Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG no Baixo Miño presenta alegacións ao parque eólico na serra da Groba pedindo a súa paralización

A fronte nacionalista presenta alegacións para esixir que se denegue a autorización para o proxecto Albariño I e alerta deste novo exemplo do modelo especulativo e depredador do PP que só beneficia ás multinacionais eléctricas.

A fronte nacionalista presenta alegacións para esixir que se denegue a autorización para o proxecto Albariño I e alerta deste novo exemplo do modelo especulativo e depredador do PP que só beneficia ás multinacionais eléctricas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Noviembre de 2021

Fuente: BNG Baixo Miño

O Bloque Nacionalista Galego manifesta a súa oposición ao proxecto eólico Albariño I polo seu impacto “crítico” na serra da Groba co único obxectivo de beneficiar as multinacionais eléctricas sen reverter ningún beneficio nas zonas afectadas.

Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.

“Estamos ante un novo exemplo do modelo especulativo e depredador do PP, no que o noso rural padece todos os prexuízos da instalación dos parques eólicos mentres os beneficios van parar exclusivamente ao lobby eléctrico.  Fronte a este modelo espoliador dos recursos galegos, o BNG defende que o vento debe estar ao servizo do país, dos galegos e galegas e non das multinacionais, que se enriquecen a costa dos nosos recursos deixando na nosa terra todos os prexuízos e levando todos os beneficios” -declarou Manuel Lourenzo, deputado do BNG no Parlamento galego.

Por estes motivos, desde o BNG presentaron un escrito de alegacións esixindo a denegación da autorización administrativa e rexeitando o intento de declarar como de utilidade pública a posta en marcha do parque eólico Albariño I. A fronte nacionalista criticou nese sentido a cualificación por parte da Xunta dos impactos como moderados, malia as numerosas afectacións que vai ter sobre o entorno.

Dende o BNG poñen enriba da mesa catro puntos fundamentais que ao seu xuízo deberían cumprir, como mínimo, os proxectos eólicos na Galiza: un modelo sustentábel que protexa os recursos de Galiza, con participación pública nos beneficios dos recursos enerxéticos e onde os parques estean vencellados a proxectos industriais que permitan crear emprego e riqueza e unha aposta por estabelecer unha tarifa eléctrica galega que permita rebaixar a factura da luz en Galiza como productora excedentaria de enerxía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí