Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde da Guarda entrega os premios do Concurso Día Mundial do Turismo

Este certame promove a creatividade no ámbito da fotografía e tamén pon en valor os recursos naturais, patrimoniais e atractivos turísticos da vila.

O alcalde da Guarda deu os seus parabéns ós premiados, comentou as tres imaxes e destacou o curioso feito de que as tres fosen imaxes do Porto

Fecha: 10 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O concello da Guarda acolleu o luns, día 7 de novembro, ás 12 horas, a entrega dos galardóns ós premiados do "Concurso Día Mundial do Turismo". Este certame, organizado dende a Concellería de Turismo da Guarda, conmemora o Día Mundial do Turismo, celebrado o pasado 27 de setembro, á vez que promove a creatividade no ámbito da fotografía e tamén pon en valor os recursos naturais, patrimoniais e atractivos turísticos da vila.

A este acto acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Turismo, Montse Magallanes; o primeiro premiado, Francisco Javier González Fernández, de Vigo; e unha persoa en representación de Tatiana Soynikova, da Guarda, que recibiu o terceiro premio. O segundo premiado, Salvador Linares Fernández, non puido acudir, dado que reside en Valencia, pero xa se puxo en contacto co concello para expresar a súa alegría polo recoñecemento.

Durante o discurso previo á entrega dos premios, o alcalde da Guarda deu os seus parabéns ós premiados, comentou as tres imaxes e destacou o curioso feito de que as tres fosen imaxes do Porto. De feito, das 33 obras presentadas a concurso, a gran maioría, 20 fotografías, eran do Porto. Do resto, había imaxes de praia, do Castelo de Santa Cruz, do Estuario, das alfombras do corpus e doutros lugares da vila.

Pola súa banda, a concelleira quixo amosar a súa satisfacción pola participación e o nivel das obras presentadas polos participantes, un total de 9 autores dos que 5 eran da Guarda, 2 de Nigrán, 1 de Vigo e outro de Valencia.

A continuación, o alcalde e a concelleira fixeron entrega dos premios, que consistían, para o primeiro premiado, nunha estancia de 7 noites no Aparthotel Marouco; o segundo premio, nunha estancia de 7 noites no Camping Santa Tecla; e o terceiro, unha cena para dúas persoas no Restaurante Casa Chupaovos. Ademais, tamén recibiron un diploma e un pequeno detalle feito a man.

Por último, o alcalde agradeceu a Juan Castro, do Restaurante Chupaovos e a Jose Coello, dono do Aparthotel Marouco e do Camping Santa Tecla, a súa colaboración.

Durante o distendido acto, tanto os participantes como as autoridades e hostaleiros presentes coincidiron en que A Guarda é un lugar único pois, a pesar de ser unha vila pequena, ten unha gran variedade de paisaxes e lugares fermosos e moi distintos. Isto fai difícil plasmar o que representa a Guarda nunha soa imaxe. Non obstante, a calidade das tres imaxes premiadas fixo que foran as elixidas para representar á Guarda e protagonizar as próximas campañas turísticas do concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones