Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O Rosal aposta por -Educar en familia-

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas

    O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

    A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

    O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

    A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

    Ampliar contenido
  • Continúan as charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 18 de Noviembre de 2021

    Un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

     

    O Concello da Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.

     

    A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño na Gándara, seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro(Av. San Lorenzo) e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos(A Portela).

     

    A técnica de Medio Ambiente municipal será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal.

     

    Para calquera dúbida sobre as charlas poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico medioambiente@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • O Rosal presenta a súa axenda de outono con propostas para todos os públicos

    Fecha desde el 24 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O patrimonio terá un gran protagonismo co recoñecemento aos cabaqueiros do Rosal

    O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.

    O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.

    Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h  no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.

    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalaría

    Fecha desde el 26 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

     

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.

     

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

     

    No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

     

    O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    Ampliar contenido
  • O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

    Fecha desde el 29 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O vindeiro sábado o Concello fará na praza do Calvario unha homenaxe aos cabaqueiros

    O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández,  explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.

    As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) .  Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.

    As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 02 de Diciembre de 2021

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. Desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.

    Programa

    2 de decembro ás 18:30h – Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións

    3 de decembro ás 19:30h – Charla Obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete

    10 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando envases

    17 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando abalorios

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    Agardamos a vosa participación !!

    Ampliar contenido
  • Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente-

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

    Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

     

    Estas fotografías exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas, e agora poden visitarse na Sala Municipal. Son 76 imaxes que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza nos últimos anos do século XIX. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Foron tomadas entre 1886 e 1935 por Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, indica que estamos diante dunha exposición de excepcional interese, que de seguro atraerá a numerosos visitantes. Expresa o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.

    Ampliar contenido
  • Román Rodríguez salienta a excelente resposta dos galegos ao bono cultura da Xunta no arranque da campaña

    Fecha desde el 03 de Noviembre de 2021
    hasta el 18 de Noviembre de 2021

    ? Hai xa máis de 450 empresas adheridas e anima ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para os profesionais mantense aberto ata o 18 de novembro en www.bonocultura.gal

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou hoxe a “excelente” resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta, que arrincou onte con éxito, despois de que todas as descargas dispoñibles se esgotasen en 19 horas e se chegasen a alcanzar picos de 150 bonos emitidos por minuto.  “As cifras constatan o interese por gozar da cultura e tamén o interese por esta iniciativa coa que desde a Xunta queremos dinamizar o consumo cultural e tamén apoiar ao sector”, indica.

     

    O Bono Cultura da Xunta conta cun orzamento de case 2M€ para un total de 39.000 bonos e mobilizará 4M€ no sector neste outono cultural. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou as máis de 450 empresas e entidades que xa están adheridas e animou ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para que os negocios entren na iniciativa continúa aberto ata o vindeiro 18 de novembro a través de www.bonocultura.gal.

     

    Pódense unir as persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda de produtos e bens culturais, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. As salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, os museos, casas-museo, así como asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais, entre outras.

     

    Variedade de produtos e servizos

    Os titulares dos establecementos recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento e, ademais, o nome comercial e a localización dos establecementos adheridos ao programa Bonos Cultura faise público na web www.bonocultura.gal

     

    “Esta é unha medida que puxemos en marcha en diálogo co sector e na que apostamos por financiar parte das compras a calquera persoa maior de 18 anos e residente en Galicia”, engadiu Román Rodríguez. Así, desde onte, cada usuario rexistrado ten un bono por valor de 50€ e en cada compra obterá un desconto do 50%, que poderá desfrutar ata o 31 de decembro tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible.

     

    Poden empregarse para a compra de produtos como música gravada en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos, entradas para calquera tipo de institución cultural (museos, casas-museo...) ou para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

    Ampliar contenido
  • O mercado de Nadal do Rosal terá oito postos adicados a artesanía, asociacións e vendedores gastronómicos

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 23 de Noviembre de 2021

    As persoas interesadas poden presentarse ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición

    O Concello do Rosal xa está a preparar o Nadal. Este ano organiza un mercado con oito postos para que os artesáns, as asociacións e os vendedores gastronómicos poidan vender os seus produtos no centro do municipio. Terá lugar os días os días 4, 5 e 6 de decembro no salón de exposicións do Concello de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “o mercado vai ser un espazo de oportunidades para que as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e o deseño poidan visibilizar o seu traballo e talento creativo”.

    As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 23 de novembro e a selección será por orde de inscrición. Deberán entregar  no Rexistro do Concello dende o luns 8 de novembro ás 08.00 horas o DNI, o carné de manipulador de alimentos (só vendedores de produtos gastronómicos que non teñan pasado controis de calidade), a solicitude de inscrición sinalando concretamente os produtos que se van vender e unha declaración de responsabilidade.

    O número máximo de postos será de oito concedéndose un único posto por participante. Cada un deles terá unha dimensión de 4 metros de largo por 1 metro de ancho. Quedará da man de cada persoa a decoración do posto da forma máis atractiva posible adecuándose á temática do Nadal. A alcaldesa anima “ás asociacións, aos artesáns e aos vendedores de produtos gastronómicos a sumarse a este mercado para desfrutar do Nadal xuntos e xuntas”.

    Ampliar contenido
  • O equipo de goberno do concello de Tui manterá reunións en todas as parroquias para coñecer as súas necesidades

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 23 de Noviembre de 2021

    A primeira terá lugar o próximo luns ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns

    Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia.  As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

     

    A primeira reunión está prevista o próximo luns, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.  O martes a reunión será en Malvas, o mércores en Randufe, e o xoves en Baldráns, sempre ás 20 h. Mentres o venres o equipo de goberno achegarase a Areas ás 20.15 h.

     

    As reunións continuarán o luns 15 ás 20.30 h en Guillarei, o martes 16 ás 20h en Paramos, o mércores 17 ás 20 h en Ribadelouro, e o venres 19 ás 20 h en Pazos de Reis.

     

    Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos ás 20 h.

     

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convida aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquietudes, necesidades ou suxestións.  No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.

     

    Reunións coa veciñanza das parroquias tudenses

    • Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
    • Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
    • Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
    • Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
    • Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
    • Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
    • Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
    • Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
    • Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis
    • Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
    • Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
    Ampliar contenido
  • A Mancomunidade do Baixo Miño pon autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago o 14 de novembro

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2021
    hasta el 12 de Noviembre de 2021

    Será de balde e pode solicitarse xa a través das webs da Mancomunidade e dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui

    A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación que se sairá o vindeiro domingo 14 de novembro ás 12.00 horas dende a alameda de Santiago de Compostela.

    As persoas interesadas xa poden solicitar o autobús a través dos formularios habilitados nas webs da Mancomunidade e dos catro concellos, indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e indicando en cal destes municipios se collería o transporte. En función do número de solicitudes deseñaranse os horarios e rutas necesarios e daranse a coñecer. Os formularios estarán abertos ata o vindeiro venres 12 de novembro.

    Dende a Mancomunidade reclámase unha mellora da atención sanitaria nos centros de saúde, con falta de medios persoais, instalacións deficientes e en progresivo deterioro dende hai anos. Unha situación de precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. Aos recortes súmase a falla de substitucións por baixas ou vacacións, o que provoca que nos centros haxa pouco persoal sanitario dispoñible e longas esperas para obter unha cita.

    As rexedoras e rexedores da Mancomunidade dan o seu apoio aos profesionais da saúde e continuarán loitando para garantir que estes poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas, asegurando ao mesmo tempo a calidade de atención á veciñanza.

    Reserva a túa praza de bus aquí

    Ampliar contenido
  • O Exército do Aire de Madrid realizará exercicios de busca e de salvamento o día 11 de novembro en Tomiño

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2021
    hasta el 11 de Noviembre de 2021

    A zona elixida para as probas terrestres está nas proximidades das poboacións de Os Muros e Vilachán do Monte

    O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizará en Tomiño o vindeiro xoves (11 de novembro), un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado "MADRISAR-21" que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima.

     

    Así o comunicou á alcaldesa de Tomiño o capitán Alejandro Álvarez destinado no mencionado centro coordinador de salvamento.

     

    A zona elixida para o exercicio terrestre será nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, en horario de 9.00 a 14.30 ou 15.00h

     

    No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.

     

    Este exercicio levarase a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc.

    Ampliar contenido
  • O Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar os orzamentos para 2022

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2021
    hasta el 11 de Noviembre de 2021

    O pleno ratificará este xoves 11 de novembro unhas contas coas que -facer fronte a un novo exercicio cheo de proxectos transformadores-

    O Concello do Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar as súas contas para o vindeiro ano. O pleno ratificará este xoves 11 de novembro (20.30 h, salón de plenos do Concello) un orzamento para 2022 de case 4,8 millóns de euros. “A boa planificación e o bo funcionamento do Concello é o que nos permite aprobar xa uns orzamentos para o 2022 cos que facer fronte a un novo exercicio cheo de proxectos transformadores, como a Praza do Calvario”, sinala a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís.

    O Rosal afronta o vindeiro ano con novos retos: xunto á Praza do Calvario, que recibiu recentemento o recoñecemento á súa calidade coa subvención da redacción do proxecto polo Plan Ágora da Deputación e o financiamento pola súa singularidade a través do ReacPon con 517.000 euros, tamén se vai a levar a cabo a ampliación do Mercado e a transformación da estrada Tabagón-As Eiras-Goián, entre outros.

    Serán uns orzamentos “que recollen as necesidades de gastos estruturais e servizos con melloras para responder á realidade do Concello” no que se manterá por exemplo a aposta polas actividades culturais, festivas e deportivas, continuando coa liña do exercicio anterior, “coa capacidade de adaptación en todo momento ás circunstancias da realidade sanitaria e levando a actividade ás diferentes xudarías e barrios”. As contas para 2022 tamén dan continuidade ao traballo iniciado este ano no camiño da inclusión con programas como ‘Cocreando Sociedade’, facilitando así alicerces para traballar actividades dende a perspectiva integral da inclusión.

    Por primeira vez, estes orzamentos contemplan unha liña específica de igualdade que xurde do compromiso do Goberno local por xerar unha actividade transversal que atenda a este obxectivo social de vital importancia, consolidando o programa ‘Revolucionando Mentes’ e as actividades que se desenvolven ao seu abeiro. Ademais, tamén se manterá a colaboración coas traídas de augas, mantendo o financiamento das analíticas das traídas veciñais iniciadas no actual exercicio, así como as subvencións para investimento nas mesmas.

    Por outra banda, o presuposto municipal consolida o apoio ao tecido asociativo “como un dos motores do dinamismo social do Concello no eido cultural, deportivo, social e educativo”. “Despois dun ano atípico no que as asociacións atravesaron tantas dificultades, tamén en cuestións de financiamento, non podiamos deixar de colaborar con elas e de continuar cun apoio e colaboración que foi fundamental durante a pandemia”, recalca a rexedora.

    No ámbito da promoción económica e do desenvolvemento de emprego o Concello está a traballar tamén cos organismos supramunicipais para tentar desenvolver algunha actividade formativa.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui convoca un novo concurso de debuxo escolar para elixir a Postal de Nadal 2021

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Poderá participar o alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses

    O Concello de Tui, a través da concellería de Ensino e Cultura, convoca  unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021. Vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal".

     

    Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame no pasado ano 2020 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

     

    A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

     

    Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados.

     

    Cada participante poderá presentar un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro elixirá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.

     

    Establécense tres premios:

    • 1º premio de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui.
    • 2º premio de 70€ para consumir en establecementos comerciais de Tui e lote de libros
    • 3º premio de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros
    Ampliar contenido
  • Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
    hasta el 18 de Diciembre de 2021

    O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-

    A prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.

    No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade  aos profesionais  que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

    O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura  e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero.  Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.

    No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero,  que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar  un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.

    O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de  autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.

    Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía  ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.

    Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.

    Tamén,  nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.

    As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.

    Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”

    • Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
    • Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
    • Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
    • Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
    • Martes, 30 de novembro
      • Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
      • Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
    • Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
    • Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido