 2021
hasta el 12 de Septiembre de 2021Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.
Ampliar contenidoEl próximo jueves día 17 de junio arrancan en A Guarda las visitas regulares guiadas al Monte Santa Trega, unas visitas que tendrán lugar los jueves, viernes, sábados y domingos hasta el 12 de septiembre.
Las visitas guiadas al Monte Santa Trega cuentan este año con tres espacios emblemáticos, como son el entorno de la ermita, el Castro de Calvo y el Castro del barrio de Mergelina, donde han realizado importantes tareas de re-excavación y consolidación para su puesta en valor.
El objetivo de estas visitas es poder realizar una visita completa de las maravillas que contiene el Trega, ya que contar con un guía oficial permitirá una interpretación del yacimiento y del patrimonio religioso.
Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038. La organización de las visitas en grupos reducidos permite una mayor comprensión y disfrute por parte de los participantes en las mismas. El punto de encuentro y de salida de estas visitas será en el aparcamiento de la antigua Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante la fase de excavación del barrio Mergelina se constató que el castro fue ocupado antes de lo que se pensaba, desde el siglo IV a.C. También se sacó a la luz 43 nuevas estructuras arquitectónicas que componen 11 unidades familiares y hasta 43.833 piezas, que formarán parte del próximo proyecto de musealización.
Destaca también la reciente intervención en el concheiro, que se encuentra al lado de la puerta Sur de entrada al castro del Monte Trega, y que constituía una especie de vertedero para sus habitantes. A día de hoy, es una fuente de información incalculable pues a través do su estudio podemos conocer numerosos aspectos de la vida cotidiana de las personas que vivieron en el castro.
Además A Guarda trabaja en el proyecto “Trega 2020+5” para desenvolver el potencial patrimonial, social, cultural y científico del castro do Trega a través de una actuación integral. Así este proyecto se desenvuelve en torno a tres ejes, recuperar y consolidar los sectores del castro excavados entre 1910 y 1930, mantener de forma sostenida en el tiempo el conjunto de las estructuras excavadas en el castro y expuestas al público e investigar y profundizar en el conocimiento arqueológico del castro con la finalidad de crear contenidos destinados a la divulgación y al incremento de la valorización del patrimonio.
El Mosteiro de Oia nos trae un verano cargado de planes de ocio y cultura
Fecha desde el 12 de Junio de 2021
hasta el 28 de Agosto de 2021Visitas guiadas, puestas de sol con música en directo, charlas culturales, y eventos para disfrutar de un Bien de Interés Cultural único a orillas del Atlántico.
Ampliar contenidoEl miércoles 23 de junio es la fecha de arranque de la programación cultural para un verano que se presenta cargado de planes.
¿Cómo podremos disfrutar del Mosteiro?
A través de las visitas guiadas que permiten conocer la historia del cenobio a través de sus interiores y exteriores, y que incluyen un recorrido por la exposición ”Los presos del Mosteiro. Memorias de la Guerra Civil española”. De esta experiencia se puede disfrutar de miércoles a domingo a través de sus cinco turnos diarios.
Pero además este verano la programación contempla ocho solpores con música en directo, eventos diseñados para que el público adulto pueda disfrutar de un entorno y una puesta de sol sin igual con una copa de vino de Quinta de Couselo, una bodega que comparte mucha historia con el Mosteiro. Estos eventos tendrán lugar los sábados de julio y agosto a las 19:30h. Entre los artistas seleccionados podréis ver a Adrian Timms, Najla Shami, Son Trío, La Supersonic, Lulavai, San Rockers, La Franga o Black Stereo.
Pero también volveremos a disfrutar de las conversas, en las que participarán ponentes que sabemos que van a aportar un gran valor por su papel en la cultura. El día 2 de julio será el momento de Antón Pombo, que nos hablará de ‘O Camiño Portugués da Costa: desafíos para o futuro’ y el 30 de julio y bajo el título “Espazos patrimoniais e artes escénicas. Ecos da Memoria” contaremos con Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego.
Los tickets para las visitas guiadas y todos estos eventos podrán adquirirse en la web www.mosteirodeoia.com
Pero esto no es todo, al igual que en el año 2020, el Mosteiro será testigo de la XI edición de A Emoción dos Viños, los días 19 y 20 de junio por la mañana y por la tarde. Un evento que hará las delicias de los asistentes y donde podrán compartir conocimientos y emociones en torno al vino, además de degustarlos y saborearlos con los propios elaboradores y elaboradoras.
Todos los eventos contarán con aforo limitado y protocolos COVID, de modo que se recomienda comprar los tickets con antelación.
A concellería de Igualdade presenta -TUI CON ORGULLO-, unha programación para loitar contra a LGTBIfobia
Fecha desde el 17 de Junio de 2021
hasta el 28 de Junio de 2021Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas son as actividades previstas
Ampliar contenidoMúsica, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o “Tui con Orgullo”. Trátase dun programa co que a Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGBTIfobia, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.
As actividades comezarán mañá xoves, 17 de xuño, co encontro lector da escritora Eva Mejuto, galardoada co Premio Clubs de lectura 2021, co alumnado de ESO e Bacharelato dos Institutos IES San Paio e o IES Indalecio Pérez Tizón. O encontro xirará entorno á obra “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega que trata a temática trans. Participará tamén no acto o activista trans Marcos Ceive.
O programa recolle tamén dúas conferencias para o público adulto que se celebrarán na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, o xoves 24 e o luns 28 de xuño, ás 20 h, con entrada libre ata completar capacidade. “A diversidade existe” será o título da charla prevista para o xoves 24 de xuño a cargo de Soledad Fernández Costas, en representación de Chrysallis Asociación Estatal de Familias de Menores Trans. Mentres o luns 28 a Asociación Trans Miño falará sobre a “Como naceu o movemento LGTBIQ+ en España”.
Para o público infantil haberá unha sesión de contos moi especial, a cargo de Sandra Prado Ansín, co título “Contos de todas as cores”. Será o propio luns, 28 de xuño, ás 18.30 h, na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Vai dirixida a público de 3 a 9 anos. A entrada é libre até completar a capacidade. Nesta actividade a través de contos e xogos veremos que hai moitos tipos de familias, de formas de ser e de querer, e que todas son válidas se hai amor e respecto.
A parte máis lúdica deste programa conta coa colaboración da Concellería de Cultura. Será o domingo, 27 de xuño, ás 13 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira da man de Lucía Aldao e María Lado, cun espectáculo poético musical chamado “O BEN QUERER(SE)”, en sesión vermú.
Con “Tui con orgullo” a Concellería de Igualdade inaugurou no Concello de Tui unha nova liña de traballo cara á visibilización e dignificación da diversidade de sexo en xénero, de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, libre de discursos de odio e respectuosa coas distintas formas de ser e de querer.
Tui conmemora o Día Internacional de Tecer en Público con -Teje Tui 2021-
Fecha desde el 17 de Junio de 2021
hasta el 30 de Junio de 2021A proposta é tecer un granny ou cadradiño da avoa, de gancho ou calceta e acercalo a calquera dos colaboradores, onde o trocan por unha participación para o sorteo de diversos lotes teceriles que se levará a cabo o vindeiro 3 de xullo.
Ampliar contenidoDurante todo o mes de xuño organízase Teje Tui 2021, a III edición deste evento que naceu para conmemorar o Día Internacional de Tecer en Público.
Este ano, debido á pandemia, cambia o formato da habitual quedada teceril e da paso a unha acción creativa nos establecementos colaboradores de Tui, Tomiño e Marín.
A proposta é tecer un granny ou cadradiño da avoa, de gancho ou calceta e acercalo a calquera dos colaboradores, onde o trocan por unha participación para o sorteo de diversos lotes teceriles que se levará a cabo o vindeiro 3 de xullo.
A data límite para participar é o 30 de xuño e pódese participar cun máximo de 8 cadradiños, un por cada colaborador, que son:
EN TUI
- Abalorios MyR
- Elia Lanas
- Fiadeiras
- Ideas, Artesanía e Complementos
- Obradoiro Cucapuntoes (no mesmo local que Abalorios MyR)
EN TOMIÑO
- Mercería Chantilly
- Mercería O Fío
EN MARÍN
- Labores y Patchwork
Máis información no Facebook ou Intagram de @TejeTui ou nos própios establecementos colaboradores
Unidad móvil de donación de sangre el viernes 25 y sábado 26 en Tui
Fecha desde el 25 de Junio de 2021
hasta el 26 de Junio de 2021Hoy habrá muchas personas en los hospitales que necesitan recibir una transfusión de un componente de sangre, porque hay que operarlas, transplantarles un órgano, padecen cancer, tuviron un accidente de tráfico, una hemorragia....
Ampliar contenidoVIERNES 25
TUI
UNIDADE MOBIL NA RÚA
ALCALDE CASAL ABOY
(AO CARON DO
CENTRO DE SAUDE NOVO)10:00 - 14:00
16:00 - 21:00SÁBADO 26
TUI
UNIDADE MOBIL NA RÚA
ALCALDE CASAL ABOY
(AO CARON DO
CENTRO DE SAUDE NOVO)10:00 - 15:00
Érguete Baixo Miño convoca Asamblea Xeral 2021
Fecha desde el 25 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021O venres día 25 de Xuño de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria
Ampliar contenidoCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIAS/OS ANO 2021
A Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño convoca a todas/os as/os socias/os a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o venres día 25 de Xuño de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social respectando o protocolo COVID-19, e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA:
1º Aprobación se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2020
2º Aprobación se procede, das Contas anuais do exercicio 2020
3º Aprobación se procede, do Orzamento Económico do exercicio 2021
4º Aprobación se procede, Memoria Actividades 2020
5º Aprobación se procede, Plan de Traballo 2021
6º Rogos e preguntas.
Para calquera aclaración poden contactar nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou no correo electrónico info@erguete.org
Oia acolle este venres a presentación do libro -Romanza de los naranjos en flor-
Fecha desde el 25 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021O acto desenvolverase ás 20.00h no Centro Sociocultural de Pedornes con aforo limitado
Ampliar contenidoO Centro Sociocultural de Pedornes acollerá este venres ás 20.00 horas a presentación do libro Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galán. O acto terá entrada libre ata completar aforo, limitado a 40 persoas segundo as medidas vixentes contra a COVID-19.
A presentación do libro, que ten Oia como unha das súas localizacións, contará coa participación do propio autor, o historiador Fernando Javier Costas Goberna e a alcaldesa, Cristina Correa.
Romanza de los naranjos en flor é unha combinación de novela histórica e de intriga ambientada en tempos da guerra civil española. Conta a historia de dous personaxes: Alfonso Castro Weiss, falangista coruñés, avogado e fillo de republicano nacido en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista ovetense afiliado á CNT. As vidas dos dous transcorrerán paralelamente, sen que exista ningún vínculo entre eles; ata que, nun momento dado, acaban confluíndo no campo de concentración do Mosteiro de Oia: Alfonso como inspector da ICCP (Inspección de Campos de Concentración de Prisioneros) e Miguel como recluso.
O Concello de Tui conmemora o CXXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia (1891-2021) cun recital poético
Fecha desde el 25 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021Será o venres 25 de xuño ás 20,00 h na Praza de Frómista
Ampliar contenidoO Concello de Tui, a través da súa concellaría de cultura, conmemorará esta semana o CXXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.
Esta conmemoración consistirá na celebración dun recital poético este venres, 25 de xuño ás 20.00 horas na Praza de Frómista (fronte ao Teatro Principal que acolleu os actos centrais destes Xogos Florais), titulado “Xela Arias no século XXI”. Un recital que reunirá as compañeiras de xeración da escritora galega a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O acto estará presentado pola escritora Susana Trigo e contará coa presenza de Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e María Xosé Queizán.
A parte musical deste recital poético estará a cargo da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui. O cartel desta conmemoración foi deseñado por Enrique Maté Sánchez.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, estes actos conmemorativos do CXXX aniversario da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia, “sitúan por uns días a nosa cidade como protagonista no ámbito da cultura de Galicia e evidencian unha vez máis, a singular achega de Tui á cultura de Galicia realizada ao longo do tempo, salientando este acontecemento dos Xogos Florais que supuxeron a recuperación da nosa lingua no ámbito público”.
Recital poético
O recital poético contará, de xeito extraordinario, coa presenza das compañeiras de xeración de Xela Arias nun recital único neste ano dedicado á figura de Xela Arias.
Ana Romaní (Noia, 1962). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa de humor “A Viborona” en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 ata xullo de 2018 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Ana Romaní é membro da Real Academia Galega, Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España en 2018. Publicou os poemarios “Palabra de Mar” (Ed. Espiral Maior, 1987), “Das ultimas mareas” (Ed. Espiral Maior, 1994), “Arden” (Ed. Espiral Maior, 1998), “Estremas” (Galaxia, 2020) e “A desvértebra” (2020). Por este libro foille concedido, hai uns días, o Premio da Crítica 2020 á poesía en lingua galega. É autora tamén do conto "Marmelada de amoras" (Nova 33, 1997), e “Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos” (Ed Galaxia, 2003). Coordinou o volume de relatos “Narradio. 56 historias no ar” (Ed Xerais, 2003) promovido polo Diario Cultural da Radio Galega.
Cristal Méndez (Vigo, 1964), cantante e poeta, inicia a súa formación artística en Berlín e máis tarde en Galicia onde comeza a súa carreira como cantautora e funda o grupo "Mar de fondo". Gravou un disco de swing e bossa coa formación jazzística Crazy coraçao. Dirixiu e interpretou o espectáculo de música e poesía "A lei dá selva" (1999) e a performance de canto e poesía "Andamos a moer" (2001). Tamén participou como intérprete e compositora en varios espectáculos e montaxes teatrais como "Libreacan" (2002) ou "Cabral capricornio" (2003), este último baseado en textos seus. “Amizade con Mowgli” (Espiral Maior, 1997) foi o seu primeiro libro de poemas. A súa poesía tamén se atopa en revístalas “Dorna” e “Festa dá palabra silenciada”. Afincada en Barcelona desde o ano 2000, n 2018, retorna a Galicia para se establecer no Baixo Miño e continuar coa súa actividade como ensinante de canto.
Marga do Val (Vigo, 1964), nome literario de Marga Romero Lorenzo. É licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela w profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega. Crítica literaria e articulista en diversos medios, autora de varios poemarios ("Entre dunas", "Poemas pola memoria", "Sarabia", “A cidade sen roupa ao sol” pola que obtivo o Premio da Critica en 2011), da novela "O prognóstico da lúa" e de varias adaptacións teatrais para a compañía viguesa "Teatro Arte Libre", así como a tradución de diversas obras literarias: ” Cousas da rapazas”, de Peter Bichsel, en colaboración con Joachim Wormuth (Alfaguara, 1998), “A Casa da paixón”, de Nélida Piñón (Galaxia, 2006) e “Randea do alento”, de Herta Müller (Xerais, 2010) premio á tradución da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no ano 2011. Autora de diversos ensaios sobre Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Carolina Otero (La Bella Otero) e Lorenzo Varela. Marga do Val está estreitamente vinculada á nosa cidade.
María Xosé Queizán (Vigo,1939), foi Catedrática de Lingua e Literatura galega, impartindo clases nun IES de Vigo. Pioneira no feminismo en Galicia, é Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e colaboradora literaria de "La Voz de Galicia". É Directora da revista "Festa da palabra silenciada" e, dende 1999, da colección "As Literatas" de Edicións Xerais de Galicia. É Escritora, tradutora e conferenciante. En 1977 publicou o ensaio “A muller en Galicia” ao que lle seguiría en 1980 “Recuperemos as mans” e, en 1998, “Misoxinia e racismo na poesía de Pondal” (Laionvento). En 1989 publicou unha obra de teatro, “Antígona ou a forza do sangue”, coa que quedou finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. O seu primeiro poemario “Metáfora da metáfora” apareceu en 1991, seguido por “Despertar das amantes” en 1993 e “Fóra de min” en 1994. Como tradutora, figuran no seu haber pezas como: “O caderno azul de Marguerite Yourcenar”, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins Gilman. No outono de 2018 publicou en Xerais o libro de memorias “Vivir a galope”.
Susana Trigo Arcos (Vigo, 1964), escritora e profesora de ensino medio. Foi compañeira de Xela Arias no Vigo dos anos oitenta.
Xogos Florais
Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado integramente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega, premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía, converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador, sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".
Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista, integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente, xunto a Eduardo Caballero Canals, o cóengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén cóengo Manuel Lago González, Juan Álvarez Cardero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos, un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete "rexionalista" ou a función solemne de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dirixida polo mestre Manuel Martínez Posse.
Campus deportivo en Oia do 5 ao 16 de xullo
Fecha desde el 23 de Junio de 2021
hasta el 29 de Junio de 2021As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición nos teléfonos 645.823.657 e 639.329.493.
Ampliar contenidoOia acolle este verán unha nova edición do seu campus deportivo, que se celebrará do 5 ao 16 de xullo nas instalacións do campo de fútbol das Tornas e no CEIP Mestre Manuel García. Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, a programación incluirá actividades como fútbol, tenis e escalada, entre outras.
O campus está organizado polo Oiense CF e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (entre as 10.00 e as 14.00 horas) por parte de monitores titulados.
O prezo da inscrición é de 65 euros por neno (120 euros no caso de que asistan dous irmáns) e inclúe mochila, merenda saudable e equipamento. As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición nos teléfonos 645.823.657 e 639.329.493. O prazo permanece aberto ata o 29 de xuño.
Concerto de Trobadores & Soldadeiras em Valença Sexta-feira
Fecha desde el 25 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021Sexta-feira, 25 de junho, às 21h no Jardim Municipal de Valença
Ampliar contenidoO Jardim Municipal de Valença recebe o concerto “Trobadores & Soldadeiras” a cargo dos grupos Vocalis Contrasta e Ideal Fado, sexta-feira, 25 de junho, às 21h.
O concerto insere-se na programação do projeto “Encontro Luso – Galaico” e é a oportunidade para apreciar o grupo valenciano Vocalis Contrasta, da Academia de Música Fortaleza de Valença e o grupo Ideal Fado.
A entrada é livre, sendo que os bilhetes devem ser reservados através do e-mail: bilheteira@encontrolusogalaico.pt, ou recolhidos previamente na Biblioteca de Valença, a partir de, hoje, 23 de junho.
O Encontro Luso-Galaico propõe uma atenção renovada à herança cultural Galego-Portuguesa e à riqueza imaterial da música e da língua, mas também um esforço criativo de expansão deste património, através da produção de novos temas e músicas num trabalho com as comunidades.
Este projeto é cofinanciado pelo Norte 2020/ FEDER e conta com a parceria da Fundação Consuelo Vieira da Costa, da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, entre outros.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
