Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alumnado do IES San Paio de Tui achégase á memoria histórica dende unha perspectiva de muller da man da Deputación

Hoxe representouse a peza teatral -A señora de Forcadela- baseada na vida da mestra Josefa García Segret

Hoxe representouse a peza teatral -A señora de Forcadela- baseada na vida da mestra Josefa García Segret

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Marzo de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O alumnado do IES San Paio participará ao longo deste mes de marzo en varias das actividades sobre memoria histórica que a Deputación, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino. O instituto acolleu hoxe a representación da peza teatral ‘A señora de Forcadela, que permitiu ao alumnado achegarse dunha maneira diferente ás vivencias vividas pola cidadanía durante a represión e a ditadura.

 

‘A señora de Forcadela’, representada pola compañía teatral ‘Os Quinquilláns’, é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36:  foi detida o 15 de agosto e na prisión de  Tui salvou a vida grazas á axuda do médico forense e dun doutor. Foi xulgada en Vigo por rebelión e condenada a pena de morte que se lle  conmutou por cadea perpetua, e despois a 6 anos e un día.

 

En 1982, Josefa García Segret publicou un libro autobiográfico titulado ‘Abaixo as ditaduras’, editado por ela mesma, grazas ao que a día de hoxe se coñecen as súas vivencias. No libro explícase a vida dunha reclusa dunha maneira moi directa. Aínda que terminou a obra en 1976, a súa publicación —“polas circunstancias do momento”— tivo que agardar a 1982, catro anos antes da súa morte.

 

Ademais desta actividade, solicitada directamente á Deputación polo IES, este centro de ensino tamén vai acoller outras actividades relacionadas coa ditadura e as mulleres. Mañá celebrarase a charla ‘A represión contra as mulleres tras o golpe de estado de 1936’ da man da autora Montse Fajardo, e o vindeiro día 30 o relatorio ‘AS mulleres no franquismo’ a cargo da investigadora María Victoria Martíns.

 

Todas estas iniciativas están dispoñibles no catálogo de actos de memoria de ’O Pasado Por Vir’ (na web arquivos.depo.gal) , e poden ser solicitadas por todas as asociacións memorialistas e concellos da provincia co obxectivo de situar a memoria histórica na axenda cultural e no debate público.

 

A deputada de Memoria María Ortega sinala a súa satisfacción polo feito de que centros de ensino estean interesados en abordar a memoria histórica co seu alumnado, xa que “achegar ás persoas máis novas esta temática é un desafío”. Apuntou que “creo que dende as institucións comprometidas debemos avanzar na idea preconcibida de que a memoria é un tema que non interesa á rapazada e apostar por un diálogo interxeneracional que lles permita un maior coñecemento e implicación”, destaca.  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí