Agenda
O Rosal aposta por -Educar en familia-
Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
hasta el 17 de Diciembre de 2021O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas
Ampliar contenidoO Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.
A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.
O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.
A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.
O Rosal presenta a súa axenda de outono con propostas para todos os públicos
Fecha desde el 24 de Octubre de 2021
hasta el 26 de Noviembre de 2021O patrimonio terá un gran protagonismo co recoñecemento aos cabaqueiros do Rosal
Ampliar contenidoO que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.
O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.
Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.
A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.
A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalaría
Fecha desde el 26 de Octubre de 2021
hasta el 26 de Noviembre de 2021Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.
Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.
Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio
Fecha desde el 29 de Octubre de 2021
hasta el 26 de Noviembre de 2021O vindeiro sábado o Concello fará na praza do Calvario unha homenaxe aos cabaqueiros
Ampliar contenidoO Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.
As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) . Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.
As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.
Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.
A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano
Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
hasta el 02 de Diciembre de 2021Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7
Ampliar contenidoA Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. Desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.
Programa
2 de decembro ás 18:30h – Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións
3 de decembro ás 19:30h – Charla Obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete
10 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando envases
17 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando abalorios
Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7
Para a charla non será necesaria a inscrición previa.
Agardamos a vosa participación !!
Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente-
Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
hasta el 30 de Noviembre de 2021Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas
Ampliar contenidoAté o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
Estas fotografías exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas, e agora poden visitarse na Sala Municipal. Son 76 imaxes que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza nos últimos anos do século XIX. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Foron tomadas entre 1886 e 1935 por Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.
A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, indica que estamos diante dunha exposición de excepcional interese, que de seguro atraerá a numerosos visitantes. Expresa o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.
A Guarda presenta a programación de Outono
Fecha desde el 12 de Noviembre de 2021
hasta el 17 de Diciembre de 2021A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de X
Ampliar contenidoO venres 29 de outubro tivo lugar a presentación da Programación de Outono do Concello da Guarda, acto que contou coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a Concelleira de desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.
A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.
O venres 12 de novembro ás 20:30h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro “Illas Desertas”, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O xoves día 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo “O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.
O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.
O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.
O xoves 2 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
O venres 3 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Xogando no Nadal, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.
O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres día 10 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.... As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
PROGRAMA
VENRES 12 NOVEMBRO
CURSO FORMACIÓN COMERCIO “FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 13 NOVEMBRO
18:00H. CENTRO CULTURAL
MAXIA: A IGUALDADE NON TEN TRUCO
Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa
VENRES 19 NOVEMBRO
21:00H. CENTRO CULTURAL
TEATRO “ILLAS DESERTAS”
Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa
ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Inscrición previa das actividades en Eventbrite
- XOVES 25 DE NOVEMBRO
20:00 Centro Cultural
ESPECTÁCULO: O BEN QUERER(SE), por Aldaolado
- SÁBADO 27 DE NOVEMBRO
No Centro Cultural
17:00H. CONTOS EN FAMILIA “A IGUALDADE COMO FÍO CONDUTOR”
18:30H. CONTOS EN LILA
20:30H. MULLERES DE CONTO
VENRES 26 NOVEMBRO
CURSO FORMACIÓN COMERCIO “POSICIONA A TÚA EMPRESA NO MAPA CON GOOGLE BUSINESS”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 27 NOVEMBRO
CASA DOS ALONSO – Hora por confirmar
HOMENAXE A ELISEO ALONSO E INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN
DO 27 NOVEMBRO AO 9 DE DECEMBRO
CASA DOS ALONSO – DE 9:00 A 14:00H.
EXPOSICIÓN HOMENAXE A ELISEO ALONSO
XOVES 2 DECEMBRO
18:30 CASA DOS ALONSO
PAPIROFLEXIA PARA CELEBRACIÓNS
Inscrición previa en Omix
VENRES 3 DECEMBRO
19:30 CASA DOS ALONSO
XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETES
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 4 DECEMBRO
18:00 CENTRO CULTURAL
TEATRO FAMILIAR “PATAPATUM”
Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)
VENRES 10 DECEMBRO
18:30H. CENTRO CULTURAL
OBRADOIRO "REUTILIZANDO ENVASES"
Inscrición previa en Omix
VENRES 10 DECEMBRO
21:00H. CENTRO CULTURAL
TEATRO MUSICAL “O Candil”
Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)
VENRES 17 DECEMBRO
18:30H. CENTRO CULTURAL
OBRADOIRO "REUTILIZANDO ABELORIOS"
Inscrición previa en Omix
O mercado de Nadal do Rosal terá oito postos adicados a artesanía, asociacións e vendedores gastronómicos
Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
hasta el 23 de Noviembre de 2021As persoas interesadas poden presentarse ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición
Ampliar contenidoO Concello do Rosal xa está a preparar o Nadal. Este ano organiza un mercado con oito postos para que os artesáns, as asociacións e os vendedores gastronómicos poidan vender os seus produtos no centro do municipio. Terá lugar os días os días 4, 5 e 6 de decembro no salón de exposicións do Concello de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “o mercado vai ser un espazo de oportunidades para que as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e o deseño poidan visibilizar o seu traballo e talento creativo”.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición. Deberán entregar no Rexistro do Concello dende o luns 8 de novembro ás 08.00 horas o DNI, o carné de manipulador de alimentos (só vendedores de produtos gastronómicos que non teñan pasado controis de calidade), a solicitude de inscrición sinalando concretamente os produtos que se van vender e unha declaración de responsabilidade.
O número máximo de postos será de oito concedéndose un único posto por participante. Cada un deles terá unha dimensión de 4 metros de largo por 1 metro de ancho. Quedará da man de cada persoa a decoración do posto da forma máis atractiva posible adecuándose á temática do Nadal. A alcaldesa anima “ás asociacións, aos artesáns e aos vendedores de produtos gastronómicos a sumarse a este mercado para desfrutar do Nadal xuntos e xuntas”.
O equipo de goberno do concello de Tui manterá reunións en todas as parroquias para coñecer as súas necesidades
Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
hasta el 23 de Noviembre de 2021A primeira terá lugar o próximo luns ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
Ampliar contenidoCoñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.
A primeira reunión está prevista o próximo luns, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns. O martes a reunión será en Malvas, o mércores en Randufe, e o xoves en Baldráns, sempre ás 20 h. Mentres o venres o equipo de goberno achegarase a Areas ás 20.15 h.
As reunións continuarán o luns 15 ás 20.30 h en Guillarei, o martes 16 ás 20h en Paramos, o mércores 17 ás 20 h en Ribadelouro, e o venres 19 ás 20 h en Pazos de Reis.
Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos ás 20 h.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convida aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquietudes, necesidades ou suxestións. No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.
Reunións coa veciñanza das parroquias tudenses
- Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
- Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
- Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
- Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
- Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
- Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
- Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
- Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
- Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis
- Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
- Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
O Concello de Tui convoca un novo concurso de debuxo escolar para elixir a Postal de Nadal 2021
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2021
hasta el 30 de Noviembre de 2021Poderá participar o alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses
Ampliar contenidoO Concello de Tui, a través da concellería de Ensino e Cultura, convoca unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021. Vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.
A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal".
Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame no pasado ano 2020 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.
A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.
Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados.
Cada participante poderá presentar un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro elixirá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.
Establécense tres premios:
- 1º premio de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui.
- 2º premio de 70€ para consumir en establecementos comerciais de Tui e lote de libros
- 3º premio de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros
Aberto prazo de solicitude para participar o Mercado de Nadal de Tui
Fecha desde el 13 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021Celebrarase do 3 ao 12 de decembro no Paseo da Corredoira cun máximo de 20 postos
Ampliar contenidoO Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal que se vai celebrar do 3 ao 12 de decembro no Paseo da Corredoira.
Segundo explican dende o Departamento de Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado a convocatoria vai dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal. Poden solicitar a participación no Mercado todos os artesáns e comerciantes autorizados para a produción e/ou venda de produtos, sexan persoas físicas ou sociedades, legalmente constituídos ou regularizados no réxime de traballadores por conta propia, segundo o caso.
As persoas interesadas en participar no mercado deben cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 23.00 horas do venres, 19 de novembro de 2021. Ademais, as persoas solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos ao correo mercadotui@versalscq.com. Neste mesmo enderezo pódese solicitar información complementaria sobre esta actividade.
Na selección dos expositores darase prioridade ás solicitudes para a exposición e venda de produtos específicos de Nadal, incluíndose alimentación, decoración de Nadal e agasallos. Terán prioridade os produtos de carácter artesán ou producidos a pequena escala. Ademais, valorarase que os solicitantes estean radicados no Concello de Tui e comarca; a calidade e singularidade dos produtos; a variedade de sectores; a produción local; e que o solicitante conte coa Carta de Artesán.
O Mercado de Nadal contará cun máximo de 20 postos de venda no Paseo da Corredoira, que estarán abertos de 11:00 h a 14:00h e de 17:00 h a 21:00h
BASES DE PARTICIPACIÓN:
FORMULARIO DE SOLICITUDE: https://forms.gle/B2iBBpQQg9Zxn9ok6.
As obras participantes e gañadoras no VI concurso de pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións
Fecha desde el 13 de Noviembre de 2021
hasta el 29 de Noviembre de 2021O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.
Ampliar contenidoAté o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.
O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.
Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.
As obras gañadoras presentes na exposición son:
Categoría adultos
- Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro
- Segundo Premio: Jose Luis García Miranda
- Terceiro Premio: Antonio Abalde
- Cuarto Premio: Martina Bugallo
- Quinto Premio: Dorinda Garrido
- Sexto Premio: Etienne Vigier
Categoría xuvenil
- Segundo Premio: Arianna Pazos Masso
- Terceiro Premio: Lucia Areal González
- Cuarto Premio: Uxía Soto Costas
Categoría infantil:
- Primeiro Premio: Olga González González
Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.
Natal Cerveira 2021: Abertas as inscriçoes para o mercado de natal
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021Inscrições podem ser efetuadas até 19 de novembro
Ampliar contenidoEntre 10 e 12 de dezembro, o centro histórico de Vila Nova de Cerveira acolhe a edição 2021 do Mercado de Natal, cativando miúdos e graúdos para o verdadeiro espírito natalício, através de uma oferta lúdico-cultural diferenciada. Os artesãos e mercadores interessados podem-se inscrever-se até ao dia 19 de novembro.
Inspirado e desenhado a partir da magia tão peculiar da época, o Mercado de Natal de Vila Nova de Cerveira tem como objetivo dinamizar o comércio local e, por isso, contará com a presença de expositores que abrangem desde as áreas do artesanato, da moda, dos brinquedos e da cerâmica, até à gastronomia típica.
Especificamente na vertente gastronómica, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira conta com a parceria de algumas pastelarias e confeitarias, que vão implementar o conceito de food court, dinamizando ações de demonstrações, workshops e confeção in loco.
A instalação de mobiliário e de cenografias criativas complementares asseguram a promoção de espaços de partilha e convívio. Neste sentido, estão previstos momentos de contemplação, onde o som, as cores, as texturas, os cheiros e os sabores se conjugam com a diversão e o entretenimento.
E porque são elas que mais vibram com a magia do Natal, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira está a preparar um conjunto de atividades exclusivamente dedicadas para surpreender as crianças.
Os fãs do espírito natalício já podem começar a contar os dias para desfrutar de mais uma quadra repleta de cor e magia em Vila Nova de Cerveira.
INSCRIÇÃO ARTESÃOS E MERCADORES
Os artesãos e mercadores interessados em participar devem efetuar a sua inscrição até ao dia 19 de novembro, com recurso à ficha de inscrição, sendo obrigatoriamente acompanhada de documentos habilitantes, junto dos serviços da cultura da autarquia, presencialmente, via correio postal ou eletrónico (cultura@cm-vncerveira.pt com o limite máximo e capacidade de receção de 7 MB). As Normas de Participação estão disponíveis nos meios digitais do Município (site e redes sociais).
Continua a programación de Outono 2021 coa innovadora proposta teatral Illas Desertas, da compañía Artesa&Cía
Fecha desde el 15 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021A peza de teatro contempóraneo buscará a interacción do público mediante a instalación dunha app nos teléfonos móviles
Ampliar contenidoEste venres 19 de novembro volve o teatro ao Centro Cultural da Guarda da man dunha función de teatro contemporáneo que buscará provocar a reflexión no espectador sobre os valores que nos rodean neste mundo competitivo onde parece que todo ter que ser éxitoso ou produtivo, esquecéndonos moitas veces da importancia da travesía, da experiencia da ilusión por percorrer un camiño. Ou como din os propios artistas da utilidade do inútil.
A obra achéganos unha estética e linguaxe diferente ao que estamos habituados, servíndose do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da resignificación poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xérando paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton. Como contraparte a obra busca a interacción cos espectadores que deberán instalarse unha app coa que participarán activamente no texto e devenir da función.
A produción a cargo da compañía de teatro Artesa&cía, especializada en montaxes trasnsmedia e que xa estivo na Guarda coa anterior produción “Chola a it girl”, foi estreada o pasado mes de marzo no Teatro Municipal de Tui e contou entre outras coa colaboración de La Fura dels Bauls. Contará coa intervención de Laura Villaverde e Roi Fernández como intérpretes e operador de cámara e Susana Méndez aos mandos técnicos.
Esta función forma parte do programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra, co que o ente provincial apoia a programación de obras teatrais nos concellos da provincia no ano 2021.
Para asistir é preciso reservar a localidade na plataforma Eventbrite.es e descargarse gratuitamente a App Kalliope na app store:
Android:
Https://play.google.com/store/apps/details?Id=com.pangea.kalliope&hl=es_419
iOS:
Https://apps.apple.com/es/app/kalliope/id1116037649
O Rosal organiza este venres un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021A actividade será ás 17.00 horas no Espazo de Autoarranxo e as persoas interesadas poden inscribirse a través da web do Concello
Ampliar contenidoO Concello do Rosal organiza este venres ás 17.00 horas un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados no Espazo Autoarranxo, a carón do CPI Manuel Suárez Marquier. A actividade é de balde e as persoas interesadas deben inscribirse a través da web do Concello. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a un obradoiro que “nos ensina a facer bonitos moitos materiais que xa non utilizamos na casa”, e que fai que O Rosal, “pasiño a pasiño”, continúe no seu camiño para converterse “nun concello máis sostible”.
O Concello tamén solicita que as persoas inscritas leven material para realizar o obradoiro. Poden ser cortizas, retais de tela (feltro, vaquero, de calquera prenda de la, con motivos de Nadal, etc), botóns de diferentes tamaños, noces, dúas ducias de pinzas de madeira (poden ser das que están moi vellas), algún abelorio, un pau de 30 cm aproximadamente e un tubo de papel hixiénico.
O Concello de Oia convoca as axudas da Deputación dirixidas á hostalaría
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2021
hasta el 26 de Noviembre de 2021A medida busca paliar o impacto da COVID-19
Ampliar contenidoO Concello de Oia convoca, co financiamento da Deputación de Pontevedra, axudas destinadas á hostalaría local, co obxectivo de paliar o impacto da COVID-19. En total repartiranse 8.900,13 euros entre os negocios beneficiarios.
Poderán beneficiarse desta medida os autónomos e os representantes das pemes de ata 10 persoas, legalmente constituídas, cuxa actividade estea incluída no sector da hostalaría, e se desenvolva dentro do termo municipal de Oia.
As axudas serán de índole económica (8.900,13 euros a repartir) e distribuiranse de xeito igualitario entre todas as solicitudes recibidas. Terase en conta o montante total a repartir e o número de solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos pola Deputación. O prazo de solicitude é de 8 días hábiles contados a partir de mañá (ata o 26 de novembro).
Esta iniciativa ponse en marcha co financiamento da Deputación de Pontevedra (a través da disposición adicional “Medidas destinadas ó financiamento dos gastos derivados da liña de axudas para os sectores máis afectados pola situación pandémica que xestionen os concellos" do Plan Concellos 2021).
Estas axudas da Deputación dirixidas á hostalaría afectada pola COVID-19 véñense a sumar ás xa tramitadas polo Concello hai uns meses co mesmo obxectivo, e que ascenderon a 28.000 euros financiados con recursos propios municipais.
Solicitude e documentación
As bases e anexos sobre a convocatoria están xa publicadas na sede electrónica do Concello (no apartado de taboleiro de anuncios), accesibles na seguinte ligazón: https://oia.sedelectronica.es/info.0
Para solicitar estas axudas cómpre presentar a instancia ante o Concello, en modelo normalizado do anexo I da convocatoria, dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Oia, e achegando a seguinte documentación:
-Fotocopia do DNI ou documento identificador, válido no territorio nacional, da persoa física solicitante da subvención.
-NIF da persoa xurídica, e DNI e acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presente a solicitude no caso de non ser a mesma.
-Escritura de constitución da persoa xurídica, inscrita no correspondente Rexistro.
-Certificado de número de conta bancaria.
-Certificado de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria (AEAT).
-Certificado de obrigas tributarias coa ATRIGA.
-Certificado de obrigas sociais coa Seguridade Social.
-Informe da seguridade social do número anual medio de traballadores en alta referido ó ano en que vaian a xustificar a axuda
-Declaración responsable en modelo normalizado (Anexo II).
-Declaración doutras axudas (Anexo III).
Plan municipal de emerxencia e xestión do risco de seca
Fecha desde el 18 de Noviembre de 2021
hasta el 25 de Noviembre de 2021Este proxecto estase a desenvolver ao abeiro dunhas axudas concedidas por Augas de Galicia destinadas á redacción deste tipo de plans.
Ampliar contenidoO Concello de A Guarda está a elaborar un Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga.
Este proxecto estase a desenvolver ao abeiro dunhas axudas concedidas por Augas de Galicia destinadas á redacción deste tipo de plans.
Para determinar as mellores solucións para cada escenario dende o Concello queremos solicitar a participación de todas as partes implicadas. Esta participación se realizará de xeito telemático a través de dous talleres: un primeiro taller ao que se poderá acceder entre os días 18 e 21 de novembro e un segundo taller no que se poderá colaborar entre o 23 e o 25 de novembro. O acceso a estes talleres realizarase a través do sitio web: https://planemerxenciaseca.gal/a-guarda
As dúbidas e información adicional pódense remitir ao departamento de medio ambiente a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou chamando ao teléfono do Concello: 986 61 00 00.
Convocatoria para o pleno do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Concello de Tomiño
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021O Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia celebrará o vindeiro venres, 19 de novembro, unha sesión extraordinaria de pleno que terá lugar no auditorio municipal de Goián, ás 11.00 h
Ampliar contenidoO Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia celebrará o vindeiro venres, 19 de novembro, unha sesión extraordinaria de pleno que terá lugar no auditorio municipal de Goián, ás 11.00 h. para tratar o tema: "Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible".
ORDE DO DÍA
- Intervención do CEIP de Barrantes
- Intervención do CEIP Pintor Antonio Fernández
- Intervención do CEP Pedro Caselles Beltrán
- Intervención do CEIP de Sobrada
- Intervención do CEIP de Tebra
- Intervención do IES Antón Alonso Ríos
- Intervención do CRA Mestre Manuel Garcés
Aforo completo no concerto de Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021Esta semana Tanxugueiras confirmaron a presentación da súa candidatura na preselección para o Festival de Eurovisión.
Ampliar contenidoAforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21.30 h.
Sobre o escenario estarán Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. Ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. O seu repertorio móvese entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.
Este venres en Tui intepretarán temas como O querer, Irmandade, Albedrío o Malquerenza. Tamén Desposorio, Perfidia ou Coda
Tanxugueiras recibiu en 2019 o Premios Martín Códax da Música ao Mellor grupo de Música tradicional e folk, e foron galardoadas co Premios MIN de la Música Independiente 2018 ao Mellor álbum galego.
Esta semana Tanxugueiras confirmaron a presentación da súa candidatura na preselección para o Festival de Eurovisión.
O BNG de Tui organiza o venres 19, unha palestra informativa sobre a instalación dun novo parque eólico no Baixo Miño
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021A formación nacionalista organiza mañá, venres 19 de novembro, ás 20:30h no Hotel Colón unha palestra informativa sobre o Proxecto Eólico do Albariño I na que contarán coa presenza do Deputado no Parlamento Galego, Luis Bará.
Ampliar contenidoO Bloque Nacionalista Galego na Comarca do Baixo Miño vén de mostrar este martes a súa oposición ao proxecto eólico Albariño I polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico” na serra da Groba. Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.
“Este novo parque representa unha nova ofensiva tamén para a localidade de Tui. Pois os efectos poden ser devastadores máis aló da zona afectada.” – comenta Xosué Campos que afirma que frear o Albariño I é vital para evitar os outros 5 proxectos promovidos polo mesmo grupo empresarial e cuxas poligonais se solaparían.
“Isto é un exemplo evidente da fragmentación fraudulenta de macroparques en pequenas pezas, para avaliar os impactos por separado. Unha práctica moi habitual en todo o país e que está permitida e alentada pola Xunta de Galiza.” – aclara Carme Núñez, voceira municipal do BNG de Tui.
Desde o BNG de Tui, convidan a toda a cidadanía a participar desta palestra onde se informará sobre os impactos derivados do “boom eólico” no noso territorio. Será mañá, venres 19, ás 20:30h no Hotel Colón con Luis Bará, deputado no Parlamento Galego.
O Sporting Guardés recibe este domingo na Sangriña ao U.D. Ourense
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 2021Domingo 21 de novembro ás 16:30h no Estadio Municipal da Sangriña
Ampliar contenidoDomingo 21 de novembro ás 16:30h no Estadio Municipal da Sangriña
Secretários de estado da habitaçao e da descentralizaçao e da administraçao local em Cerveira
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2021
hasta el 19 de Noviembre de 202119 de novembro, 15h00, Salão Nobre da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Ampliar contenidoNa próxima sexta-feira, 19 de novembro, pelas 15h00, vai ser assinado o Acordo de Colaboração no âmbito do 1º Direito – Programa de Apoio ao Acesso à Habitação entre o Instituto da Habitação e da Reabilitação Urbana (IHRU) e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
A cerimónia tem lugar no Salão Nobre da autarquia cerveirense e conta com a presença da Secretária de Estado da Habitação, Marina Gonçalves, e do Secretário de Estado da Descentralização e da Administração Local, Jorge Botelho. O Acordo de Colaboração será assinado pelo Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, e pelo Vogal do Conselho Diretivo do IHRU, Luís Gonçalves.
O Programa de Apoio ao Acesso à Habitação pretende contribuir para a promoção de soluções habitacionais para pessoas que vivem em condições habitacionais indignas e que não dispõem de capacidade financeira para suportar o custo do acesso a uma habitação adequada.
Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-
Ampliar contenidoA prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.
No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade aos profesionais que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero. Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.
No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero, que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.
O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.
Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.
Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.
Tamén, nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.
As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.
Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”
- Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
- Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
- Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
- Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
- Martes, 30 de novembro
- Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
- Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
- Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
- Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
