Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Apalpador conta a súa historia cun divertido espectáculo no Rosal

Títeres Cachirulo chega cos seus monicreques este venres 23 (18.00 h) ao auditorio municipal

Títeres Cachirulo chega cos seus monicreques este venres 23 (18.00 h) ao auditorio municipal

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nacido no Courel, un pastor mangallón e de bo carácter, con ollada doce e longas barbas coradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. E este venres 23 de decembro chega ao Rosal para divertir a pequenos, pequenas e maiores contando a súa historia.

Será ás 18.00 horas no auditorio municipal e da man da compañía Títeres Cachirulo, que representará ante o público Rosaleiro ‘A historia do Apalpador’, un divertido espectáculo de monicreques que nos permitirá debullar o día a día desta peculiar figura que visita a nenos e nenas cada Nadal. E é que, durante o ano o Apalpador fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, recolecta mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e nenas casa por casa e lles deixa como agasallo castañas quentes e divertidos regalos de madeira.

Creada en 1985, a compañía Títeres Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica. Coas súas obras levan percorrido os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais tanto en Europa como en América, colleitando importantes premios.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a desfrutar deste espectáculo familiar que sen dúbida fará as delicias dos máis cativos e cativas da casa. A entrada será de balde ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí