Agenda
A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental -Sostendo o futuro-
Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
hasta el 19 de Junio de 2021Proxeccións, charlas, rutas e espectáculos infantís son algunhas das propostas deste ciclo que terá lugar nos meses de maio e xuño
Ampliar contenidoO Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.
A primeira das actividades terá lugar o sábado 8 de maio ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda e será a proxección do filme “O que Arde”, do director franco-galego Oliver Laxe, que nos traslada á importante problemática da xestión forestal e dos incendios que cada verán asolan os nosos bosques. E como a finalidade é xerar conciencia e aprender con estas actividades, a proxección do filme irá seguida dun breve debate no que analizar co público as diferentes temáticas que se abordan no filme. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Para o venres 21 de maio, a proposta será unha charla a cargo de Amigos da Terra que terá lugar ás 20:00h no Centro Cultural e que tratará sobre a necesidade de cambiar o noso actual modelo de consumo de “usar e tirar”, por un modelo que se achegue o máximo posible aos principios da economía circular, que procura o alongamento da vida útil de bens de consumo como os aparellos electrónicos ou a roupa. Esta charla será impartida tanto nos centros educativos de primaria do municipio, onde terá lugar en horario de mañá, como no Centro Cultural para o público xeral en horario de tarde. Amigos da Terra é unha organización que ten entre os seus obxectivos protexer o medio ambiente e promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Próximos Cursos de Apicultura en O Rosal para el mes de julio de 2021
Fecha desde el 07 de Mayo de 2021
hasta el 01 de Julio de 2021Os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura
Ampliar contenidoNOTA:
Los cursos programados para Julio se posponen temporalmente, avisaremos próximamente de lasnuevas fechas para su realización
Os informamos que en el próximo mes de julio de 2021, gracias a la colaboración de nuestros amigos de www.cursosapicultura.com os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura con el siguiente calendario:
1 y 2 de julio: Curso apicultura avanzada(Manejo productivo sostenible de colmenas)
3 y 4 de julio: Curso de iniciación a la apicultura
Información y reservas:
http://www.cursosapicultura.com
o en el 622 749 603
A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario
Fecha desde el 21 de Mayo de 2021
hasta el 22 de Junio de 2021O período para presentar as solicitudes -preferentemente por vía telemática-, está aberto ata o 22 de xuño
Ampliar contenido- O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 210 e os 140 euros en función da renda
- No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, mantense unha axuda de 275 euros independentemente da renda
- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
- Ademais, continúase co reparto de vales de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros
- Todas as familias que cumpren cos requisitos teñen cuberto de balde, case na súa totalidade, os libros e o material escolar que precisan para os seus fillos
A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde hoxe ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.
O sistema de apoio ás familias en materia de libros e material escolar do Goberno galego susténtase en tres eixos que son o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar. Para atender estas tres liñas no próximo curso, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten habilitado unha cuantía de 17,4M€, e asegura a dotación de balde de libros e material para o 100% das familias que cumpren cos requisitos.
Ademais, mantéñense a flexibilización das esixencias de renda e o aumento xeneralizado das contías das axudas aplicadas no presente curso co fin de reforzar o apoio ás familias ante o contexto de pandemia.
Axudas á compra
As axudas da Xunta para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; e de 140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.
No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, en centros específicos ou en unidades de Educación Especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.
Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.
Fondo Solidario
No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
De non alcanzar os libros dispoñibles no Fondo Solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios.
Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.
Axudas para material escolar
O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
Trámites por vía telemática
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Balance do presente curso 2020-21
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade repartiu de forma gratuíta no presente curso escolar un total de 564.721 libros de texto do Fondo Solidario, o que alcanza a un total de 97.974 alumnos de 3º a 6º curso de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO. Outros 27.398 alumnos se beneficiaron das axudas da Xunta para a adquisición de libros de texto; mentres que un total de 100.323 alumnos recibiron vales para a adquisición de material escolar.
A asignación de manuais dispoñibles no Fondo Solidario faise por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar e, de ser necesario, o centro adquire os libros complementarios que sexan precisos para garantir unha cobertura similar á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas (seis ou catro libros por alumno/a segundo o caso).
Deste xeito, e atendendo aos criterios de renda, case sete de cada dez alumnos de Primaria e de Secundaria beneficiarios do Fondo recibiron seis ou máis libros de balde; é dicir, que tendo en conta que a media de manuais nos centros é de seis por curso, nestes casos quedou cuberta a práctica totalidade das súas necesidades.
O Fondo Solidario está deseñado para garantir que as familias con rendas máis baixas sexan as primeiras destinatarias do programa de forma que poidan ser beneficiarias do maior número de libros dispoñibles.
AGACA organiza en Camposancos o obradoiro -Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais-
Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
hasta el 09 de Julio de 2021Terá lugar no mes de xullo no local da CCMMVV de Camposancos, inscricións abertas en www.agaca.coop agaca@agaca.coop e no tel 981 584783
Ampliar contenido5,6,7,8,9 DE XULLO DE 2021
Local da CCMMVV Camposancos. Subida a Iglesia- Camposancos
Horario: 16:00h-19:00h
PROGRAMA:
- INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
- GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES
- FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES
- TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
- INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL. O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
- AXUDAS, SUBVENCIÓNS OU BENEFICIOS FISCAIS regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes
INSCRICIÓN GRATUÍTA!
Infórmate:
www.agaca.coop
agaca@agaca.coop
Tlfno. 981 584783P R O G R A M A
1ª Sesión: Luns 5 de xullo 16:00h a 19:00h
INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
-“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.
- O cultivo de olivas nos montes comunais.
- A eficiencia enerxética
- Crianza e comercialización de porco celta
- O cultivo da castaña.
- Outras alternativas…
D. Higinio Mougán Bouzón
Director-Xerente de AGACA
2ª Sesión: Martes 6 de xullo 16:00h a 19:00h
GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:
-Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.
-Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.
-Libros das comunidades: censo, actas e contas.
-Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.
-Estatutos e normas internas. Réxime electoral.
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
3ª Sesión: Mercores 7 de xullo 16:00h a 19:00h
FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:
-Bonificacións fiscais das comunidades de montes.
-Exención de IBI do monte veciñal en man común.
-Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.
-Tributación no Imposto sobre Sociedades.
-Catastro: procedementos de alteración e regularización.
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
4ª Sesión: Xoves 8 de xullo 16:00h a 19:00h
TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
-Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.
-Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.
-Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.
-Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.
-Plans e instrumentos de ordenación
RELATOR:
Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
5ª Sesión: Venres 9 de xullo 16:00h a 19:00h
INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
-Proxecto de ordenación forestal
-Documento compartido de xestión forestal
-Documento simple de xestión forestal
-Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
-Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
-Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados
-Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono
RELATOR:
Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de MontesOBXECTIVOS:
? Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
? Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
? Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
? Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Informática para nenas/os: formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán
Fecha desde el 31 de Mayo de 2021
hasta el 01 de Julio de 2021As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)
Ampliar contenidoA Aula CeMIT da Guarda organiza unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos).
Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.
As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal)
Recordamos que tamén se están a realizar outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
O Centro Social O Fuscalho da Guarda celebra o seu IX Aniversario
Fecha desde el 03 de Junio de 2021
hasta el 26 de Junio de 2021O Centro Scoial O Fuscalho da Guarda celebra no mes de xuño o seu 9º aniversario cunha programación de actividades que terán lugar entre o 3 e o 26 de xuño, con presentacións de libros, palestras, roteiros e eventos gastronómicos con música.
Ampliar contenidoO Centro Scoial O Fuscalho da Guarda celebra no mes de xuño o seu 9º aniversario cunha programación de actividades que terán lugar entre o 3 e o 26 de xuño, con presentacións de libros, palestras, roteiros e eventos gastronómicos con música.
3 de xuño:
Ás 20:00h no Centro Cultural presentación do libro "Catas na memoria, a persecución franquista no Val Miñor".
4 de xuño:
Ás 20:00h no Fuscalho Palestra "A guerra silenciada no Saara"
19 de xuño:
Ás 10:00h na Praza de Sanxián Roteiro: "Impacto eólico no territorio"
26 de xuño:
Ás 21:00h no CS Fuscalho: "Ceia Convivio e pinchada"
Alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui ofrecerán concertos nos venres de xuño e na primeira quincena de xullo
Fecha desde el 04 de Junio de 2021
hasta el 09 de Julio de 2021A primeira cita será este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música
Ampliar contenidoA música soará nas rúas de Tui os venres do mes de xuño e na primeira quincena de xullo da man do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tui.
Con concertos e actividades, a realizar en horario de tarde, amosarán á poboación os froitos do traballo realizado ao longo deste curso 2020/21, que estivo marcado polas restricións derivadas da pandemia da covid 19.
A cita será os venres 4, 11, 18 e 25 de xuño e o 2 e 9 de xullo, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.
Este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira as alumnas e os alumnos de Música e Movemento da Escola de Música, xunto ao seu profesor, Eduardo Rodríguez, ofrecerán o primeiro concerto.
Aberto o prazo de inscricións para o campamento urbano 2021 na Guarda
Fecha desde el 07 de Junio de 2021
hasta el 18 de Junio de 2021Do 7 a o 18 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán 2021 no Concello da Guarda.
Ampliar contenidoDo 7 a o 18 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán 2021 no Concello da Guarda.
O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de 9:00h a 14:00h horas, para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
O campamento ten o principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.
Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas… pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.
As bases e solicitude poderanse consultar na web www.aguarda.es
Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX ou chamar ao 986610000 ext. 7
Documentación:
O Concello de Oia organiza en xuño 2 rutas guiadas para difundir o seu patrimonio
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 27 de Junio de 2021O domingo 13 realizarase a ruta circular do Mosteiro, mentres que o 27 haberá unha andaina pola Valga
Ampliar contenidoO Concello de Oia organiza dúas rutas guiadas no mes de xuño co obxectivo de dar a coñecer o legado cultural, natural e a beleza paisaxística do municipio. Estas dúas actividades forman parte dunha programación municipal que, ao longo deste ano, ofrecerá unha serie de propostas de lecer que combinan a actividade segura e ao aire libre (moi demandada durante a pandemia) coa divulgación e concienciación sobre o patrimonio local.
A primeira das dúas andainas desenvolverase o domingo 13 pola mañá e consistirá nun percorrido pola denominada Ruta do Mosteiro: un itinerario de sendeirismo circular sinalizado e de dificultade baixa de 8km de lonxitude. O punto de encontro será a oficina de turismo de Oia (10.00h.) e, desde aí, percorrerase os barrios do Arrabal e Chavella, o miradoiro e petróglifos da Pedreira (Santa María de Oia) e o barrio de Vilar en Pedornes, para facer a volta ao punto de partida polo Camiño de Santiago, pasando por diante do Mosteiro para chegar de novo á oficina de turismo.
A segunda proposta desenvolverase o domingo 27, cun percorrido de arredor dos 9km e de dificultade baixa no que as persoas participantes descubrirán a gran riqueza paisaxística, natural e patrimonial da Valga, na parroquia de Loureza. O punto de saída será o curro (10.00h) e, aproveitando diferentes tramos das rutas sinalizadas que hai nesta zona, pasará preto de zonas de braña, achegarase ata os muíños do río da Cal e espazos de ampla panorámica, para volver de novo ás inmediacións do curro.
As andainas inclúen guía (Amodo Turismo para Descubrir) e contarán cunha breve explicación dos principais valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos de cada zona; concienciando sobre a importancia de coñecelos e conservalos.
As dúas actividades son gratuítas e desenvolveranse seguindo as medidas de prevención fronte á COVID-19 en vigor en cada momento. As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou nos teléfonos 986.36.21.25 e 639.32.94.93.
Con estas dúas actividades no mes de xuño ábrese a programación municipal de rutas para este ano 2021. A iniciativa terá continuidade nos próximos meses con novas propostas pensadas para achegar o patrimonio local á veciñanza e visitantes a través de actividades de lecer saudable e en espazos ao aire libre.
Tui celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cun programa a desenvolver até o 19 deste mes
Fecha desde el 05 de Junio de 2021
hasta el 19 de Junio de 2021O cambio climático, enerxía e clima, ou a xestión forestal son algúns dos temas a tratar nas actividades previstas
Ampliar contenidoO Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar mañá 5 de xuño, cun programa de actividades que comezou hoxe venres e se vai desenvolver até o sábado 19 deste mes. No mesmo colaboran as concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Educación.
Por unha parte nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar “Xardín Infinito” consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.
Este mediodía na Radio Municipal de Tui tivo lugar un programa especial, de hora e media de duración, no que participaron as mestra composteira, Sara Luque, o mestre composteiro en prácticas Pablo Vidal, o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, e diversos expertos en medio ambiente. Tamén levaron a cabo un concurso no que os oíntes tiñan que adiviñar a que paxaro correspondía o son que se reproducía.
O próximo venres, 11 de xuño, ás 16.30 h na Sala Municipal de Exposicións será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM. Ás 17 h no anexo desta sala haberá unha obra de teatro de monicreques para público infantil. Títeres en Tu casa representará “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños.
“Enerxía e Clima” é o título das seguintes actividades previstas tamén na Sala Municipal de Exposicións dende ás 19 h. Así está prevista a charla obradoiro “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectarase o documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.
O sábado, 19 de xuño, de 11 a 14 h está prevista a actividade “O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición. Comezará ás 11 h coa proxección do documental “En todas as mans” e ás 13 h coa charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.
Amais o Concello de Tui está a traballar coa Sociedade Galega de Historia Natural nun proxecto para pór en valor o patrimonio natural e etnográfico da nosa contorna realizando diversas actividades coma o proxecto de restauración ecolóxica dun ecosistema degrado.
Patrimonio, literatura, foto, música e moda, protagonistas culturais do mes de xuño no Rosal
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 27 de Junio de 2021A presentación do libro -Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás- dará o pistoletazo de saída a unha axenda cultural comprometida e diversa
Ampliar contenidoO Rosal volve a acoller este mes de xuño unha intensa axenda cultural na que o patrimonio, a literatura, a fotografía, a música e a moda serán os grandes protagonistas. “Teremos unha programación de primeiro nivel comprometida e diversa coa que conectar coa nosa memoria histórica e cultural e tamén coa contorna natural que tanto nos identifica”, explica a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández.
A primeira actividade será o domingo 13 de xuño coa presentación do libro ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, unha obras de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez coa que lle queren render merecida homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros. Será nun acto ás 19.30 horas no auditorio municipal. O seguinte venres, o 18 de xuño, os rosaleiros e rosaleiras terán unha cita co seu patrimonio inmaterial na presentación do proxecto Memoria Viva, unha iniciativa do Concello coa que busca salvagardar a cultura viva arraigada no Rosal. Será a partir das 20.00 horas con auditorio municipal.
O sábado 19 de xuño será a quenda da Agrupación Musical do Rosal, que organiza a audición de final de curso do alumnado da Escola de Música no auditorio municipal a partir das 20.00 horas. O xoves 24 será a quenda de Juan Galán, que presentará o seu libro ‘Romanza de los naranjos en flor’ na Biblioteca Municipal ás 19.30 horas.
A última actividade da programación cultural do mes de xuño será o sábado 26 de xuño a cargo do alumnado da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, que organizará en colaboración co Concello un desfile de moda na Praza do Calvario (22.00 h) para conmemorar o Día Internacional do Orgullo. Tras o acto, como en anos anteriores, haberá música e diferentes actividades relacionadas co colectivo LGTBI, photocall con accesorios e moitas cousas máis.
Xunto con esta programación de actividades, os rosaleiros e rosaleiras tamén poderán desfrutar do 7 ao 25 de xuño na Praza do Calvario da exposición ‘Bolboretas’, unha mostra da fotógrafa Laura Lago, profesora de Lingua Española no IES Antón Alonso Ríos, experta en bolboretas e fotografía de natureza.
O legado dos irmáns Flores en 220 páxinas
Fecha desde el 13 de Junio de 2021
hasta el 25 de Junio de 2021Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez presentan este domingo 13 (19.30 h, auditorio municipal) un libro sobre a historia destes dous destacados rosaleiros
Ampliar contenido“É un xeito de recoñecemento e gratitude cara a dous seres marabillosos e as súas familias”. Con ese obxectivo naceu ‘Irmáns Flores. Os gaiteiros de Novás’, un libro de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez no que os autores quixeron render unha merecida homenaxe a José e Emilio Flores Costas, dous populares músicos rosaleiros, testemuñas e elementos activos da vida social e cultural dos dous derradeiros terzos do século XX no concello do Rosal e no Baixo Miño.
Os autores presentarán esta obra, que contou coa colaboración do Concello do Rosal, este domingo 13 a partir das 19.30 horas no auditorio municipal. O acto celebrarase con aforo reducido e todas as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa entrada a través da páxina web do Concello. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas pola situación sanitaria.
Recollida da tradición oral
O libro recolle o legado dos irmáns Flores, que trascende máis aló das súas interpretacións musicais. Como salientan os autores na introdución da obra, José e Emilio Flores “interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega. E todo a partir dunha gaita, pois este foi o instrumento co que comezaron e o que espertou toda unha vida dedicada a divertir a un pobo nunha época realmente triste e escura da nosa historia máis recente”.
Unha historia que foron recompilando nun longo traballo de campo baseado fundamentalmente na tradición oral de homes e mulleres que abriron de par en par as portas da súa memoria aos dous autores. O resultado é un relato polifónico no que se percorren lugares e momentos desde perspectivas diferentes dunha historia escrita fundamentalmente a través das narracións dos propios Emilio e José, das súas donas, das súas fillas e fillos e das súas amizades.
Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez quixeron completar o libro cun DVD que inclúe un álbum fotográfico; partituras do repertorio dos Flores, entre as que destacan as compostas por José; diversas gravacións de audio e diferentes ligazóns a vídeos dos dous protagonistas cun alto valor documental e histórico.
Exposición
Por outro lado, a veciñanza xa pode desfrutar na Praza do Calvario dunha nova mostra ao aire libre. Trátase dunha exposición de fotografía que recolle as espectaculares imaxes captadas por Laura Lago, profesora de Lingua española no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e experta en bolboretas e fotografía de natureza. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 25 de xuño.
Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual é + Tui 2021
Fecha desde el 08 de Junio de 2021
hasta el 30 de Junio de 2021Celebrarase no mes de xullo nas instalacións deportivas de Tui
Ampliar contenidoO Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.
Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).
O Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 levarase a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. A finalidade deste campamento, é a de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral, incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, nos nenos e nenas que participen neles.
A primeira quenda realizarase do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 30 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo a opción de aula matinal, de 8.00 a 09.00 horas, e aula de sobremesa, de 14.00 a 15.00 horas.
As inscricións formalizaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tui ata o día 16 de xuño, ou no rexistro de entrada do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, solicitando cita previa no número de teléfono 687.227.190, debido ás medidas establecidas polo Concello de Tui para a prevención da COVID19. O prezo será de 30,56€ por quenda.
O Campamento de Verán “Igual é +” TUI 2021 conta con 130 prazas, das que se reservan 20 prazas en total para casos de exclusión social debidamente acreditados polos Servizos Sociais Municipais.
Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal, ou na sede electrónica do Concello de Tui.
Conmemórase o Centenario da Biblioteca Circulante da Promonte
Fecha desde el 11 de Junio de 2021
hasta el 18 de Junio de 2021Un relatorio de J.Miguel Villa no Centro Cultural o vindeiro 18 de xuño dará a coñecer os pormenores desta institución
Ampliar contenidoEn xuño de 1921, nove anos despois da súa fundación, a Sociedade Pro-Monte Santa Tecla (1912-1979) creará a primeira biblioteca pública da Guarda, con sede no local do museo arqueolóxico que inaugurara en 1917 no centro da vila. A Pro-Monte prestaba así un servizo máis á sociedade guardesa da época poñendo ao alcance do público en xeral a lectura de diferentes obras, moitas delas de difícil acceso para a inmensa maioría da xente.
Cen anos despois daquela iniciativa, compre lembrar este feito, dándoo a coñecer entre os veciños e salientando o firme propósito da Sociedade Promonte pola divulgación da cultura na vila da Guarda. Será da man do historiador J. Miguel Villa que poderemos coñecer o vindeiro venres 18 de xuño, ás 20,30h. no Centro Cultural, un pouco mais desta institución, cun relatorio que afondará no nacemento e traxectoria desta institución ata que no 1939 cesou o seu funcionamento.
Como en todos os eventos culturais, a actividade ten aforo limitado polo que é preciso anotarse previamente no Centro Cultural indicando nome completo, teléfono de contacto e acompañantes: centrocultural@aguarda.es
Comeza o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal
Fecha desde el 16 de Junio de 2021
hasta el 17 de Junio de 2021O estudo será os vindeiros 16 e 17 de xuño entre as 09.00 e as 19.00 h nos barrios de Portecelo e San Xián. Prégase a colaboración de toda a veciñanza
Ampliar contenidoO Concello arranca a vindeira semana o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais da na zona costeira do Rosal, unha problemática que aínda que depende de Augas de Galicia preocupa moito ao goberno municipal por como afecta a todos os veciños e veciñas. Un equipo técnico especializado percorrerá os barrios de Portecelo e San Xián os días 16 e 17 de xuño de 09.00 a 19.00 horas para realizar o estudo de avaliación e ter unha visión clara da realidade.
Dende o Concello prégase a colaboración de toda a veciñanza para poder analizar a situación actual na que se atopa a xestión de augas residuais nesta zona e “poder atopar solucións a medio prazo”. “Somos conscientes da problemática que levan anos padecendo os veciños e veciñas destas zonas, por iso quixemos dar un primeiro paso importante na procura de alternativas colaborando en todo momento co órgano competente”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Este estudo permitirá cuantificar a cantidade de augas residuais que xeran de forma individual as preto de 200 vivendas e edificacións da zona, das que só arredor de 80 están habitadas todo o ano. O obxectivo é determinar as necesidades conxuntas e as posibles solucións a medio prazo para un tratamento de augas residuais que permita dispoñer dunha xestión ambientalmente máis sostible que a actual.
El Monte Trega continúa con las visitas regulares guiadas
Fecha desde el 12 de Junio de 2021
hasta el 12 de Septiembre de 2021Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.
Ampliar contenidoEl próximo jueves día 17 de junio arrancan en A Guarda las visitas regulares guiadas al Monte Santa Trega, unas visitas que tendrán lugar los jueves, viernes, sábados y domingos hasta el 12 de septiembre.
Las visitas guiadas al Monte Santa Trega cuentan este año con tres espacios emblemáticos, como son el entorno de la ermita, el Castro de Calvo y el Castro del barrio de Mergelina, donde han realizado importantes tareas de re-excavación y consolidación para su puesta en valor.
El objetivo de estas visitas es poder realizar una visita completa de las maravillas que contiene el Trega, ya que contar con un guía oficial permitirá una interpretación del yacimiento y del patrimonio religioso.
Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038. La organización de las visitas en grupos reducidos permite una mayor comprensión y disfrute por parte de los participantes en las mismas. El punto de encuentro y de salida de estas visitas será en el aparcamiento de la antigua Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).
Durante la fase de excavación del barrio Mergelina se constató que el castro fue ocupado antes de lo que se pensaba, desde el siglo IV a.C. También se sacó a la luz 43 nuevas estructuras arquitectónicas que componen 11 unidades familiares y hasta 43.833 piezas, que formarán parte del próximo proyecto de musealización.
Destaca también la reciente intervención en el concheiro, que se encuentra al lado de la puerta Sur de entrada al castro del Monte Trega, y que constituía una especie de vertedero para sus habitantes. A día de hoy, es una fuente de información incalculable pues a través do su estudio podemos conocer numerosos aspectos de la vida cotidiana de las personas que vivieron en el castro.
Además A Guarda trabaja en el proyecto “Trega 2020+5” para desenvolver el potencial patrimonial, social, cultural y científico del castro do Trega a través de una actuación integral. Así este proyecto se desenvuelve en torno a tres ejes, recuperar y consolidar los sectores del castro excavados entre 1910 y 1930, mantener de forma sostenida en el tiempo el conjunto de las estructuras excavadas en el castro y expuestas al público e investigar y profundizar en el conocimiento arqueológico del castro con la finalidad de crear contenidos destinados a la divulgación y al incremento de la valorización del patrimonio.
IV Campus de Fútbol O Rosal
Fecha desde el 14 de Junio de 2021
hasta el 18 de Junio de 2021Inscripciones e información: Abel Lomba en el teléfono 627 663 429
Ampliar contenidoO Campo de Fútbol da Mata acolle este verán a cuarta edición do IV Campus de Fútbol, que terá un horario de 9:00h a 14:00h para nenos e nenas de entre 4 e 15 anos de idade e que terá lugar entre o 5 e o 30 de xullo.
As inscricións están abertas ata o 18 de xuño contactando con Abel Lomba no teléfono 627 663 429
Oia abre o prazo para solicitar fogueiras de San Xoán ata o 21 de xuño
Fecha desde el 16 de Junio de 2021
hasta el 21 de Junio de 2021Soamente poderán solicitalas particulares en espazos de titularidade privada
Ampliar contenidoO Concello de Oia abre o prazo para que, os particulares que así o desexen, poidan solicitar a autorización para acender fogueiras de San Xoán en fincas privadas. O antedito prazo permanecerá aberto ata as 12.00 horas do próximo 21 de xuño.
As persoas interesadas deberán presentar unha comunicación no Rexistro Municipal (de forma presencial ou a través da sede electrónica), achegando o modelo de solicitude publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na web municipal (www.concellodeoia.es).
Este ano, por mor da Covid-19, as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño) só poderán facerse por parte de particulares e en terreos privados, pois a súa celebración en espazos públicos está prohibida.
Medidas de seguridade
Nas cacharelas autorizadas será obrigatorio cumprir as medidas de seguridade, tanto en materia sanitaria como no que respecta a prevención de incendios. Polo tanto, deberán respectarse en todo momento as restricións vixentes en materia de aforos, distancias, uso de máscara e outras medidas de autoprotección.
As autorizacións quedarán automaticamente revocadas no caso de que as autoridades decidan suspender este tipo de actividades atendendo ás circunstancias meteorolóxicas, de seguridade ou sanitarias que así se determinen conforme a lexislación vixente. Tamén quedarán revocadas automaticamente en caso de que o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio forestal) sinale risco extremo de incendio para ese día.
O Concello de Oia fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das normas de seguridade (as cales aparecen detalladas no modelo de solicitude a presentar por rexistro ou sede electrónica), así como tamén de todas aquelas de carácter sanitario que estean en vigor.
O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui recibe o Intercambio de alumnado Erasmus+
Fecha desde el 16 de Junio de 2021
hasta el 18 de Junio de 2021Este curso esperábamos poder recibir a todo o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.
Ampliar contenidoDentro do Programa Europeo Eramus+ que o O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de Educación Primaria participará dende o mércores 16 ata ao venres 18 de xuño de 2021, nun “Intercambio virtual de alumnado a corto prazo” polo que visitaran o noso centro o alumnado do CEIP As Culturas de Torrevieja (Alacante) e o alumnado do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz de Portugal.
Este Intercambio de alumnado, estaba previsto para o curso pasado, onde o alumnado do CEIP Nº2 de Tui tiña previsto recibir ao alumnado das escolas anteriores para compartir unha semana de experiencias aquí en Tui. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia tivo que ser cancelado.Este curso esperábamos poder recibir a todo o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.
Este será a derradeira dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.Estas mobilidades teñen como obxectivo involucrar ao alumnado no proxecto, investigando e levando a cabo traballo de acondicionamento físico, talleres de alimentación saudable e clases de meditación, atención plena e Mindfulness.
Durante a actividade o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aprenderán sobre a importancia de convivir cos seus compañeir@s das escolas de Alacante (en España) Figueira da Foz (en Portugal), explorarán aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando a cultura dos outros á vez que son embaixadores do seu propio país.Estes días, o alumnado de Tui, terá a oportunidade de integrar nas clases da nosa escola, ao alumnado visitante, para compartir cultura, historia deportiva e dietética da nosa rexión e participaran en actividades físicas, para gozar cos seus compañeir@s. Isto incluirá contacto coa lingua materna (Galego, Español e portugués), mellora no idioma do proxecto (inglés), historia, cultura, artes e educación física.
A participación nestas actividades aportará resultados moi positivos, podendo o alumnado comparar e contrastar as súas tradicións en actividades físicas e alimentación saudable, coas tradicións de Portugal e Alacante, escolas da Península Ibérica . Isto desenvolverá unha maior conciencia da diversidade cultural podendo incorporalos a aspectos das súas vidas cotiás.Outro obxectivo fundamental deste Intercambio é desenvolver habilidades para a vida, coma a tolerancia, o respecto, a independencia, a autonomía e o traballo en equipo.
Este será o derradeiro viaxe de Intercambio do alumnado do noso centro.Durante o curso 2018 tivo lugar a primeira viaxe de Intercambio do alumnado do CEIP Nº2 ao Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira, que durante unha semana estivo en Figueira gozando de todo o que esta oportunidade lles ofreceu.Tamén está pendente de levar a cabo a última viaxe de formación para profesorado, que está prevista para o mes de maio. Previsiblemente será tamén de xeito virtual e será o punto de avaliación do traballo en equipo, das 5 escolas participantes no proxecto.
El Mosteiro de Oia nos trae un verano cargado de planes de ocio y cultura
Fecha desde el 12 de Junio de 2021
hasta el 28 de Agosto de 2021Visitas guiadas, puestas de sol con música en directo, charlas culturales, y eventos para disfrutar de un Bien de Interés Cultural único a orillas del Atlántico.
Ampliar contenidoEl miércoles 23 de junio es la fecha de arranque de la programación cultural para un verano que se presenta cargado de planes.
¿Cómo podremos disfrutar del Mosteiro?
A través de las visitas guiadas que permiten conocer la historia del cenobio a través de sus interiores y exteriores, y que incluyen un recorrido por la exposición ”Los presos del Mosteiro. Memorias de la Guerra Civil española”. De esta experiencia se puede disfrutar de miércoles a domingo a través de sus cinco turnos diarios.
Pero además este verano la programación contempla ocho solpores con música en directo, eventos diseñados para que el público adulto pueda disfrutar de un entorno y una puesta de sol sin igual con una copa de vino de Quinta de Couselo, una bodega que comparte mucha historia con el Mosteiro. Estos eventos tendrán lugar los sábados de julio y agosto a las 19:30h. Entre los artistas seleccionados podréis ver a Adrian Timms, Najla Shami, Son Trío, La Supersonic, Lulavai, San Rockers, La Franga o Black Stereo.
Pero también volveremos a disfrutar de las conversas, en las que participarán ponentes que sabemos que van a aportar un gran valor por su papel en la cultura. El día 2 de julio será el momento de Antón Pombo, que nos hablará de ‘O Camiño Portugués da Costa: desafíos para o futuro’ y el 30 de julio y bajo el título “Espazos patrimoniais e artes escénicas. Ecos da Memoria” contaremos con Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego.
Los tickets para las visitas guiadas y todos estos eventos podrán adquirirse en la web www.mosteirodeoia.com
Pero esto no es todo, al igual que en el año 2020, el Mosteiro será testigo de la XI edición de A Emoción dos Viños, los días 19 y 20 de junio por la mañana y por la tarde. Un evento que hará las delicias de los asistentes y donde podrán compartir conocimientos y emociones en torno al vino, además de degustarlos y saborearlos con los propios elaboradores y elaboradoras.
Todos los eventos contarán con aforo limitado y protocolos COVID, de modo que se recomienda comprar los tickets con antelación.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
