Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE TUI PRESENTA O SEU PROGRAMA DE GOVERNO PARA TRANSFORMAR O CONCELLO

Liñas básicas das actuacións que este grupo político ten proxectadas para Tui se a cidadanía lle otorga a responsabilidade de governo.

Liñas básicas das actuacións que este grupo político ten proxectadas para Tui se a cidadanía lle otorga a responsabilidade de governo.

Fecha: 02 de Mayo de 2015

Fuente: BNG - Tui

Nunha rolda de prensa, a Candidata á Alcaldia de Tui, a médico Carme Núñez, acompañada de membros da Candidatura do BNG, entregou aos medios de comunicación o programa de governo completo;  seguidamente procedeu a sinalar as liñas básicas das actuacións que este grupo político ten proxectadas para Tui se a cidadanía lle otorga a responsabilidade de governo.

Entre os puntos máis destacados podense sinalar os seguintes:

 

Van acrecentar a participación social, transparencia, ética na actuación local e modernización administrativa. Tomarán medidas como a realización dunha auditoría para coñecer a situación das arcas municipais,  un Regulamento Orgánico Municipal que estimule e facilite a participación dos veciños e veciñas nos órganos municipais, plenos ordinarios municipais teñan periodicidade mensual, con participación activa do público presente; Consellos Parroquiais para que as parroquias teñan voz permanente no Concello, sustituíndo aos pedáneos, ou mesmo adoptan internamente, procedementos para esixir responsabilidades por incumprimento de promesas electorais incluíndo a revogabilidade dos cargos electos.

 

Regularán, e iso é unha novidade importante,  o procedimento para os Orzamentos Participativos, onde a cidadanía, a través dos distintos Consellos Parroquiais e Sectorais, decida onde investir parte do orzamento municipal.

 

No apartado de servizos sociais destacan as propostas de creación dun Centro de día, e a creación  dunha  cociña municipal para Centros Escolares e o programa "Xantar na Casa", con posibilidade de ubicar  estas instalacións no edificio do actual Centro de Saúde; servizos de atención aos nenos e nenas a primeira hora da mañá para promover a conciliación da vida familiar e laboral. O Control e xestión será a cargo do propio Concello. Tamén se mostran dispostos a crear un Banco de Tempo municipal.

 

Propoñen que o centro de formación ocupacional teña un carácter permanente (cociña municipal, rehabilitación, limpezas, xardinería...). Terase especial atención na potenciación da creación de emprego para aquelas persoas máis afectadas pola crise.

Rehabilitación do Centro Histórico, recuperando os espazos degradados, mellorando as infraestruturas turísticas e levando a cabo unha política de promoción do turismo. O potencial turístico de Tui a partir da rehabilitación do seu conxunto histórico debe promover a reactivación do pequeno e mediano comercio tudense afirman.

Manifestan a urxencia de construir un aparcadoiro subterráneo e potenciar cunha liña de transporte público que comunique o centro coas parroquias, procurando que os veciños e veciñas non dependan do coche particular para achegárense ao centro. Neste sentido incluen un Plan de Tráfico que facilite a accesibilidade e mobilidade en Tui, procedendo a peonalización e humanización de rúas do centro urbano.

Propoñense conseguir que o Conservatorio e a Escola Municipal de Música teñan carácter mancomunado, que garanta a súa viabilidade económica e o seu bo funcionamento, e así poder diminuír a contía das excesivas taxas académicas actuais.

Potenciarán a restauración de muíños, fontes, petos de ánimas e outros elementos do patrimonio das parroquias que tamén cumprira catalogar no propio concello. Así como a senda da Malladoura e a senda fluvial Tui-Caldelas, que se estenderá desde Salvaterra a Tomiño.

Impulsarán a rehabilitación do Teatro Principal converténdoo nun foco cultural ao redor do cal se poida revitalizar o Centro Histórico.

A Radio Municipal potenciarase e transformarase na Radio da Eurocidade, con presenza activa de colectivos e asociacións de ambas marxes do río.

A política de vivenda que se desenvolverá dará prioridade aos alugueres sociais e promoverá o uso das vivendas baleiras ou deshabitadas.

Impulsarán a vivenda pública para facilitar a emancipación da xente moza e que ofreza vivenda digna e accesíbel a persoas desafiuzadas. Tomarán medidas para facilitar o alugueiro das vivendas baleiras do municipio. Nese sentido arbitrarán medidas de apoio ás persoas desafiuzadas ou en proceso de desafiuzamento, reservando vivendas para emerxencias sociais (por exemplo, as vivendas municipais de Caldelas)

Aumentarán e manterán escolas deportivas municipais, diversificando as súas modalidades e estendendo-as ás parroquias. Manterán en perfecto estado as instalacións deportivas que dependan do concello, nomeadamente as situadas nas distintas parroquias.

Crearase un Consello da Mocidade para que as asociacións e colectivos
xuvenís teñan participación na toma de decisións que lles atinxan, ofrecendo locais e  espazo web gratuíto na web do Concello ás asociacións e colectivos da xuventude para a divulgación das súas actividades.

Afirman buscar un concello activo na procura da xustiza social e nese sentido apoiarán  as tendas de comercios xustos, e impulsarán, por exemplo, campamentos solidarios e de acollemento.

Procurando facer de Tui un concello en permanente traballo pola paz, a solidariedade, a integración e a loita social.

Insisten en que dunha vez por todas as parroquias teñen que deixar de ser as grandes esquecidas pola administración local. Aparte da creación dos Consellos Parroquiais porán en funcionamento un transporte inter-parroquial que comunique as parroquias co centro urbano. Arranxarán e coidarán sendeiros, camiños, fontes, pozas, regos, patrimonio en xeral en diálogo coa parroquia e adecuando as actuacións á contorna en que se encontra. Iso dará oportunidade de realizar actividades relacionadas co seu patrimonio e contorna, como paseos a pé, en bicicleta en permanente contacto coa natureza desde o monte até o río.

Crearán un parque de campismo municipal, integrado na contorna natural.

 

http://carmenunhez.com/programa

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones