Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI CONVOCA O VIII CONCURSO FOTOGRÁFICO-LITERARIO RELACIÓN HOME-MULLER 100% POSITIVA

Con esta iniciativa o Concello de Tui pretende fomentar as relacións de igualdade entre home e muller acabar entre todos coa violencia machista

O prazo de presentación de fotografías e poemas rematará o 16 de novembro

Fecha: 16 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, vén de convocar o VIII concurso fotográfico-literario Relación Home-Muller 100% positiva.  O tema "Relación home/muller 100% positiva", quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. As bases que rexen esta convocatoria veñen de ser publicadas na web www.concellotui.org.

 

Con este concurso a concellería de Servizos Sociais quere resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son non violentas. Con esta campaña o Concello de Tui pretende fomentar este tipo de relacións e acabar entre todos coa violencia machista.

 

O certame consta de dúas categorías, unha destinada para os adultos e outra para rapaces e rapazas menores de idade. Neste senso, será necesario contar co consentimento expreso dos seus pais ou titores legais, tanto para a participación como para a aceptación do premio da categoría de infantil.

 

Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras e aceptaranse fotos con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes. As fotos deben contar cun título. Pola súa banda, a extensión do poema será dun folio por unha cara a ordenador con tamaño mínimo de letra de 12 (sen máximo) e tipo de letra Arial. O texto será orixinal, non debendo participar en ningún outro concurso.

 

O prazo de recepción de fotografías rematará o vindeiro luns, 16 de novembro, ás 12 do mediodía. Os traballos presentaranse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: "Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positiva, 8ª edición" que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui, Praza do Concello nº 1 . 36700 - Tui. Poderá tamén enviarse aos correos olga.ssociais@concellotui.org  ou paula.ssociais@concellotui.org. O arquivo utilizado debe ser Word, en caso contrario descartarase.

 

O/a primeiro/a finalista dentro da categoría de adultos recibirá 300 €. En metálico. O/a finalista dentro da categoría infantil recibirá un agasallo por valor aproximado de 300 €.

 

Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases do concurso na páxina web do Concello de Tui no seguinte enlace http://www.concellotui.org/archivos/Banners/BASES-CONCURSO.pdf

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones