Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui convoca o noveno o Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% Positiva

O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o mércores 16 de novembro

O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o mércores 16 de novembro

Fecha: 14 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Por noveno ano consecutivo o Concello de Tui convoca o Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% Positiva co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.  O obxectivo do mesmo é resaltar de forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida.  Con esta campaña búscase fomentar este tipo de relacións para acabar entre todos coa violencia machista.

Hai dúas modalidades de participación cunha fotografía ou cunha poesía, podendo remitir traballos dunha soa ou de ambas. Establécense dúas categorías de participación, unha para maiores de 18 e outra para menores de idade.

Para a modalidade de fotografía os participantes poderán enviar un máximo de 3 obras, que poden ter retoque fotográfico pero non fotomontaxe, en cor ou en branco e negro. Presentaranse en papel cun tamaño mínimo de 20x15cm e máximo de 42x29,70cm. Débese titular cada fotografía. 

Mentres na modalidade de poesía remitirase un único poema escrito a ordenador cun máximo dunha páxina DINA4. O texto debe ser orixinal e non  pode ter participado noutro concurso.

As obras deben entregarse ata o 16 de novembro ás 12h no Concello de Tui persoalmente ou por correo en sobre pechado indicando no exterior "Concurso fotográfico/literario: Relación Home/Muller 100% Positiva, 9ª Edición".  No interior irán dous sobres un coas fotografías ou poesía e outro cos datos do autor/a.

Para os maiores de 18 anos establécese un premio de 200€ en metálico para o gañador na categoría de fotografía e outro premio de 200€ para o gañador en poesía. Mentres os menores de idade recibirán un agasallo valorado aproximadamente en 150€ tanto en fotografía coma en poesía. O xurado poderá declarar os premios desertos. Para elixir aos traballos premiados  terá en conta a súa calidade técnica e artística e a temática valorando tanto o contido e tratamento do tema, coma a orixinalidade, expresión e presentación en xeral.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar na web municipal www.concellotui.org
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones