Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O Rosal aposta por -Educar en familia-

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas

    O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

    A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

    O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

    A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

    Fecha desde el 26 de Noviembre de 2021
    hasta el 10 de Diciembre de 2021

    Para solicitar cita previa Por teléfono: 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

    • do 26/11/2021 ao 03/12/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    • do 09/12/2021 ao 10/12/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

    O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás:

    • 10/12/2021 que será horario só de mañá

    Para solicitar cita previa:

    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 02 de Diciembre de 2021

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. Desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.

    Programa

    2 de decembro ás 18:30h – Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións

    3 de decembro ás 19:30h – Charla Obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete

    10 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando envases

    17 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando abalorios

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    Agardamos a vosa participación !!

    Ampliar contenido
  • Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente-

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

    Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

     

    Estas fotografías exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas, e agora poden visitarse na Sala Municipal. Son 76 imaxes que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza nos últimos anos do século XIX. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Foron tomadas entre 1886 e 1935 por Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, indica que estamos diante dunha exposición de excepcional interese, que de seguro atraerá a numerosos visitantes. Expresa o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.

    Ampliar contenido
  • A Guarda presenta a programación de Outono

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de X

    O venres 29 de outubro tivo lugar a presentación da Programación de Outono do Concello da Guarda, acto que contou coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a Concelleira de desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.

     

    A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.

     

    O venres 12 de novembro ás 20:30h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro “Illas Desertas”, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O xoves día 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo “O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.

    O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da  programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.

    Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

    Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.

     

    O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.

    O xoves 2 de decembro terá lugar  na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

    O venres 3 de decembro terá lugar  na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Xogando no Nadal, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres día 10 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

     

    Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.... As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

     

    PROGRAMA

     

    VENRES 12 NOVEMBRO

    CURSO FORMACIÓN COMERCIO “FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS”

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO  13 NOVEMBRO

    18:00H. CENTRO CULTURAL

    MAXIA: A IGUALDADE NON TEN TRUCO

    Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa

     

     

    VENRES 19 NOVEMBRO

    21:00H. CENTRO CULTURAL

    TEATRO “ILLAS DESERTAS”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa

     

     

    ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                Inscrición previa das actividades en Eventbrite

     

    • XOVES 25 DE NOVEMBRO

    20:00 Centro Cultural

    ESPECTÁCULO: O BEN QUERER(SE), por Aldaolado

     

    • SÁBADO 27 DE NOVEMBRO

    No Centro Cultural

    17:00H. CONTOS EN FAMILIA “A IGUALDADE COMO FÍO CONDUTOR”

    18:30H. CONTOS EN LILA

    20:30H. MULLERES DE CONTO

     

    VENRES 26 NOVEMBRO

    CURSO FORMACIÓN COMERCIO “POSICIONA A TÚA EMPRESA NO MAPA CON GOOGLE BUSINESS”

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO 27 NOVEMBRO

    CASA DOS ALONSO – Hora por confirmar  

    HOMENAXE A ELISEO ALONSO E INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN

     

    DO 27 NOVEMBRO AO 9 DE DECEMBRO

    CASA DOS ALONSO – DE 9:00 A 14:00H.

    EXPOSICIÓN HOMENAXE A ELISEO ALONSO

     

    XOVES 2 DECEMBRO

    18:30 CASA DOS ALONSO

    PAPIROFLEXIA PARA CELEBRACIÓNS

    Inscrición previa en Omix

     

    VENRES 3 DECEMBRO

    19:30 CASA DOS ALONSO

    XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETES

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO 4 DECEMBRO

    18:00 CENTRO CULTURAL

    TEATRO FAMILIAR “PATAPATUM”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)

     

    VENRES 10 DECEMBRO

    18:30H. CENTRO CULTURAL

    OBRADOIRO "REUTILIZANDO ENVASES"

    Inscrición previa en Omix

     

    VENRES 10 DECEMBRO

    21:00H. CENTRO CULTURAL

    TEATRO MUSICAL “O Candil”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)

     

    VENRES 17 DECEMBRO

    18:30H. CENTRO CULTURAL

    OBRADOIRO "REUTILIZANDO ABELORIOS"

    Inscrición previa en Omix

     

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui convoca un novo concurso de debuxo escolar para elixir a Postal de Nadal 2021

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Poderá participar o alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses

    O Concello de Tui, a través da concellería de Ensino e Cultura, convoca  unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021. Vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal".

     

    Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame no pasado ano 2020 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

     

    A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

     

    Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados.

     

    Cada participante poderá presentar un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro elixirá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.

     

    Establécense tres premios:

    • 1º premio de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui.
    • 2º premio de 70€ para consumir en establecementos comerciais de Tui e lote de libros
    • 3º premio de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros
    Ampliar contenido
  • As obras participantes e gañadoras no VI concurso de pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións

    Fecha desde el 13 de Noviembre de 2021
    hasta el 29 de Noviembre de 2021

    O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

    Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

    O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

    Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.

    As obras gañadoras presentes na exposición son:

    Categoría adultos

    • Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro
    • Segundo Premio: Jose Luis García Miranda
    • Terceiro Premio: Antonio Abalde
    • Cuarto Premio: Martina Bugallo
    • Quinto Premio: Dorinda Garrido
    • Sexto Premio: Etienne Vigier

    Categoría xuvenil

    • Segundo Premio: Arianna Pazos Masso
    • Terceiro Premio: Lucia Areal González
    • Cuarto Premio: Uxía Soto Costas

    Categoría infantil:

    • Primeiro Premio: Olga González González

    Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.

    Ampliar contenido
  • Museus de Valença vao a Escola a descoberta da Cultura e do Património

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    O Município de Valença vai levar os museus às escolas básicas para dar a conhecer os espaços museológicos e os recursos patrimoniais do concelho.

    O Município de Valença vai levar os museus às escolas básicas para dar a conhecer os espaços museológicos e os recursos patrimoniais do concelho.

    Entre 22 e 30 de novembro, cerca de 227 alunos, do 3.º e 4.º ano das escolas básicas do primeiro ciclo de Valença, vão ter a oportunidade de descobrir os principais valores patrimoniais, históricos e espaços museológicos do concelho. São 15 sessões onde serão divulgadas as memórias e o património da terra onde vivem. Freguesia a freguesia, os jovens alunos vão conhecer os recursos patrimoniais mais emblemáticos e simbólicos de cada lugar.

    A iniciativa é do Município de Valença, em parceria com o Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho, no âmbito do Projeto Interdisciplinar “Desenvolvimento Integral: Valores, virtudes e forças de carácter” e insere-se na vertente pedagógica do Núcleo Museológico Municipal.

    Este projeto pretende proporcionar aos alunos conhecimento e experiências para que possam desenvolver a consciência para a necessidade de salvaguarda do património e o sentido identitário do espaço geográfico onde vivem.

    Ampliar contenido
  • Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
    hasta el 18 de Diciembre de 2021

    O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-

    A prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.

    No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade  aos profesionais  que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

    O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura  e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero.  Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.

    No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero,  que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar  un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.

    O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de  autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.

    Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía  ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.

    Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.

    Tamén,  nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.

    As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.

    Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”

    • Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
    • Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
    • Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
    • Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
    • Martes, 30 de novembro
      • Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
      • Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
    • Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
    • Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
    Ampliar contenido
  • Até o día 30 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022 organizada polo Concello de Tomiño

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Só se admitirán 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas no Concello. A comisión avaliadora terá en conta o deseño e proxecto da carroza, dando preferencia ás entidades de Tomiño

    A partir de hoxe e até o día 30 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022, organizada polo Concello de Tomiño.

    Para solicitar a participación, as asociacións ou colectivos interesados deberán presentar o formulario habilitado para tal fin a través da SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Tomiño (www.tomino.gal), acompañando unha descrición da carroza (requisito indispensable); certificado de titularidade da conta bancaria; póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante de pago do mesmo.

    O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes: Reis Magos, carteiros reais e paxes.

    Só se admitirán 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas no Concello. A comisión avaliadora terá en conta o deseño e proxecto da carroza, dando preferencia ás entidades de Tomiño.

    Cada carroza que sexa admitida terá dereito a unha compensación económica de 800 euros.

    O desfile será, como é habitual, o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellería de Cultura.

    Ampliar contenido
  • Unha unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o luns 29 de novembro

    Fecha desde el 29 de Noviembre de 2021
    hasta el 29 de Noviembre de 2021

    Estará na praza do Calvario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas

    Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello do Rosal o vindeiro luns 29 de novembro. Estará na praza do Calvario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas para todas as persoas que queiran contribuír e acudir a doar.

    Para a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, entre as medidas para preservar a saúde de todos e todas, a Axencia traballa nestes momentos con cita previa para garantir a afluencia gradual e ordenada das e dos doantes. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar a súa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

    Aínda que o persoal das unidades móbiles fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

    A Axencia Galega de Sangue, Órganos e tecidos lembra que para doar sangue hai que almorzar se se acode pola mañá e, se se vai pola tarde, agardar dúas horas despois de xantar para facer a doazón. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

    Ampliar contenido
  • Os mellores escaparates de Tomiño terán premio

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2021
    hasta el 01 de Diciembre de 2021

    O Concello organiza a -Campaña de Nadal + Nadal 2021 na que poden participar comercios e servizos locais. Os clientes que realicen compras nos mesmos entrarán nun sorteo por vales de compra-

    Os comercios de Tomiño, así como os seus clientes e clientas terán premio este Nadal. O Concello organiza a “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobrecoa participación da asociación de comerciantes ADETO.

    A Campaña terá como beneficiarios aos comercios e servizos do Concello de Tomiño e aos clientes que realicen compras nos mesmos entre o 9 e o 24 de decembro de 2021.

     

    Quedan excluídos os comerciantes que desenvolvan a súa actividade en mercados municipais e os comercios de primeira necesidade como panaderías, carnicerías, peixerías, farmacias e supermercados, pero si pequenas tendas de alimentación, de ámbito local.

     

    Os Comercios e servizos do Concello de Tomiño que desexen participar deben solicitalo cubrindo a instancia que figura na sede electrónica da web tomino.gal, desde o 22  de novembro de 2021 ata o 1 de decembro de 2021, comprométense a decorar os seus escaparates ou no caso de non contar con escaparate, os locais comerciais, como mínimo desde o 9 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022. A base da decoración serán elementos naturais que poderán acompañarse con elementos decorativos de Nadal.

     

    Os Comercios e servizos adheridos á campaña conformarán a “Ruta Nadal+Nadal” e terán dereito á participar no concurso de premios á mellor decoración. Cada un dos comercios ou servizos só poderá acceder a un destes premios:

     

    • 1º Premio Mellor escaparate ………………………… 500,00€
    • 1º Premio Mellor local …………………………………. 500,00€
    • 2º Premio Mellor escaparate ………………………… 250,00€
    • 2º Premio Mellor local …………………………………. 250,00€

     

    O xurado estará composto por 2 representantes do comercio local, 1 representante do Concello de Tomiño e 2 Artistas locais, e emitirá o seu fallo o día 30 de decembro de 2021 ás 20.30h no salón de plenos do Concello de Tomiño.

     

    Vales de compra

    Por outra banda, en cada local participante instalarase unha urna na que os clientes que realicen compras entre 9 ao 24 de decembro de 2021, ambos inclusive, por un valor superior a 20€ e por un máximo de 100€, poidan depositar o seu tícket de compra.

     

    Os propietarios dos tíckets que resulten premiados recibirán un vale de compra polo dobre do valor do tícket depositado.

    Os vales premiados poderán ser empregados en calquera dos comercios e servizos participantes na “Ruta Nadal+Nadal” entre o 29 de decembro do 2021 e o 6 de xaneiro do 2022.

     

    Os nomes, DNI e números de teléfono dos tíckets premiados serán recollidos nunha acta que será asinada polo Concelleiro de Promoción económica ou pola alcaldesa e por un representante de ADETO. Os vales de compra estarán a disposición dos premiados nos oficinas do Concello de Tomiño desde o día 29 de decembro de 2021 ata o día 5 de xaneiro de 2022 en horario de 9 a 14 horas.

     

    O importe dos vales de compra abonarase por parte do concello de Tomiño mediante transferencia bancaria aos comerciantes o titulares dos servizos participantes, previa presentación dos vales de compra e as facturas correspondentes, ata o 28 de xaneiro de 2022.

     

    Ampliar contenido
  • En xaneiro comeza un novo curso para deixar de fumar en colaboración coa AECC en Tui

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro

    Un ano máis o Concello de Tui e a Asociación Española contra o Cancro organizan un curso de Deshabituación Tabáquica. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco.

    Previo ao comezo do curso, previsto para o 30 de xaneiro, haberá unha entrevista coa terapeuta, e logo desenvolveranse 7 sesións, de hora e media cada unha en horario de tarde. Ofrécese aos participantes apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.

    As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro nas dependencias de Servicios Sociais, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Para levar a cabo o curso é preciso contar cun mínimo de 12 persoas inscritas.

    Ampliar contenido
  • San Xerome pone en marcha el proyecto formativo -San Xerome abriendo camino en la hostelería y restauración-

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2021
    hasta el 08 de Diciembre de 2021

    Ofrecemos un itinerario formativo teórico-práctico de 508 horas totales (256 teóricas y 252 prácticas)

    San Xerome pone en marcha el Proyecto SAN XEROME ABRIENDO CAMINO EN LA HOSTELERÍA Y RESTAURACIÓN.

    El objetivo del proyecto es cualificar a 10 personas con diversidad intelectual, mayores de 16 años y menores de 30 años, desempleadas, que no participen en actividades de educación ni formación, con independencia de su nivel de formación; y residentes en la comarca del Baixo Miño, para que puedan desempeñar un trabajo de calidad y profesionalizado en el sector de la hostelería, vinculada al Camino de Santiago Portugués y a los numerosos establecimientos de hostelería y restauración que prestan servicio al turismo en nuestra zona.

    Ofrecemos un itinerario formativo teórico-práctico de 508 horas totales (256 teóricas y 252 prácticas), que dotará al alumnado de las habilidades y competencias para poder desempeñar su labor profesional con profesionalidad y calidad, y facilitará su inserción laboral en un sector puntero en nuestro territorio.

    El itinerario formativo propuesto está compuesto por 9 acciones formativas teóricas, pertenecientes al catálogo de especialidades formativas del SEPE, y 1 acción formativa práctica en el centro de trabajo, donde nuestro alumnado del proyecto podrá aprender de la mejor manera posible: aprender haciendo.

    La formación teórica y práctica se realizará en la sede del Centro Social de la Casa del Mar de A Guarda (Plaza de San Benito, 10-3º), de lunes a viernes, en horario de 09:30 a 13:30h.

    El primer curso del itinerario formativo empieza el 09 de diciembre de 2021.

    El proyecto está financiado por la FUNDACIÓN ONCE (Programa REFUERZO DE EMPLEABILIDAD DE PERSONAS JÓVENES CON DISCAPACIDAD “UNO A UNO”), con fondos del Fondo Social Europeo (Iniciativa de Empleo Juvenil)

    Más información e inscripciones: comunicacion@sanxerome.com // Tlf. 656 565 630

    Ampliar contenido
  • O concello da Guarda organiza unha Mostra Creativa de Nadal

    Fecha desde el 26 de Noviembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.

    O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír unha Mostra Creativa de Nadal no Mercado de Abastos.

    A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando os postos os días 10, 11, 17, 18 e 24 en horario de mañá, nunha Mostra Creativa de Nadal na que poden participar os creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, sendo obrigatorio ser residentes ou ter a sede social da empresa na comarca do Baixo Miño. A montaxe dos stands correrá a cargo dos participantes.

    Para participar os interesados/as deben presentar mediante rexistro de entrada, de forma presencial ou a través da sede electrónica, unha instancia xeral dirixida á Concellería de Desenvolvemento Local, amosando o seu interese en participar e na que aparezan o nome e apelidos do titular do posto, teléfono de contacto, correo electrónico e os produtos e servizos que van a ofertar na Mostra, de acordo ás BASES publicadas na web. Non se permitirán aqueles postos que, pola súa natureza, interfiran coa actividade alimentaria da propia Praza de Abastos.

    A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.

    Con este evento se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade será a protagonista.

    BASES

    Ampliar contenido
  • Pleno ordinario este luns día 29 de novembro en Tomiño

    Fecha desde el 29 de Noviembre de 2021
    hasta el 29 de Noviembre de 2021

    Luns 29 de novembro ás 20.00h no salón de plenos.

    Orde do Día da sesión plenaria de carácter ordinario que o Concello de Tomiño celebrará o vindeiro luns 29 de novembro, ás 20.00h no salón de plenos.

    ORDE DO DÍA:

     

     

    1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR
    2. PROPOSTA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS
    3. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 25N
    4. MOCION BNG SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DA MELLORA DA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA
    5. MOCION LEI PROPIEDADE INTELECTUAL
    6. DAR CONTA DE INTERVENCIÓN
    7. DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA ATA OUTUBRO
    8. DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA ATA NOVEMBRO
    9. ROGOS E PREGUNTAS
    Ampliar contenido
  • Últimos días de prazo de inscrición para o campamento de Nadal do Concello do Rosal

    Fecha desde el 29 de Noviembre de 2021
    hasta el 14 de Diciembre de 2021

    O prazo para presentar as solicitudes será dende ás 09.00 horas do luns 29 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.

    O Concello do Rosal organiza un ano máis un campamento de Nadal para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar das vacacións cuncha chea de actividades. Desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3 , 4, 5 e 7 de xaneiro de 8:45 a 14 :15 horas para todos os nenos e nenas matriculados  en 4º, 5º ou 6º de Educación Infantil ou Educación Primaria neste curso escolar. O prazo de inscrición abrirá este luns ás 09.00 horas e rematará o día 14 de decembro ás 14.00 horas.

    A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que no Concello organizan este campamento para que as familias “podan corresponsabilizarse coa vida familiar e laboral a través de distintas actividades educativas e lúdicas cos seus fillos e fillas”. Hai un total de 20 prazas, reservándose 2 prazas para nenos e nenas que precisen dun apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, cun custo de 20 euros.

    As solicitudes presentaranse por Rexistro de Entrada no Concello do Rosal ou por Sede Electrónica xunto coa seguinte documentación: solicitude participación; autorización de recollida menor; cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor; fotocopia do libro de familia; situación laboral; autónomos: certificado do IAE actualizado ou empregados por conta allea: certificado de empresa ou copia do contrato de traballo; vida laboral; certificado de recoñecemento de discapacidade do participante; no caso de familia monoparental: certificado de monoparentalidade ou libro de familia no que conste un só proxenitor e no caso de familia numerosa, título de familia numerosa.

    O Concello fará unha listaxe de admitidos en base ás seguintes variables: por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos,  por traballo dun dos membros ou titores, 1 punto, por pertencer a familia monoparental: 2 puntos, por pertencer a familia numerosa: 2 puntos. A máxima puntuación será de 5 puntos.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido