Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O legado dos irmáns Flores en 220 páxinas

Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez presentan este domingo 13 (19.30 h, auditorio municipal) un libro sobre a historia destes dous destacados rosaleiros

Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez presentan este domingo 13 (19.30 h, auditorio municipal) un libro sobre a historia destes dous destacados rosaleiros

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

“É un xeito de recoñecemento e gratitude cara a dous seres marabillosos e as súas familias”. Con ese obxectivo naceu ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, un libro de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez no que os autores quixeron render unha merecida homenaxe a José e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros, testemuñas e elementos activos da vida social e cultural dos dous derradeiros terzos do século XX no concello do Rosal e no Baixo Miño.

Os autores presentarán esta obra, que contou coa colaboración do Concello do Rosal, este domingo 13 a partir das 19.30 horas no auditorio municipal. O acto celebrarase con aforo reducido e todas as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa entrada a través da páxina web do Concello. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas pola situación sanitaria.

Recollida da tradición oral

O libro recolle o legado dos irmáns Flores, que trascende máis aló das súas interpretacións musicais. Como salientan os autores na introdución da obra, José e Emilio Flores “interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega. E todo a partir dunha  gaita, pois este foi o instrumento co que comezaron e o que espertou toda unha vida dedicada a divertir a un pobo nunha época realmente triste e escura da nosa historia máis recente”.

Unha historia que foron recompilando nun longo traballo de campo baseado fundamentalmente na tradición oral de homes e mulleres que abriron de par en par as portas da súa memoria aos dous autores. O resultado é  un relato polifónico no que se percorren lugares e momentos desde perspectivas diferentes dunha historia escrita fundamentalmente a través das narracións dos propios Emilio e José, das súas donas, das súas fillas e fillos e das súas amizades.

Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez quixeron completar o libro cun DVD que inclúe un álbum fotográfico; partituras do repertorio dos Flores, entre as que destacan as compostas por José; diversas gravacións de audio e diferentes ligazóns a vídeos dos dous protagonistas cun alto valor documental e histórico.

Exposición

Por outro lado, a veciñanza xa pode desfrutar na Praza do Calvario dunha nova mostra ao aire libre. Trátase dunha exposición de fotografía que recolle as espectaculares imaxes captadas por Laura Lago, profesora de Lingua española no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e experta en bolboretas e fotografía de natureza. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 25 de xuño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí