Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE TUI PRESENTOU A SÚA CANDIDATURA PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CON CARME NÚÑEZ COMO CABEZA DE LISTA

O BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura no Concello de Tui con Carme Núñez como cabeza de lista para os comicios municipais do 24 de maio

A candidata á Alcaldía salientou a necesidade dun goberno en Tui que sexa quen de entender as verdadeiras necesidades e demandas das veciñas e veciños

Fecha: 20 de Abril de 2015

Fuente: BNG - Tui

O BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura no Concello de Tui con Carme Núñez como cabeza de lista para os comicios municipais do 24 de maio, unha candidatura renovada tras un proceso de asembleas abertas á veciñanza do concello que facilitou a incorporación de persoas independentes que apostan polo proxecto político do Bloque para aportar solucións aos problemas do municipio.

O acto tivo lugar na Sala Félix, presentado por Carme Verde,ex- concelleira de Tui, e contou coa asistencia de de máis de 160 persoas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de centro histórico e mobilidade de Pontevedra, Luis Bará, arrouparon a presentación da candidatura cunha charla colóquio "Concellos do BNG premiados internacionalmente".

O Concello de Pontevedra ten recibido ultimamente varios premios internacionais relacionados coa contribución para o desenvolvemento humano e urbano. Entre eles o outorgado pola ONU en Dubai.

O Concello de Tomiño, tamén gobernado polo BNG, obtivo entre outros o premio de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicef, valorando proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia.

Pola súa banda, Carme Núñez sentiuse emocionada de ver a cantidade de xente que acompañou ao BNG-Asembleas Abertas neste acto e o apoio optimista recibido fai ter máis seguridade no proxecto político.

A candidata á Alcaldía salientou a necesidade dun goberno en Tui que sexa quen de entender as verdadeiras necesidades e demandas das veciñas e veciños.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones