Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui amosa o seu agradecemento ás forzas de seguridade

Pola súa actuación na localización do menor e do vehículo sustraído e a detención do presunto autor dos feitos

Pola súa actuación na localización do menor e do vehículo sustraído e a detención do presunto autor dos feitos

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2024

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui quere amosar publicamente o seu agradecemento ás forzas de seguridade pola súa actuación na resolución, na tarde de onte,  da sustracción dun coche no que nos seu interior se atopaba un neno de curta idade.

Dende o Concello quérese recoñecer e agradecer o labor realizado pola Policía local, pola Garda Civil, e por Protección Civil, que permitiu para solucionar en moi pouco tempo este caso, localizando ao menor e detendo ao presunto autor dos feitos.

O rápido despregue dos efectivos, a coordinación entre os distintos corpos de seguridade, e finalmente a localización e detención por parte da Policía Local de Tui da persoa que presuntamente cometera o delito, demostran a eficacia e profesionalidade dos axentes que participaron na busca e detención.

Por outra banda, desde o concello quérese salientar a marea de solidariedade demostrada pola veciñanza do municipio e a súa implicación na difusión das mensaxes de alerta, en especial aos veciños que deron aviso da localización do vehículo e do neno, permitindo a rápida actuación da policía

É en situacións coma estas onde  as circunstancias esixen o mellor dos nosos corpos de seguridade, cando a sociedade pode apreciar a calidade do seu labor, que permite que vivamos nun concello seguro e protexido. Sucesos coma o vivido onte son excepcionais, e cando ocorren se solucionan con celeridade e eficacia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí