Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui celebra o Día de Rosalía co recitado de poemas rosalianos a través da Radio Municipal

Entre as actividades a desenvolver ao longo está o recitado de poemas rosalianos a cargo de persoas recoñecidas da vida social tudense que serán emitidos pola Radio Municipal de Tui o mércores 24.

Entre as actividades a desenvolver ao longo está o recitado de poemas rosalianos a cargo de persoas recoñecidas da vida social tudense que serán emitidos pola Radio Municipal de Tui o mércores 24.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Febrero de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui súmase, ao longo destes días, á celebración do “Día de Rosalía” na xornada do mércores 24 de febreiro. Entre as actividades a desenvolver ao longo está o recitado de poemas rosalianos a cargo de persoas recoñecidas da vida social tudense que serán emitidos pola Radio Municipal de Tui mañá mércores 24.

Esta actividade, coordinada pola Biblioteca Municipal de Tui, contará coa participación de:

  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui
  • Tomas Camacho, músico
  • Conchi Regueiro, escritora
  • Teresa Domínguez, pedagoga
  • Samuel Diz, músico
  • Xosé María Lores, profesor

Por outra banda, a Concellería de Cultura do Concello de Tui súmase, como en anos pasados, á iniciativa impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro, denominada o "Caldo de gloria". Unha iniciativa que xorde a partir do poema “Miña casiña, meu lar” (Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz.

Dende a concellería de cultura convídase aos tudenses a preparar no ambiente familiar este “caldo de gloria”, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular, e subir logo ás redes sociais da Biblioteca Municipal de Tui (en facebook, instagram ou twitter) as imaxes e comentarios sobre este caldo de gloria.

A colocación de lonas con poemas de Rosalía e a preparación dunha selección de obras rosalianas na Biblioteca Municipal ao acceso de todos os lectores e interesados, completan as actividades programadas, que teñen as limitación derivadas da situación de pandemia que vivimos.

O Pleno da corporación municipal tudense acordou no ano 2013 a celebración desta efeméride para lembrar a figura egrexia de Rosalía de Castro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones