Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza á cabeza do Estado

O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios

O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Enero de 2024

Fuente: BNG

O BNG quere situar Galiza á cabeza do Estado en materia de cooperación internacional e para iso prevé un incremento orzamentario que triplique o investimento actual e o deseño de mellores instrumentos plurianuais da man do tecido asociativo para ter influencia máis eficaz nos territorios de actuación.

 

Bará subliñou estas propostas do Bloque nun encontro con representantes da  Coordinadora de ONG, ante as que recoñeceu que neste momento Galiza está da metade para abaixo no ‘ranking’ estatal, que ten unha media de investimento do 0,13% dos orzamentos mentres Galiza apenas chega ao 0,07%.

 

“Nós propoñemos que a participación galega chegue ao 0,2% ao longo da lexislatura sen desbotar o obxectivo final que sería chegar ao 0,7%, que é moi lonxano neste momento. Sería triplicar o investimento, agora nos 9 millóns, achegándose ao nivel de Euskadi ou Navarra, referentes na materia”, puntualizou o nacionalista.

 

O cambio da política de desenvolvemento, salientou o cabeza de cartel, pasa tamén por crear instrumentos máis eficaces en colaboración co movemento asociativo, de maneira que se fagan programas plurianuais de cando menos 4 anos para que teñan unha incidencia máis forte no territorio, se simplifique a burocracia para ser máis áxiles e se teña en conta a realidade dos países de destino que ás veces dificulta a xestión de toda a tramitación.

 

A proposta do Bloque para a cooperación inclúe incrementar a acción directa do goberno e tamén doutros axentes como o Fondo Galego, que é quen aglutina a cooperación dos concellos, e tamén da rede que teñen as universidades, para ter unha incidencia directa como sector público en países “nos que temos xa unha tradición importante de cooperación como pode ser o Sahara”.

 

Finalmente, Bará avogou por ampliar as políticas de concienciación e educación da cidadanía para a cooperación internacional, tendo en conta que a realidade vai cara un escenario no que vai haber cada vez máis persoas refuxiadas, máis perda de dereitos e liberdades, máis crise climática, e máis conflitos bélicos. “Estamos diante dunha emerxencia de carácter social, económico e ambiental que vai aínda complicar máis a situación e fará que se teña que incrementar a axuda á cooperación”, salientou.

 

Bará destacou todas estas liñas de actuación “baixo o paraugas do compromiso que ten o BNG, internacionalista, solidario, pola paz fronte ao militarismo e pola soberanía dos pobos, valores que forman parte do nacionalismo dende a súa orixe”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí