Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O Rosal aposta por -Educar en familia-

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas

    O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

    A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

    O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

    A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

    Fecha desde el 26 de Noviembre de 2021
    hasta el 10 de Diciembre de 2021

    Para solicitar cita previa Por teléfono: 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

    • do 26/11/2021 ao 03/12/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    • do 09/12/2021 ao 10/12/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

    O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás:

    • 10/12/2021 que será horario só de mañá

    Para solicitar cita previa:

    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • A Guarda presenta a programación de Outono

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de X

    O venres 29 de outubro tivo lugar a presentación da Programación de Outono do Concello da Guarda, acto que contou coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a Concelleira de desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.

     

    A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.

     

    O venres 12 de novembro ás 20:30h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro “Illas Desertas”, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O xoves día 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo “O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.

    O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da  programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.

    Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

    Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.

     

    O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.

    O xoves 2 de decembro terá lugar  na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

    O venres 3 de decembro terá lugar  na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Xogando no Nadal, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres día 10 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

     

    Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.... As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

     

    O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.

     

    PROGRAMA

     

    VENRES 12 NOVEMBRO

    CURSO FORMACIÓN COMERCIO “FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS”

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO  13 NOVEMBRO

    18:00H. CENTRO CULTURAL

    MAXIA: A IGUALDADE NON TEN TRUCO

    Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa

     

     

    VENRES 19 NOVEMBRO

    21:00H. CENTRO CULTURAL

    TEATRO “ILLAS DESERTAS”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa

     

     

    ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                Inscrición previa das actividades en Eventbrite

     

    • XOVES 25 DE NOVEMBRO

    20:00 Centro Cultural

    ESPECTÁCULO: O BEN QUERER(SE), por Aldaolado

     

    • SÁBADO 27 DE NOVEMBRO

    No Centro Cultural

    17:00H. CONTOS EN FAMILIA “A IGUALDADE COMO FÍO CONDUTOR”

    18:30H. CONTOS EN LILA

    20:30H. MULLERES DE CONTO

     

    VENRES 26 NOVEMBRO

    CURSO FORMACIÓN COMERCIO “POSICIONA A TÚA EMPRESA NO MAPA CON GOOGLE BUSINESS”

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO 27 NOVEMBRO

    CASA DOS ALONSO – Hora por confirmar  

    HOMENAXE A ELISEO ALONSO E INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN

     

    DO 27 NOVEMBRO AO 9 DE DECEMBRO

    CASA DOS ALONSO – DE 9:00 A 14:00H.

    EXPOSICIÓN HOMENAXE A ELISEO ALONSO

     

    XOVES 2 DECEMBRO

    18:30 CASA DOS ALONSO

    PAPIROFLEXIA PARA CELEBRACIÓNS

    Inscrición previa en Omix

     

    VENRES 3 DECEMBRO

    19:30 CASA DOS ALONSO

    XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETES

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO 4 DECEMBRO

    18:00 CENTRO CULTURAL

    TEATRO FAMILIAR “PATAPATUM”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)

     

    VENRES 10 DECEMBRO

    18:30H. CENTRO CULTURAL

    OBRADOIRO "REUTILIZANDO ENVASES"

    Inscrición previa en Omix

     

    VENRES 10 DECEMBRO

    21:00H. CENTRO CULTURAL

    TEATRO MUSICAL “O Candil”

    Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)

     

    VENRES 17 DECEMBRO

    18:30H. CENTRO CULTURAL

    OBRADOIRO "REUTILIZANDO ABELORIOS"

    Inscrición previa en Omix

     

    Ampliar contenido
  • Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
    hasta el 18 de Diciembre de 2021

    O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-

    A prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.

    No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade  aos profesionais  que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

    O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura  e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero.  Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.

    No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero,  que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar  un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.

    O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de  autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.

    Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía  ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.

    Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.

    Tamén,  nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.

    As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.

    Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”

    • Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
    • Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
    • Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
    • Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
    • Martes, 30 de novembro
      • Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
      • Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
    • Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
    • Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
    Ampliar contenido
  • En xaneiro comeza un novo curso para deixar de fumar en colaboración coa AECC en Tui

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro

    Un ano máis o Concello de Tui e a Asociación Española contra o Cancro organizan un curso de Deshabituación Tabáquica. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco.

    Previo ao comezo do curso, previsto para o 30 de xaneiro, haberá unha entrevista coa terapeuta, e logo desenvolveranse 7 sesións, de hora e media cada unha en horario de tarde. Ofrécese aos participantes apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.

    As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro nas dependencias de Servicios Sociais, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Para levar a cabo o curso é preciso contar cun mínimo de 12 persoas inscritas.

    Ampliar contenido
  • San Xerome pone en marcha el proyecto formativo -San Xerome abriendo camino en la hostelería y restauración-

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2021
    hasta el 08 de Diciembre de 2021

    Ofrecemos un itinerario formativo teórico-práctico de 508 horas totales (256 teóricas y 252 prácticas)

    San Xerome pone en marcha el Proyecto SAN XEROME ABRIENDO CAMINO EN LA HOSTELERÍA Y RESTAURACIÓN.

    El objetivo del proyecto es cualificar a 10 personas con diversidad intelectual, mayores de 16 años y menores de 30 años, desempleadas, que no participen en actividades de educación ni formación, con independencia de su nivel de formación; y residentes en la comarca del Baixo Miño, para que puedan desempeñar un trabajo de calidad y profesionalizado en el sector de la hostelería, vinculada al Camino de Santiago Portugués y a los numerosos establecimientos de hostelería y restauración que prestan servicio al turismo en nuestra zona.

    Ofrecemos un itinerario formativo teórico-práctico de 508 horas totales (256 teóricas y 252 prácticas), que dotará al alumnado de las habilidades y competencias para poder desempeñar su labor profesional con profesionalidad y calidad, y facilitará su inserción laboral en un sector puntero en nuestro territorio.

    El itinerario formativo propuesto está compuesto por 9 acciones formativas teóricas, pertenecientes al catálogo de especialidades formativas del SEPE, y 1 acción formativa práctica en el centro de trabajo, donde nuestro alumnado del proyecto podrá aprender de la mejor manera posible: aprender haciendo.

    La formación teórica y práctica se realizará en la sede del Centro Social de la Casa del Mar de A Guarda (Plaza de San Benito, 10-3º), de lunes a viernes, en horario de 09:30 a 13:30h.

    El primer curso del itinerario formativo empieza el 09 de diciembre de 2021.

    El proyecto está financiado por la FUNDACIÓN ONCE (Programa REFUERZO DE EMPLEABILIDAD DE PERSONAS JÓVENES CON DISCAPACIDAD “UNO A UNO”), con fondos del Fondo Social Europeo (Iniciativa de Empleo Juvenil)

    Más información e inscripciones: comunicacion@sanxerome.com // Tlf. 656 565 630

    Ampliar contenido
  • O concello da Guarda organiza unha Mostra Creativa de Nadal

    Fecha desde el 26 de Noviembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.

    O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír unha Mostra Creativa de Nadal no Mercado de Abastos.

    A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando os postos os días 10, 11, 17, 18 e 24 en horario de mañá, nunha Mostra Creativa de Nadal na que poden participar os creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, sendo obrigatorio ser residentes ou ter a sede social da empresa na comarca do Baixo Miño. A montaxe dos stands correrá a cargo dos participantes.

    Para participar os interesados/as deben presentar mediante rexistro de entrada, de forma presencial ou a través da sede electrónica, unha instancia xeral dirixida á Concellería de Desenvolvemento Local, amosando o seu interese en participar e na que aparezan o nome e apelidos do titular do posto, teléfono de contacto, correo electrónico e os produtos e servizos que van a ofertar na Mostra, de acordo ás BASES publicadas na web. Non se permitirán aqueles postos que, pola súa natureza, interfiran coa actividade alimentaria da propia Praza de Abastos.

    A data límite para a recepción de solicitudes de participación é o 3 de decembro.

    Con este evento se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade será a protagonista.

    BASES

    Ampliar contenido
  • Fortaleza de chocolate volta a adocar Valenca

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 08 de Diciembre de 2021

    Em Valença o Chocolate tem tradição e de 3 a 8 de dezembro volta a receber a Fortaleza de Chocolate.

    Em Valença o Chocolate tem tradição e de 3 a 8 de dezembro volta a receber a Fortaleza de Chocolate.
    A IX Fortaleza de Chocolate promete adoçar valencianos, turistas e todos quantos venham a Valença, numa festa onde o Chocolate é protagonista e a Fortaleza se torna pequena para receber todos os amantes desta doçura. Marque na sua agenda. De 3 a 8 de dezembro a festa será de chocolate em Valença.
    A IX edição da Fortaleza de Chocolate, uma feira/mostra dedicada, em exclusivo, à degustação e venda de produtos à base de chocolate, está aberta a todos os públicos e é de acesso gratuito.
    O evento desenvolve-se pelas ruas e praças da Fortaleza de Valença e conta com a presença de doceiros, pasteleiros, produtores de chocolate e chocolatiers portugueses e espanhóis.
    Bombons, cupcakes, Cake Pops, waffles, crepes, torrões, brigadeiros, trufas, bombocas, chupas de chocolate, espetadas de fruta, ginjas e licores e um sem fim de produtos onde o chocolate é rei. A feira contará, ainda, com produtos à base de chocolate, sem glúten.
    Para os amantes da arte de transformar chocolate, os showcooking's, vão proporcionar experiências únicas de fazer bombons, esculturas e outras delícias a partir de chocolate.
    Haverá, ainda, animação de rua e animação musical para apurar os sentidos e a degustação de todas as delícias de chocolate.

    Com a iniciativa “Valença Fortaleza de Chocolate”, o Município arranca com uma programação de Natal que se prolongará até ao Dia de Reis.

    Ampliar contenido
  • Últimos días de prazo de inscrición para o campamento de Nadal do Concello do Rosal

    Fecha desde el 29 de Noviembre de 2021
    hasta el 14 de Diciembre de 2021

    O prazo para presentar as solicitudes será dende ás 09.00 horas do luns 29 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.

    O Concello do Rosal organiza un ano máis un campamento de Nadal para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar das vacacións cuncha chea de actividades. Desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3 , 4, 5 e 7 de xaneiro de 8:45 a 14 :15 horas para todos os nenos e nenas matriculados  en 4º, 5º ou 6º de Educación Infantil ou Educación Primaria neste curso escolar. O prazo de inscrición abrirá este luns ás 09.00 horas e rematará o día 14 de decembro ás 14.00 horas.

    A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que no Concello organizan este campamento para que as familias “podan corresponsabilizarse coa vida familiar e laboral a través de distintas actividades educativas e lúdicas cos seus fillos e fillas”. Hai un total de 20 prazas, reservándose 2 prazas para nenos e nenas que precisen dun apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, cun custo de 20 euros.

    As solicitudes presentaranse por Rexistro de Entrada no Concello do Rosal ou por Sede Electrónica xunto coa seguinte documentación: solicitude participación; autorización de recollida menor; cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor; fotocopia do libro de familia; situación laboral; autónomos: certificado do IAE actualizado ou empregados por conta allea: certificado de empresa ou copia do contrato de traballo; vida laboral; certificado de recoñecemento de discapacidade do participante; no caso de familia monoparental: certificado de monoparentalidade ou libro de familia no que conste un só proxenitor e no caso de familia numerosa, título de familia numerosa.

    O Concello fará unha listaxe de admitidos en base ás seguintes variables: por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos,  por traballo dun dos membros ou titores, 1 punto, por pertencer a familia monoparental: 2 puntos, por pertencer a familia numerosa: 2 puntos. A máxima puntuación será de 5 puntos.

    Ampliar contenido
  • O mércores inaugúrase a exposición fotográfica -Chiaroscuro- de Antonio Fortuna

    Fecha desde el 01 de Diciembre de 2021
    hasta el 08 de Diciembre de 2021

    Poderá visitarse até o 8 de decembro no Anexo da Sala de Exposicións Municipal.

    O próximo mércores, 1 de decembro, ás 18.30 h inaugurarase no anexo da Sala de Exposicións Municipal a mostra fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna, de Valença. A exposición poderá visitarse até o 8 de xaneiro no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica.

    Como sinala o propio autor desta colección “Estes retratos non foron influenciados por Da Vinci, Caravaggio ou Rembrandt como podía referir, senón por fotógrafos contemporáneos como Vladimir Polischuk, Pepe Castro ou Fontana Vaprio. Non son retratos formais preparados, pensados ou ensaiados senón a simplificación da obtención da fotografía de rúa, case inmediata.

    Unha ollada curiosa, un sorriso, quizais unha pequena conversa ou só unha insinuación da cámara agardando o desexado permiso para disparar e, en segundos, a case certeza de ter feito a “tal fotografía”. Estas imaxes son o resultado desa case certeza.

    Intencionadamente as imaxes non son tituladas, nin datadas, nin explicadas, nen contextualizadas. Cabe ao observador xulgar, maxinar, sentir libremente, sen presupostos ou encamiñamentos previos”.

    A inauguración coincide coa celebración da festa nacional portuguesa, 1 de decembro. Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta exposición do fotógrafo valenciano, que amosa por vez primeira na nosa cidade as súas impresionantes imaxes, contribúe a afondar na colaboración ao abeiro do proxecto de Eurocidade, neste caso no ámbito cultural promovendo o intercambio e coñecemento entre ambas cidades.

    Ampliar contenido
  • A Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido do alumeado

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 05 de Diciembre de 2021

    Teatro, música, actividades na rúa, obradoiros?son algunhas das propostas deste Nadal na Guarda

    O Concello da Guarda arranca este venres día 3 de decembro a programación do Nadal 2021 co acendido do alumeado, actividades que terán lugar dende ás 18:00h.

     

    De 18:00h a 18:30h contarase co espectáculo/xogo de animación “A xogar cos trasnos do Nadal” no que un pequeno grupiño de trasnos realizará xogos de baile e coreografías divertidas cos nenos, familias e todo aquel que se achegue ata a Praza do Reló.

     

    Ás 18:30h terá lugar a cerimonia oficial do Acendido da Iluminación do Nadal, con posterior presentación do Gran Bastón de Nadal que os trasnos transportarán polas rúas do centro da vila dando comezo ao Tempo de Nadal. Toda a animación correrá a cargo de Barafunda Animación, realizando o seguinte percorrido: Praza do Reló - Rúa Cervantes - Joaquín Alonso - Vicente Sobrino – Avelino Vicente - Concepción Arenal – Brasilino Álvarez e Praza do Reló.

    Ás 19:30h terá lugar na Casa dos Alonso a charla “Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete”, charla de carácter práctico no que se abordarán temas de interese para as familias sobre o xogo e o papel fundamental que ocupa nas primeiras etapas das crianzas.

    Achegaranse ferramentas prácticas sobre: atopar o equilibrio entre as necesidades das crianzas e o exceso de xoguetes, consellos sobre tipoloxía de xoguetes, como mercar xoguetes máis sostibles etc. Non é precisa inscrición previa.

    Xa na xornada do sábado día 4 de decembro, ás 18:00h no Centro Cultural contarase coa nova produción da compañía Elefante Elegante: “Patapatum”, reserva de entradas en www.evenbrite.es

     

    Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. A obra gañou o Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil.

     

    PATAPATÚM é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias, cunha crítica constructiva ao exceso de agasallos, de xoguetes e en xeral de coidados materiais, en sustitución do tempo que non podemos adicarlle aos nosos nenos ou 

     

    A compañía Elefante Elegante se caracteriza pola coidada estética e beleza das súas produccións, nas que prima o componente visual baseado no xesto e no movemento, buscando a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. E así o rigor do seu traballo foi recoñecido con varios premios María Casares desde 2013, recibindo variados premios en diferentes categorías.

     

    AXENDA DE NADAL

     

    VENRES 3 DE DECEMBRO

    A partir das 18:00h Na Praza do Reló

    ACENDIDO DO NADAL

    De 18:00h a 18:30h A xogar cos Trasnos de Nadal

    18:30h Acendido e animación de rúa posterior co Bastón de Nadal polas rúas da vila

     

    19:30h CASA DOS ALONSO

    XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETE

    Acceso libre ata completar aforo

     

     

    SÁBADO 4 DE DECEMBRO

    18:00h. Centro Cultural

    TEATRO INFANTIL “PATAPATUM”

    Reserva de entradas en eventbrite.es

     

     

    VENRES 10 DE DECEMBRO

    18:30h Casa dos Alonso

    Obradoiro “Reutilizando Envases”

    Inscrición previa en Omix

     

    21:00h Centro Cultural

    TEATRO MUSICAL “O CANDIL”

    Reserva de entradas en eventbrite.es

     

     

    XOVES 16 DE DECEMBRO

    20:30h Centro Cultural

    CONCERTO DO CONSERVATORIO

     

    VENRES 17 DE DECEMBRO

    18:30h Casa dos Alonso

    Obradoiro “Reutilizando Abelorios”

    Inscrición previa en Omix

     

    SÁBADO 18 DE DECEMBRO

    12:00h Praza Avelino Vicente

    CANTOS DE NADAL

    Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco

    18:30h Casa dos Alonso

    Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla

    Acceso libre ata completar aforo

     

    DOMINGO 19 DE DECEMBRO

    17:30h Igrexa Parroquial

    CONCERTO DE PANXOLIÑAS

    Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile

    Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda

     

    MARTES 21 DE DECEMBRO

    18:00h Praza do Reló

    CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO

     

    DO 22 AO 24 DE DECEMBRO

    ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda

    Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h

                     24, de 11:30h A 14:30h

     

    XOVES 23 DE DECEMBRO

    De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente

    “GADALKA” a cargo do Mago Dani

    Espectáculo de maxia individualizada por familias

     

    MARTES 28 DE DECEMBRO

    18:00h Centro Cultural

    “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións

    Reserva de entradas  en eventbrite.es

     

    MÉRCORES 29 DE DECEMBRO

    20:30h Centro Cultural

    “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

     

    XOVES 30 DE DECEMBRO

    18:00h Centro Cultural

    TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres

    Reserva de entradas en eventbrite.es

     

    DO 3 AO 5 DE XANEIRO

    CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda

    Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.

                     5, de 11:30h. A 14:30h.

     

    MARTES 4 DE XANEIRO

    17:30h Alameda

    CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación

    Espectáculo de rúa con animais xigantes

     

    MÉRCORES 5 DE XANEIRO

    Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.

     

    Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:

     https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503

    Ampliar contenido
  • O Rosal vivirá un Nadal cheo de propostas para todos os públicos

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 05 de Enero de 2022

    A programación comezará este venres co acendido do alumeado ás 18.30 horas

    O Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “os rosaleiros e rosaleiras poderán vivir ao grande un Nadal cheo de cultura, deporte e obradoiros para facer do noso concello un lugar mellor e máis sostible”, e agradece a todas as entidades que colaboran con nós para “vivir estas festas da mellor maneira”.

    Xa coas luces postas, o sábado 4 ás 10.00 horas no salón de exposicións do Concello abrirá o mercado de Nadal con artesáns, artistas e pequeno comercio do Rosal. Durará ata o día 6 e terá un horario de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Nesa mesma mañá, ás 11.30 horas, tamén se lle dará a benvida a exposición fotográfica de Manuel Sobrino (El Naturalista Cojo). Máis tarde, ás 17.00 horas, a Agrupación Musical do Rosal dará un concerto polo día de Santa Icía no Auditorio Municipal. O luns 6 ás 17.00 horas os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de “Dedas”, un espectáculo de contacontos que encherá de ledicia a Biblioteca Municipal.

    O sábado 11 ás 19.00 horas volverá a música ao Auditorio Municipal co concerto de “Ecos do Nadal” por parte da coral Ecos do Folón, e as notas continuarán a resoar nas súas paredes o venres 17 ás 20.00 horas coas audicións de alumnado da Agrupación Musical do Rosal que, o sábado 18 ás 18.30 h, celebrará no mesmo lugar o festival de Nadal da súa escola. O teatro tamén terá o seu oco no Auditorio o domingo 19 ás 18.00 h coa obra para maiores de cinco anos “Mentiras e verdades” de Teatro Arte Pingüe.

    O deporte tamén será protagonista na programación. O mércores 22 e o xoves 23 o Pavillón Municipal acolle o X Trofeo O Rosal Handball Cup que organiza o Acanor Novás Valinox, e o venres 31 o Concello organiza a súa carreira San Silvestre, as inscricións poderán facerse na web municipal.

    O Concello tamén prepara unha serie de obradoiros para acercar a reciclaxe e o sostibilidade á veciñanza. O mércores 15 na Escola Simón del Mazo os rosaleiros e rosaleiras poderán aprender a facer imprenta de xelatina, e os días 27, 28, 29 de decembro e 3 de xaneiro poderán asistir a unha serie de talleres no Espazo de Autoarranxo para aprender a reciclar cestas, cadernos, calcenecos e camisetas. Estes obradoiross son para persoas maiores de 12 anos e terán un custo de 2 euros por persoa. As inscricións serán a través da web do Concello.

    Por último, e xa en xaneiro, o mércores día 5 os Reis Magos percorrerán todos os barrios pola mañá para rematar ás 17.00 horas na praza do Calvario, onde recibirán a todos os nenos e nenas que os queiran coñecer. Virán acompañados de música e dun grupo de xigantes infantís e marcharán cunha chocolatada para despedir o Nadal da maneira máis doce.

    Ampliar contenido
  • Este venres inaugúrase o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 12 de Diciembre de 2021

    A inauguración está prevista ás 18.30 h coincidindo co acendido da iluminación de Nadal, con animación de rúa.

    A maxia do Nadal chega a partir deste venres ao Paseo da Corredoira de Tui co Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.

    A inauguración está prevista ás 18.30 h coincidindo co acendido da iluminación de Nadal, con animación de rúa.

    Esta mañá comezou xa no Paseo da Corredoira a montaxe das casetas de madeiras onde se ubicarán dende este venres e até o domingo 12 de decembro os postos participantes que contarán cunha decoración propia do Nadal.  A meirande parte dos expositores son de Tui, participando tamén outros doutros municipios da provincia de Pontevedra e da Coruña. Ofrecerán produtos de alimentación gourmet, xunto a elaboracións artesanais de xoiería, madeira, téxtil, coiro, xoguetes, … e non faltarán os elementos de decoración para estas datas.  

    O Mercado de Nadal ten tamén o seu espazo solidario coa participación das organizacións sen ánimo de lucro como a Cooperativa Escolar do CEIP nº1, a Protectora de animais Aloia, o Club de patinaxe RIBEX, o Voluntariado da Caridade de Tui e a Asociación Vontade.

    O Mercado desenvolverase baixo estritas medidas de seguridade contra a covid-19. Os expositores portarán máscara en todo momento, disporán de xel hidroalcohólico para o público visitante e deberán hixienizar de xeito regular as superficies de contacto co público, ademais de manter estritamente as distancias de seguridade.

    O mercado abrirá cada xornada de 11 a 14 h e de 17 a 21h entre o 3 e o 12 de decembro.

    Ampliar contenido
  • -La Boheme- de Puccini chega este venres ao Teatro Municipal de Tui con Camerata Lírica

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    Este concerto escenificado comezará ás 21.30 h. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 8? e 6?

    Este venres, ás 21.30 h, o Teatro Municipal de Tui acolle  “La Boheme” con Camerata Lírica, un espectáculo que pecha a programación cultural do outono neste espazo.

    Baixo a dirección de Rodolfo Albero Camerata Lírica presenta, en formato concerto escenificado, unha das grandes obras mestras de Giacomo Puccini. Unha coidada escenografía, con vestiario de época, transportaranos até o Paris de 1830, durante os catro actos que dura a ópera.  Sobre o escenario estarán Jose Quintín, Inmaculada Laín, Abelardo Cárdenas, Andreina Wilians, Rafael Casete, Joth Heat, Willingerd Samuel Gimenez, e Tatiana Studyonova.

    “La Boheme” transcorre no barrio Latino de París achegándonos á vida duns soñadores bohemios e a historia de amor entre Mimi, unha modista, e Rodolfo, un poeta.  

    O espectáculo ten unha duración de 1 hora e 40 minutos sen descanso. Na xira que están a realizar por España están a colleitar os aplausos e recoñecemento do público.

    As entradas están á venda en www.tui.gal até o venres ás 21.20 h aos prezos de 8€ e 6€.

    Ampliar contenido
  • -Non máis vulneracións dos nosos dereitos-, reivindicación do presidente de COGAMI para o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    Anxo Queiruga -As persoas con discapacidade atopamos dificultades no desenvolvemento dos nosos proxectos de vida, carecemos de igualdade de oportunidades, vivimos con discriminación causada por prexuízos sociais e falta de información-.

    No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a xunta directiva de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), profesionais, usuarias, familias, voluntariado e demais representantes do sector social, únense para reivindicar dereitos que, a día de hoxe, non se teñen conseguido para estar en igualdade de condicións co resto da sociedade.

     

    Dende o sector social recoñecemos como un fito a reforma e actualización do artigo 49 da Constitución Española, levada a cabo en maio deste ano, no que se refire á protección e promoción dos dereitos das persoas con discapacidade. Tras corenta anos da primeira redacción, modificouse o texto inicial, actualizando a linguaxe, a estrutura e o contido, logrando un compromiso cos dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade. Esta reforma na Constitución supón un avance e agora, quedan outros pasos que avanzar.

     

    En palabras de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, “as persoas con discapacidade atopamos dificultades no desenvolvemento dos nosos proxectos de vida, carecemos de igualdade de oportunidades, vivimos con discriminación causada por prexuízos sociais e falta de información”. Queiruga engade tamén que “durante este 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, pedimos non máis vulneracións dos nosos dereitos”.

     

    Dende COGAMI, pídense melloras en eidos tan importantes como o son o emprego, a muller, a infancia e xuventude, a educación, a accesibilidade a discapacidade orgánica, como se explica a continuación:

    Emprego:

    O acceso ao mercado laboral é complexo para as persoas con discapacidade, chegando a superar en 10 puntos as taxas de paro. Os prexuízos sociais no ámbito empresarial e a falta de información conducen ás persoas con discapacidade a unha discriminación no acceso ao emprego que se evidencia nos principais indicadores laborais. A situación actual de alarma sanitaria e económica do COVID-19 incrementou a perda de emprego, obstaculizando a reinserción laboral.

     

    Dende COGAMI vese necesario que a Administración incentive a incorporación das persoas con discapacidade ao mercado laboral con apoios e axudas necesarias, apostando pola reserva de contratos destinados por lei ás persoas con discapacidade, incentivando a adaptación dos postos de traballo e /ou eliminación de barreiras, facendo cumprir a reserva de emprego ás empresas con 50 ou máis persoas contratadas e, no caso contrario, ser sancionadas.

     

    No ámbito do emprego público, débese garantir a presenza de persoas con

    discapacidade sen limitar categorías, postos ou corpo profesional concreto para un tipo de

    discapacidade, flexibilizar os apoios ás persoas con discapacidade e traballar na liña de

    actualización dos procesos selectivos recollido no Libro branco da función pública.

     

    Muller:

    É necesario potenciar a participación das nenas e mulleres con discapacidade na contorna.

    En Galicia hai 122.816 mulleres con discapacidade, que supón o 51,46% da poboación con certificado de discapacidade e, ao mesmo tempo, as máis suxeitas a unha discriminación interseccional. A muller é dona de si mesma e decide cal quere que sexa o seu proxecto de vida. Pode deixarse orientar por profesionais sanitarios, familia ou especialistas, pero debe ser ela a que canalice o seu camiño a seguir, polo tanto, ten que estar informada sobre os recursos para poder definir e poñer en marcha o seu proxecto vital.

     

    En canto á violencia contra a muller, a que ten discapacidade é máis vulnerable ante este abuso, sen embargo cando se fai a denuncia, os corpos de seguridade do Estado non teñen ningún indicador que recolla se a muller ten ou non discapacidade. Non existen datos reais de violencia contra mulleres con discapacidade.

     

    Infancia e xuventude. Educación e acceso a recursos e servizos.

    Son as etapas máis discriminadas dentro do grupo social das persoas con discapacidade, contemplando dende escaseza de apoios para a súa autonomía persoal como para a escolarización.

    En Galicia, viven 7.581 menores con discapacidade con idades entre os 0 e 15 anos, segundo datos da Xunta de Galicia. Coa pandemia actual, o peche de centros, as medidas de illamento decretadas e a desaparición de redes de apoio incrementaron a situación de vulnerabilidade das/os menores e familias, comprometendo a súa saúde física e emocional.

    É necesario que as familias teñan acceso á información, sensibilización e, sobre todo, a servizos especializados dende a idade temperá para garantir o desenvolvemento integral na infancia. A falta de recursos dende o nacemento condiciona o benestar e o exercicio dos dereitos. Esta desigualdade que se orixina na infancia, perpetúase na idade adulta, polo que ten que haber unha política educativa inclusiva real, con apoio de docentes, recursos materiais e económicos necesarios, favorecendo a continuidade no sistema educativo e o acceso a niveis superiores. A formación é clave na inclusión laboral das persoas con discapacidade.

    Accesibilidade:

    Ter unha discapacidade non pode ser un impedimento para poder ter un proxecto de vida. Vivir con dereitos limitados como a liberdade de comunicación, circulación, socialización, acceso a vivenda, ao transporte público, á educación, ao ensino, a espazos lúdicos ou culturais,... é unha discriminación.

    Unha contorna non accesible é un problema social e non da persoa con discapacidade. A lei de accesibilidade universal hai que cumprila e para iso ten que involucrase toda a sociedade, dende as Administracións Públicas ata as grandes empresas, pemes e organismos privados. A día de hoxe, en territorio español hai 100.000 persoas que non poden saír da súa casa e o 74% das 2,5 millóns de persoas que teñen mobilidade reducida, precisan de axuda para poder saír. Polo tanto, as comunidades de propietarios teñen que cumprir cos requisitos de accesibilidade universal incluídos na Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade.

    Discapacidade orgánica.

    O sistema de saúde público ten que ser accesible a todas as persoas e, ante os efectos perigosos da pandemia actual, urxe protexer tanto ás persoas con discapacidade

    física e orgánica como á súa contorna familiar, asistencial e sociosanitaria, pola alta

    vulnerabilidade e circunstancias de risco.

     

    O actual baremo de valoración do grao de discapacidade, porta de acceso a un sistema de dereitos establecidos, leva máis de 20 anos sen renovarse. O baremo actual quedou obsoleto, cuns criterios de valoración desfasados e coa existencia de condicións e situacións que non están sendo recoñecidas e que afectan, na súa maioría, á discapacidade orgánica.

     

    É necesaria a actualización do catálogo ortoprotésico do Sistema Nacional de Saúde,

    que recolla os produtos que mellor se axusten ás necesidades das persoas, apostando

    polas novas tecnoloxías e por materiais máis eficientes.

    Ampliar contenido
  • Os coles preguntan e a Asociación Vontade responde

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    A Asociación Vontade, coa colaboración dos colexios do Baixo Miño, elaborou polo día da Discapacidade un vídeo onde se recollen os puntos de vista das persoas usuarias sobre as inquedanzas da discapacidade dos nenos e nenas do segundo ciclo de educación p

    Con motivo do día da discapacidade, as persoas usuarias do centro de día Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, en colaboración coas aulas do segundo ciclo de educación primaria dos colexios do Baixo Miño, plantexaron a súa visión sobre a discapacidade.

    Para isto, elaborouse un video no que os nenos e as nenas expoñían as súas preguntas con respecto á discapacidade. Nel se responden a temáticas como a inclusión, as actividades da vida diaria, os soños..., apreciándose as súas perspectivas segundo as súas propias experiencias dándonos conta que a discapacidade se vive de maneira distinta en cada persoa.

    Aproveitamos este día para por en valor a diversidade que conforma a nosa sociedade e sobre a importancia da concienciación e sensibilización sobre estas realidades.

     

    Video completo Publicado a partir do día 3 de decembro na páxina de facebook da asociación https://es-es.facebook.com/Asociacion.Vontade/ e máis na súa canle de Youtube https://www.youtube.com/watch?v=UGr7pCECyCQ

    Ampliar contenido
  • Tui acende este venres os máis de 4.500 micro leds do alumeado de Nadal

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
    hasta el 03 de Diciembre de 2021

    Tamén dende o venres poderá verse na rúa a decoración de Nadal na que este ano colaboraron as asociacións culturais do municipio

    Máis de 4.500 micro leds instalados en máis de 300 elementos decorativos coma arcos e guirnaldas, serán acendidos mañá ás 18.30 h dende a Praza da Inmaculada, nun acto de acendido simbólico do Nadal en Tui. 

    Os elementos luminosos con motivos propios destas datas foron colocados nas rúas do centro urbano, no conxunto histórico e nos puntos de entrada ás distintas parroquias. Amais volverá iluminarse o gran abeto situado no cruzamento entre a Avenida da Concordia, a rúa Maristas e o Paseo da Corredoira. Os nenos e nenas que acudan ao acto de acendido na Praza da Inmaculada recibirán un agasallo, e o público en xeral poderá gozar da música da Charanga A Tu Ritmo que amenizará este momento. Posteriormente ás 20 h será a quenda da Rondalla de Pexegueiro que percorrerá as rúas do centro urbano.

    Tui vístese especialmente para estas festas xa que amais da iluminación de Nadal nas rúas figuran os elementos decorativos cunha gran árbore de madeira, o tren, renos, coellos,… que foron elaborados polo persoa municipal da nave. Pero amais este ano convidouse tamén ás asociacións culturais do municipio a sumarse á elaboración desta decoración de Nadal.  Así as asociación culturais Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Val de Flores de Baldráns, A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiros, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, San Roque e San Bartolome, San Telmo de Tui, Traxe Tradicional de Tui e a asociación  das Amas de Casa.

    A casiña de chocolate, un pergamino no que deixar mensaxes de Nadal, o buzón de para Papa Noel e os Reis Magos, forman parte tamén desta decoración de Nadal na que prima a reutilización de elementos e a reciclaxe seguindo a liña marcada nos últimos anos.

    Dende a concellería de Cultura, a súa responsable Sonsoles Vicente, maniféstase o agradecemento a todas as asociacións culturais que aceptaron o convite do Concello e se sumaron a elaborar esta decoración de Nadal, así coma ao persoal municipal. Con este acto dase comezo ao programa festivo de Nadal na cidade que mañá mesmo se dará a coñecer. 

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido