Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Consello Municipal marca o camiño das futuras actividades culturais no Rosal

A axenda cultural nos barrios ou o papel das asociacións foron algúns dos temas tratados nesta nova reunión

A axenda cultural nos barrios ou o papel das asociacións foron algúns dos temas tratados nesta nova reunión

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Consello Municipal de Cultura volveu reunirse de novo como viveiro de ideas e foro de debate que sirva para marcar o camiño das futuras actividades culturais que se desenvolvan no Rosal. Neste novo encontro, a axenda cultural nos barrios ou o papel das asociacións foron algúns dos temas tratados por este órgano consultivo que busca traballar man a man con toda a sociedade cara a unha axenda cultural innovadora e pensada para todos os rosaleiros e rosaleiras. “O obxectivo é compartir ideas, facer propostas, comentar e avaliar as actividades... En definitiva, reflexionar en conxunto sobre as iniciativas culturais que queremos para o noso concello”, asegurou o edil de Cultura, Carlos Villanueva.

A programación cultural para este verán foi un dos puntos tratados na reunión. Dende o Concello estase a traballar para levar eventos a todos os barrios, dende música ou cine ata teatro. Ademais de repasar as actividades previstas para este mes de xuño, tamén se achegaron novas propostas culturais, como novas exposicións fotográficas, novas conferencias ou incluso novas xornadas festivas, como a Festa da Raia, proposta como un evento no que unir as dúas beiras do río nun acto con comida, música e andaina.

Pola súa banda, Villanueva comentou a todas as persoas integrantes do consello que O Rosal xa está en trámites coa Axencia Galega de Industrias Culturais para poder entrar a formar parte do circuíto de representacións teatrais. O edil de Cultura tamén quixo destacar o papel das asociacións nos eventos, ás que invitou a actuar como organizadores de actividades co Concello como colaborador. A organización da Festa do Asociacionismo, con proposta de datas, modalidades e actividades, foi outro dos puntos a tratar no encontro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí