Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRA María Zambrano do Rosal celebra o Día do Libro repartindo marcapáxinas interactivos

O alumnado elaborou marcadores con debuxos inspirados nun conto infantil e un código QR que leva a un vídeo do neno ou nena lendo o libro recomendado

O alumnado elaborou marcadores con debuxos inspirados nun conto infantil e un código QR que leva a un vídeo do neno ou nena lendo o libro recomendado

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Abril de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Rosal conmemora este venres 23 de abril o Día do Libro cunha morea de actividades para todas as idades coas que incentivar a lectura entre os rosaleiros e rosaleiras. O alumnado do CRA María Zambrano do Rosal tamén se sumou a todas estas iniciativas repartindo hoxe marcapáxinas interactivos elaborados polos nenos e nenas nos últimos días.

Cada un dos marcadores conta cun debuxo inspirado nun conto infantil acompañado dun código QR que leva a un vídeo do autor ou autora do marcapáxinas contando o libro que recomenda. Os vídeos poden verse tamén na canle de Youtube do CRA. Os marcadores foron repartidos polos establecementos rosaleiros para regalar á clientela. Poderán recollerse tamén en dependencias municipais como o Concello, o mercado ou o auditorio.

Premios

Este venres tamén foron entregados os premios aos mellores lectores da Biblioteca municipal durante o pasado ano 2020. Os gañadores desta edición foron José Luis Iglesias na categoría de adulto, Álex Diego na categoría xuvenil e Yulissa Cividnanes na infantil. Ademais dun diploma que acredita o seu bo hábito lector, os tres premiados foron agasallados con lotes de libros.

Coincidindo co Día do Libro tamén se realizou o sorteo do concurso ‘Fomentando a lectura’, un certame aberto a todos os rosaleiros e rosaleiras co que se buscaba a dinamización e promoción da lectura a través de vídeos nos que as persoas participantes podían facer as súas propias recomendacións ou ler o parágrafo dalgún libro que lles gustara. A gañadora do sorteo e do lote de libros foi Laura Varea Cascallar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí