Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG reivindica que as súas xestións en Madrid permiten circular ida e volta Tui-Vigo pola AP9 -por menos do que custa un café-

O Bloque do Baixo Miño lanza unha campaña informativa para instar ás persoas usuarias a aproveitar os descontos e mellorar as súas condicións de desprazamento

O Bloque do Baixo Miño lanza unha campaña informativa para instar ás persoas usuarias a aproveitar os descontos e mellorar as súas condicións de desprazamento

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Julio de 2025

Fuente: BNG

O BNG do Baixo Miño vai lanzar unha campaña informativa sobre as bonificacións conseguidas en Madrid polo grupo nacionalista para que as persoas que circulan entre Tui e Vigo pola AP-9 poidan beneficiarse de descontos e mellorar as súas condicións de desprazamento. O Bloque reivindica que grazas ás súas xestións no pacto de investidura o prezo do traxecto redúcese ata os 0,85 céntimos de euro, o que supón unha rebaixa de ata o 87,5% con respecto á tarifa ordinaria. A formación nacionalista considera que esta medida é a de maior transcendencia conseguida para o conxunto do Baixo Miño en moitos anos.

O Bloque Nacionalista Galego lembra que a mellora negociouse polo apoio á investidura do presidente do Goberno, estando implantadas as bonificacións desde o pasado 1 de xaneiro. Para o tramo Tui-Puxeiros, que afecta a todo o Baixo Miño, as rebaixas chegan ata o 87,5% para viaxes de ida e volta nun período de 24 horas en réxime de superconcurrencia (un mínimo de dez días -20 viaxes- nun mes). Deste xeito o importe diario dunha persoa traballadora que utiliza este traxecto con esa frecuencia o custe sería de 85 céntimos de euro. Para frecuencias inferiores o prezo sería de 1,70 euros, o que suporía un desconto do 75%.

A medida, apunta o BNG, reflexa a vontade nacionalista de achegar os servizos e infraestruturas públicas á xente. Engade a formación que é preciso darlle difusión para que as posibles persoas  beneficiarias sexan coñecedoras de que poden mellorar as súas condicións de desprazamento e pago na AP-9. Segundo as últimas cifras de aforos que se manexan, a intensidade media diaria de vehículos no treito entre Tui e Puxeiros é de preto de 54.000 vehículos, todos eles potenciais beneficiarios das bonificacións.

Subliña o Bloque que as traballadoras que diariamente se teñen que desprazar a Vigo, por citar un exemplo, teñen ao seu alcance un aforro considerable para circular pola autoestrada. Hai que ter en conta que a alternativa é facelo pola A-55, o que obriga a atravesar as ‘curvas de Mos’, un dos puntos negros máis perigosos da rede viaria do Estado. “Vigo agora está máis preto do Baixo Miño, o que supón un paso máis na súa loita por mellorar a comunicación entre a comarca e a área metropolitana de Vigo, a cidade de referencia”, sinalan.

Con estas vantaxes  conseguidas, as nacionalistas reivindícanse como unha forza útil e defenden a política como unha ferramenta necesaria para mellorar a vida das persoas cando se fai bo uso dela. “Aínda que todo asemella un ambiente de crispación e desafección da cidadanía, no BNG queremos mostrar que estamos centradas no noso labor de mellorar as condicións de vida das persoas”, manifestan.

 

Consideran que isto é un paso máis, moi importante para popularizar o uso da AP-9, pero seguirán adiante na súa intención de liberalizada de peaxes. A autoestrada máis importante de Galiza, que vertebra o territorio máis activo e produtivo do país ten que deixar de ser un negocio privado para uns poucos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí