Agenda
O Rosal vivirá un Nadal cheo de propostas para todos os públicos
Fecha desde el 03 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022A programación comezará este venres co acendido do alumeado ás 18.30 horas
Ampliar contenidoO Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “os rosaleiros e rosaleiras poderán vivir ao grande un Nadal cheo de cultura, deporte e obradoiros para facer do noso concello un lugar mellor e máis sostible”, e agradece a todas as entidades que colaboran con nós para “vivir estas festas da mellor maneira”.
Xa coas luces postas, o sábado 4 ás 10.00 horas no salón de exposicións do Concello abrirá o mercado de Nadal con artesáns, artistas e pequeno comercio do Rosal. Durará ata o día 6 e terá un horario de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Nesa mesma mañá, ás 11.30 horas, tamén se lle dará a benvida a exposición fotográfica de Manuel Sobrino (El Naturalista Cojo). Máis tarde, ás 17.00 horas, a Agrupación Musical do Rosal dará un concerto polo día de Santa Icía no Auditorio Municipal. O luns 6 ás 17.00 horas os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de “Dedas”, un espectáculo de contacontos que encherá de ledicia a Biblioteca Municipal.
O sábado 11 ás 19.00 horas volverá a música ao Auditorio Municipal co concerto de “Ecos do Nadal” por parte da coral Ecos do Folón, e as notas continuarán a resoar nas súas paredes o venres 17 ás 20.00 horas coas audicións de alumnado da Agrupación Musical do Rosal que, o sábado 18 ás 18.30 h, celebrará no mesmo lugar o festival de Nadal da súa escola. O teatro tamén terá o seu oco no Auditorio o domingo 19 ás 18.00 h coa obra para maiores de cinco anos “Mentiras e verdades” de Teatro Arte Pingüe.
O deporte tamén será protagonista na programación. O mércores 22 e o xoves 23 o Pavillón Municipal acolle o X Trofeo O Rosal Handball Cup que organiza o Acanor Novás Valinox, e o venres 31 o Concello organiza a súa carreira San Silvestre, as inscricións poderán facerse na web municipal.
O Concello tamén prepara unha serie de obradoiros para acercar a reciclaxe e o sostibilidade á veciñanza. O mércores 15 na Escola Simón del Mazo os rosaleiros e rosaleiras poderán aprender a facer imprenta de xelatina, e os días 27, 28, 29 de decembro e 3 de xaneiro poderán asistir a unha serie de talleres no Espazo de Autoarranxo para aprender a reciclar cestas, cadernos, calcenecos e camisetas. Estes obradoiross son para persoas maiores de 12 anos e terán un custo de 2 euros por persoa. As inscricións serán a través da web do Concello.
Por último, e xa en xaneiro, o mércores día 5 os Reis Magos percorrerán todos os barrios pola mañá para rematar ás 17.00 horas na praza do Calvario, onde recibirán a todos os nenos e nenas que os queiran coñecer. Virán acompañados de música e dun grupo de xigantes infantís e marcharán cunha chocolatada para despedir o Nadal da maneira máis doce.
A San Silvestre 2021 volve ao Rosal
Fecha desde el 31 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021Aberto o prazo de inscrición para a proba, que se celebrará o 31 de decembro cunha andaina para nenos e nenas ás 11.00 h e unha carreira de 4 km ás 11.45 h
Ampliar contenidoA tradicional carreira de San Silvestre no Rosal chama ás portas. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta cita que cada fin de ano reúne a rosaleiros e rosaleiras para desfrutar do deporte saudable ao aire libre dun xeito divertido. Ata o vindeiro 27 de decembro as persoas interesadas poderán inscribirse para participar en calquera das dúas probas que se realizarán: unha andaina pensada para público infantil de 2,3 km e unha carreira non competitiva de 4 km.
A andaina sairá ás 11.00 horas dende o pavillón municipal cara a Simón del Mazo para percorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela e Estrada da Morraceira para continuar polo camiño Campo da Feira, pola rúa Simón del Mazo e rematar na Praza do Calvario.
Pola súa banda, a carreira de San Silvestre sairá ás 11.45 horas igualmente do pavillón municipal para percorrer as rúas Simón del Mazo, rúa dos Castros, rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira e rúa Simón del Mazo para finalizar na Praza do Calvario.
As inscricións realizaranse a través da páxina web do Concello enchendo un formulario cos datos persoais de cada persoa participante. Os dorsais poderán ser recollidaos no Concello antes do día 31 de decembro ou o propio día entre as 09.00 e as 10.30 horas.
Non haberá categorías diferenciadas e ao remate da San Silvestre todas as persoas participantes serán agasalladas cunha chocolatada e participarán no sorteo de tres cestas de Nadal.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar nesta carreira “que pode facer calquera persoa ao seu ritmo, correndo ou camiñando, e que nos permite volver a desfrutar do deporte todos e todas xuntas despois da celebración o ano pasado dun xeito diferente”.
A música será unha das grandes protagonistas da programación -Tui, o Camiño do Nadal-
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022Mistura Vocal, a Banda de Música Popular de Tui, as corais tudenses , e grupos folclóricos das parroquias participarán neste programa
Ampliar contenido“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.
O acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal esta tarde marcan o inicio do programa previsto no que de novo o Camiño de Santiago Portugués, do que Tui é a porta de entrada en Galicia, conduce esta oferta de lecer, na que a aposta polo local e pola economía circular volve a estar moi presente.
A primeira proposta musical chegará o sábado 11, ás 20 h, ao Teatro Municipal de Tui co concerto “A historia da luz” da man de Mistura Vocal, nun espectáculo no que as voces dos integrantes deste grupo, xunto a bailaríns e unha narradora achegará ao público a un fermoso espectáculo.
O xoves 16 de decembro, ás 20 h, tamén no Teatro será o alumnado e profesorado do Conservatorio quen interprete o seu tradicional concerto de Nadal.
O venres 17 ás 19 h chega a Tui “Un conto de Nadal: 100 anos de verbena galega”, un espectáculo que brindará en directo ao público temas clásicos do Nadal xunto ao outros tradicionais nas verbenas. Sobre o escenario estarán La Oca Band xunto a Noelia Solleiro, Blas Piñón de “Paris de Noia”, Lito Garrido de “Panorama”, Jota Santana, Ángel América ou Marta Valiño.
As tres corais de Tui, do Centro Sociocomunitario, Ponte da Febres e San Telmo, ofrecerán un concerto no Teatro Municipal o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 h. Mentres o concerto de Fin de Ano, o xoves 30 ás 21.30 h, correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Para os eventos previstos no teatro a reserva de entrada comezará o próximo martes, 7 de decembro, en www.tui.gal.
Tamén ao longo destas festas haberá pasarrúas a cargo dos grupos folclóricos e bandas de gaitas das asociacións culturais tudenses, na medida en que as condicións meteorolóxicas e sanitarias o permitan.
Os nenos e nenas poderán amais gozar dos obradoiro infantís que van ter lugar na Biblioteca Municipal o mércores 29 e o xoves 30 de decembro, así coma o luns 3 e martes 4 de xaneiro.
Coma novidade incorporase á programación unha San Silvestre Popular que terá lugar o venres 31 ás 12 h cun circuíto urbano non competitivo. Tamén o día 31 está prevista a vista do Apalpador no Paseo da Corredoira.
A programación pecharase coma é tradicional coa Cabalgata de Reis o mércores 5 de xaneiro, aínda que este ano debido á pandemia non poderá ter carácter internacional.
Toda esta programación desenvolverase seguindo un protocolo anticovid e axustándose as medidas restritivas que estean en vigor en cada momento.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que esta programación “Tui, o Camiño do Nadal” está elaborada pensando en brindar á poboación tudense e cantas persoas nos visiten nestas datas unha oferta de lecer para estes días tan especiais e para gozar en familia, seguindo as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia. Convida a concelleira a achegarse a Tui xa esta fin de semana para gozar da iluminación e da decoración de rúa, así coma do Mercado de Nadal, e posteriormente dos distintos eventos previstos.
A ELM de Camposancos presenta -Os segredos do Nadal Camposino-
Fecha desde el 08 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022Unha celebración pensada para ser camiñada e en familia, e na que invitamos a participar a toda a comarca pois estará montada ata o 8 de xaneiro.
Ampliar contenidoCamposancos engalánase cunhas excelentes decoracións de nadal cubrindo de fantasía tódolos espazos nun proceso de creación colectiva. Os veciños e veciñas de tódolos barrios decoran as súas casas e os espazos públicos con materiais naturais , ou de refugallo, evitando ao máximo a utilización de plásticos. As decoracións teñen temática variadas, aínda que sempre coa dinámica propia do nadal . Dende a ELM queremos agradecer a implicación da veciñanza que dedica moitas horas a decorar os seus espazos.
Os traballos de decoración teñen gran calidade e son moi imaxinativos. Trátase dun nadal ecolóxico, de proximidade, biodegradable, reciclado e coas mínimas emisións de CO2, con perspectiva de xénero, en galego e cun enfoque claramente tradicional. Nel participan tódolos barrios na medida das súas posibilidades, nun proceso colaborativo, que axuda a construír comunidade e gozar do traballo colectivo, pensado para ensinar as máis pequenas da casa novas maneiras de enfrontar a nova realidade e cuidar o planeta, mediante o xogo e a diversión.
O día 24 e 31 haberá un pasarrúas animado polas gaiteiras “Do lusco ao fusco” e polos bonecos da tele coa asociación “Estudio 88”. O pasarrúas sairá de Granxa Nova ás 4:30 da tarde e pasará polos barrios en dirección ao Palomar onde rematará a festa. Hai previstas paradas no edificio da Entidade Local Menor ás 5:00 da tarde e na Fonte da Poza. Animamos a toda a veciñanza e visitantes a unirse a comitiva e participar da maneira que máis lle apeteza.Contarase coa presenza do Apalpador e da Apalpadora, personaxes tradicionais da cultura galega equivalentes a Papa Noel, carboeiros de pelo vermello que viven no monte e que cada ano polo Nadal baixan saudar e xogar cos máis pequenos da casa repartindo comida e xerando fantasía e ilusión.
É un percorrido libre que leva os visitantes a descubrir espazos únicos e pintorescos no interior desta parroquia do extremo de Galiza, xusto onde o Atlántico se mestura co Rio Miño, que nunca deixa de sorprender pola súa beleza paisaxística.
Teatro, circo, malabares, inchables e obradoiros, no Nadal Cultural de Tomiño
Fecha desde el 26 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022A villa recibirá tamén a visita do Apalpador e dos Reis Magos como vén sendo habitual
Ampliar contenidoA Concellería de Cultura do Concello de Tomiño organiza un Nadal que este ano terá actividades para público infantil e familiar, relacionadas co teatro, o circo e os obradoiros, antes da tradicional Cabalgata de Reis.
O día 26 de decembro o Mercado Municipal (1º andar) acollerá un obradoiro impartido por Migallas Teatro e dedicado a público infantil. Será ás 11.30 horas.
O 28 de decembro, no Mercado Municipal (1º andar), "Zapatos" de Caramuxo Teatro. Unha historia que narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen nin dono nin dona. ¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre.
Será tamén no mercado o día 28 de decembro ás 11.30h. Para público infantil.
O 31 de decembro O APALPADOR visitará Tomiño. Esta actividade desenvolverase na Praza do Seixo a partir das 17.00h.Para público infantil e familiar.
Xa o 2 de xaneiro, o CIRCO CHOSCO RISCANDO O CEO chegará a Tomiño. Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery. Espectáculo para público infantil e familiar. Na Praza do Seixo. ás 17.30 horas.
E os días 3 e 4 de xaneiro, na Praza do Seixo, instalaranse INCHABLES de 16.00 a 20.00 horas. Un ano máis a praza do Seixo volverá a converterse nun dos centros do Nadal en Tomiño cunha carpa na que as nenas e nenos poderán desfrutar de inchables e pintacaras, entre outras actividades. Para público infantil.5 de xaneiro. A partir das 16.30h.CABALGATA DE REIS. Como cada ano, a tradicional Cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas do núcleo urbano de Tomiño, chegando á Praza do Seixo, onde as Súas Maxestades recibirán a nenos e nenas coas súas cartas.
Todas as actividades son de balde.
A exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente- amplíase até o 8 de xaneiro en Tui
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2021
hasta el 08 de Enero de 2022A mostra, que recolle fondos do Balneario de Caldelas, foi visita xa por máis de 500 persoas
Ampliar contenidoA exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
Dende a súa apertura a mediados de outubro a exposición foi xa visitada por máis de 500 persoas interesadas en coñecer esta ampla escolma de imaxes, integradas por 77 fotografías que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas e do seu Balneario así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas, Entenza ou Lapela nos últimos anos do século XIX.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estamos diante dunha exposición de excepcional interese e que comprobando a boa acollida de visitantes decidiuse ampliar ata o remate das festas de Nadal para facilitar que un maior número de tudenses e interesados poidan coñecer esta mostra fotográfica. A concelleira quere expresar o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.
A exposición, segundo a xerente do Balneario de Caldelas – Ana Rodriguez- recolle esta selección de fotografías realizadas entre os anos 1886 e 1935. A autoría se reparte entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.
Trátase pois dunha mostra da ampla colección que conservan, con coidado e cariño, os propietarios do Balneario de Caldelas e que agora comparten coa veciñanza tudense e todos os interesados no campo da imaxe gráfica. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”.
Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos na Biblioteca Municipal
Fecha desde el 29 de Diciembre de 2021
hasta el 04 de Enero de 2022Celebraranse o 29 e 30 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro ás 17h . É preciso inscrición previa en www.tui.gal
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal de Tu organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.
En concreto os obradoiros ofertados son os seguintes:
- Mércores, 29 decembro, ás 17 h: Arte con papel - Papiroflexia/Origami
- Xoves, 30 decembro, ás 17 h: Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado
- Luns, 3 xaneiro, ás 17 h: Cobrando Vida - Creación de marionetas
- Martes, 4 xaneiro, ás 17h: Escola de maxia - xogos de maxia
O obxectivo destes obradoiros é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer.
Complétase a programación de Nadal da Biblioteca Municipal tudense co Mercadiño Solidario de Libros que até o xoves, 23 de decembro, ofrece a posibilidade de intercambiar produtos de Nadal por libros, cunha ampla oferta de libros procedentes de expurgos e doazóns.
Rota da Rabanada marca quadra natalícia no concelho de Caminha
Fecha desde el 12 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes.
Ampliar contenidoA ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
A ‘Rota da Rabanada’ está de regresso ao concelho de Caminha com novos aderentes e novas especialidades. Até 31 de dezembro, no concelho há mais de duas dezenas de especialidades de rabanada para experimentar em cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes aderentes. Esta edição conta com um passaporte e a cada 5 carimbos, há ofertas que são oferecidas pelo Município de Caminha e pelos participantes na Rota.
No concelho de Caminha a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada’ tornou-se uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. São muitos os que nos visitam para degustar esta iguaria. Esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.
Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes do concelho para que aderissem com novas criações. Na verdade, esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com algumas novidades. Até 31 de dezembro, há muito para experimentar: rabanada de pão saloio, leite, gelado à escolha e caramelo salgado; de frutos secos, xarope especial e um suspiro; de vinho do Porto; de ovos moles; de frutos secos; de chila; recheada com maçã, abóbora, com doces de ovos ou fios de ovos, entre muitas outras especialidades. A rabanada infantil volta também a marcar esta “Rota da Rabanada”.
Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado “Passaporte Rota da Rabanada” com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 5 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta a levantar nos Postos de Turismo do concelho, bem como a votar na sua rabanada favorita. Nesta VII edição, as ofertas são oferecidas não só pela Câmara Municipal, mas também por alguns dos cafés, pastelarias, hotéis e restaurantes.
Os Reis Magos perden as capas en Tomiño
Fecha desde el 15 de Diciembre de 2021
hasta el 05 de Enero de 2022Nova campaña de Adeto para apoiar o consumo no comercio local.
Ampliar contenidoChega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Dende o mércores 15 de decembro ata o 5 de xaneiro os establecementos asociados a Adeto entregarán premios diarios aos clientes que atopen as capas dos Reis Magos. Cada día, haberá algunha capa nun establecemento tomiñés e o cliente ou clienta que as atopen recibirán, ao momento, un regalo por cortesía do comercio local.
Deste xeito, Adeto e os seus asociados queren premiar a fidelidade dos clientes que fan as súas compras e apoian os comercios e a hostalería local, agradecéndolles nestas datas a súa colaboración impresncindible para a supervivencia da vida comercial no municipio.
Dende a dirección de Adeto animan á xente a participar no xogo facendo as súas compras na vila para contribuir entre todos, comerciantes e clientes, a animar Tomiño nestas datas tan sinaladas.
O Rosal comeza cos seus obradoiros de Nadal
Fecha desde el 15 de Diciembre de 2021
hasta el 03 de Enero de 2022O Concello organiza este mércores ás 11.00 horas unha formación en imprenta de xelatina na escola Simón del Mazo
Ampliar contenidoO Concello do Rosal quere acercar a reciclaxe e a sostibilidade á veciñanza este Nadal con cinco obradoiros. O primeiro deles organízase este mércores ás 11.00 horas na escola Simón do Mazo e consistirá nun taller de imprenta de xelatina onde as persoas asistentes poderán observar de primeira man como se realiza esta técnica de impresión ao alcance de todos e todas.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a estes obradoiros e lembra que o do mércores será con entrada libre, mentres que os seguintes terán un custo de 2 euros por persoa e requirirán inscrición a través da web do Concello. O día 27 haberá un adicado a facer cestas e cadernos, o 28 un de calcenecos, o 29 un de adornos con latas e vidro e o 3 de xaneiro un de reutilización de camisetas. Todos serán no Espazo de Autoarranxo do Concello.
A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, destaca que estes obradoiros son “un pasiño máis do noso Concello cara un mundo mellor”, e están enmarcados dentro da Axenda 2030 da ONU á que O Rosal se adheriu este ano.
Suspéndese a 1ª San Silvestre Popular de Tui ante o aumento de casos Covid-19
Fecha desde el 31 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021O Concello de Tui vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da pro
Ampliar contenidoA 1ª San Silvestre Popular de Tui que se ía celebrar este venres, 31 de decembro, pola mañá vén de ser suspendida ante a actual incidencia da covid tanto a nivel de Galicia, da Área Sanitaria de Vigo coma do propio municipio de Tui.
O Concello de Tui vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, consideran que é a decisión máis acertada.
Esta 1ª San Silvestre estaba a ter unha gran aceptación coma demostra as máis de 350 persoas inscritas. Todas elas recibirán nas próximas horas un correo electrónico comunicando a suspensión deste evento deportivo.
O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, agradece a acollida que esta carreira espertou, así do mesmo xeito que traslada o seu agradecemento ao Club Atletismo Tui, asociacións e empresas a colaboración prestada para a organización deste evento. Agarda que o próximo ano poida celebrarse en Tui unha San Silvestre.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que “dada a situación que nos atopamos e tendo en conta que tiñamos un alto número de inscritos, e aínda que é certo que a nivel oficial non se restrinxe a actividade deportiva, non é menos certo que a proba non so tiña un carácter deportivo senón tamén sobre todo, e tratándose do día 31, a finalidade é que tivese un compoñente lúdico, e con ese compoñente lúdico non se pode desenvolver, e sen ese carácter festivo perde significación e o máis sensato é a súa suspensión”.
A OMIX de Tomiño organiza un concurso para coñecer a opinión que ten da entidade a mocidade da vila
Fecha desde el 18 de Diciembre de 2021
hasta el 10 de Enero de 2022Os deseños ou frases poden enviarse ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico omix@tomino.gal
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade.Para iso, organiza un concurso co obxectivo de "plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é aOMIX de Tomiño".
A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño.
As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: omix@tomino.gal
A persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos diferentes: unha tablet lenovo tab m10hd con 2/32 e android; uns airpods de apple, ou un altavoz muse m1915dj party box troley.
O Espazo de Autoarranxo do Concello convertérase este Nadal nun taller de reciclaxe
Fecha desde el 27 de Diciembre de 2021
hasta el 03 de Enero de 2022O Concello organiza dende o 27 de decembro ata o 3 de xaneiro catro obradoiros neste espazo
Ampliar contenidoO Rosal é un Concello comprometido coa sostibilidade para crear un mundo mellor. Nun novo paso cara este obxectivo organiza no Espazo Autoarranxo Municipal catro obradoiros de reciclaxe e reutilización de obxectos cotiás. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima a todos os veciños e veciñas a asistir a estes talleres e lembra que “a inscrición é a través da web do Concello e terán un custo de 2 euros”.
Todos os obradoiros serán polas mañás, de 11.00 a 13.30 horas. O primeiro deles será o día 27 e estará adicado a reutilización de cestas e cadernos de papel, o do 28 consistirá na creación de monecos a partir da calcetín, o 29 haberá un de creación de adornos a partir de latas e vidro e, finalmente, o 3 de xaneiro os rosaleiros e rosaleiras que queiras renovas as súas camisetas vellas poderán aprender da man de expertos e expertas no Espazo de Autoarranxo.
El obispo de Tui-Vigo inaugura la exposición Belenes del mundo
Fecha desde el 23 de Diciembre de 2021
hasta el 09 de Enero de 2022Quienes acudan a visitar Belenes del mundo también podrán disfrutar del Belén monumental de la catedral tudense que llega, como cada año, aunando un centenar de figuras y diversas escenas que rememoran los episodios bíblicos relacionados con el nacimiento
Ampliar contenidoEl próximo jueves 23 de diciembre a las 19:00 horas, el obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, acudirá a la exposición «Belenes del mundo» que organiza la Asociación de Amigos de la Catedral de Tui junto con el cabildo catedralicio. Al acto también asistirá el alcalde del ayuntamiento tudense, Enrique Cabaleiro González.
Como cada año, la catedral de Tui acogerá más de 400 belenes procedente de los cinco continentes, que constituyen una hermosa expresión de arte y devoción popular de los más de cincuenta países representados en las vitrinas de esta Exposición, entre los que destaca: cinco nuevas piezas procedentes de Sudamérica y de África, de países como Tanzania.
Quienes acudan a visitar «Belenes del mundo» también podrán disfrutar del Belén monumental de la catedral tudense que llega, como cada año, aunando un centenar de figuras y diversas escenas que rememoran los episodios bíblicos relacionados con el nacimiento de Jesús.
Tanto la exposición «Belenes del mundo» como el Belén monumental de la catedral permanecerán a disposición del público hasta al 9 de enero de 2022, en el horario habitual del templo catedralicio: por la mañana desde las 10:45 hasta las 14 horas, de lunes a sábado, y desde las 9 hrs. hasta las 12:45 hrs, durante los domingos; por la tarde podrá accederse desde las 16 hrs. hasta las 19 hrs, cualquier día de la semana.
Ante la cercanía de la Navidad, desde la Asociación invitan a toda la sociedad a visitar esta exposición y recuerdan las palabras del papa Francisco que señala que el belén “es realmente un ejercicio de fantasía creativa, que utiliza los materiales más dispares para crear pequeñas obras maestras llenas de belleza. Se aprende desde nidos: cuando papá y mamá, junto a los abuelos, transmiten esta alegre tradición, que contiene en sí una rica espiritualidad popular. Espero que esta práctica nunca se debilite; eres más, confío en que, allí donde hubiera caído en desuso, sea descubierta de nuevo y revitalizada”.
La Catedral de Tui acoge la exposición Belenes del mundo con más de 400 belenes
Fecha desde el 23 de Diciembre de 2021
hasta el 09 de Enero de 2022También se puede contemplar el Belén monumental de la Catedral tudense
Ampliar contenidoEn la tarde del jueves 23 de diciembre, a las puertas de la Navidad, el obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, ha inaugurado la exposición «Belenes del mundo» que organiza la Asociación de Amigos de la Catedral de Tui junto con el cabildo catedralicio. Al acto también asistió el alcalde del ayuntamiento tudense, Enrique Cabaleiro González.
Como cada año, la catedral de Tui acogerá más de 400 belenes procedente de los cinco continentes, que constituyen una hermosa expresión de arte y devoción popular de los más de cincuenta países representados en las vitrinas de esta Exposición, entre los que destaca: cinco nuevas piezas procedentes de Sudamérica y de África, de países como Tanzania.
Quienes acudan a visitar «Belenes del mundo» también podrán disfrutar del Belén monumental de la catedral tudense que llega, como cada año, aunando un centenar de figuras y diversas escenas que rememoran los episodios bíblicos relacionados con el nacimiento de Jesús.
Tanto la exposición «Belenes del mundo» como el Belén monumental de la catedral permanecerán a disposición del público hasta al 9 de enero de 2022, en el horario habitual del templo catedralicio: por la mañana desde las 10:45 hasta las 14 horas, de lunes a sábado, y desde las 9 hrs. hasta las 12:45 hrs, durante los domingos; por la tarde podrá accederse desde las 16 hrs. hasta las 19 hrs, cualquier día de la semana.
Ante la cercanía de la Navidad, desde la Asociación invitan a toda la sociedad a visitar esta exposición y recuerdan las palabras del papa Francisco que señala que el belén “es realmente un ejercicio de fantasía creativa, que utiliza los materiales más dispares para crear pequeñas obras maestras llenas de belleza. Se aprende desde nidos: cuando papá y mamá, junto a los abuelos, transmiten esta alegre tradición, que contiene en sí una rica espiritualidad popular. Espero que esta práctica nunca se debilite; eres más, confío en que, allí donde hubiera caído en desuso, sea descubierta de nuevo y revitalizada”.
A Guarda remata o ano con contacontos, títeres e a visita do Apalpador
Fecha desde el 28 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021O Concerto Ventos de Nadal, previsto para o mércores 29, foi anulado por protocolo COVID-19.
Ampliar contenidoA programación do Nadal 2021 continúa nesta derradeira semana de 2021 na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con contacontos, títeres e a visita do Apalpador.
Mañá martes día 28 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle “Little neno descobre a… Os Beatles. O Concello da Guarda acollerá a primeira actuación da xira Galega do espectáculo familiar de Little neno un contacontos recomendado para tódalas idades e no que o público descubrirá o mundo dos Beatles dunha forma amena e divertida.
Ademais é un espectáculo inclusivo xa que é signado tanto no conto coma nas cancións.
Little Neno é un cativo que cada vez que durme aparece no universo dalgunha banda de música lendaria. Trátase dun contacontos teatralizado e musicalizado dirixido para desfrutar con tódala familia ,cun pequeno concerto o final. Reserva de entradas en www.evenbrite.es
Para a xornada do mércores día 29 de decembro estaba prevista a realización do Concerto Ventos do Nadal a cargo da Agrupación Musical da Guarda, pero por protocolo COVID-19 foi anulado.
Continúa a programación o xoves día 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural con Titiricircus. Titiricircus é o "todoterreo" da nosa carteleira, con máis de 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo.... Reserva de entradas en www.evenbrite.es
Xa para rematar a semana o venres 31 de decembro chega á Guarda o Apalpador, que realizará un pasarrúas polo centro da vila a partires das 13:00h do mediodía. Unha actividade enmarcada no programa “Nadal en Galego” do Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra.
AXENDA DE NADAL
MARTES 28 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
Reserva de entradas en eventbrite.es
XOVES 30 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
Reserva de entradas en eventbrite.es
VENRES 31
13:00h Pasarrúas polo centro da vila
O Apalpador chega á Guarda
Organiza Deputación de Pontevedra
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.
5, de 11:30h. A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
17:30h Alameda
CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
Espectáculo de rúa con animais xigantes
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
12:00h Pavillón Municipal da Sangriña
Partido Benéfico de Balonmán entre Atl. Guardés e BM Porriño
Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros
Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
O Rosal suspende a San Silvestre pola situación sanitaria do municipio
Fecha desde el 31 de Diciembre de 2021
hasta el 31 de Diciembre de 2021O Concello informa que ante a alta incidencia da Covid é mellor ser prudentes e anular a actividade
Ampliar contenidoO Concello do Rosal suspende a carreira San Silvestre que se ía celebrar este venres pola alta incidencia de Covid no municipio e na Área Sanitaria de Vigo. A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que “nos dá moita mágoa anular esta festa do deporte, pero é o que debemos facer por responsabilidade e pola saúde de todas as persoas que ían participar”.
A proba tivo unha gran aceptación e tiña moitas persoas inscritas, pero tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, “consideramos que é a decisión máis acertada”, afirmou a rexedora.
O Concello quere agradecer o traballo de todas as persoas que se esforzaron moito por sacar adiante, así como aos e ás deportistas que se apuntaron á carreira. “Agardamos desfrutar ao máximo da do ano que vén. Agora é tempo de coidarse para deixar o virus atrás”, afirma Ánxela Fernández, ao tempo que engade que seguirán planificando actividades sempre que sexa posible, coa máxima seguridade, respectando a normativa e priorizando a saúde.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
