Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Nuevas medidas de aforos en Galicia a partir de este sábado

En condiciones generales se aumentan del 50% al 75% el aforo en comercios, reuniones, actividades culturales...

En condiciones generales se aumentan del 50% al 75% el aforo en comercios, reuniones, actividades culturales...

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Mayo de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

  • Destaca o incremento do aforo nos establecementos comerciais, reunións profesionais, actividades culturais ou académicas pasando do 50 ao 75% cando sexa compatible co mantemento dunha distancia de 1,5 m nos niveis medio e medio baixo
  • Subliña que naqueles centros situados en concellos en nivel medio e medio-baixo, os residentes poderán saír do centro todos os días, manténdose a duración máxima de catro horas
  • “Un de cada catro galegos susceptible de vacinar xa está inmunizado a día de hoxe”, di
  • Na hostalería se amplia o máximo de reunións de persoas non convivintes en interior de 4 a 6 persoas e en exterior de 6 a 10 persoas.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello as novas medidas que entrarán vigor o vindeiro sábado, tras a reunión onte do comité clínico, e que hoxe mesmo serán enviadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a súa validación.

Así, nun primeiro termo destacou que os concellos de Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios quedarán en nivel máximo de restricións e, polo tanto, estarán pechados perimetralmente, a hostalería permanecerá pechada e non estarán permitidas as reunións de non conviventes.

En nivel alto estarán os concellos de Ordes, Ribeira, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. E, en nivel medio situaranse os concellos de O Barco de Valdeorras, Boiro, Rianxo, Cervo, Xove, Vilalba, Monforte, Moaña, Ponteareas, Cambados e Bueu.

No tocante aos avances na apertura, o presidente da Xunta anunciou que se ampliarán os máximos permitidos para reunións de non conviventes: de 4 a 6 en interiores e de 6 a 10 para as reunións en exteriores. Se ben, manterase a imposibilidade de reunirse con non conviventes entre a 1 e as 6 horas da madrugada.

Así mesmo, precisou que se incrementará o aforo nos establecementos comerciais, reunións profesionais, actividades culturais ou académicas pasando do 50 ao 75% cando sexa compatible co mantemento dunha distancia de 1,5 metros nos niveis medio e medio baixo.

En relación ás residencias da terceira idade, subliñou que naqueles centros situados en concellos en nivel medio e medio-baixo, os residentes poderán saír do centro todos os días, manténdose a duración máxima de catro horas. E aqueles traballadores que completasen a segunda dose da vacina hai sete ou máis días non terán que encher a enquisa epidemiolóxica que tiñan que facer cada día antes de empezar a súa quenda.

En paralelo a este proceso de apertura, Feijóo aseverou que Galicia continúa tamén co proceso de vacinación. Así, máis de 1.153.000 galegos teñen unha dose e máis de 612.000 están xa inmunizados coa pauta completa, o que representa case o 26% do total da poboación diana (maiores de 16 anos). “Un de cada catro galegos xa está inmunizado na súa totalidade”, precisou.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí