Agenda
O Rosal aposta por -Educar en familia-
Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
hasta el 17 de Diciembre de 2021O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas
Ampliar contenidoO Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.
A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.
O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.
A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.
A Guarda presenta a programación de Outono
Fecha desde el 12 de Noviembre de 2021
hasta el 17 de Diciembre de 2021A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de X
Ampliar contenidoO venres 29 de outubro tivo lugar a presentación da Programación de Outono do Concello da Guarda, acto que contou coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a Concelleira de desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.
A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.
O venres 12 de novembro ás 20:30h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro “Illas Desertas”, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O xoves día 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo “O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.
O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.
O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.
O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.
O xoves 2 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
O venres 3 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Xogando no Nadal, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.
O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres día 10 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.... As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
PROGRAMA
VENRES 12 NOVEMBRO
CURSO FORMACIÓN COMERCIO “FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 13 NOVEMBRO
18:00H. CENTRO CULTURAL
MAXIA: A IGUALDADE NON TEN TRUCO
Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa
VENRES 19 NOVEMBRO
21:00H. CENTRO CULTURAL
TEATRO “ILLAS DESERTAS”
Inscrición previa en eventbrite.es ou no Centro Cultural (16 a 21h.), na semana previa
ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Inscrición previa das actividades en Eventbrite
- XOVES 25 DE NOVEMBRO
20:00 Centro Cultural
ESPECTÁCULO: O BEN QUERER(SE), por Aldaolado
- SÁBADO 27 DE NOVEMBRO
No Centro Cultural
17:00H. CONTOS EN FAMILIA “A IGUALDADE COMO FÍO CONDUTOR”
18:30H. CONTOS EN LILA
20:30H. MULLERES DE CONTO
VENRES 26 NOVEMBRO
CURSO FORMACIÓN COMERCIO “POSICIONA A TÚA EMPRESA NO MAPA CON GOOGLE BUSINESS”
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 27 NOVEMBRO
CASA DOS ALONSO – Hora por confirmar
HOMENAXE A ELISEO ALONSO E INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN
DO 27 NOVEMBRO AO 9 DE DECEMBRO
CASA DOS ALONSO – DE 9:00 A 14:00H.
EXPOSICIÓN HOMENAXE A ELISEO ALONSO
XOVES 2 DECEMBRO
18:30 CASA DOS ALONSO
PAPIROFLEXIA PARA CELEBRACIÓNS
Inscrición previa en Omix
VENRES 3 DECEMBRO
19:30 CASA DOS ALONSO
XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETES
Inscrición previa en Omix
SÁBADO 4 DECEMBRO
18:00 CENTRO CULTURAL
TEATRO FAMILIAR “PATAPATUM”
Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)
VENRES 10 DECEMBRO
18:30H. CENTRO CULTURAL
OBRADOIRO "REUTILIZANDO ENVASES"
Inscrición previa en Omix
VENRES 10 DECEMBRO
21:00H. CENTRO CULTURAL
TEATRO MUSICAL “O Candil”
Inscrición previa en eventbrite.es ou Centro Cultural (16 a 21h.)
VENRES 17 DECEMBRO
18:30H. CENTRO CULTURAL
OBRADOIRO "REUTILIZANDO ABELORIOS"
Inscrición previa en Omix
Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2021
hasta el 18 de Diciembre de 2021O programa desenvolverase até o 18 de decembro cando se celebrará unha xornada de -Comunicación en Igualdade-
Ampliar contenidoA prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.
No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que a formación en igualdade aos profesionais que traballan no ámbito directo de atención ou comunicación a cidadanía, ten coma obxectivo “dotalos de técnicas e ferramentas que dean respostas concretas e correctas a un problema que non é persoal senón social: a violencia de xénero”. Así comezou xa o desenvolvemento dun Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais” no que está a participar tanto o persoal municipal coma os cargos políticos. Está sendo impartido por Laura Seara, avogada experta en igualdade e exsecretaria de Estado de Igualdade, e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
O próximo xoves, 25 de novembro, desenvolverase o acto institucional. Será ás 18 h na praza do Concello coa lectura do manifesto consensuado por toda a corporación municipal, e que se incorporará no pleno ordinario da corporación que comezará ás 20 h. Este acto, aberto a cidadanía, contara coa participación musical das irmáns Laura e Lucía Ramírez, alumnas da escola municipal de música, acompañadas ao piano polo profesor Jacobo González. Gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero. Amais a casa do concello iluminarase de morado do 24 ao 29 de novembro.
No programa previsto figuran tamén actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade como é a I Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero, que se vai a celebrar o domingo 28 de novembro, cun percorrido de 7 quilómetros. É posible grazas a colaboración da concellería de Deportes, o Club Locos por las Bicis, Policía Local, Protección Civil, e a Cruz Vermella Portuguesa. Será indicaba a concelleira de Igualdade “un exercicio de sororidade coas mulleres especialmente coas vítimas da violencia de xénero na que pode participar toda a familia e que sirve para sensibilizar e visibilizar un problema que é social; a violencia de xénero”. A inscrición está aberta até ás 23.30 h do martes 23 en www.tui.gal.
O martes, 30 de novembro, están programadas dúas actividades. Ás 17.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar o contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo” a cargo de autora deste álbum ilustrado que aborda de xeito sutil a violencia de xénero a través do personaxe do calcetín e da súa confidente a lavadora Ramona.
Posteriormente, ás 18.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía de información e recursos para as mulleres. Esta guía ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. Explica a concelleira que “que poderá facer uso da mesma toda a poboación, pero vai especialmente destinada a informar ás mulleres de Tui, e servirá como material de apoio ás persoas profesionais pero sobre todo como instrumento de información e sensibilización a quen faga uso de ela”.
Por outra parte co obxectivo de previr a violencia sexual, especialmente na mocidade, o xoves 2 e o venres 3 de decembro celebrarase un Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Vai dirixido ao alumnado de 4º da ESO, ciclos formativos e bacharelato dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.
Tamén, nesta mesma liña, dende o pasado mércores día 10 de novembro e até o martes 23 pode visitarse na sala anexa á Sala Municipal de exposicións na Área Panorámica a mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”. Unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que empanan as relacións de parella, sinala a concelleira.
As conmemoracións do 25N rematarán o sábado 18 de decembro, de 10 a 14h, na Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos, desenvolverase a xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”. Tratase dunha xornada dirixida a medios de comunicación que pretende analizar con responsables de medios locais, provinciais, autonómicos e nacionais a comunicación da violencia de xénero así como a igualdade na comunicación. Esta xornada conta coa financiación da Deputación de Pontevedra. A inscrición para participar abrirá proximamente.
Programa de actividades 25N “Tui contra a violencia de xénero”
- Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
- Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
- Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
- Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero
- Martes, 30 de novembro
- Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
- Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
- Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais con Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
- Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”
Continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as Subvencións Municipais por concorrencia competitiva 2021 na Guarda
Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
hasta el 22 de Diciembre de 2021As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social, para a promoción e consecución de fins de interese público de competencia local e para axuda e promoción en determinados ámbitos de interese social e cultural ou deportivo, de acordo co que prevé o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello da Guarda.
Os días 22 e 23 de novembro saíron publicados no BOPPO os Anuncios das convocatorias de subvencións a Clubes e entidades deportivas, entidades culturais, entidades sociais e deportistas individuais.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
O Concello da Guarda realizará reunións informativas os días 29 e 30 de novembro na Casa dos Alonso, sendo o 29 de novembro ás 18:30h adicado a clubes e entidades deportivas e o 30 de novembro ás 18:30h adicado a entidades de carácter social e cultural.
Documentación:
Bases subvencións a clubs e entidades deportivas
Bases subvencións a entidades culturais
Bases subvencións a entidades sociais
Bases subvencións a deportistas individuais
Anexos subvencións a clubs e entidades deportivas
Anexos subvencións a entidades culturais
Anexos subvencións a entidades sociais
Anexos subvencións a deportistas individuais
En xaneiro comeza un novo curso para deixar de fumar en colaboración coa AECC en Tui
Fecha desde el 23 de Noviembre de 2021
hasta el 17 de Diciembre de 2021As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro
Ampliar contenidoUn ano máis o Concello de Tui e a Asociación Española contra o Cancro organizan un curso de Deshabituación Tabáquica. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco.
Previo ao comezo do curso, previsto para o 30 de xaneiro, haberá unha entrevista coa terapeuta, e logo desenvolveranse 7 sesións, de hora e media cada unha en horario de tarde. Ofrécese aos participantes apoio técnico, consellos, compañía e recompensas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.
As persoas interesadas poden inscribirse até o 17 de decembro nas dependencias de Servicios Sociais, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Para levar a cabo o curso é preciso contar cun mínimo de 12 persoas inscritas.
Rastrillo navideño de juguetes y libros en Tui a favor de ASANOG (Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia)
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 12 de Diciembre de 2021Organiza el ANPA del Colegio Maristas en Tui
Ampliar contenidoDesde el ANPA del Colegio Maristas en Tui queremos aportar nuestro granito de arena en ayudar a los que más lo necesitan por eso estamos organizando un rastrillo navideño de juguetes y libros a favor de ASANOG (Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia).
10, 11 y 12 de diciembre en el Claustro del Seminario(entradaporla Corredera).
Dona tus juguetes y libros en buen estado, haz hueco en tus armarios antes de navidad.
Horario: 11-14 y 17-21
Últimos días de prazo de inscrición para o campamento de Nadal do Concello do Rosal
Fecha desde el 29 de Noviembre de 2021
hasta el 14 de Diciembre de 2021O prazo para presentar as solicitudes será dende ás 09.00 horas do luns 29 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.
Ampliar contenidoO Concello do Rosal organiza un ano máis un campamento de Nadal para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar das vacacións cuncha chea de actividades. Desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3 , 4, 5 e 7 de xaneiro de 8:45 a 14 :15 horas para todos os nenos e nenas matriculados en 4º, 5º ou 6º de Educación Infantil ou Educación Primaria neste curso escolar. O prazo de inscrición abrirá este luns ás 09.00 horas e rematará o día 14 de decembro ás 14.00 horas.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que no Concello organizan este campamento para que as familias “podan corresponsabilizarse coa vida familiar e laboral a través de distintas actividades educativas e lúdicas cos seus fillos e fillas”. Hai un total de 20 prazas, reservándose 2 prazas para nenos e nenas que precisen dun apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, cun custo de 20 euros.
As solicitudes presentaranse por Rexistro de Entrada no Concello do Rosal ou por Sede Electrónica xunto coa seguinte documentación: solicitude participación; autorización de recollida menor; cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor; fotocopia do libro de familia; situación laboral; autónomos: certificado do IAE actualizado ou empregados por conta allea: certificado de empresa ou copia do contrato de traballo; vida laboral; certificado de recoñecemento de discapacidade do participante; no caso de familia monoparental: certificado de monoparentalidade ou libro de familia no que conste un só proxenitor e no caso de familia numerosa, título de familia numerosa.
O Concello fará unha listaxe de admitidos en base ás seguintes variables: por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos, por traballo dun dos membros ou titores, 1 punto, por pertencer a familia monoparental: 2 puntos, por pertencer a familia numerosa: 2 puntos. A máxima puntuación será de 5 puntos.
O Rosal vivirá un Nadal cheo de propostas para todos os públicos
Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022A programación comezará este venres co acendido do alumeado ás 18.30 horas
Ampliar contenidoO Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “os rosaleiros e rosaleiras poderán vivir ao grande un Nadal cheo de cultura, deporte e obradoiros para facer do noso concello un lugar mellor e máis sostible”, e agradece a todas as entidades que colaboran con nós para “vivir estas festas da mellor maneira”.
Xa coas luces postas, o sábado 4 ás 10.00 horas no salón de exposicións do Concello abrirá o mercado de Nadal con artesáns, artistas e pequeno comercio do Rosal. Durará ata o día 6 e terá un horario de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Nesa mesma mañá, ás 11.30 horas, tamén se lle dará a benvida a exposición fotográfica de Manuel Sobrino (El Naturalista Cojo). Máis tarde, ás 17.00 horas, a Agrupación Musical do Rosal dará un concerto polo día de Santa Icía no Auditorio Municipal. O luns 6 ás 17.00 horas os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de “Dedas”, un espectáculo de contacontos que encherá de ledicia a Biblioteca Municipal.
O sábado 11 ás 19.00 horas volverá a música ao Auditorio Municipal co concerto de “Ecos do Nadal” por parte da coral Ecos do Folón, e as notas continuarán a resoar nas súas paredes o venres 17 ás 20.00 horas coas audicións de alumnado da Agrupación Musical do Rosal que, o sábado 18 ás 18.30 h, celebrará no mesmo lugar o festival de Nadal da súa escola. O teatro tamén terá o seu oco no Auditorio o domingo 19 ás 18.00 h coa obra para maiores de cinco anos “Mentiras e verdades” de Teatro Arte Pingüe.
O deporte tamén será protagonista na programación. O mércores 22 e o xoves 23 o Pavillón Municipal acolle o X Trofeo O Rosal Handball Cup que organiza o Acanor Novás Valinox, e o venres 31 o Concello organiza a súa carreira San Silvestre, as inscricións poderán facerse na web municipal.
O Concello tamén prepara unha serie de obradoiros para acercar a reciclaxe e o sostibilidade á veciñanza. O mércores 15 na Escola Simón del Mazo os rosaleiros e rosaleiras poderán aprender a facer imprenta de xelatina, e os días 27, 28, 29 de decembro e 3 de xaneiro poderán asistir a unha serie de talleres no Espazo de Autoarranxo para aprender a reciclar cestas, cadernos, calcenecos e camisetas. Estes obradoiross son para persoas maiores de 12 anos e terán un custo de 2 euros por persoa. As inscricións serán a través da web do Concello.
Por último, e xa en xaneiro, o mércores día 5 os Reis Magos percorrerán todos os barrios pola mañá para rematar ás 17.00 horas na praza do Calvario, onde recibirán a todos os nenos e nenas que os queiran coñecer. Virán acompañados de música e dun grupo de xigantes infantís e marcharán cunha chocolatada para despedir o Nadal da maneira máis doce.
Este venres inaugúrase o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira
Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
hasta el 12 de Diciembre de 2021A inauguración está prevista ás 18.30 h coincidindo co acendido da iluminación de Nadal, con animación de rúa.
Ampliar contenidoA maxia do Nadal chega a partir deste venres ao Paseo da Corredoira de Tui co Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.
A inauguración está prevista ás 18.30 h coincidindo co acendido da iluminación de Nadal, con animación de rúa.
Esta mañá comezou xa no Paseo da Corredoira a montaxe das casetas de madeiras onde se ubicarán dende este venres e até o domingo 12 de decembro os postos participantes que contarán cunha decoración propia do Nadal. A meirande parte dos expositores son de Tui, participando tamén outros doutros municipios da provincia de Pontevedra e da Coruña. Ofrecerán produtos de alimentación gourmet, xunto a elaboracións artesanais de xoiería, madeira, téxtil, coiro, xoguetes, … e non faltarán os elementos de decoración para estas datas.
O Mercado de Nadal ten tamén o seu espazo solidario coa participación das organizacións sen ánimo de lucro como a Cooperativa Escolar do CEIP nº1, a Protectora de animais Aloia, o Club de patinaxe RIBEX, o Voluntariado da Caridade de Tui e a Asociación Vontade.
O Mercado desenvolverase baixo estritas medidas de seguridade contra a covid-19. Os expositores portarán máscara en todo momento, disporán de xel hidroalcohólico para o público visitante e deberán hixienizar de xeito regular as superficies de contacto co público, ademais de manter estritamente as distancias de seguridade.
O mercado abrirá cada xornada de 11 a 14 h e de 17 a 21h entre o 3 e o 12 de decembro.
Mercadiño de Libros Solidarios na Biblioteca Municipal de Tui
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2021
hasta el 23 de Diciembre de 2021Estará aberto do 4 ao 23 de decembro. A cambio dun lote de produtos de Nadal as persoas interesadas poden elixir entre unha ampla e variada oferta de libros
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza entre o sábado 4 e o xoves 23 de decembro un Mercadiño Solidario de Libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Nestas xornadas a Biblioteca Municipal, repite este mercadiño tras a exitosa experiencia do pasado ano, e ofrece os libros destinados ao expurgo, procedentes dos seus propios fondos ou de doazóns de veciños, para que aqueles lectores interesados poidan recoller aquelas obras que resulten do seu interese. A condición para acceder a este mercadiño é a entrega dun lote de produtos de Nadal que estarán destinados ás familias atendidas polos Servizos Sociais municipais.
Os libros ofertados son de temática moi ampla e variada, dende novelas, libros infantís e xuvenís, libros de coñecementos, de non ficción, incluso algunhas obras de consulta.
O mercadiño estará aberto no horario de atención ao público da Biblioteca Municipal de luns a venres de 8.30 a 13.30 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.
Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, con esta actividade a Biblioteca Municipal oferta un amplo abano de libros a todos os afeccionados á lectura a cambio da entrega de produtos do Nadal cunha finalidade solidaria. Neste ano 2021 triplícaase a oferta deste mercadiño solidario, tanto en espazo coma en exemplares. É unha ocasión de achegarse para atopar algunha publicación, xa fora do mercado ou descatalogada, que deste xeito aproveita ao lector interesado e tamén á familia que recibirá os produtos de Nadal.
A música será unha das grandes protagonistas da programación -Tui, o Camiño do Nadal-
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022Mistura Vocal, a Banda de Música Popular de Tui, as corais tudenses , e grupos folclóricos das parroquias participarán neste programa
Ampliar contenido“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.
O acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal esta tarde marcan o inicio do programa previsto no que de novo o Camiño de Santiago Portugués, do que Tui é a porta de entrada en Galicia, conduce esta oferta de lecer, na que a aposta polo local e pola economía circular volve a estar moi presente.
A primeira proposta musical chegará o sábado 11, ás 20 h, ao Teatro Municipal de Tui co concerto “A historia da luz” da man de Mistura Vocal, nun espectáculo no que as voces dos integrantes deste grupo, xunto a bailaríns e unha narradora achegará ao público a un fermoso espectáculo.
O xoves 16 de decembro, ás 20 h, tamén no Teatro será o alumnado e profesorado do Conservatorio quen interprete o seu tradicional concerto de Nadal.
O venres 17 ás 19 h chega a Tui “Un conto de Nadal: 100 anos de verbena galega”, un espectáculo que brindará en directo ao público temas clásicos do Nadal xunto ao outros tradicionais nas verbenas. Sobre o escenario estarán La Oca Band xunto a Noelia Solleiro, Blas Piñón de “Paris de Noia”, Lito Garrido de “Panorama”, Jota Santana, Ángel América ou Marta Valiño.
As tres corais de Tui, do Centro Sociocomunitario, Ponte da Febres e San Telmo, ofrecerán un concerto no Teatro Municipal o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 h. Mentres o concerto de Fin de Ano, o xoves 30 ás 21.30 h, correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Para os eventos previstos no teatro a reserva de entrada comezará o próximo martes, 7 de decembro, en www.tui.gal.
Tamén ao longo destas festas haberá pasarrúas a cargo dos grupos folclóricos e bandas de gaitas das asociacións culturais tudenses, na medida en que as condicións meteorolóxicas e sanitarias o permitan.
Os nenos e nenas poderán amais gozar dos obradoiro infantís que van ter lugar na Biblioteca Municipal o mércores 29 e o xoves 30 de decembro, así coma o luns 3 e martes 4 de xaneiro.
Coma novidade incorporase á programación unha San Silvestre Popular que terá lugar o venres 31 ás 12 h cun circuíto urbano non competitivo. Tamén o día 31 está prevista a vista do Apalpador no Paseo da Corredoira.
A programación pecharase coma é tradicional coa Cabalgata de Reis o mércores 5 de xaneiro, aínda que este ano debido á pandemia non poderá ter carácter internacional.
Toda esta programación desenvolverase seguindo un protocolo anticovid e axustándose as medidas restritivas que estean en vigor en cada momento.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que esta programación “Tui, o Camiño do Nadal” está elaborada pensando en brindar á poboación tudense e cantas persoas nos visiten nestas datas unha oferta de lecer para estes días tan especiais e para gozar en familia, seguindo as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia. Convida a concelleira a achegarse a Tui xa esta fin de semana para gozar da iluminación e da decoración de rúa, así coma do Mercado de Nadal, e posteriormente dos distintos eventos previstos.
Pai Natal chega a Cerveira
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 12 de Diciembre de 2021Para a abertura do mercado de natal
Ampliar contenidoChegada do Pai Natal: 10 de dezembro, 18h00
Mercado de Natal: 10, 11 e 12 de dezembro
O Pai Natal chega a Vila Nova de Cerveira na próxima sexta-feira, 10 de dezembro, pelas 18h00, e promete surpreender os mais novos. O momento marcará a abertura oficial do Mercado de Natal que funcionará entre os dias 10 e 12 de dezembro, no centro histórico da Vila das Artes.
Local irresistível para as tradicionais compras natalícias, o Mercado de Natal conta com a participação de comerciantes e associações do concelho e promete surpreender os cinco sentidos. Há propostas de artesanato e doçaria típica natalícia num conceito de food court, concretizado em estreita colaboração com algumas pastelarias e confeitarias locais através de demonstrações, workshops e confeção no local, entre os quais workshops de “Rabanadas Poveiras”, “Vinho Quente e Rabanadas”, “Crepes Artesanais”, “Pastel de Nata” e de decoração do “Bolo especial de Natal” e do “Tronco de Natal”. No total, são vinte e oito espaços onde residentes e visitantes podem conhecer o que de melhor e mais autêntico Cerveira tem. Trata-se, para a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, de um importante marco de dinamização do comércio, do artesanato e do associativismo local, impulsionando o envolvimento de todos. Na sexta-feira, o Mercado de Natal funcionará entre as 17h00 e as 21h00. Já no fim-de-semana, o horário de funcionamento será mais alargado. No sábado, estará aberto entre as 10h00 e as 22h00, e no domingo, entre as 10h00 e as 20h00.
Todo o ambiente foi inspirado pela magia tão caraterística da época natalícia, com pequenas casinhas de madeira a servir de bancas e decoradas com os mais belos adornos desta quadra festiva, a sonoridade contagiante nas ruas e a própria animação de rua a suscitar algumas gargalhadas.
A chegada do Pai Natal promete ser um momento único e encantador para o imaginário dos mais pequenos e mesmo de todos aqueles que mantêm vivo o espírito de criança. A verdade é que, além de visitar Vila Nova de Cerveira, o ‘Senhor das Barbas Brancas’ veio para ficar, pois até construiu a sua própria casa, em pleno Terreiro. Neste local mágico, será possível tirar fotografias com o Pai Natal não só nos dias do Mercado de Natal, como no fim de semana de 18 e 19 de dezembro (entre as 10h00 e as 22h00, no sábado, e entre as 10h00 e as 20h00, no domingo).
Programação “Cerveira: A Arte do Natal” disponível em www.cm-vncerveira.pt.
A ELM de Camposancos presenta -Os segredos do Nadal Camposino-
Fecha desde el 08 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022Unha celebración pensada para ser camiñada e en familia, e na que invitamos a participar a toda a comarca pois estará montada ata o 8 de xaneiro.
Ampliar contenidoCamposancos engalánase cunhas excelentes decoracións de nadal cubrindo de fantasía tódolos espazos nun proceso de creación colectiva. Os veciños e veciñas de tódolos barrios decoran as súas casas e os espazos públicos con materiais naturais , ou de refugallo, evitando ao máximo a utilización de plásticos. As decoracións teñen temática variadas, aínda que sempre coa dinámica propia do nadal . Dende a ELM queremos agradecer a implicación da veciñanza que dedica moitas horas a decorar os seus espazos.
Os traballos de decoración teñen gran calidade e son moi imaxinativos. Trátase dun nadal ecolóxico, de proximidade, biodegradable, reciclado e coas mínimas emisións de CO2, con perspectiva de xénero, en galego e cun enfoque claramente tradicional. Nel participan tódolos barrios na medida das súas posibilidades, nun proceso colaborativo, que axuda a construír comunidade e gozar do traballo colectivo, pensado para ensinar as máis pequenas da casa novas maneiras de enfrontar a nova realidade e cuidar o planeta, mediante o xogo e a diversión.
O día 24 e 31 haberá un pasarrúas animado polas gaiteiras “Do lusco ao fusco” e polos bonecos da tele coa asociación “Estudio 88”. O pasarrúas sairá de Granxa Nova ás 4:30 da tarde e pasará polos barrios en dirección ao Palomar onde rematará a festa. Hai previstas paradas no edificio da Entidade Local Menor ás 5:00 da tarde e na Fonte da Poza. Animamos a toda a veciñanza e visitantes a unirse a comitiva e participar da maneira que máis lle apeteza.Contarase coa presenza do Apalpador e da Apalpadora, personaxes tradicionais da cultura galega equivalentes a Papa Noel, carboeiros de pelo vermello que viven no monte e que cada ano polo Nadal baixan saudar e xogar cos máis pequenos da casa repartindo comida e xerando fantasía e ilusión.
É un percorrido libre que leva os visitantes a descubrir espazos únicos e pintorescos no interior desta parroquia do extremo de Galiza, xusto onde o Atlántico se mestura co Rio Miño, que nunca deixa de sorprender pola súa beleza paisaxística.
A exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente- amplíase até o 8 de xaneiro en Tui
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022A mostra, que recolle fondos do Balneario de Caldelas, foi visita xa por máis de 500 persoas
Ampliar contenidoA exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
Dende a súa apertura a mediados de outubro a exposición foi xa visitada por máis de 500 persoas interesadas en coñecer esta ampla escolma de imaxes, integradas por 77 fotografías que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas e do seu Balneario así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas, Entenza ou Lapela nos últimos anos do século XIX.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estamos diante dunha exposición de excepcional interese e que comprobando a boa acollida de visitantes decidiuse ampliar ata o remate das festas de Nadal para facilitar que un maior número de tudenses e interesados poidan coñecer esta mostra fotográfica. A concelleira quere expresar o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.
A exposición, segundo a xerente do Balneario de Caldelas – Ana Rodriguez- recolle esta selección de fotografías realizadas entre os anos 1886 e 1935. A autoría se reparte entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.
Trátase pois dunha mostra da ampla colección que conservan, con coidado e cariño, os propietarios do Balneario de Caldelas e que agora comparten coa veciñanza tudense e todos os interesados no campo da imaxe gráfica. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”.
Continúa na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 24 de Diciembre de 2021Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guard
Ampliar contenidoOpasado venres día 10 de decembro arrancaba na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal, que estará neste espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá.
Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda .
Unha iniciativa da Concellería de Desenvolvemento Local coa que se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade é a protagonista, así como tamén o amosaron os praceiros e praceiras cos adornos da Praza de Abastos, realizados despois da súa participación nun Obradoiro de decoración de Nadal.
Rota da Rabanada marca quadra natalícia no concelho de Caminha
Fecha desde el 12 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes.
Ampliar contenidoA ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
A ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
Unha trintena de comercios forman a ruta Nadal+Nadal organizada polo Concello de Tomiño
Fecha desde el 09 de Diciembre de 2021
hasta el 24 de Diciembre de 2021A maioría das casas comerciais concentraron os seus esforzos na decoración dos escaparates, aínda que outros optaron pola decoración dos locais completos, utilizando como base elementos naturais como a madeira, a palla, as ramas, etc.
Ampliar contenidoUnha trintena de comercios de Tomiño participa na “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre” , organizada polo Concello co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e promover ao mesmo tempo o consumo nos establecementos locais.
A Campaña ten como beneficiarios aos propios comercios e servizos da vila como aos clientes que realicen compras nos mesmos entre o 9 e o 24 de decembro de 2021.
A maioría das casas comerciais concentraron os seus esforzos na decoración dos escaparates, aínda que outros optaron pola decoración dos locais completos, utilizando como base elementos naturais como madeira, ramas, palla, etc.
Os comercios e servizos adheridos á campaña conforman a “Ruta Nadal+Nadal” e entran no concurso de premios á mellor decoración, con premios de 500 euros (1º premio mellor escaparate e 1º premio mellor local) e de 250 euros (2º premio mellor escaparate e 2º premio mellor local).
O xurado estará composto por 2 representantes do comercio local, 1 representante do Concello de Tomiño e 2 artistas locais. O fallo emitirase o día 30 de decembro de 2021 ás 20.30h no salón de plenos do Concello de Tomiño.
Por outra banda, en cada local participante instalarase unha urna na que os clientes que realicen compras entre 9 ao 24 de decembro de 2021, ambos inclusive, por un valor mínimo de 20€ e máximo de 100€, poidan depositar o seu tícket de compra. Os propietarios dos tíckets que resulten premiados recibirán un vale de compra polo dobre do valor do tícket depositado.
Os vales premiados poderán ser empregados en calquera dos comercios e servizos participantes na “Ruta Nadal+Nadal” entre o 29 de decembro do 2021 e o 6 de xaneiro do 2022.
Os vales de compra estarán a disposición dos premiados nos oficinas do Concello de Tomiño desde o día 29 de decembro de 2021 ata o día 5 de xaneiro de 2022 en horario de 9 a 14 horas.
O orzamento desta campaña é de 4.500 euros en total (1.500€ para premios de decoración de escaparates e locais e 3.000€ para os vales de compra).
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
