Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O contacontos -Olivia e o clarinete máxico- con Francisco Álvarez -Koki- chega mañá á Biblioteca Municipal

Forma parte da programación -Tui en letras-

Forma parte da programación -Tui en letras-

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

Comeza a rodar a programación de actividades arredor da celebración do Día das Letras Galegas que promove o Concello de Tui baixo a denominación de “Tui en letras” e que abrangue os meses de maio e xuño con ata catorce actividades.

O martes, 10 de maio, ás 17.30 h  abre a xeira de actividades na Biblioteca Municipal o contacontos “Olivia e o clarinete máxico” a cargo de Francisco Álvarez “Koki”. Esta actividade vai dirixida nenos e nenas de ata dez anos de idade. A entrada é de balde ata completar o aforo.

O guardés Francisco Álvarez, Koki, é escritor e animador cultural residente en Nova York dende 1984, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega. Escritor tanto en galego como en castelán, ten unha longa traxectoria como autor con libros de poesía, narrativa, infanto-xuvenil ou obras colectivas e numerosos premios ás súas costas

A de mañá martes será unha tarde acompañando a Olivia na súa procura de tesouros doutros tempos no faiado da casa dos seus avós, un recuncho case máxico no que atopa o clarinete do seu bisavó Pepe. Un instrumento moi especial que tocaba cando ela estaba aínda no ventre da súa nai e que cambiará a vida da pequena para sempre. Unha fantástica historia sobre o valor das tradicións familiares e o amor pola música que namorará a nenos e nenas.

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, esta actividade ten por unha parte o interese de ser unha proposta de animación á lectura na nosa lingua  para todos os rapaces e rapazas tudenses, xunto ao feito de que estea a cargo do escritor do Baixo Miño, Francisco Álvarez “Koki”, evidenciando a aposta do Concello de Tui polos valores da nosa contorna.

O programa de dinamización cultural e lingüístico “Tui en letras” conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones