Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG reclama medidas contra o desmantelamento das oficinas da AEAT, mentres non se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega

Noa presas criticou o recorte do 43,7% de persoal dende o ano 2000 e cualificou de -decepciónante- a resposta do PP así como a súa falta de compromiso para recuperar o emprego eliminado

Noa presas criticou o recorte do 43,7% de persoal dende o ano 2000 e cualificou de -decepciónante- a resposta do PP así como a súa falta de compromiso para recuperar o emprego eliminado

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Enero de 2022

Fuente: BNG

A portavoz de Facenda do BNG, Noa Presas preguntou ao goberno que medidas vai poñer en marcha para frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego, “mentres no se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega”.

 

A nacionalista salientou a preocupación dos traballadores e traballadoras das delegacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria que dende o ano 2000 sufriu un recorte de persoal do 43,7% coa conseguinte “perda de calidade no servizo”.

 

Tal e como recollemos na iniciativa,  explicou a portavoz de facenda do BNG,  “Galiza non ten capacidade fiscal e normativa plena, unha boa parte das actividades tributarias e dos impostos que pagan os galegos e galegas son de xestión estatal e corresponden a este organismo e a pesar de contar coa  ATRIGA”. As tarefas referidas á recadación de boa parte dos impostos dos galegos e galegas depende do organismo estatal, “unha estrutura que nace nos 90, xa consolidada e referencia para calquera cidadá á hora de cumprir coas súas obrigas facendísticas”.

 

Trátase, polo tanto, dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, que implica unha grande responsabilidade e  complexidade para as persoas non  expertas que conduce a que  “cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías”.

 

Acontece coa AEAT como coa banca, vanse reducindo servizos e imposibilita, xunto cunha dixitalización mal entendida e pervertida coa desculpa da covid-19, a asunción de moitas persoas de xestións menores ou puntuais que teñen que acabar delegando.

 

A xuízo da deputada, o desmantelamento das oficinas responde á intención do goberno de Feixóo “campión da externalización” da función pública e das empresas ao que sumou a “recentralización” en detrimento das unidades existentes no territorio galego.

 

Presas preguntou cal vai ser o futuro dos puntos dependentes das delegacións de Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña en : Betanzos, Carballo, Cee, Ferrol, A Coruña, Ortigueira, A Coruña, Ribeira, Santiago de Compostela, Foz, Monforte, O Barco de Valdeorras, Carballiño,  Celanova, Verín, A estrada, Ponteareas, Tui, e Vilagarcía de Arousa, ante a redución do seu persoal por mor dos procedementos de mobilidade convocados pola  AEAT e a maior xestión telefónica e telemática.

 

Tras a intervención da directora da Axencia Tributaria de Galicia, ATRIGA, Vitoria González Vázquez que responsabilizou desta situación  ao goberno do Estado, a deputada do BNG cualificou a resposta de “decepciónante e contraditoria” ademais de constatar como “o goberno galego non mudou  a súa posición ante unha administración que agravia a Galiza no ámbito tributario”.

 

A súa resposta, recalcou Presas,  confirma  que o goberno galego non ten ningunha intención de frear o desmantelamento das oficinas  e desmonta a propaganda que o PP fai da “ boa colaboración” entre a ATRIGA e AEAT.

 

A deputada lembrou que non foi pechado ningún posto de atención pero recalcou  que “se perderon más de 170 postos de traballo que  prexudicou a prestación de servizos”.

 

Neste sentido,  propuxo  ao  goberno galego  dirixirse ao goberno central para demandar que as administracións en Galiza da AEAT recuperen, como mínimo, os índices de traballadores e traballadoras do ano 2000 para garantir , en igualdade de condicións ao longo do territorio galego, a atención presencial ao público para o asesoramento e servizos que presta.

 

Por outra parte, tamén propuxo ao Partido popular “abandonar a permanente queixa e unha relación epistolar estéril co goberno do estado” e elaborar un estudo do “deterioro” da ATRIGA e das competencias que deben ser reclamadas a Galiza para o seu desenvolvemento pola axencia.

 

“Dende o BNG apostamos por un maior peso da Axencia Tributaria galega fronte a AEAT” e dunha   “ maior autonomía fiscal ” e lamentamos   que o Partido popular continúe actuando na dirección contraria, concluíu.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones