Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O Rosal aposta por -Educar en familia-

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas

    O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

    A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

    O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

    A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

    Ampliar contenido
  • Continúan as charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 18 de Noviembre de 2021

    Un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

     

    O Concello da Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.

     

    A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño na Gándara, seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro(Av. San Lorenzo) e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos(A Portela).

     

    A técnica de Medio Ambiente municipal será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal.

     

    Para calquera dúbida sobre as charlas poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico medioambiente@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2021
    hasta el 09 de Noviembre de 2021

    Será este mércores ás 19.30 h na igrexa de San Domingos

    Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos.

    Ciclo de conferencias

    • Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
    • Martes, 19 de outubro, ás 19.30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC
    • Martes, 26 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
    • Mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
    • Martes, 9 de novembro, ás 19.30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

    Programa de actividades con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

    Visitas guiadas:

    • Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18.00 h

    Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui.

    A asistencia é libre e de balde pero recoméndase inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).

    Ampliar contenido
  • O Rosal presenta a súa axenda de outono con propostas para todos os públicos

    Fecha desde el 24 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O patrimonio terá un gran protagonismo co recoñecemento aos cabaqueiros do Rosal

    O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.

    O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.

    Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h  no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.

    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalaría

    Fecha desde el 26 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

     

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.

     

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

     

    No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

     

    O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    Ampliar contenido
  • O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

    Fecha desde el 29 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O vindeiro sábado o Concello fará na praza do Calvario unha homenaxe aos cabaqueiros

    O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández,  explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.

    As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) .  Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.

    As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 02 de Diciembre de 2021

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. Desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.

    Programa

    2 de decembro ás 18:30h – Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións

    3 de decembro ás 19:30h – Charla Obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete

    10 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando envases

    17 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando abalorios

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    Agardamos a vosa participación !!

    Ampliar contenido
  • Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente-

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

    Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

     

    Estas fotografías exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas, e agora poden visitarse na Sala Municipal. Son 76 imaxes que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza nos últimos anos do século XIX. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Foron tomadas entre 1886 e 1935 por Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, indica que estamos diante dunha exposición de excepcional interese, que de seguro atraerá a numerosos visitantes. Expresa o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.

    Ampliar contenido
  • O Concello do Rosal convoca unha bolsa para contratar a unha persoa graduada en traballo social

    Fecha desde el 02 de Noviembre de 2021
    hasta el 10 de Noviembre de 2021

    O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de novembro

    O Concello de Rosal vén de convocar unha bolsa de traballo para contratación dun ou dunha traballadora social. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que con esta incorporación “queremos reforzar os nosos servizos sociais e mellorar a atención a todos e todas as rosaleiras que o precisen”.

    Poderán solicitar esta bolsa todas as persoas tituladas en Traballo Social, que teñan o CELGA 4 ou fagan a proba de nivel esixido e que teñan carné de conducir tipo B. As solicitudes poderán presentar ata o vindeiro 10 de novembro no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.

    Máis información na web do Concello.

    Ampliar contenido
  • Román Rodríguez salienta a excelente resposta dos galegos ao bono cultura da Xunta no arranque da campaña

    Fecha desde el 03 de Noviembre de 2021
    hasta el 18 de Noviembre de 2021

    ? Hai xa máis de 450 empresas adheridas e anima ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para os profesionais mantense aberto ata o 18 de novembro en www.bonocultura.gal

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou hoxe a “excelente” resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta, que arrincou onte con éxito, despois de que todas as descargas dispoñibles se esgotasen en 19 horas e se chegasen a alcanzar picos de 150 bonos emitidos por minuto.  “As cifras constatan o interese por gozar da cultura e tamén o interese por esta iniciativa coa que desde a Xunta queremos dinamizar o consumo cultural e tamén apoiar ao sector”, indica.

     

    O Bono Cultura da Xunta conta cun orzamento de case 2M€ para un total de 39.000 bonos e mobilizará 4M€ no sector neste outono cultural. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou as máis de 450 empresas e entidades que xa están adheridas e animou ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para que os negocios entren na iniciativa continúa aberto ata o vindeiro 18 de novembro a través de www.bonocultura.gal.

     

    Pódense unir as persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda de produtos e bens culturais, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. As salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, os museos, casas-museo, así como asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais, entre outras.

     

    Variedade de produtos e servizos

    Os titulares dos establecementos recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento e, ademais, o nome comercial e a localización dos establecementos adheridos ao programa Bonos Cultura faise público na web www.bonocultura.gal

     

    “Esta é unha medida que puxemos en marcha en diálogo co sector e na que apostamos por financiar parte das compras a calquera persoa maior de 18 anos e residente en Galicia”, engadiu Román Rodríguez. Así, desde onte, cada usuario rexistrado ten un bono por valor de 50€ e en cada compra obterá un desconto do 50%, que poderá desfrutar ata o 31 de decembro tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible.

     

    Poden empregarse para a compra de produtos como música gravada en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos, entradas para calquera tipo de institución cultural (museos, casas-museo...) ou para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

    Ampliar contenido
  • O mercado de Nadal do Rosal terá oito postos adicados a artesanía, asociacións e vendedores gastronómicos

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 23 de Noviembre de 2021

    As persoas interesadas poden presentarse ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición

    O Concello do Rosal xa está a preparar o Nadal. Este ano organiza un mercado con oito postos para que os artesáns, as asociacións e os vendedores gastronómicos poidan vender os seus produtos no centro do municipio. Terá lugar os días os días 4, 5 e 6 de decembro no salón de exposicións do Concello de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “o mercado vai ser un espazo de oportunidades para que as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e o deseño poidan visibilizar o seu traballo e talento creativo”.

    As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición. Deberán entregar  no Rexistro do Concello dende o luns 8 de novembro ás 08.00 horas o DNI, o carné de manipulador de alimentos (só vendedores de produtos gastronómicos que non teñan pasado controis de calidade), a solicitude de inscrición sinalando concretamente os produtos que se van vender e unha declaración de responsabilidade.

    O número máximo de postos será de oito concedéndose un único posto por participante. Cada un deles terá unha dimensión de 4 metros de largo por 1 metro de ancho. Quedará da man de cada persoa a decoración do posto da forma máis atractiva posible adecuándose á temática do Nadal. A alcaldesa anima “ás asociacións, aos artesáns e aos vendedores de produtos gastronómicos a sumarse a este mercado para desfrutar do Nadal xuntos e xuntas”.

    Ampliar contenido
  • O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

    Fecha desde el 09 de Noviembre de 2021
    hasta el 09 de Noviembre de 2021

    Será o próximo martes, 9 de novembro, ás 19.30 h na igrexa de San Domingo

    O próximo martes, 9 de novembro,  ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

    A conferencia correrá a cargo de Suso Vila, doutor en Historia da Arte, e recoñecido historiador tudense cunha alongada traxectoria na investigación sobre a nosa cidade. Ten publicado numerosos libros e artigos sobre a historia tudense e especialmente no que atinxe á presenza xudía na cidade fronteiriza.

    A súa intervención leva o título de “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” e analizará a influencia que estas incursións tiveron na historia do sur de Galicia e o papel que a Igrexa e as devocións populares xogaron nestes momentos de perigo e incerteza.

    A asistencia é libre ata completar o aforo, aínda que recomendase a inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal

    Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, o ciclo está contando cunha moi boa acollida nas conferencias realizadas ata o momento como o testemuña a presenza de público nas mesmas e se congratula do acerto do Concello de Tui ao poñer en marcha esta actividade que ten resultado un éxito de asistencia. Esta consegunido así o obxecto desta programación: poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, que os tudenses senten como propio, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e do acervo cultural de Tui.

    A igrexa de San Domingos e o retablo de Nosa Señora do Rosario

    A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense. Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

    Ao conmemorarse, o 7 de outubro, o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

    Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

    Ampliar contenido
  • O equipo de goberno do concello de Tui manterá reunións en todas as parroquias para coñecer as súas necesidades

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 23 de Noviembre de 2021

    A primeira terá lugar o próximo luns ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns

    Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia.  As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

     

    A primeira reunión está prevista o próximo luns, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.  O martes a reunión será en Malvas, o mércores en Randufe, e o xoves en Baldráns, sempre ás 20 h. Mentres o venres o equipo de goberno achegarase a Areas ás 20.15 h.

     

    As reunións continuarán o luns 15 ás 20.30 h en Guillarei, o martes 16 ás 20h en Paramos, o mércores 17 ás 20 h en Ribadelouro, e o venres 19 ás 20 h en Pazos de Reis.

     

    Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos ás 20 h.

     

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convida aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquietudes, necesidades ou suxestións.  No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.

     

    Reunións coa veciñanza das parroquias tudenses

    • Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
    • Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
    • Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
    • Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
    • Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
    • Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
    • Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
    • Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
    • Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis
    • Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
    • Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
    Ampliar contenido
  • A Mancomunidade do Baixo Miño pon autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago o 14 de novembro

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 12 de Noviembre de 2021

    Será de balde e pode solicitarse xa a través das webs da Mancomunidade e dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui

    A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación que se sairá o vindeiro domingo 14 de novembro ás 12.00 horas dende a alameda de Santiago de Compostela.

    As persoas interesadas xa poden solicitar o autobús a través dos formularios habilitados nas webs da Mancomunidade e dos catro concellos, indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e indicando en cal destes municipios se collería o transporte. En función do número de solicitudes deseñaranse os horarios e rutas necesarios e daranse a coñecer. Os formularios estarán abertos ata o vindeiro venres 12 de novembro.

    Dende a Mancomunidade reclámase unha mellora da atención sanitaria nos centros de saúde, con falta de medios persoais, instalacións deficientes e en progresivo deterioro dende hai anos. Unha situación de precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. Aos recortes súmase a falla de substitucións por baixas ou vacacións, o que provoca que nos centros haxa pouco persoal sanitario dispoñible e longas esperas para obter unha cita.

    As rexedoras e rexedores da Mancomunidade dan o seu apoio aos profesionais da saúde e continuarán loitando para garantir que estes poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas, asegurando ao mesmo tempo a calidade de atención á veciñanza.

    Reserva a túa praza de bus aquí

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido