Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Próximos Cursos de Apicultura en O Rosal para el mes de julio de 2021

    Fecha desde el 07 de Mayo de 2021
    hasta el 01 de Julio de 2021

    Os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura

    NOTA:

    Los cursos programados para Julio se posponen temporalmente, avisaremos próximamente de lasnuevas fechas para su realización

    Os informamos que en el próximo mes de julio de 2021, gracias a la colaboración de nuestros amigos de www.cursosapicultura.com os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura con el siguiente calendario:

    1 y 2 de julio: Curso apicultura avanzada(Manejo productivo sostenible de colmenas)

    3 y 4 de julio: Curso de iniciación a la apicultura

    Información y reservas:

    http://www.cursosapicultura.com

    o en el 622 749 603

    Ampliar contenido
  • AGACA organiza en Camposancos o obradoiro -Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais-

    Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
    hasta el 09 de Julio de 2021

    Terá lugar no mes de xullo no local da CCMMVV de Camposancos, inscricións abertas en www.agaca.coop agaca@agaca.coop e no tel 981 584783

    5,6,7,8,9 DE XULLO DE 2021

    Local da CCMMVV Camposancos. Subida a Iglesia- Camposancos

    Horario: 16:00h-19:00h

    PROGRAMA:

    • INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL. O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    • AXUDAS, SUBVENCIÓNS OU BENEFICIOS FISCAIS regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes

    INSCRICIÓN GRATUÍTA!
    Infórmate:
    www.agaca.coop
    agaca@agaca.coop
    Tlfno. 981 584783

    P R O G R A M A


    1ª Sesión: Luns 5 de xullo 16:00h a 19:00h
    INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.
    - O cultivo de olivas nos montes comunais.
    - A eficiencia enerxética
    - Crianza e comercialización de porco celta
    - O cultivo da castaña.
    - Outras alternativas…
    D. Higinio Mougán Bouzón
    Director-Xerente de AGACA
    2ª Sesión: Martes 6 de xullo 16:00h a 19:00h
    GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.
    -Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.
    -Libros das comunidades: censo, actas e contas.
    -Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.
    -Estatutos e normas internas. Réxime electoral.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    3ª Sesión: Mercores 7 de xullo 16:00h a 19:00h
    FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Bonificacións fiscais das comunidades de montes.
    -Exención de IBI do monte veciñal en man común.
    -Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.
    -Tributación no Imposto sobre Sociedades.
    -Catastro: procedementos de alteración e regularización.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    4ª Sesión: Xoves 8 de xullo 16:00h a 19:00h
    TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.
    -Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.
    -Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.
    -Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.
    -Plans e instrumentos de ordenación
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    5ª Sesión: Venres 9 de xullo 16:00h a 19:00h
    INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    -Proxecto de ordenación forestal
    -Documento compartido de xestión forestal
    -Documento simple de xestión forestal
    -Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
    -Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
    -Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados
    -Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono
    RELATOR:
    Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de Montes

     

    OBXECTIVOS:
    ? Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
    ? Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
    ? Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
    ? Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

    Ampliar contenido
  • Informática para nenas/os: formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán

    Fecha desde el 31 de Mayo de 2021
    hasta el 01 de Julio de 2021

    As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)

    A Aula CeMIT da Guarda organiza unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos).

     

    Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.

     

    As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)

     

    Recordamos que tamén se están a realizar outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios.

     

    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

     

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui ofrecerán concertos nos venres de xuño e na primeira quincena de xullo

    Fecha desde el 04 de Junio de 2021
    hasta el 09 de Julio de 2021

    A primeira cita será este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música

    A música soará nas rúas de Tui os venres do mes de xuño e na primeira quincena de xullo da man do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tui.

    Con concertos e actividades, a realizar en horario de tarde, amosarán á poboación os froitos do traballo realizado ao longo deste curso 2020/21, que estivo marcado polas restricións derivadas da pandemia da covid 19.

    A cita será os venres 4, 11, 18 e 25 de xuño e o 2 e 9 de xullo, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

    Este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira as alumnas e os alumnos de Música e Movemento da Escola de Música, xunto ao seu profesor, Eduardo Rodríguez, ofrecerán o primeiro concerto.

     

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual é + Tui 2021

    Fecha desde el 08 de Junio de 2021
    hasta el 30 de Junio de 2021

    Celebrarase no mes de xullo nas instalacións deportivas de Tui

    O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

    Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

    O Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 levarase a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. A finalidade deste campamento, é a de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral, incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, nos nenos e nenas que participen neles.

    A primeira quenda realizarase do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 30 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo a opción de aula matinal, de 8.00 a 09.00 horas, e aula de sobremesa, de 14.00 a 15.00 horas.

    As inscricións formalizaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tui ata o día 16 de xuño, ou no rexistro de entrada do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, solicitando cita previa no número de teléfono 687.227.190, debido ás medidas establecidas polo Concello de Tui para a prevención da COVID19. O prezo será de 30,56€ por quenda.

    O Campamento de Verán “Igual é +” TUI 2021 conta con 130 prazas, das que se reservan 20 prazas en total para casos de exclusión social debidamente acreditados polos Servizos Sociais Municipais.

    Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal, ou na sede electrónica do Concello de Tui.

    Ampliar contenido
  • El Monte Trega continúa con las visitas regulares guiadas

    Fecha desde el 12 de Junio de 2021
    hasta el 12 de Septiembre de 2021

    Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.

    El próximo jueves día 17 de junio arrancan en A Guarda las visitas regulares guiadas al Monte Santa Trega, unas visitas que tendrán lugar los jueves, viernes, sábados y domingos hasta el 12 de septiembre.

    Las visitas guiadas al Monte Santa Trega cuentan este año con tres espacios emblemáticos, como son el entorno de la ermita, el Castro de Calvo y el Castro del barrio de Mergelina, donde han realizado importantes tareas de re-excavación y consolidación para su puesta en valor.

    El objetivo de estas visitas es poder realizar una visita completa de las maravillas que  contiene el Trega, ya que contar con un guía oficial permitirá una interpretación del yacimiento y del patrimonio religioso.

    Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.  La organización de las visitas en grupos reducidos permite una mayor comprensión  y disfrute por parte de los participantes en las mismas. El punto de encuentro y de salida de estas visitas será en el aparcamiento de la antigua Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).

    Durante la fase de excavación del barrio Mergelina se constató que el castro fue ocupado antes de lo que se pensaba, desde el siglo IV a.C. También se sacó a la luz 43 nuevas estructuras arquitectónicas que componen 11 unidades familiares y hasta 43.833 piezas, que formarán parte del próximo proyecto de musealización.

    Destaca también la reciente intervención en el concheiro, que se encuentra al lado de la puerta Sur de entrada al castro del Monte Trega, y que constituía una especie de vertedero para sus habitantes. A día de hoy, es una fuente de información incalculable pues a través do su estudio podemos conocer numerosos aspectos de la vida cotidiana de las personas que vivieron en el castro.

    Además A Guarda trabaja en el proyecto “Trega 2020+5” para desenvolver el potencial patrimonial, social, cultural y científico del castro  do Trega a través de una actuación integral.  Así este proyecto  se desenvuelve  en torno a tres ejes,  recuperar y consolidar los sectores del castro excavados entre 1910 y 1930,  mantener de forma sostenida en el tiempo el conjunto de las estructuras excavadas en el castro y expuestas al público e investigar y profundizar en el conocimiento arqueológico del castro  con la  finalidad de  crear contenidos destinados a la divulgación y al incremento de la valorización del patrimonio. 

    Ampliar contenido
  • El Mosteiro de Oia nos trae un verano cargado de planes de ocio y cultura

    Fecha desde el 12 de Junio de 2021
    hasta el 28 de Agosto de 2021

    Visitas guiadas, puestas de sol con música en directo, charlas culturales, y eventos para disfrutar de un Bien de Interés Cultural único a orillas del Atlántico.

    El miércoles 23 de junio es la fecha de arranque de la programación cultural para un verano que se presenta cargado de planes.

    ¿Cómo podremos disfrutar del Mosteiro?

    A través de las visitas guiadas que permiten conocer la historia del cenobio a través de sus interiores y exteriores, y que incluyen un recorrido por la exposición ”Los presos del Mosteiro. Memorias de la Guerra Civil española”. De esta experiencia se puede disfrutar de miércoles a domingo a través de sus cinco turnos diarios.

    Pero además este verano la programación contempla ocho solpores con música en directo, eventos diseñados para que el público adulto pueda disfrutar de un entorno y una puesta de sol sin igual con una copa de vino de Quinta de Couselo, una bodega que comparte mucha historia con el Mosteiro. Estos eventos tendrán lugar los sábados de julio y agosto a las 19:30h. Entre los artistas seleccionados podréis ver a Adrian Timms, Najla Shami, Son Trío, La Supersonic, Lulavai, San Rockers, La Franga o Black Stereo.                               

    Pero también volveremos a disfrutar de las conversas, en las que participarán ponentes que sabemos que van a aportar un gran valor por su papel en la cultura. El día 2 de julio será el momento de Antón Pombo, que nos hablará de ‘O Camiño Portugués da Costa: desafíos para o futuro’ y el 30 de julio y bajo el título “Espazos patrimoniais e artes escénicas. Ecos da Memoria” contaremos con Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego.

    Los tickets para las visitas guiadas y todos estos eventos podrán adquirirse en la web www.mosteirodeoia.com

    Pero esto no es todo, al igual que en el año 2020, el Mosteiro será testigo de la XI edición de A Emoción dos Viños, los días 19 y 20 de junio por la mañana y por la tarde. Un evento que hará las delicias de los asistentes y donde podrán compartir conocimientos y emociones en torno al vino, además de degustarlos y saborearlos con los propios elaboradores y elaboradoras.


    Todos los eventos contarán con aforo limitado y protocolos COVID, de modo que se recomienda comprar los tickets con antelación.

    Ampliar contenido
  • Tui conmemora o Día Internacional de Tecer en Público con -Teje Tui 2021-

    Fecha desde el 17 de Junio de 2021
    hasta el 30 de Junio de 2021

    A proposta é tecer un granny ou cadradiño da avoa, de gancho ou calceta e acercalo a calquera dos colaboradores, onde o trocan por unha participación para o sorteo de diversos lotes teceriles que se levará a cabo o vindeiro 3 de xullo.

    Durante todo o mes de xuño organízase Teje Tui 2021, a III edición deste evento que naceu para conmemorar o Día Internacional de Tecer en Público. 

    Este ano, debido á pandemia, cambia o formato da habitual quedada teceril e da paso a unha acción creativa nos establecementos colaboradores de Tui, Tomiño e Marín.

    A proposta é tecer un granny ou cadradiño da avoa, de gancho ou calceta e acercalo a calquera dos colaboradores, onde o trocan por unha participación para o sorteo de diversos lotes teceriles que se levará a cabo o vindeiro 3 de xullo.

    A data límite para participar é o 30 de xuño e pódese participar cun máximo de 8 cadradiños, un por cada colaborador, que son:

    EN TUI 

    • Abalorios MyR
    • Elia Lanas
    • Fiadeiras
    • Ideas, Artesanía e Complementos
    • Obradoiro Cucapuntoes (no mesmo local que Abalorios MyR)

    EN TOMIÑO

    • Mercería Chantilly
    • Mercería O Fío

    EN MARÍN

    • Labores y Patchwork

     

    Máis información no Facebook ou Intagram de @TejeTui ou nos própios establecementos colaboradores

    Ampliar contenido
  • A unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro mércores 30 de xuño

    Fecha desde el 30 de Junio de 2021
    hasta el 30 de Junio de 2021

    Na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 h. As persoas interesadas poden pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828

    Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata o concello do Rosal este mes de xuño. O vindeiro mércores 30 un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar

    Para o Centro de Transfusión a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que aínda que a situación sanitaria mellor continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue poderán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para garantir unha afluencia gradual e ordenada dos e das doantes.

    Aínda que o persoal do Centro de Transfusión fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

    O Centro de Transfusión lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar dúas horas para facer a doazón. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Oia organiza un obradoiro de inglés para escolares orientado ao Camiño de Santiago

    Fecha desde el 28 de Junio de 2021
    hasta el 01 de Julio de 2021

    O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 28 de xuño ata o 1 de xullo

    O Concello de Oia organiza nos meses de xullo e agosto un obradoiro de lingua inglesa orientado ao Camiño de Santiago. A Actividade é gratuíta e vai dirixida ao alumnado que teña cursado 5º ou 6º de primaria nos CEIP Mestre Manuel García e de Refoxos (nenos e nenas entre os 10 e os 13 anos, aproximadamente).

     

    O obradoiro desenvolverase na Biblioteca Municipal con grupos reducidos e en sesións de dúas horas un día á semana. Crearanse dous grupos: un os martes de 15.00 a 17.00 horas e outro os xoves no mesmo horario.

     

    As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 28 ata o xoves 1 de xullo. As persoas interesadas deberán inscribirse presentando unha instancia no Rexistro do Concello.

     

    Para máis información, pódese contactar co Concello de Oia no teléfono 986.36.21.25.

    Ampliar contenido
  • A Aula CeMIT da Guarda programa nova formación en novas tecnoloxías este verán

    Fecha desde el 28 de Junio de 2021
    hasta el 10 de Julio de 2021

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de novas tecnoloxías de balde para adultos neste verán; un curso de deseño dixital e outro sobre manter a salvo as imaxes.

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de novas tecnoloxías de balde para adultos neste verán; un curso de deseño dixital e outro sobre manter a salvo as imaxes.

     

    O curso de “Deseño dixital con Canva” permitirá aos participantes coñecer esta ferramenta e os principios básicos do deseño para poder realizar carteis, imaxes para redes sociais ou postais, entre outras cousas. O curso “Non perdas as túas fotos!” está dirixido sobre todo a aquelas persoas que se inician na informática e queren ter as súas fotos a salvo ou poder visualizalas en varios dispositivos.

     

    Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar a súa inscrición na Aula Cemit da Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

     

    Todos os cursos son de balde e con prazas e aforo limitado debido á pandemia.

     

    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda mantén a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Fusión de bailes este verán para a mocidade rosaleira

    Fecha desde el 29 de Junio de 2021
    hasta el 12 de Julio de 2021

    O Concello ofrece este mes de xullo e agosto un obradoiro de 4 sesións no que rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse no baile

    Ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira, o Concello pon en marcha este verán un obradoiro monográfico de baile moderno no que os rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse en distintos tipos de danzas. Neste taller, os mozos e mozas participantes coñecerán máis de preto a fusión de bailes urbanos como o funky, o hip-hop, o gym-jazz ou o street dance con outros como o ballet clásico, a danza ou o jazz que comezou a desenvolverse nos anos 70.

    O obradoiro celebrarase os luns 19 de xullo e 2, 9 e 16 de agosto en horario de 10.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán facer a inscrición previa a través da páxina web do Concello. O prezo do curso será de 18 euros por persoa e o prazo de inscrición remata o vindeiro 12 de xullo.

    No caso de non cubrirse o mínimo de prazas para poder desenvolver o obradoiro, dende o Concello enviarase un correo electrónico a cada participante para que proceda a facer o ingreso do prezo do curso e garantir e formalizar a praza.

    Con este tipo de actividades o Concello busca favorecer unha programación de lecer o máis variada posible para este verán na que se fomente a participación de toda a mocidade rosaleira.

    Ampliar contenido
  • A Praza do Calvario énchese de saborEarte

    Fecha desde el 28 de Junio de 2021
    hasta el 06 de Julio de 2021

    Ata o vindeiro 6 de xullo poderá desfrutarse dunha exposición fotográfica de Adolfo Enríquez coa gastronomía do Camiño Portugués da Costa como fío condutor

    A Praza do Calvario énchese dende hoxe mesmo de ‘saborEarte’. Do 28 de xuño ao 6 de xullo os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar desta exposición fotográfica de Adolfo Enríquez coa gastronomía do Camiño Portugués da Costa como fío condutor. A mostra recolle 23 imaxes obtidas no transcurso dun proxecto que se centrou en presentar a gastronomía local como recurso de alto valor para a promoción turística a través de mostras de cociña nas que os produtos de proximidade de cada un dos cinco destinos escollidos foron os grandes protagonistas.

    Con esta exposición o público terá a oportunidade de coñecer non só os pratos rematados, senón tamén algunhas instantáneas das xornadas gastronómicas do proxecto que, debido á situación sanitaria, tiveron que celebrarse con aforo pechado e convite previo.

    Os eventos que conforman agora a mostra ‘saborEarte’ arrancaba o pasado mes de abril no Rosal, primeiro concello en acoller esta exposición fotográfica itinerante que percorrerá municipios como Soutomaior, Portas, Pontecesures, Padrón e Santiago.

    Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a desfrutar desta nova actividade cultural, que ten por obxectivo redundar no valor promocional da fotografía gastronómica tanto a través das imaxes seleccionadas para a exposición como doutras realizadas durante os eventos de ‘saborEarte’. Todas as imaxes estarán a disposición de todas as persoas na web de SaborEarte no Camiño para a súa descarga e libre utilización.

    Ampliar contenido
  • Violencia Zero chega a Tomiño da man da actriz e dramaturga Esther Carrodeguas

    Fecha desde el 30 de Junio de 2021
    hasta el 30 de Junio de 2021

    Presidirán o acto, este mércores, Mª Victoria Alonso (deputada de Cultura e Igualdade); Paula Cabaleiro (directora de Cultura da Deputación) e Sandra González (alcaldesa de Tomiño). O evento poderá seguirse por streaming

    Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, un ano máis, a performance da VI Edición do programa "Mulleres en acción: Violencia Zero" chega a Tomiño este mércores 30 de xuño, ás 12.00 horas na Praza do Seixo, a carón do Concello. O evento poderá seguirse tamén por streaming.

     

    Presidirán o acto, a deputada provincial de Cultura e Igualdade (Mª Victoria Alonso); a comisaria do Programa "Mulleres en acción Violencia cero" e directora de Cultura da Diputación (Paula Cabaleiro) e a alcaldesa de Tomiño (Sandra González).

     

    A acción escénica que visita Tomiño, titulada “Sinais”, estará a cargo de Esther Carrodeguas, escritora, actriz, directora e perfomer. “Unha reflexión sobre a maneira na que somos capaces de ver (ou non ver) os sinais que a vida nos ofrece para protexernos ou para lembrarnos a ferida que nos provocou. Porque os sinais non deixan de ser xamais unha maneira de comunicación”, explica a artista.

     

    A situación actual supón un importante reto, xa que dificulta o contacto directo co público nas accións, pero Mulleres en acción segue apostando por un impacto emocional. “Deixamos de ter unha participación colectiva na arte mural, pero intervimos artisticamente elementos de protección como as máscaras; adaptamos os eventos aos protocolos de seguridade, e integramos a situación actual na mensaxe das obras”, comentan dende a organización.

     

    Esther F. Carrodeguas

    Rianxeira de pura raza, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. Fundou a compañía universitaria Teatro dá Falúa e dirixiu Teatro Airiños desde 2011 até 2019. En 2015 gañou o Premio Abrente para Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia coa peza Voaxa e Carmín, na que desvela a historia de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as coñecidas como Marías de Santiago de Compostela. Este feito fará que se embarque xunto a Xavier Castiñeira na plataforma profesional ButacaZero. Na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria e creadora co seu traballo como docente e profesional para compañías externas como directora, dramaturga ou guionista de cinema.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido