Agenda
Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-
Ampliar contenidoA prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.
No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade aos profesionais que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero. Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.
No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero, que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.
O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.
Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.
Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.
Tamén, nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.
As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.
Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”
- Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
- Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
- Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
- Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
- Martes, 30 de novembro
- Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
- Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
- Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
- Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
Continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as Subvencións Municipais por concorrencia competitiva 2021 na Guarda
Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
hasta el 22 de Diciembre de 2021As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social, para a promoción e consecución de fins de interese público de competencia local e para axuda e promoción en determinados ámbitos de interese social e cultural ou deportivo, de acordo co que prevé o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello da Guarda.
Os días 22 e 23 de novembro saíron publicados no BOPPO os Anuncios das convocatorias de subvencións a Clubes e entidades deportivas, entidades culturais, entidades sociais e deportistas individuais.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
O Concello da Guarda realizará reunións informativas os días 29 e 30 de novembro na Casa dos Alonso, sendo o 29 de novembro ás 18:30h adicado a clubes e entidades deportivas e o 30 de novembro ás 18:30h adicado a entidades de carácter social e cultural.
Documentación:
Bases subvencións a clubs e entidades deportivas
Bases subvencións a entidades culturais
Bases subvencións a entidades sociais
Bases subvencións a deportistas individuais
Anexos subvencións a clubs e entidades deportivas
Anexos subvencións a entidades culturais
Anexos subvencións a entidades sociais
Anexos subvencións a deportistas individuais
O Rosal vivirá un Nadal cheo de propostas para todos os públicos
Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022A programación comezará este venres co acendido do alumeado ás 18.30 horas
Ampliar contenidoO Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “os rosaleiros e rosaleiras poderán vivir ao grande un Nadal cheo de cultura, deporte e obradoiros para facer do noso concello un lugar mellor e máis sostible”, e agradece a todas as entidades que colaboran con nós para “vivir estas festas da mellor maneira”.
Xa coas luces postas, o sábado 4 ás 10.00 horas no salón de exposicións do Concello abrirá o mercado de Nadal con artesáns, artistas e pequeno comercio do Rosal. Durará ata o día 6 e terá un horario de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Nesa mesma mañá, ás 11.30 horas, tamén se lle dará a benvida a exposición fotográfica de Manuel Sobrino (El Naturalista Cojo). Máis tarde, ás 17.00 horas, a Agrupación Musical do Rosal dará un concerto polo día de Santa Icía no Auditorio Municipal. O luns 6 ás 17.00 horas os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de “Dedas”, un espectáculo de contacontos que encherá de ledicia a Biblioteca Municipal.
O sábado 11 ás 19.00 horas volverá a música ao Auditorio Municipal co concerto de “Ecos do Nadal” por parte da coral Ecos do Folón, e as notas continuarán a resoar nas súas paredes o venres 17 ás 20.00 horas coas audicións de alumnado da Agrupación Musical do Rosal que, o sábado 18 ás 18.30 h, celebrará no mesmo lugar o festival de Nadal da súa escola. O teatro tamén terá o seu oco no Auditorio o domingo 19 ás 18.00 h coa obra para maiores de cinco anos “Mentiras e verdades” de Teatro Arte Pingüe.
O deporte tamén será protagonista na programación. O mércores 22 e o xoves 23 o Pavillón Municipal acolle o X Trofeo O Rosal Handball Cup que organiza o Acanor Novás Valinox, e o venres 31 o Concello organiza a súa carreira San Silvestre, as inscricións poderán facerse na web municipal.
O Concello tamén prepara unha serie de obradoiros para acercar a reciclaxe e o sostibilidade á veciñanza. O mércores 15 na Escola Simón del Mazo os rosaleiros e rosaleiras poderán aprender a facer imprenta de xelatina, e os días 27, 28, 29 de decembro e 3 de xaneiro poderán asistir a unha serie de talleres no Espazo de Autoarranxo para aprender a reciclar cestas, cadernos, calcenecos e camisetas. Estes obradoiross son para persoas maiores de 12 anos e terán un custo de 2 euros por persoa. As inscricións serán a través da web do Concello.
Por último, e xa en xaneiro, o mércores día 5 os Reis Magos percorrerán todos os barrios pola mañá para rematar ás 17.00 horas na praza do Calvario, onde recibirán a todos os nenos e nenas que os queiran coñecer. Virán acompañados de música e dun grupo de xigantes infantís e marcharán cunha chocolatada para despedir o Nadal da maneira máis doce.
Mercadiño de Libros Solidarios na Biblioteca Municipal de Tui
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2021
hasta el 23 de Diciembre de 2021Estará aberto do 4 ao 23 de decembro. A cambio dun lote de produtos de Nadal as persoas interesadas poden elixir entre unha ampla e variada oferta de libros
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza entre o sábado 4 e o xoves 23 de decembro un Mercadiño Solidario de Libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Nestas xornadas a Biblioteca Municipal, repite este mercadiño tras a exitosa experiencia do pasado ano, e ofrece os libros destinados ao expurgo, procedentes dos seus propios fondos ou de doazóns de veciños, para que aqueles lectores interesados poidan recoller aquelas obras que resulten do seu interese. A condición para acceder a este mercadiño é a entrega dun lote de produtos de Nadal que estarán destinados ás familias atendidas polos Servizos Sociais municipais.
Os libros ofertados son de temática moi ampla e variada, dende novelas, libros infantís e xuvenís, libros de coñecementos, de non ficción, incluso algunhas obras de consulta.
O mercadiño estará aberto no horario de atención ao público da Biblioteca Municipal de luns a venres de 8.30 a 13.30 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.
Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, con esta actividade a Biblioteca Municipal oferta un amplo abano de libros a todos os afeccionados á lectura a cambio da entrega de produtos do Nadal cunha finalidade solidaria. Neste ano 2021 triplícaase a oferta deste mercadiño solidario, tanto en espazo coma en exemplares. É unha ocasión de achegarse para atopar algunha publicación, xa fora do mercado ou descatalogada, que deste xeito aproveita ao lector interesado e tamén á familia que recibirá os produtos de Nadal.
A música será unha das grandes protagonistas da programación -Tui, o Camiño do Nadal-
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022Mistura Vocal, a Banda de Música Popular de Tui, as corais tudenses , e grupos folclóricos das parroquias participarán neste programa
Ampliar contenido“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.
O acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal esta tarde marcan o inicio do programa previsto no que de novo o Camiño de Santiago Portugués, do que Tui é a porta de entrada en Galicia, conduce esta oferta de lecer, na que a aposta polo local e pola economía circular volve a estar moi presente.
A primeira proposta musical chegará o sábado 11, ás 20 h, ao Teatro Municipal de Tui co concerto “A historia da luz” da man de Mistura Vocal, nun espectáculo no que as voces dos integrantes deste grupo, xunto a bailaríns e unha narradora achegará ao público a un fermoso espectáculo.
O xoves 16 de decembro, ás 20 h, tamén no Teatro será o alumnado e profesorado do Conservatorio quen interprete o seu tradicional concerto de Nadal.
O venres 17 ás 19 h chega a Tui “Un conto de Nadal: 100 anos de verbena galega”, un espectáculo que brindará en directo ao público temas clásicos do Nadal xunto ao outros tradicionais nas verbenas. Sobre o escenario estarán La Oca Band xunto a Noelia Solleiro, Blas Piñón de “Paris de Noia”, Lito Garrido de “Panorama”, Jota Santana, Ángel América ou Marta Valiño.
As tres corais de Tui, do Centro Sociocomunitario, Ponte da Febres e San Telmo, ofrecerán un concerto no Teatro Municipal o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 h. Mentres o concerto de Fin de Ano, o xoves 30 ás 21.30 h, correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Para os eventos previstos no teatro a reserva de entrada comezará o próximo martes, 7 de decembro, en www.tui.gal.
Tamén ao longo destas festas haberá pasarrúas a cargo dos grupos folclóricos e bandas de gaitas das asociacións culturais tudenses, na medida en que as condicións meteorolóxicas e sanitarias o permitan.
Os nenos e nenas poderán amais gozar dos obradoiro infantís que van ter lugar na Biblioteca Municipal o mércores 29 e o xoves 30 de decembro, así coma o luns 3 e martes 4 de xaneiro.
Coma novidade incorporase á programación unha San Silvestre Popular que terá lugar o venres 31 ás 12 h cun circuíto urbano non competitivo. Tamén o día 31 está prevista a vista do Apalpador no Paseo da Corredoira.
A programación pecharase coma é tradicional coa Cabalgata de Reis o mércores 5 de xaneiro, aínda que este ano debido á pandemia non poderá ter carácter internacional.
Toda esta programación desenvolverase seguindo un protocolo anticovid e axustándose as medidas restritivas que estean en vigor en cada momento.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que esta programación “Tui, o Camiño do Nadal” está elaborada pensando en brindar á poboación tudense e cantas persoas nos visiten nestas datas unha oferta de lecer para estes días tan especiais e para gozar en familia, seguindo as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia. Convida a concelleira a achegarse a Tui xa esta fin de semana para gozar da iluminación e da decoración de rúa, así coma do Mercado de Nadal, e posteriormente dos distintos eventos previstos.
A ELM de Camposancos presenta -Os segredos do Nadal Camposino-
Fecha desde el 08 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022Unha celebración pensada para ser camiñada e en familia, e na que invitamos a participar a toda a comarca pois estará montada ata o 8 de xaneiro.
Ampliar contenidoCamposancos engalánase cunhas excelentes decoracións de nadal cubrindo de fantasía tódolos espazos nun proceso de creación colectiva. Os veciños e veciñas de tódolos barrios decoran as súas casas e os espazos públicos con materiais naturais , ou de refugallo, evitando ao máximo a utilización de plásticos. As decoracións teñen temática variadas, aínda que sempre coa dinámica propia do nadal . Dende a ELM queremos agradecer a implicación da veciñanza que dedica moitas horas a decorar os seus espazos.
Os traballos de decoración teñen gran calidade e son moi imaxinativos. Trátase dun nadal ecolóxico, de proximidade, biodegradable, reciclado e coas mínimas emisións de CO2, con perspectiva de xénero, en galego e cun enfoque claramente tradicional. Nel participan tódolos barrios na medida das súas posibilidades, nun proceso colaborativo, que axuda a construír comunidade e gozar do traballo colectivo, pensado para ensinar as máis pequenas da casa novas maneiras de enfrontar a nova realidade e cuidar o planeta, mediante o xogo e a diversión.
O día 24 e 31 haberá un pasarrúas animado polas gaiteiras “Do lusco ao fusco” e polos bonecos da tele coa asociación “Estudio 88”. O pasarrúas sairá de Granxa Nova ás 4:30 da tarde e pasará polos barrios en dirección ao Palomar onde rematará a festa. Hai previstas paradas no edificio da Entidade Local Menor ás 5:00 da tarde e na Fonte da Poza. Animamos a toda a veciñanza e visitantes a unirse a comitiva e participar da maneira que máis lle apeteza.Contarase coa presenza do Apalpador e da Apalpadora, personaxes tradicionais da cultura galega equivalentes a Papa Noel, carboeiros de pelo vermello que viven no monte e que cada ano polo Nadal baixan saudar e xogar cos máis pequenos da casa repartindo comida e xerando fantasía e ilusión.
É un percorrido libre que leva os visitantes a descubrir espazos únicos e pintorescos no interior desta parroquia do extremo de Galiza, xusto onde o Atlántico se mestura co Rio Miño, que nunca deixa de sorprender pola súa beleza paisaxística.
A exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente- amplíase até o 8 de xaneiro en Tui
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022A mostra, que recolle fondos do Balneario de Caldelas, foi visita xa por máis de 500 persoas
Ampliar contenidoA exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
Dende a súa apertura a mediados de outubro a exposición foi xa visitada por máis de 500 persoas interesadas en coñecer esta ampla escolma de imaxes, integradas por 77 fotografías que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas e do seu Balneario así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas, Entenza ou Lapela nos últimos anos do século XIX.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estamos diante dunha exposición de excepcional interese e que comprobando a boa acollida de visitantes decidiuse ampliar ata o remate das festas de Nadal para facilitar que un maior número de tudenses e interesados poidan coñecer esta mostra fotográfica. A concelleira quere expresar o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.
A exposición, segundo a xerente do Balneario de Caldelas – Ana Rodriguez- recolle esta selección de fotografías realizadas entre os anos 1886 e 1935. A autoría se reparte entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.
Trátase pois dunha mostra da ampla colección que conservan, con coidado e cariño, os propietarios do Balneario de Caldelas e que agora comparten coa veciñanza tudense e todos os interesados no campo da imaxe gráfica. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”.
Continúa na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 24 de Diciembre de 2021Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guard
Ampliar contenidoOpasado venres día 10 de decembro arrancaba na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal, que estará neste espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá.
Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda .
Unha iniciativa da Concellería de Desenvolvemento Local coa que se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade é a protagonista, así como tamén o amosaron os praceiros e praceiras cos adornos da Praza de Abastos, realizados despois da súa participación nun Obradoiro de decoración de Nadal.
Rota da Rabanada marca quadra natalícia no concelho de Caminha
Fecha desde el 12 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes.
Ampliar contenidoA ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
A ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
Os Reis Magos perden as capas en Tomiño
Fecha desde el 15 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022Nova campaña de Adeto para apoiar o consumo no comercio local.
Ampliar contenidoChega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Dende o mércores 15 de decembro ata o 5 de xaneiro os establecementos asociados a Adeto entregarán premios diarios aos clientes que atopen as capas dos Reis Magos. Cada día, haberá algunha capa nun establecemento tomiñés e o cliente ou clienta que as atopen recibirán, ao momento, un regalo por cortesía do comercio local.
Deste xeito, Adeto e os seus asociados queren premiar a fidelidade dos clientes que fan as súas compras e apoian os comercios e a hostalería local, agradecéndolles nestas datas a súa colaboración impresncindible para a supervivencia da vida comercial no municipio.
Dende a dirección de Adeto animan á xente a participar no xogo facendo as súas compras na vila para contribuir entre todos, comerciantes e clientes, a animar Tomiño nestas datas tan sinaladas.
IV Homenaxe Pola Memoria no Baixo Miño
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Sábado 18 de decembro ás 12:00h na Alameda de San Miguel de Tabagón
Ampliar contenidoEste sábado 18 de decembro terá lugar a IV Homenaxe Pola Memoria no Baixo Miño. Será ás 12h na Alameda de San Miguel de Tabagón, sendo homenaxeado José Cardoso Martínez, coñecido popularmente como "O barbeiro de Tabagón". Nacido en San Miguel de Tabagón en 1904 e asasinado mediante o "paseo" ás aforas de Goián o 5 de agosto de 1936, foi o primeiro asasinado tralo Golpe de Estado no Concello do Rosal.
A homenaxe está organizada polo CS Fuscalho, a AC Carballas e a AC Xuliva, e contará coas seguintes intervencións:
? Carlos Méixome, escritor e historiador especializado na represión franquista
? Marisa Guerra, poeta local
? Marcos Pérez, bisneto de José Cardoso
? Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal
? Moncho Leal, activista pola memoria histórica
? Lara Villaverde, cantautora tomiñesa
Ao remate haberá un xantar de confraternización nas Brasas, aberto a todo o mundo, baixo reserva a través do 605789915.
Non esquezamos o pasado para termos futuro.
O Rosal comeza cos seus obradoiros de Nadal
Fecha desde el 15 de Diciembre de 2021
hasta el 03 de Enero de 2022O Concello organiza este mércores ás 11.00 horas unha formación en imprenta de xelatina na escola Simón del Mazo
Ampliar contenidoO Concello do Rosal quere acercar a reciclaxe e a sostibilidade á veciñanza este Nadal con cinco obradoiros. O primeiro deles organízase este mércores ás 11.00 horas na escola Simón do Mazo e consistirá nun taller de imprenta de xelatina onde as persoas asistentes poderán observar de primeira man como se realiza esta técnica de impresión ao alcance de todos e todas.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a estes obradoiros e lembra que o do mércores será con entrada libre, mentres que os seguintes terán un custo de 2 euros por persoa e requirirán inscrición a través da web do Concello. O día 27 haberá un adicado a facer cestas e cadernos, o 28 un de calcenecos, o 29 un de adornos con latas e vidro e o 3 de xaneiro un de reutilización de camisetas. Todos serán no Espazo de Autoarranxo do Concello.
A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, destaca que estes obradoiros son “un pasiño máis do noso Concello cara un mundo mellor”, e están enmarcados dentro da Axenda 2030 da ONU á que O Rosal se adheriu este ano.
Unha trintena de comercios forman a ruta Nadal+Nadal organizada polo Concello de Tomiño
Fecha desde el 09 de Diciembre de 2021
hasta el 24 de Diciembre de 2021A maioría das casas comerciais concentraron os seus esforzos na decoración dos escaparates, aínda que outros optaron pola decoración dos locais completos, utilizando como base elementos naturais como a madeira, a palla, as ramas, etc.
Ampliar contenidoUnha trintena de comercios de Tomiño participa na “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre” , organizada polo Concello co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e promover ao mesmo tempo o consumo nos establecementos locais.
A Campaña ten como beneficiarios aos propios comercios e servizos da vila como aos clientes que realicen compras nos mesmos entre o 9 e o 24 de decembro de 2021.
A maioría das casas comerciais concentraron os seus esforzos na decoración dos escaparates, aínda que outros optaron pola decoración dos locais completos, utilizando como base elementos naturais como madeira, ramas, palla, etc.
Os comercios e servizos adheridos á campaña conforman a “Ruta Nadal+Nadal” e entran no concurso de premios á mellor decoración, con premios de 500 euros (1º premio mellor escaparate e 1º premio mellor local) e de 250 euros (2º premio mellor escaparate e 2º premio mellor local).
O xurado estará composto por 2 representantes do comercio local, 1 representante do Concello de Tomiño e 2 artistas locais. O fallo emitirase o día 30 de decembro de 2021 ás 20.30h no salón de plenos do Concello de Tomiño.
Por outra banda, en cada local participante instalarase unha urna na que os clientes que realicen compras entre 9 ao 24 de decembro de 2021, ambos inclusive, por un valor mínimo de 20€ e máximo de 100€, poidan depositar o seu tícket de compra. Os propietarios dos tíckets que resulten premiados recibirán un vale de compra polo dobre do valor do tícket depositado.
Os vales premiados poderán ser empregados en calquera dos comercios e servizos participantes na “Ruta Nadal+Nadal” entre o 29 de decembro do 2021 e o 6 de xaneiro do 2022.
Os vales de compra estarán a disposición dos premiados nos oficinas do Concello de Tomiño desde o día 29 de decembro de 2021 ata o día 5 de xaneiro de 2022 en horario de 9 a 14 horas.
O orzamento desta campaña é de 4.500 euros en total (1.500€ para premios de decoración de escaparates e locais e 3.000€ para os vales de compra).
A programación do Nadal continúa esta semana na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos
Fecha desde el 16 de Diciembre de 2021
hasta el 19 de Diciembre de 2021? O xoves 16 Concerto de Nadal do Conservatorio, o venres 17 actuación de -Los muñecos de la tele e un Obradoiro de nadal, o sábado 18 Concerto Cantos de nadal e o domingo 19 Concerto de panxoliñas
Ampliar contenidoA programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.
Na xornada do xoves día 16 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a partires das 20:00h o tradicional Concerto de Nadal dos grupos de corda do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, un concerto que sempre enche de ilusión aos xoves músicos guardeses e ao que acoden os seu familiares para presenciar os avances realizados na súa formación musical. De feito, en virtude do protocolo de prevención pola COVID-19 este ano o aforo está reservado só a familiares.
O venres día 17 de decembro ás 17:30h terá lugar o espectáculo infantil “Los Muñecos de la tele”, unha actividade organizada pola Asociación Studio 88 en colaboración co Concello da Guarda e para o que é preciso reservar entradas previamente no teléfono 606 54 06 73.
Tamén este venres ás 18:30h a OMIX da Guarda acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, as prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Xa na xornada do sábado día 18 de decembro, a Praza de Avelino Vicente(As de Copas) acolle ás 12:00h o evento musical Cantos de Nadal, coa participación dos grupos de pandereteiras locais Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco.
Para rematar a semana, na xornada do domingo día 19 de decembro ás 12:30h realizarase o acto de conmemoración do Centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal, un acto que contará con actuacións musicais e que terá lugar fronte ao propio Lavadoiro.
Pechando a xornada ás 17:30h a Igrexa Parroquial acolle o tradicional Concerto de Panxoliñas, un evento musical organizado pola Coral Polifónica Guardesa en colaboración co Concello da Guarda e no que actuarán, ademais da citada coral, a Coral da Terceira Idade, o Grupo Antorcha e a Agrupación Polifónica da Guarda.
Ademais o venres 17 e sábado 18 todos os que visiten a Praza de Abastos en horario de mañá poderán ver os produtos da Mostra Creativa de Nadal, trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda.
AXENDA DE NADAL
XOVES 16 DE DECEMBRO
20:00h Centro Cultural
CONCERTO DO CONSERVATORIO
VENRES 17 DE DECEMBRO
9:00h – 14:00h Praza de Abastos
Mostra Creativa de Nadal
17:30h Centro Cultural
Actuación infantil “Los Muñecos de la Tele”
Reserva de prazas no 606 540 673.
18:30h Casa dos Alonso
Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 18 DE DECEMBRO
9:00h – 14:00h Praza de Abastos
Mostra Creativa de Nadal
12:00h Praza Avelino Vicente
CANTOS DE NADAL
Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
DOMINGO 19 DE DECEMBRO
12:30 Fonte da Cal
Conmemoración centenario Lavadoiro da Fonte da Cal
17:30h Igrexa Parroquial
CONCERTO DE PANXOLIÑAS
Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda
MARTES 21 DE DECEMBRO
18:00h Praza do Reló
Concerto de nadal de vento e coro dos alumnos do conservatorio
*En caso de choiva se suspende
DO 22 AO 24 DE DECEMBRO
ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h
24, de 11:30h A 14:30h
MÉRCORES 22 DE DECEMBRO
18:00h Casa dos Alonso
Obradoiro de Canto Moderno
Canta con voz Propia
Para tódolos públicos(entrada libre)
XOVES 23 DE DECEMBRO
De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente
“GADALKA” a cargo do Mago Dani
Espectáculo de maxia individualizada por familias
MARTES 28 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
Reserva de entradas en eventbrite.es
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda
XOVES 30 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
Reserva de entradas en eventbrite.es
VENRES 31
13:00h Pasarrúas polo centro da vila
O Apalpador chega á Guarda
Organiza Deputación de Pontevedra
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.
5, de 11:30h. A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
17:30h Alameda
CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
Espectáculo de rúa con animais xigantes
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
12:00h Pavillón Municipal da Sangriña
Partido Benéfico de Balonmán entre Atl. Guardés e BM Porriño
Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros
Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
Unha xornada técnica de igualdade e comunicación pecha este sábado en Tui os actos do 25N
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Dúas conferencias e un debate abordarán o papel dos medios de comunicación na erradicación da violencia de xénero ao abeiro do programa Maruxa Mallo
Ampliar contenidoEste sábado, 18 de decembro, terá lugar na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, unha Xornada Técnica en Igualdade e Comunicación organizada pola concellería de Igualdade o Concello de Tui dentro da programación elaborada con motivo do 25N e ao abeiro do programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra.
Dado o papel fundamental que xogan os medios de comunicación, tanto audiovisuais coma escritos, nos procesos de socialización e transmisión de valores, con esta xornada búscase brindar aos profesionais a información precisa para poder realizar boas prácticas informativas en materia de violencia de xénero. Para iso contarase con dúas conferencias e unha mesa redonda nas que se analizarán as dinámicas a través das que se constrúe o sexismo, propondo medidas, alternativas e respostas profesionais para protexer os dereitos das mulleres.
A xornada comezará ás 10 h coa benvida por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez. A continuación Chus Ortiz, xornalista especializada en comunicación e xénero, xefa de servizo e xestora do Observatorio de la Imagen de las Mujeres do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade, abordará ““Estereotipos de xénero, cómplices da desigualdade e da violencia machista”.
Ás 11 h Carolina Pecharromán, editora de Igualdade de TVE, responsable do portal de igualdade “Todxs por igual” e redactora en TVE ofrecerá a conferencia ““Medios de comunicación e igualdade, un binomio imprescindible”. Tras un descanso ás 12.15 abrirase un debate, que será moderado por José Font, director da Radio Municipal de Tui, co título “Análise actual e medidas de futuro na transmisión de novos modelos igualitarios e contra a violencia de xénero nos medios de comunicación” coa participación de Montserrat Boix, xornalista dos servizos informativos de TVE na sección internacional, membro do Observatorio de la Igualdad da Corporación de RTVE en representación de UXT; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade e consultora de igualdade; Ana Fuentes, escritora, xornalista e directora de comunicación na Zona Franca de Vigo; e Noelia Otero, xornalista especialista en información internacional e países do sur, e deputada no Parlamento de Galicia.
O programa pecharase ás 13.30 h coa presentación das conclusións e clausura por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro.
Esta xornada formativa, de carácter técnico, vai dirixida a profesionais da comunicación, da publicidade e o audiovisual, asi coma ao persoal das administracións públicas, dos colexios profesionais, das entidades sociais e á cidadanía en xeral.
Para asistir é preciso inscrición previa en igualdade@tui.gal . Pódese acadar máis información no 666 90 93 03.
Programa
10.00 h Benvida da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez
10.15 h “Estereotipos de xénero, cómplices da desigualdade e da violencia machista” por Chus Ortiz, xornalista especializada en comunicación e xénero. Xefa de servizo e xestora do Observatorio de la Imagen de las Mujeres do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade.
11.00 h “Medios de comunicación e igualdade, un binomio imprescindible” por Carolina Pecharromán, editora de Igualdade de TVE, responsable do portal de igualdade “Todxs por igual” e redactora en TVE.
11.45 h Pausa café
12.15 h Debate “Análise actual e medidas de futuro na transmisión de novos modelos igualitarios e contra a violencia de xénero nos medios de comunicación” coa participación de Montserrat Boix, xornalista dos servizos informativos de TVE na sección internacional, membro do Observatorio de la Igualdad da Corporación de RTVE en representación de UXT; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade e consultora de igualdade; Ana Fuentes, escritora, xornalista e directora de comunicación na Zona Franca de Vigo; e Noelia Otero, xornalista especialista en información internacional e países do sur, e deputada no Parlamento de Galicia. Modera Jose Font, director da Radio Municipal de Tui.
13.30 h Conclusións
14.00 h Clausura a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro
Fim-de-semana com teatro para família e concerto de natal
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 19 de Diciembre de 2021O Presente Inesperado: 18 de dezembro, 21h30, Cineteatro de Cerveira - Marreca Gonçalves e Concerto de Natal: 19 de dezembro, 16h00, Igreja Matriz
Ampliar contenidoVila Nova de Cerveira propõe uma programação de cariz familiar para o fim-de-semana que antecede o Natal. No âmbito da programação ‘Cerveira: A Arte do Natal’, no sábado, 18 de dezembro, às 21h30, sobe a palco no Cineteatro de Cerveira - Marreca Gonçalves a peça de teatro ‘O Presente Inesperado’ pela Companhia Porta de Cena e no domingo, 19 de dezembro, às 16h00, a Igreja Matriz acolhe o Concerto de Natal dinamizado pela Academia de Música Fernandes Fão. Atividades com entrada livre, mas sujeitas às recomendações de prevenção da Direção Geral de Saúde (uso de máscara, desinfeção das mãos e distanciamento social) e apresentação de certificado de vacinação válido ou de teste Covid-19 negativo.
O conto de Natal ‘O Presente Inesperado’ aborda a história de “uma velha casmurra e resmungona que vivia desde sempre sozinha no seu Castelo (…) assim o queria e vivia feliz à sua maneira”. No entanto, “certo dia recebe uma carta do Tribunal a informar que a sua prima afastada teria de cumprir pena de prisão e sendo ela a única parente viva, teria, portanto, de acolher em sua casa a sua filha menor a seis meses do Natal”. Eis que surgem muitas questões: “E agora como vai ser? Será que a menina e a velha vão conseguir sobreviver até lá? Poderá a velha casmurra transformar-se numa velhinha adorável?”. As respostas são dadas ao longo de 45 minutos de espetáculo teatral, no qual pais e filhos, avós e netos vão querer conhecer o final imperdível e inesperado.
Para a tarde de domingo, 19 de dezembro, a sugestão do Município de Vila Nova de Cerveira é de usufruir de um belo Concerto de Natal, na Igreja Matriz, interpretado por cerca de quarenta elementos da Academia de Música Fernandes Fão. Com uma formação versátil, este espetáculo inicia às 16h00, com vozes solistas, coro e vários instrumentos de sopro, cordas e percussão, oferecendo um repertório natalício de diferentes épocas e estilos.
De sublinhar que ao longo deste fim-de-semana, a Casa do Pai Natal instalada em pleno centro histórico continua de portas abertas (sábado das 10h00 às 22h00 e no domingo das 10h00 às 20h00), com o ‘Senhor das Barbas Brancas’ disponível para ouvir os pedidos das crianças e registar fotograficamente esse momento para mais tarde recordar.
¿Juegas al Airsoft?¿Sin planes para el sábado 18?
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Si queréis pasar un rato divertido antes de las navidades los amigos de OS DA FOZ han organizado una partida de airsoft en A Guarda.
Ampliar contenido¿Juegas al Airsoft?¿Sin planes para el sábado 18?
Si queréis pasar un rato divertido antes de las navidades los amigos de OS DA FOZ han organizado una partida de airsoft en A Guarda.
Y han tenido la empatía y solidaridad de establecer como cuota de inscripción la donación de 3 kilos de comida (a poder ser de gatos) a favor de la Protectora de animales Bai.Senpulgas de Gondomar.
También puedes hacer tu donación de comida, si ser jugador y quieres colaborar solo tienes que ponerte, en contacto con nosotros bien por las redes sociales o a los teléfonos 650194945 ó 652593147.
A Agrupación Musical do Rosal realizará este venres as audicións ao alumnado da súa escola
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Será ás 20.00 horas no Auditorio Municipal
Ampliar contenidoA Agrupación Musical do Rosal realizará o vindeiro venres ás 20.00 horas no Auditorio Municipal as audicións da súa escola de música. Un momento moi importante para o alumnado que traballa cada día para crecer no dominio dun instrumento.
A escola de música dispón de varios grupos de iniciación musical con nenos e nenas de 3 a 7 anos, varios de linguaxe musical, un de solfexo para adultos, un de harmonía, outro de análise e clases individuais dos seguintes instrumentos: óboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, percusión, piano, guitarra e gaita.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, desexa moita sorte aos que van a afrontar estas audicións e agradece a Agrupación Musical do Rosal “o seu gran traballo na formación musical e persoal dos rapaces e rapazas do noso concello”, así como destaca “a súa labor para dinamizar a vida cultural e musical de todo o municipio.
-EVENTO SUSPENDIDO- A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu festival de Nadal este sábado
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Será no Auditorio Municipal ás 18.30 horas e a entrada será gratuíta ata completar aforo
Ampliar contenidoA Agrupación Musical do Rosal encherá de música o Auditorio Municipal co seu festival de Nadal este sábado. Comezará ás 18.30 horas e será o momento para que o alumnado da escola de música, a banda infantil e máis o coro infantil poñan en práctica todo o que aprenderon durante as clases. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir e lembra que a entrada é gratuíta, pero que é preciso recoller previamente unha invitación gratuíta na oficina do Auditorio.
A rexedora tamén quere dar os parabéns á Agrupación por organizar un ano máis este festival, “un dos días máis esperados polos amantes da música do Rosal”, e polo “seu gran traballo a prol da cultura no noso concello”. “Tamén queremos facer mención ao fermoso cartel que fixo Alex Fornos Fernández para publicitar o evento, así como a todos os nenos e nenas que participaron no concurso de creación dun debuxo para anunciar o Festival de Nadal”.
As persoas interesadas en asistir e que precisen máis información poden chamar ao 986 626 311 ou escribir unha mensaxe ao 609 866 792.
Xornada de xogos de mesa modernos en A Guarda
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Este sábado, 18 de decembro, a partires de las 16:00 horas, o Recreo Artístico Guardés acollerá una nova xornada de xogos de mesa modernos para tódalas idades
Ampliar contenidoEste sábado, 18 de decembro, a partires de las 16:00 horas, o Recreo Artístico Guardés acollerá una nova xornada de xogos de mesa modernos para tódalas idades, tamén se celebrará a segunda edición do bingo lúdico no que poderás obter algún xogo de mesa como premio. A entrada será libre e gratuita e respetando sempre as normas covid.
Trátase de un achegamento aos xogos de mesa modernos podendo disfrutar da ludoteca que estará alí dispoñible e donde se incluirán xogos como: Catán, Carcassone, Aventureros al tren, Bang, Ubongo, Splendor, Fantasma Blitz, Plenus, Dooble, e moitos mais.
Se non sabes xogar pero te interesa, non te preocupes, anímate a participar porque os voluntarios te axudarán a coñecer as reglas de cada xogo.
Esta actividade está organizada pola Asociación “VILAPENGUIN Juegos de Mesa” de A Guarda, coa inestimable colaboración do Recreo Artístico Guardés.”
Contacontos, música e danza este sábado en Camposancos
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021Sábado 18 de decembro ás 17:00h na Casa de Montes de Camposancos
Ampliar contenidoA Cooperativa Galega MAGA DE VOZ presenta o vindeiro Sábado 18 de Decembro a segunda edición dos “Domingos (e Sábados) de chuvia e Sol” titulada “Fortissimo # Pianissimo“ no Auditorio da Casa de Montes de Camposancos ás 17.00.
Esta evento está dedicada a familias con nen@s e consta dunha apertura con contacontos seguida de actividades de música e danza para traballar coas emocións, tempo de merenda (cada quen trae a súa) e discoteca con xogo libre para rematar ás 19.00 aproximadamente. Os temas deste segundo encontro serán: a liberdade, a tolerancia, a amizade e as emocións destrutivas e algúns conceptos musicais asociados.
É importante traer roupa cómoda, esteira, calcetíns antideslizantes para bailar e xogar no parqué, e dous (polo menos) bonecos/as ou peluche.
Para saber de nós estamos en Instagram con máis información. Agardámosvos!
A OMIX de Tomiño organiza un concurso para coñecer a opinión que ten da entidade a mocidade da vila
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 10 de Enero de 2022Os deseños ou frases poden enviarse ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico omix@tomino.gal
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade.Para iso, organiza un concurso co obxectivo de "plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é aOMIX de Tomiño".
A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño.
As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: omix@tomino.gal
A persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos diferentes: unha tablet lenovo tab m10hd con 2/32 e android; uns airpods de apple, ou un altavoz muse m1915dj party box troley.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
