Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG defendeu preto dunha vintena de emendas para o Baixo Miño aos orzamentos galegos e lamenta o seu rexeitamento por parte do PP

Ante a falta de investimentos na comarca, a fronte nacionalista presentou no Parlamento Galego a mobilización de máis de 15,5 millóns de euros a través de emendas ao proxecto de orzamentos de Galiza para o vindeiro 2025. O Partido Popular rexeitounas toda

Ante a falta de investimentos na comarca, a fronte nacionalista presentou no Parlamento Galego a mobilización de máis de 15,5 millóns de euros a través de emendas ao proxecto de orzamentos de Galiza para o vindeiro 2025. O Partido Popular rexeitounas toda

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Diciembre de 2024

Fuente: BNG

Un ano máis os orzamentos galegos carecen de partidas presupostarias significativas para o Baixo Miño. Ante esta ausencia de compromiso por parte da Xunta de Galiza coa comarca, o Bloque Nacionalista Galego ven de defender unha batería de emendas destinadas crear dotacións económicas para facer fronte a necesidades endémicas no orzamento para o vindeiro ano 2025. Dentro do paquete de medidas, que abrangue un amplo espectro de consellerías, a fronte nacionalista pretendeu a mobilización de 15.575.800 € para atender as necesidades do conxunto da sociedade e do tecido produtivo comarcal.

 

Dentro das emendas transversais para toda a Comarca o BNG abordou a necesidade de avanzar en materia de infraestruturas, destinando 3 millóns de euros para o desenvolvemento da Via de Altas Prestacións Tui-A Guarda que leva xa máis de dúas décadas de atrasos,  (un símbolo do abandono do Partido Popular áo Baixo Miño), o reforzo do sistema sanitario a través de mobilizar 1 millón de euros para dotar ao Baixo Miño dunha ambulancia medicalizada (SVA), ou unha estratexia integral de mobilidade que dote á Comarca dunhas conexións dignas do s.XXI cos hospitais de referencia e a universidade, entre outras.

 

Para abordar de xeito serio e decidido a crise de vivenda que vive o noso país, o BNG propuxo consignar arredor de 3,5 millóns para dotar á comarca de vivenda pública alcanzable, para que a mocidade poida desenvolver a súa vida na súa localidade e que o acceso á vivenda deixe de ser un imposíbel para moitas persoas no Baixo Miño.

 

No desglose por localidades o BNG salienta a súa aposta en materia educativa con máis de medio millón de euros para centros de Tui e Tomiño, unha aposta por facer dos servizos sociais unha auténtica prioridade pública para dotar a Tui dun centro de día público e unha nova EEI a través de emendas por preto dun millón de euros, e diferentes actuacións en estradas autonómicas por valor de case 2 millóns de euros que vertebren diferentes parroquias das localidades de Tui, O Rosal e A Guarda.

 

Dentro do marco de reforzo sanitario, o BNG propuxo destinar 200 mil euros para garantir a cobertura de persoal de traballo social no centro de saúde de Tomiño, así como 1 millón para o novo centro de saúde do Rosal.

 

Como unha aposta decisiva pola mobilidade na Guarda, o BNG defendeu a construción dun novo vial de acceso ao porto co fin de liberar de tráfico pesado o centro da vila. Con esta mesma aposta,  e atendendo ao carácter transfronteirizo da comarca, o grupo nacionalista tamén defendeu a conexión regular entre A Guarda e Caminha a través dunha partida específica de 200.000 euros. Por outro lado, e tendo como prioridade adaptarnos a un futuro máis verde e máis habitábel, dende o BNG propúxose desenvolver as primeiras fases de saneamento nos concellos de Tomiño e Oia por 800 mil euros.

 

No caso de patrimonio e infraestruturas locais dende o Bloque defendeuse a reparación do muro da Fortaleza de San Lourenzo en Goián, no concello de Tomiño a través do destino de 300 mil euros e a ampliación e renovación do pavillón municipal do Rosal tamén por 300 mil.

 

En definitiva, o Bloque Nacionalista Galego propuxo a través das súas emendas a mobilización de de recursos económicos precisos para poñer o foco nas necesidades máis demandadas socialmente, apostando por reforzar a mobilidade e as infraestruturas necesarias para articular a comarca en sí mesma e co seu entorno e servizos, e que fixeran dos servizos públicos unha auténtica prioridade para mellorar a vida das persoas que viven e traballan no Baixo Miño.

 

Lamentablemente o Partido Popular volveu votar en contra das emendas presentadas polo BNG, deixando as necesidades do Baixo Miño nun segundo nivel e rebaixando o esforzo orzamentario nesta Comarca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí